
Aprobada por la Comunidad Europea la Indicación Xeográfica Terras do Morrazo



Publicado en Hemeroteca, Xeral | Etiquetas: O Morrazo, Prensa

Os votos en contra do PP botaron abaixo a moción da Marea Veciñal -malia o apoio do Psoe e do Bng- reclamándolle á Concellería de Deportes que asuma a xestión do campo de fútbol de San Xulián, cuxa explotación depende da Comunidade de Montes a pesar de tratarse dun terreo inscrito no inventario de bens municipais. Na mesma situación, por certo, está a Casa de Montes, construída igualmente en solo público.
O edil Aarón Franco reclamoulle a Antonio Traba o adecentamento da instalación e a mellora dos accesos argumentando que, se o Concello contase con este campo á súa disposición para cederllo a clubes deportivos e a particulares interesados na práctica futbolística, non sería preciso recorrer aos equipamentos da Escola Naval. Aarón Franco advertiu que noutro tempo o concelleiro de Deportes lamentaba que non houbese instalacións abondo para atender toda a demanda, un problema que se solucionaría asumindo a xestión do campo de San Xulián. “Non lles interesa tocar este campo”, insinuou o concelleiro da Marea, “porque igual teñen outro proxecto para el”.
Pola súa parte, Traba xustificou que se recorra á Escola Naval para aproveitar as súas instalacións por estaren no centro da vila e destacou que mesmo recibe peticións de usuarios do Concello de Pontevedra cando este último pecha instalacións. Para o PP de Marín a xestión do campo de fútbol de San Xulián non é unha prioridade e a intención do Goberno local non é construír ningún novo campo. Ademais, parapetouse en que este recinto “no cumple las medidas” e acusou a oposición de non visitar as instalacións deportivas do Concello e non acudir tampouco aos eventos que teñen lugar nelas. Polo tanto, o campo de fútbol de San Xulián seguirá sendo de terra e seguirá medrando a vexetación no terreo de xogo porque non hai trazas de dotalo do que Traba califica de “tapete verde”, sen o cal os rapaces futboleiros “no quieren jugar”.
O Bng baseou o seu respaldo á moción en tanto o campo de San Pedro está “ocupado a todas horas” mentres o de San Xulián está “a monte” malia ser “municipal”. Dende este grupo acusaron o Goberno local de telo “descoidado” e de non ter “ningún interese en que se lle dea uso para non entrar en conflicto coa Comunidade de Montes”.
De feito, o concelleiro de Deportes eludiu explicar, por máis que llo pediron dende a oposición, a “alegación” que ten presentada a Comunidade de Montes de San Xulián contra a catalogación dese terreo no inventario municipal.
FACENDO HISTORIA
Esta moción da Marea Veciñal enlaza coa moción presentada por Marinenses Independentes a través de quen daquela era a única representante desta formación, Isabel Martínez Epifanio, en xaneiro de 2013. Daquela aprobouse cos votos favorables de Mar-In, Psoe e Bng -absténdose o PP- a inclusión do campo de fútbol de San Xulián no inventario de bens municipais.
Dous días despois daquel Pleno de xaneiro celebrouse a asemblea anual dos comuneiros de San Xulián e un ex-directivo que milita ou simpatiza do Bng preguntou pola reacción da xunta rectora da Comunidade, ao que o presidente contestou que o asunto da titularidade municipal do campo de fútbol da parroquia estaba “parado”.
“Iso está parado”, contestou o presidente da Comunidade de Montes, que asegurou que se presentaran alegacións porque, se polo Concello fora, estes teríanse apropiado do campo de fútbol, ao que a Comunidade de Montes non ía acceder.
O ex-tesoureiro, que asistiu ao Pleno do Concello, pediu explicacións sobre a actitude do Vicepresidente da Comunidade, que tamén estivera presente entre o público na sesión da Corporación e, sen embargo, non plantexara absolutamente nada sobre este asunto tan delicado ante a asemblea de comuneiros. O vicepresidente defendeuse dicindo que no momento no que se debateu a moción el ausentárase da sala. Casualidades da vida. Logo volveu aparecer e quedou ata as 12 da noite, cando o pleno rematou, e tivo a santa paciencia -coma sempre- de facerlle a espera aos concelleiros de turno para as súas comenencias. Pero, en definitiva, a postura da Comunidade de Montes é que vai haber que “sentarse co Concello e debater”, porque unha de dúas, “ou se chega a un acordo ou haberá litixio”, concluiu o secretario da Comunidade.
[Fragmento da crónica do Pleno de xaneiro de 2013 e da versión posterior da Comunidade de Montes de San Xulián]
Curiosamente, quen en 2013 era vicepresidente da Comunidade de Montes -actualmente sen cargo na directiva- volvía estar presente no Pleno deste xaneiro de 2018, cinco anos despois. Lamentable actitude pola súa parte, por non variar na conducta que o caracteriza, de machismo recalcitrante, mala educación e nulo respecto: mentres interviña a voceira do grupo municipal do Psoe, Luz Santiago, remontándose ao tempo no que se dilucidaba que esta dotación lle pertencía ao Concello, este ex-directivo da Comunidade de Montes pronunciou -textualmente- a seguinte frase dende o seu asento entre o escaso público que asistía á sesión: “Se puidera falar ‘íache’ poñer ghuapa!”.
Semellante improperio non representa en absoluto a poboación desta parroquia. Non é a primeira vez nin será a última que se expresa en termos despectivos, especialmente cando as aludidas son mulleres; por iso é de vergoña allea que alguén dese talante teña ocupado un cargo de responsabilidade nunha entidade comunal ou que ostente aínda algún posto nunha asociación veciñal. O seu exemplo non é nada edificante e por iso cómpre denunciar e rebater contundentemente a quen ousa referirse -pola calada, cobardemente- dun xeito desprezativo a outra persoa, especialmente en feminino.

Votos a favor da moción

Votos en contra
Xa na quenda final de rogos e preguntas, a edil da Marea Sandra Pesqueira preguntou pola situación da demolición das vellas vivendas da mazá de Méndez Núñez diante da posibilidade -apuntada polo arqueólogo marinense Álvaro Arizaga- de que neses terreos haxa restos arqueolóxicos que se remontan á época romana. Preguntou a concelleira da Marea se a Dirección Xeral de Patrimonio autorizara os traballos de desmantelamento das edificacións e instou o Goberno local a dar conta diante deste organismo da Xunta da posible existencia deses vestixios.
O concelleiro de Urbanismo, Manuel Santos, respostou que -sendo unha zona do casco antigo na que efectivamente rexe a protección de Patrimonio- este organismo da Xunta dera permiso para as actuacións que se están levando a cabo.
Sandra Pesqueira tamén se interesou pola comparecencia do responsable da empresa Anta de Moura -a quen se lle encomendou participar na elaboración do Plan de Protección do Patrimonio Arqueolóxico do Concello- na comisión de Cultura. A edil da Marea pediu que o Goberno local lles facilite aos grupos da oposición o bosquexo elaborado do Plan para analizalo con antelación a esa posible comparecencia do arqueólogo Juan Carlos Castro. A alcaldesa instou a Marea Veciñal a solicitar a comparecencia do responsable de Anta de Moura na Comisión de Cultura.

“Lejos de cerrar ahí la polémica sobre la disponibilidad de este tipo de instalaciones en la villa, la sesión plenaria debatió el acondicionamiento del campo de San Xulián, gracias a una moción presentada por Marea Marín. La propuesta no obtuvo el voto favorable de la bancada popular, ya que, en palabras de Traba, “en estos momentos, otro campo de fútbol no es nuestra prioridad”.
Publicado en Alertas, Xeral | Etiquetas: Comunidade de Montes de San Xulián, Concello de Marín, Política

Publicado en Hemeroteca, Xeral | Etiquetas: Fauna, Prensa

Esta semana presentarase en Pontevedra a Iniciativa Lexislativa Popular para a Defensa do Bosque Autóctono e a Loita contra os Incendios. Varios colectivos da contorna vanse sumar a esta acción da plataforma Cousa de raíces co obxectivo de reunir, ata o 24 de marzo, as 10.000 sinaturas necesarias para que a ILP se chegue a debater no Parlamento galego.
Instalaranse mesas informativas en zonas concorridas da cidade para que a veciñanza que estea de acordo coa proposta poida secundala coa súa firma, organizaranse charlas para dar a coñecer a situación actual dos montes e promoveranse mocións nos plenos dos concellos.
Segundo os datos de colectivos ecoloxistas como ADEGA, o eucalipto ocupa un de cada cinco metros cadrados de solo galego e a expansión desta especie invasora e pirófita supera o medio millón de hectáreas, o 17% do territorio. Esta ILP propón que, seguindo o exemplo de Portugal, se aplique unha moratoria para as novas plantacións de eucalipto e se erradique de espazos protexidos, das terras de alto valor ecolóxicos e das áreas pertencentes á Rede Natura.
Os expertos denuncian o abandono do medio rural, do que responsabilizan as políticas “planificadas e perversas” da Xunta: entre 2013 e 2016 desapareceron unhas 3.400 explotacións agrícolas e perdéronse 34.000 hectáreas de superficie agraria útil.
Outro factor a ter en conta é a presenza da empresa pasteira ENCE e a instalación de plantas de biomasa: xa se están tramitando tres dunha capacidade de 50 megawatios. Precisamente, os terreos que progresivamente se deixan de traballar son susceptibles de sucumbir á lacra da eucaliptización.
Cómpre que a cidadanía saiba que o risco de incendio nun eucaliptal é 3,55 veces maior que nos bosques de arborado autóctono. Supera tamén en 1,14 puntos a incidencia dos lumes nas masas de piñeiro.
A ILP pódese consultar na ligazón que segue:
INICIATIVA LEXISLATIVA POPULAR PARA A DEFENSA DO BOSQUE AUTÓCTONO E A LOITA CONTRA OS INCENDIOS
Paralelamente á xuntanza dos colectivos a prol da ILP, en Marín a Marea Veciñal organizaba unha charla co lema Política forestal como solución aos lumes.
En boa parte da sociedade hai un clamor contra o actual modelo de xestión, a involución á que conducen as modificacións na Lei de Montes, a ‘barra libre’ ao espallamento do eucalipto coas beizóns do Goberno galego e co aplauso das empresas que se benefician deste cultivo masivo.
Logo chegan os lamentos desesperados, a indignación pasaxeira e os falsos propósitos de enmenda cando o lume consume os bosques, aniquila o patrimonio cultural, arrasa vivendas e granxas, e mesmo provoca mortes. Pero antes de laiarse hai que previr, lembrarse de Santa Bárbara non só cando trona, e actuar en consecuencia antes de seguir caendo na inercia das políticas interesadamente erradas que propician o enriquecemento duns poucos a conta de estragar o medio ambiente e a biodiversidade.

Publicado en Accións, Xeral, Xuntanzas | Etiquetas: Colectivos sociais, Medio ambiente, Política, Xunta

Son días de festa na parroquia: o domingo 7 de xaneiro, San Xián; e hoxe luns, a Virxe dos Remedios. Hai un ano por estas datas ‘pediámoslle’ axuda aos patróns para sermos afortunados nos tribunais ante as resolucións xudiciais que estaban próximas de saír á luz. Sexa a confianza absoluta nos argumentos que levamos tantos anos esgrimindo para rexeitar a construcción dun polígono industrial no Monte Pornedo, sexa a intercesión divina, o caso é que tanto o recurso contra o Plan Sectorial autonómico de Áreas Empresariais como a demanda contra o PXOM do Concello de Marín, prosperaron satisfactoriamente e o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia fallou a favor da Asociación Monte Pituco.
Froito do traballo serio e rigoroso do equipo xurídico, do apoio das persoas e dos colectivos que tamén apostan fortemente pola conservación do Pornedo como espazo de interese patrimonial, natural e paisaxístico, e da fortaleza para manter unha causa durante oito longos anos, hoxe podemos ofrecerlle a San Xián e á Virxe dos Remedios dúas sentenzas das que estamos moi orgullosos.
Publicado en Imaxes, Xeral | Etiquetas: Parroquia de San Xulián

Tralo adiamento da carreira San Silvestre-Subida a Castro e da Andaina das Marabillas na casa o pasado día de Ano Vello a causa do temporal, esta xornada posterior á festividade de Reis amenceu cun tempo ideal para podermos practicar deporte: uns correndo, outros a paso lixeiro e outros a paso naturalista, é dicir, parando a cada pouco para ver un lique, fotografar unha paisaxe ou curiosear entre as pedras…

Vista dende a parte inferior do monte Teixugueiras
O castro da Subidá foi visita obrigada, un ano máis: o primeiro reto dos camiñantes.


Posible acceso orixinario ao castro, no punto onde se localizan unhas impoñentes pedras e con amplas vistas da ría dende o antigo asentamento castrexo
Nesta ocasión, había un novidoso aliciente: dende este verán, o castro da Subidá conta cunha nova estrutura visible trala ampliación das excavacións. Trátase doutra estrutura circular que o arqueólogo director da campaña identifica como un posible celeiro.


O itinerario da ruta máis longa, duns 7 quilómetros, permitiu enlazar o castro da Subidá co sendeiro do monte Penizas. Novamente, as panorámicas da ría e do arquipélago de Ons no horizonte compensaron con creces o esforzo.

Lamentablemente, a presenza do eucalipto é cada vez máis abafante. Dá moita mágoa ver novas plantacións entre os piñeirais. A pesar de toda a información que proporcionan os expertos sobre os perxuízos desta especie invasora, tanto polo empeoramento da calidade do solo e pola merma de biodiversidade que se produce ao seu arredor, como sobre todo polo carácter pirófito destas árbores, propietarios e comunidades de montes non cesan de caer nas redes da empresa pasteira que promove unha poderosa campaña de incentivos económicos.
Cómpre seguir informando, facendo pedagoxía, intentando convencer a veciñanza de que o verdadeiramente produtivo e o máis saudable para o noso territorio é a vexetación autóctona e a xestión dos montes cun enfoque multifuncional.
Ogallá os recunchos polos que transitemos os siareiros da Andaina das Marabillas na casa -e as persoas que visiten Marín por interese turístico e cultural- poidamos ir vendo melloras en anos vindeiros, en vez de laiarnos de que a ría queda cada vez máis lonxe, oculta pola densa cortina ‘australiana’.



Gravados modernos de José Meijón nunha antiga edificación de uso militar, deixando atrás o monte Penizas
Fronte aos eucaliptos -e mesmo os piñeiros-, por fortuna quedan aínda pequenos oasis onde se pode gozar da vexetación do país: carballos e castiñeiros son un agasallo para a vista
O lavadoiro de Lodeiro, unha construción ben interesante dende o punto de vista arquitectónico e etnográfico.

De regreso ao núcleo de Castro, volvemos fixarnos nos elementos máis senlleiros do patrimonio tradicional: antigas chemineas, vellas cancelas de forxa, hórreos… Moitos deles viron tempos mellores e agora por desgraza languidecen por mor do desuso, da falta de sensibilidade, do desinterese das Administracións que deberían estar velando pola conservación destes bens, elaborando medidas que incentiven a súa restauración.





Marabillo-me da terra
marabilla, marabilla, é o mare,
marabillo-me das flores,
marabilla, marabilla son as cores.[“Marabilla”, de Mercedes Peón]
Publicado en Imaxes, Xeral | Etiquetas: Colectivos sociais, Cultura, Medio ambiente

Velaí a illa.
Terra libre rodeada de escuma e sal,
trenzada de camiños e raíces.
Refuxio do vento,
espello das bateas,
destino dos ronseis que trazan o ceo.
Un arrecife de nubes e estrelas
por bóveda: etérea, eterna.
A hedra e o brión gardan tesouros
deitados pola marea infinda dos días.
O eco da bucina tamizado pola area
alimenta o acuífero sagrado
e o miñato espreita o fluír do pensamento.
Contémploa dende o balcón da ría
mentres apreixo o pouso sereno da poalla
no meu corazón espido.
[Ilustración de Belén Padrón]
Publicado en Imaxes, Xeral | Etiquetas: Pensamentos

“La mayoría de estos restos están en manos privadas, «algunos pertenecen a personas particulares pero la gran mayoría a las comunidades de montes», por lo que es necesario contar con su aprobación para poner en marcha cualquier iniciativa”.
…Oi, oi, oi, que mal pinta isto!
“Será en febrero cuando estas medidas se comiencen a desarrollar, pues durante este mes los comuneros tendrán que reunirse en asamblea para decidir dar el visto bueno a la hoja de ruta que ayer les presentó el Concello”.
“La puesta en marcha de este Plan de Protección municipal surgió el año pasado a raíz de un acuerdo unánime en el Pleno. Marea Marín y el Bng presentaron sendas mociones con el objetivo de que en la realización de este documento participasen asociaciones del municipio que trabajan todo el año por la preservación y la defensa del arte rupestre en la localidad, como es el caso de Defende o Monte Pituco, pero ninguna de las dos peticiones obtuvo respaldo”.
Cómpre facer memoria.
No cerne do Plan de Protección do Patrimonio está a agresión cometida a un xacemento catalogado no lugar da Carrasca, como consecuencia cunhas tarefas de desbroce de camiños ordeadas pola Comunidade de Montes de San Xián sen que tomasen as oportunas medidas para evitar danos aos xacementos
AGRESIÓNS AO PATRIMONIO DE SAN XULIÁN: COMUNICADO (xaneiro 2017)
No pleno de xaneiro de 2017 o Bng presentou unha moción de urxencia que quedou ‘aparcada’ para o seu tratamento en comisión. Dende a Asociación Monte Pituco lanzáronse varias propostas:
PROPOSTAS PARA UN POSIBLE PLAN DE PROTECCIÓN DO PATRIMONIO (xaneiro 2017)
Na comisión de cultura, o Bng non aceptou as enmendas que a Marea lle propuxo, instando a este grupo municipal a presentar a súa propia moción no pleno seguinte:
A COMISIÓN DE CULTURA SOBRE O PLAN DE PROTECCIÓN DO PATRIMONIO ARQUEOLÓXICO (febreiro 2017)
Entre medias, o arqueólogo marinense Álvaro Arizaga publicou unha carta urxindo á posta en marcha do Plan pola situación de urxencia na que se atopa o patrimonio marinense:
CARTA ABERTA DE Á. ARIZAGA AO CONCELLO DE MARÍN (febreiro 2017)
No pleno de febreiro aprobouse a moción do Bng a prol da posta en marcha dun Plan de Protección do Patrimonio pero, inmediatamente despois, foi rexeitada a moción da Marea que propoñía melloras á moción precedente. Negóuselle ao arqueólogo Álvaro Arizaga a posibilidade de intervir no turno de palabra que lle cedía a Marea para xustificar as enmendas propostas.
CRÓNICA DE URXENCIA DO PLENO DE FEBREIRO (febreiro 2017)
Nese mesmo mes, Álvaro Arizaga impartiu unha charla sobre a situación do patrimonio marinense:
CHARLA DE ÁLVARO ARIZAGA NO ATENEO (febreiro 2017)
CHARLA DE Á. ARIZAGA (I): A SITUACIÓN DE URXENCIA DO PATRIMONIO CULTURAL
CHARLA DE Á. ARIZAGA (II): A SITUACIÓN DE URXENCIA DO PATRIMONIO CULTURAL
Dende a Asociación Monte Pituco publicamos un informe dando conta das numerosas eivas que presenta o PXOM de Marín no que respecta á localización e identificación dos xacementos arqueolóxicos no Monte Pituco:
PIFIAS DO CATÁLOGO ARQUEOLÓXICO DO PXOM DE MARÍN NO PITUCO (febreiro 2017)
No pleno de marzo non se incluíu na orde do día o proxecto de elaboración do Plan:
PLENO DE MARZO: SEGUIMOS CO PATRIMONIO (OU NON) (marzo 2017)
En abril a Asociación Monte Pituco foi invitada a intervir na comisión de Cultura para ofrecer a súa versión sobre a situación do patrimonio arqueolóxico, apoiando a exposición realizada nun documento asinado polo historiador Buenaventura Aparicio, os arqueólogos Antonio de la Peña e Álvaro Arizaga, o investigador Antonio Costa e o naturalista Paulo Troitiño, experto no patrimonio marinense.
INTERVENCIÓN NA COMISIÓN DE CULTURA DO CONCELLO DE MARÍN (5 abril 2017)
Malia votar EN CONTRA das propostas formuladas pola Asociación Monte Pituco na Comisión de Cultura, o Goberno local sae ao paso cunha nota informativa apostando polas medidas que previamente viña de rexeitar:
USURPAR PROPOSTAS ALLEAS PARA VENDELAS COMO PROPIAS (6 abril 2017)
No pleno de abril a voceira de Cultura do Bng utilizou o pleno para atacar a Asociación Monte Pituco pola súa intervención na Comisión de Cultura. A moción da Marea, que só foi apoiada polo Psoe, foi rexeitada cos votos en contra do PP e coa abstención do Bng:
CRÓNICA DE URXENCIA DO PLENO DE ABRIL
PLENO DE ABRIL: DEBATE DA MOCIÓN SOBRE O PLAN DE PROTECCIÓN DO PATRIMONIO
“«Se tomarán en cuenta sus opiniones a la hora de realizar el plan», explica la edil, «pero las reuniones que tendremos solo incluirán a los propietarios de los restos». «No habrá ninguna comisión de seguimiento sobre el asunto», asegura”.
…Pero que mal pinta isto!
“En cuanto a la actualización del inventario municipal del PXOM, pedida por Defende o Monte Pituco con el objetivo de incluir los nuevos descubrimientos realizados por Antonio Costa en San Xián, la concelleira advierte que esa decisión «no me corresponde a mí, sino a los técnicos municipales», un argumento que también esgrime cuando es preguntada sobre si estos nuevos hallazgos estarán amparados por el Plan de Protección en curso”.
Publicado en Alertas, Hemeroteca, Xuntanzas | Etiquetas: Concello de Marín, Monte veciñal, Parroquia de San Xulián, Patrimonio rupestre, Prensa

“Augas de Galicia solamente reduce su plan de acción en el espacio natural de Castiñeiras a la limpieza de lodos que ya ejecutó hace algunos meses y que permitió mejorar en cierta manera la situación que atraviesa la balsa de agua, cuya imagen llegó a ser desoladora en los peores momentos de la sequía vivida en las provincia durante el recientemente terminado 2017. La posibilidad de que sea el propio Concello el que tome las riendas del asunto es mínima, dada la gran inversión que supondrá sellar la grieta”.

“Según la regidora, aunque es verdad que en los últimos meses no ha tenido novedades por parte del ente autonómico, “sí que existe un compromiso de evaluar la situación de la zona y de estudiar qué posible actuación se debe llevar a cabo”. Así se lo confirmó personalmente a Ramallo el director de Augas de Galicia, además de haberse planteado en el Parlamento Gallego, “donde incluso dijeron que el sellado iba a requerir de un proyecto ambicioso”.
Actualización:
Estado do Lago de Castiñeiras a 8 de xaneiro de 2018, tralas recentes chuvias.

Publicado en Denuncias, Hemeroteca, Xeral | Etiquetas: Auga, Concello de Marín, Parroquia de San Xulián, Prensa, Xunta
No verán de 2014 inaugurouse o sendeiro marítimo que vai dende a ponte medieval de Pontesampaio ata o peirao de Arcade e a praia da finca de Cagazó, na desembocadura dos ríos Verdugo-Oitavén. A foz do Verdugo-Oitavén é un espazo que destaca pola súa riqueza medioambiental como resultado da confluencia entre a auga doce dos cauces fluviais e a auga salgada da ría: mariscos crustáceos e cefalópodos, fauna piscícola e avícola forman un ecosistema privilexiado na antesala da enseada de San Simón.

Vista da ponte medieval de Pontesampaio dende A Xunqueira, pertencente ao concello de Pontevedra

Vista das pontes ferroviarias dende a ponte medieval, coa illa de Medal ou Insuíña á dereita

Vista da ponte medieval dende o paseo marítimo, no barrio do Conde, en Arcade


A ponte ferroviaria do século XIX, detrás desta a ponte de máis recente construcción para o Tren de Alta Velocudade e, ao fondo, a ponte medieval

Punta Muxeira e, ao fondo, as illas Alvedosas

Dende a praia Matilde

Illas Alvedosas

Publicado en Imaxes, Xeral | Etiquetas: Medio ambiente

Más de 200.000 hectáreas de bosque pasarán de nuevo a manos de las mancomunidades en veinte años -Medio Rural alega que no tiene “medios suficientes” para hacerse cargo
Desde el departamento que dirige Ángeles Vázquez alegan que estos bosques cuentan ya con instrumentos de gestión forestal y dan por culminado su trabajo. En el documento del Plan Forestal apuntan directamente a la insuficiencia de medios para asumir la gestión pública de estos montes. “Si no se disponen de medios suficientes para un buen ejercicio de la gestión pública en montes de terceros no conviene ampliar la superficie de gestión pública e incluso es mejor reducirla”, señalan.
La Xunta prefiere reorientar “las inversiones y presupuestos públicos a fomentar iniciativas de movilización de propiedades forestales privadas para impulsar actividades económicas sostenibles, que sean viables, rentables y competitivas”. Sin embargo, el propio documento del Plan Forestal reconoce al mismo tiempo la desorganización y la falta de recursos de las comunidades de montes.
En Galicia hay 3.249 montes vecinales, propietarios de 666.000 hectáreas de bosque en Galicia, es decir, el 32,8 por ciento de la superficie forestal gallega. Y, sin embargo, muchas de estas organizaciones de comuneros ni siquiera disponen de órganos de gobierno. Según los datos de Medio Rural, un 10% no tiene estatutos, el 34% carece de una junta rectora, otro 10% no dispone de un censo de vecinos comuneros y un 50% no lo tiene actualizado. En estas condiciones, es difícil que puedan gestionar con eficacia los montes de su propiedad. Y ahora además deberán asumir otras 200.000 hectáreas que la Xunta dejará de gestionar.
Si pasan al Banco de Terras no serán explotados por un organismo público sino que se alquilarán a terceros para que les saquen rendimiento.
Los convenios por los que las mancomunidades cedían la explotación de estos terrenos a Medio Rural se transformarán ahora en contratos temporales de gestión pública y ahí es donde la Organización Galega de Comunidades de Montes ve una puerta abierta a que se privatice su gestión.
Publicado en Alertas, Hemeroteca, Xeral | Etiquetas: Monte veciñal, Prensa, Xunta

Situación actual do derrubo das antigas casas na mazá de Méndez Núñez (Foto, P. Barros)
Avanza a demolición das antigas vivendas de pedra na rúa Méndez Núñez e co seu derrube morre outro pedazo da historia e do pasado da vila de Marín, onde tanto se ten maltratado a arquitectura tradicional cun modelo de urbanismo depredador da identidade e da cultura do pobo. Por desgraza, segue de plena actualidade o artigo que o arqueólogo Álvaro Arizaga elaborou a finais do pasado novembro abordando esta problemática. Un mes despois, as máquinas seguen avanzando nunha desfeita inexorable polo punto de non-retorno ao que chegara o deterioro deste núcleo situado en pleno corazón de Marín. A ameaza das sancións administrativas, a obriga dos propietarios de ter os inmobles nunhas condicións óptimas de seguridade e a súa falta de solvencia económica para abordar a conservación das estruturas ou das fachadas de maior valor, lévanos a que unha vez máis as hemerotecas sexan a referencia visual e paisaxística do vello Marín. O patrimonio, esa palabra maldita para quen (des)goberna, mentres as autoridades competentes na Administración autonómica miraron durante moito tempo para outro lado.
MARÍN REGALA PEDRAS VELLAS
Confírmase nos medios de comunicación o futuro derrubo do conxunto histórico de vivendas en pedra da rúa Méndez Núñez, en pleno centro de Marín. É un día triste para o patrimonio cultural da vila. A súa demolición estaba planificada dende hai bastantes anos, en concreto dende a redacción do plan urbanístico. Neste plan aprobouse o derrubo de todo o conxunto para a creación dun inmenso “polígono” de edificacións modernas, o S.U.N.C.-P4, que implica incluso a apertura de novas vías ó tráfico rodado pese a que a zona, por ubicación e características, xa está reservada ó uso peonil. O plan impedía na práctica calquera acción de restauración dalgún propietario particular, como podería ser o Ateneo Santa Cecilia: esas vivendas estaban condenadas de antemán e nin sequera se tiña en conta a conservación das súas fachadas, dado que a fronte ía ser retranqueada uns metros. Esta proposta de polígono foi, por certo, invalidada e modificada nalgunha das súas partes por unha sentenza do 2015 do Tribunal Supremo. O PXOM aínda non foi modificado segundo ordena esa sentenza do Supremo: poderiamos ironizar que parece que en Marín hai certa actitude de resistencia ante a xustiza, dado que tampouco se executa a sentenza sobre os recheos do porto. Pero esa é outra historia.
Agora, incluso antes de facer caso ó Supremo, o Concello apresúrase a fomentar esa demolición, declarando ruína as construcións e alegando que a seguridade dos transeúntes esixe o seu derrubo total e inmediato. Os propietarios, que non dispoñen de recursos económicos, vense obrigados ou convencidos a aceptar a “solución final”, ante a posibilidade (relativamente remota) dun accidente. Asombra neste caso a urxencia do Concello para a destrución, cando hai tantas tarefas pendentes na vila e tantos edificios a medio construír e abandonados.
Os que traballamos co patrimonio cultural desanimámonos cando vemos que algúns chaman ruína ó que nón consideramos valioso. Tamén as “Ruínas” de Santo Domingo comezaron a ser demolidas, exactamente pola mesma razón que esgrime o Concello de Marín, a seguridade dos transeúntes. Hoxe podemos ver o que quedou porque os membros da Sociedade Arqueolóxica de Pontevedra se encerraron no interior das ábsidas e conseguiron parar as obras.
Esas construcións da rúa Méndez Núñez non son moi espectaculares para ollos ignorantes, sobre todo no seu estado actual. Tampouco son moi antigas: seguramente non van máis atrás do século XIX a maioría delas. Non foron protexidas no PXOM nin catalogadas pola Consellería de Cultura. Por tanto, moita xente pensa, quizais con razón, que non son bens culturais e deben ser eliminadas. Ninguén quere un casco vello inseguro, suxo e abandonado, iso é obvio. Pero os que traballamos co patrimonio cultural pensamos que esas casas son suficientemente antigas, que son patrimonio etnográfico, que son a continuación lóxica da Rúa Real na conexión entre a igrexa e o Concello, entre o poder relixioso e político. Tamén pensamos que forman parte integral do casco antigo, que seguen un trazado dende logo medieval, se non máis antigo, e que son do pouco, ou único, que Marín conserva da súa industria tradicional relacionada co mar.
Certo é que as construcións modernas inmediatas alteraron a paisaxe, que os bens etnográficos, collidos dun en un, non parecen valiosos… pero o valor dos bens etnográficos é o seu contexto e, neste caso, o conxunto persistía case na súa integridade. Unha intervención de conservación preventiva que garantise a seguridade tería sido moi barata para as arcas do Concello.
A zona era, ou é aínda, un espazo idóneo para a creación dun espazo cultural e verde no interior da vila, fomentando a conservación e a restauración das estruturas antigas, compatibilizando a residencia particular co uso público e incluso pensando na conservación futura do xacemento arqueolóxico romano que, con case toda seguridade, pervive baixo terra naqueles solares.
Para iso era necesario que o Concello tivese unha concepción diferente do que é o patrimonio e o urbanismo, un afán de restauración e non de destrución. Cando ese inmenso solar estea “limpo” e implique beneficios inxentes para as empresas construtoras, cando o valor do futuro polígono estea nos centos e millóns de euros… o patrimonio etnográfico xa non estará e o arqueolóxico estará en risco inminente. Poderá ser eXcavado, pero só moi parcialmente conservado.
A fotografía que acompaña este texto non é da rúa Méndez Núñez. É unha fotografía do edificio do século XVIII derrubado impunemente na rúa Calzada non hai tantos anos, un de tantos bens arquitectónicos e urbanísticos de Marín que só permanecen na memoria. As construcións da rúa Méndez Núñez levan o mesmo camiño. Quizais os que esteamos equivocados somos os que traballamos co patrimonio cultural, dado que a sociedade, a clase política, os técnicos de urbanismo e de cultura da Xunta de Galicia, non consideraron que aquilo fose valioso. Nin sequera a pedra parece valer cartos, dado que se vai regalar á empresa destructora.
Pero ninguén regala duros a catro pesetas: neste caso, a desaparición do patrimonio arquitectónico de Marín vai fondamente ligado a uns intereses urbanísticos evidentes. A crise inmobiliaria foi grave, pero parece que non suficiente para que a sociedade entendese a clave da problema. As casas de Méndez Núñez non só son valiosas culturalmente: tamén son moi valiosas dende a perspectiva económica, e esa foi a súa condena. O problema é que o tipo de beneficio que sacaremos, público ou privado, dunha maneira ou da outra, será totalmente diferente. Uns pensamos en bens culturais, asociacións, museos, auditorios, xacementos arqueolóxicos, espazos abertos, zonas verdes, vivendas restauradas e dignas… outros pensan en número de pisos, en cartos en definitiva.
Mentres tanto, Marín vai quedando sen pedras vellas, pouco a pouco pero inexorablemente.
Álvaro R. Arizaga Castro é arqueólogo, profesor e xefe de estudos na Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia (Pontevedra)
23 de novembro de 2017



Publicado en Colaboracións, Denuncias, Hemeroteca, Imaxes, Xeral | Etiquetas: Concello de Marín, Cultura, Prensa

No Nadal só debería haber novas positivas, bos desexos, harmonía e concordia… Pero sempre hai alguén para amolar, distorsionar e crebar cos propósitos de bondade que deberían inspirar unha colectividade.
Onde se viron portas no campo… ou no mar? Pois no Monte Pituco hainas a pares. Portas en plural… e de madeira da boa. Cos seus manubrios, cos seus cristais e todo!
Sería obra dun carpinteiro frustrado porque un cliente non lle foi buscar un encargo? Ou sería, pola contra, un cliente insatisfeito? Acaso un contratista que non sabía que ‘casa con moitas portas é difícil de gardar’?

Con este xa son dous -que se saiba- os verquidos que afean o Monte Pituco. En agosto foi detectado un lote de roupa vella, táboas podres, aramios enferruxados, puntas ao aire, pezas de plástico e inmundicias varias. Chimpárono a xeito de barricada, obstaculizando o paso de vehículos a través do túnel da Variante entre A Pena e O Caeiro. Chegaron, bascularon e marcharon impunemente o seu autor ou autores.
Catro meses despois aí segue o lixo, apartado contra un lado…
Un noxo! Unha vergoña!

Publicado en Denuncias, Imaxes, Xeral | Etiquetas: Monte veciñal

Un ano máis desexando Boas Festas de inverno aos amig@s do ‘balcón da ría’, e xa van oito dende que a Asociación Monte Pituco (Pornedo) botara a andar timidamente no Nadal de 2009. Neste tempo temos compartido estas datas de celebracións amosando todo tipo de estampas: paisaxes coa ría cuberta dunha espesa néboa como de algodón, flores silvestres que agromaban no val do Pornedo, estampas da fauna que habita neste espazo, detalles dos fabulosos petróglifos que dan conta do milenario pasado destas terras, a auga manando abundantemente da Fonte das Pulgas cando antano a seca era impensable…
Pero neste 2017 dous feitos fixeron que a nosa postal de Nadal dende o miradoiro do Pornedo sexa entre papeis timbrados con selos oficiais: son o resultado de oito anos de arduo traballo con noites de insomnio e moitos sacrificios; mais tamén son papeis empapados de experiencia, continuo coñecemento, asombro ante as sorpresas que nos foron deparando tantas horas de andainas, de lecturas, de conversas.
Queremos que as protagonistas destas Festas sexan as SENTENZAS do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia ordeando que o polígono industrial proxectado no Monte Pornedo sexa retirado do Plan Sectorial de Áreas Empresariais de Galicia e do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Marín.
Tiñamos razón cando decidimos -conscientemente e por principios- non dar o brazo a torcer fronte aos enganos e o maltrato dos políticos que nos desprezaron, fronte aos intereses económicos e os feroces ataques dos que esperaban encher os petos a conta da destrucción do monte veciñal, fronte á prepotencia dos que abusaron do seu poder para intentar amedrentarnos, facernos fraquear e desistir do noso empeño. Temos razón e por iso os tribunais puxeron a balanza da xustiza do noso lado. E aínda que nos teñamos trabucado nalgunhas cousas e sigamos cometendo erros, a nosa liña de actuación vai seguir estando na senda da razón: a protección do monte, a dimensión multifuncional dos seus recursos, a conservación do patrimonio cultural, a defensa do medio ambiente e da paisaxe.
Hoxe estamos máis preto de enterrar o machado (neolítico) da batalla legal para centrar a tarefa da Asociación Monte Pituco en causas máis ‘amables’ relacionadas coa promoción da cultura ‘da’ nosa parroquia e ‘na’ nosa parroquia.
Grazas a quen nos ten acompañado neste longo camiño apoiándonos e asesorándonos. Grazas tamén a quen nolo puxo difícil, porque as trabas fixéronnos medrar, superarnos e continuar con máis forza.
…Vémonos no ‘balcón da ría’, tamén polo Nadal!
Publicado en Imaxes, Xeral | Etiquetas: Pensamentos
Castros, mámoas e, sobre todos, gravados rupestres sofren de forma considerable con cada incendio que os afecta. É máis, moitos dos nosos petróglifos desaparecen por completo a causa das elevadas temperaturas e da acción das lapas contra a superficie das rochas, un fenómeno que se coñece como termoclastia e que provoca a rotura e o desplacamento das rochas-soporte por mor das variacións bruscas de temperatura.
E é que o patrimonio arqueolóxico e etnográfico é un dos actores principais do noso monte, que ademais de producir madeira, debe ter en conta sempre no seu modelo de xestión e explotación a súa dimensión cultural, ecolóxica e social.
Isto que aquí dicimos cobra máis relevancia se cabe na perspectiva do ano 2018, declarado Ano Europeo do Patrimonio Cultural polo Parlamento e o Consello da Unión Europea.
Alberte Reboreda, arqueólogo

Publicado en Hemeroteca, Xeral | Etiquetas: Patrimonio rupestre, Prensa
Publicado en Hemeroteca, Imaxes, Xeral | Etiquetas: Cultura, Prensa

Medio Rural impulsará en cada distrito forestal estudios para identificar a los dueños
Solo el 10% del bosque está ordenado y la Xunta se fija llegar al 60% en 2037
Solo el 10% de la superficie forestal está ordenada. Y la principal traba para poner en valor el bosque es su minifundismo y la estructura de la propiedad. El 80% está en manos privadas, pero lo peor es que se desconoce quién es el dueño en el 63% de los montes gallegos. Según las estadísticas de la Consellería de Medio Rural, en Galicia hay un total de 1.279.899 hectáreas clasificadas como de “propiedad desconocida o dudosa”. Equivale al 98,2% del monte que está en manos privadas y a seis de cada diez hectáreas del conjunto de las masas forestales gallegas.
Publicado en Alertas, Hemeroteca, Xeral | Etiquetas: Prensa, Xunta
O Concello de Marín e a Dirección Xeral de Patrimonio veñen de ser informados do resultado das Xornadas pola protección e posta en valor do patrimonio de San Xián, organizadas pola Asociación Monte Pituco (Pornedo) en colaboración coa Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo. En senllos escritos resuminos o contido desta iniciativa, consistente nunha ruta guiada para dar a coñecer algúns dos xacementos arqueolóxicos catalogados na parroquia, máis unha charla sobre a técnica da reconstitución dixital en tres dimensións aplicada aos gravados rupestres.
Esta conferencia, a cargo do investigador Antonio Costa, estivo precedida dunha visita aos petróglifos incluídos na andaina para tomar fotografías dos mesmos e procesar as imaxes a través desa ferramenta informática. Como resultado deste traballo, tal e como quedou exposto na ‘barferencia’ celebrada na Adega A Capeleira, en dous grupos do conxunto rupestre da Carrasca localizáronse elementos inéditos que non figuran representados nas fichas de Patrimonio.
Así, no grupo número 4 do conxunto rupestre da Carrasca identificouse o trazo dunha punta de alabarda; un dato relevante que permite adscribir cronoloxicamente a orixe do xacemento á Idade do Bronce.
No grupo número 6 do conxunto da Carrasca apreciouse tamén o perfil doutra arma da que non había constancia previa.
Ademais, durante o roteiro foron localizados restos de cerámica no lugar de Pelagartos, en San Xián, onde está documentada a existencia dun asentamento prehistórico da Idade do Bronce. Segundo os expertos consultados pola Asociación Monte Pituco (Pornedo), case con total seguridade estes fragmentos remóntanse á época castrexa.

A maiores, en marzo deste ano a Dirección Xeral de Patrimonio foi informada da localización -por parte de Paulo Troitiño Iglesias- de tres novas estacións de arte rupestre no lugar da Carrasca, para a súa catalogación:
-Trátase dun motivo cuadrangular ou reticular e outros trazos. Destaca a importancia deste gravado por ser o único desta tipoloxía existente no Morrazo, logo de que resultara destruído nas obras da Variante outro semellante documentado en Moaña por Antonio Costa.
-E de varias cazoletas e combinacións circulares, estas últimas aparecidas ao desplomarse un eucalipto que nacera sobre a rocha.

A Dirección Xeral de Patrimonio xa foi informada o pasado mes de marzo destas novas descubertas para que fosen incluídas no rexistro ou inventario de xacementos arqueolóxicos de Galicia, ampliando así a riqueza cultural e patrimonial da nosa comunidade, e favorecendo que queden ao abeiro das garantías de protección e conservación que contempla a Lei de Patrimonio Cultural de Galicia ao ser clasificadas como Ben de Interese Cultural (BIC).
Por conseguinte, a Asociación Monte Pituco (Pornedo) dirixiuse novamente á Dirección Xeral de Patrimonio para reiterar os achados notificados hai nove meses e, a maiores, para ampliar esa petición coas novas descubertas.
Paralelamente, o Concello de Marín foi interpelado para que a Concellería de Cultura tome coñecemento desta información tan valiosa para o patrimonio do Concello; que a incorpore convintemente á documentación municipal actualizando o apartado correspondente no Plan Xeral de Ordenación Municipal, ademais de reiterar a petición para que se corrixan as eivas que presenta o Planeamento na identificación e localización dos xacementos; que a teñan en conta no proceso de elaboración do futuro Plan de Protección do Patrimonio aprobado polo Pleno da Corporación e que os colectivos/profesionais que traballan a prol da protección e difusión do patrimonio participen activamente na posta en marcha desta iniciativa.
. . . . . . . . . . .
REPERCUSIÓN NA PRENSA LOCAL

Los diseños de dos armas y motivos geométricos enriquecen los petroglifos de San Xulián
La asociación Monte Pituco insta al Concello de Marín y a Patrimonio a proteger los grabados rupestres


“Monte Pituco” pide protección para los nuevos hallazgos rupestres de A Carrasca
La asociación localizó en unas jornadas elementos de interés patrimonial
Publicado en Accións, Hemeroteca, Imaxes, Xeral | Etiquetas: Concello de Marín, Cultura, Parroquia de San Xulián, Patrimonio rupestre, Prensa, Xunta

“Hoxe en día é inviable volver atrás”. A frase é do concelleiro nacionalista de Pontecaldelas Manuel Barreiro, nun acto organizado polo Ateneo de Pontevedra na Casa das Campás. O historiador e antropólogo Buenaventura Aparicio era o ponente dunha conferencia co lema “Un modelo de protección, investigación e divulgación da arte rupestre: a experiencia de Pontecaldelas”. Referíase Barreiro á firme consolidación da Área Arqueolóxica de Tourón; unha iniciativa que malia a controversia que xerou na comunidade de montes a conta da cesión dos terreos para desenvolver este proxecto de posta en valor do patrimonio rupestre, e a pesar do axustadísimo resultado da votación que se decantou finalmente a prol de levalo a cabo, xa é irreversible. Ninguén en Tourón, nin sequera os detractores das accións realizadas ou os que dubidaban dos seus beneficios, cuestionan xa a excelente repercusión desta área arqueolóxica que atrae visitantes de numerosos recunchos de Galicia e do resto da península. Pasaron 10 anos dende a inauguración do parque e ao longo deste tempo aas estacións rupestres de Nabal de Martiño, Laxe das Cruces, Coto da Siribela e Outeiro da Forcadela convertéronse en destacados referentes da arte prehistórica.
Sen dúbida, quen ten contribuído a que isto sexa así é Buenaventura Aparicio: leva máis de tres décadas percorrendo os montes, enriquecendo coas súas achegas o catálogo do patrimonio arqueolóxico galego, sendo un activo promotor e divulgador desta riqueza a través de ducias de charlas e publicacións, moitas delas da man do seu compañeiro de andanzas Antonio de la Peña, arqueólogo do Museo de Pontevedra.

Precisamente, en 2007 creouse en PonteCaldelas -con Aparicio como coordinador- o Grupo de Investigación Arqueolóxica e Etnográfica “A Laxe da Irena”, formado por arqueólogos, historiadores e persoas afeccionadas ou interesadas na protección, investigación e difusión da arte rupestre do municipio. Tomou o seu nome dun xacemento catalogado que destaca non só por representar unha profusa iconografía rupestre coa brama de cervos como eixe temático, senón tamén porque -sorprendentemente- foille construído enriba un muro que impide a aceitada posta en valor dos gravados.
A súa teima en todos estes anos foi convencer a propios e estraños de que “todo Pontecaldelas” -e quen di Pontecaldelas di Marín ou calquera outro concello- “ten que tomar conciencia da imprtancia do patrimonio que ten”, dende os anciáns da vila ata a poboación infantil.
Por iso é habitual ver a Buenaventura Aparicio impartindo charlas, guiando visitas ou participando directa ou indirectamente naa numerosas actividades que se programan en Pontecaldelas arredor da arte rupestre. “Porque a cultura é unha festa”, é a súa teoría. Velaí a súa acérrima defensa da necesidade de “facer pedagoxía nas escolas” a través de encontros co alumnado, con talleres de expresión, creación literaria ou artística vencellados á forma e á simboloxía dos petróglifos; ou de facer partícipe a toda a veciñanza na celebración de romarías nas que o patrimonio e a natureza son o telón de fondo de xantares e foliadas; e mesmo actuar politicamente ante institucións de tan alto rango como o Parlamento Europeo a través da deputada Lidia Senra, que fixo posible que a campaña SOS Arte Rupestre Galega chegase tan lonxe para visibilizar as ameazas que lle afectan gravemente ao noso patrimonio prehistórico: a eucaliptización e os incendios forestais.

Laxe das cruces
Se un proxecto concreto lle ocupou tempo, esforzo e preocupación, ese foi a actuación na famosa ‘pedra do cervo’, en Cuñas. Tiveron que pasar ata cinco anos para poder traballar na ampliación da súa excavación, na restauración do gravado, na realización do calco a cargo de Antonio de la Peña, e na súa sinalización con paneis informativos.
Daquela, os comuneiros de Cuñas tiñan o terreo conveniado con Norfor: “Ata un traballador da empresa chegou a protestar porque se desbrozara moito arredor do petróglifo”, criticou Aparicio. Pero as trabas non impediron que este xacemento recuperase o esplendor, descubrindo a canteira tradicional que houbera antano arredor do xacemento ou invitando a veciñanza a presenciar os traballos de recuperación.
Pero como dixo ao final da charla o edil Manuel Barreiro, “non hai volta atrás”. O sentido común e a razón estiveron, están e estarán sempre de parte de quen aposta pola conservación da cultura, pola recuperación dos sinais de identidade que nos unen, de quen favorece a mellora destes recursos como trampolín para xerar máis dinamismo: “Medio millón de persoas visitan cada ano os xacementos rupestres de Val Camonica en Italia, tendo menos calidade que os nosos”, concluía Buenaventura Aparicio.

O efecto da vaga de lumes de 2006 en Tourón; os petroglifos non resultaron afectados polo lume grazas a que a matogueira fora desbrozada con anterioridade
Publicado en Imaxes, Xeral, Xuntanzas | Etiquetas: Cultura, Patrimonio rupestre

“Así como Salcedo conserva moitos elementos da súa antigüidade, Lourizán apenas ten restos arqueolóxicos porque practicamente todo o territorio foi ocupado por diversas construcción”. A depuradora, a vía do ferrocarril, a autovía de Marín e o seu scalextric, e sobre todo, a instalación de Celulosas e de Elnosa, borraron do mapa o pasado desta ‘terra mártir’; un termo acuñado para referirse a esta parroquia na súa longa e tortuosa defensa da Praza dos Praceres. Lugares que antano foran frecuentados por xente de alta alcurnia acabaron sendo o patio traseiro de Pontevedra.
Unhas xornadas organizadas pola Asociación de Amigas e Amigos do Museo de Pontevedra procuraron reivindicar o esplendor de Lourizán e os recursos patrimoniais que antano lle deron lustre a este territorio maltratado. O arqueólogo do Museo de Pontevedra, Antonio de la Peña foi un dos participantes neste seminario monográfico sobre o Pazo de Montero Ríos, cuxa extensión chegaba ata os dominios da parroquia de Santo André.

O achado dun artefacto lítico bifaz demostra a existencia de poboacións de cazadores e recolectores en tempos remotos. Mais non son os únicos restos prehistóricos dos que hai noticia, tendo en conta a aparición de dous machados de pedra pulimentada.
Bótase en falta a presenza de pistas que conduzan á localización de mámoas, sendo O Morrazo unha bisbarra onde a existencia destes enterramentos se caracteriza pola súa dispersión. Entre as que se atopa máis preto de Lourizán, Antonio de la Peña citou a de Sete Camiños, no linde entre a parroquia marinense de San Xián e as pontevedresas de Lourizán e de Salcedo.
En canto á presenza de gravados rupestres, o arqueólogo referiuse á figura de Enrique Campos Sobrino, que situaba dúas laxes en Outeiro do Casal e onde actualmente se atopa o colexio público de Praceres. Este último petróglifo atópase dentro do recinto escolar, co peche perimetral do centro de ensino xusto enriba da pedra, agredindo a área de cautela deste Ben de Interese Cultural: “Parece mentira que unha institución docente o teña nas condicións nas que se atopa”, lamentou Antonio de la Peña, en alusión ás posibilidades desaproveitadas dende o punto de vista educativo por introducir a sensibilidade polo patrimonio cultural dende o propio currículo académico.
Quizais pola ausencia de espazos libres da influencia humana, en Lourizán non se está dando o caso de atopar elementos de arte rupestre que permanecían inéditos, como está sucedendo en Salcedo e máis recentemente en San Xián de Marín en lugares con abundantes xacementos arqueolóxicos como A Carrasca.
Tamén sorprende que Lourizán sexa “das poucas parroquias que non ten un castro coñecido” fronte aos poboados da Subidá e das Croas, en Marín e Pontevedra, respectivamente.

Avanzando no tempo, a charla de Antonio de la Peña abordou tamén a época da romanización, na que destacou a ausencia de hostilidades entre as comunidades castrexas e os romanos. A apertura de rutas comerciais supuxo que do século I en diante chegaran ata esta parte da ría numerosas importacións de ánforas con viños e outras mercadorías.
Máis indicios: a aparición de restos de aras na zona do Igrexario, ou a figura do que deron en chamar un “demo” nun muro da finca de Montero Ríos. En opinión de Antonio de la Peña, trátase dunha “figura orante” máis que da representación do ‘deus’ Vestio ao que facían referencia as inscricións das aras atopadas, que tampouco estarían vinculadas ao legado romano.


Co achado no lugar de Sartán dalgunhas moedas e dunha ‘falera’ -adornos no equipamento militar romano e na utillaxe dos cabalos-, xunto con indicios da existencia dunha fábrica de salazón, parece rematar a catalogación de bens arqueolóxicos en Lourizán.
A conferencia de Antonio de la Peña foi repaso cronolóxico á riqueza ‘incompleta’ desta parroquia en materia patrimonial; un catálogo incompleto e cheo de misterios, como o da identidade do primeiro habitante documentado en Lourizán: unha muller chamada Severa.
*Sobre “A zona arqueolóxica de Lourizán” trata o artigo de Eloy Martínez Soto no “Relatorio sobre a protección do Pazo de Lourizán”, de recente publicación, coordinado polo presidente da Asociación de Amigas e Amigos do Museo de Pontevedra, Ernesto Vázquez-Rey Farto.
Publicado en Imaxes, Xeral, Xuntanzas | Etiquetas: Concello de Pontevedra, Cultura, Patrimonio rupestre

Poucas incidencias -aparentemente- se teñen rexistrado no Monte Pituco tralo paso do temporal “Ana”. O vento revirou e tronzou as pólas dun salgueiro que medraba no inicio da pista forestal, a carón do cruce do Regueiriño. Tamén tumbou un eucalipto de mediano tamaño en plena subida cara ao sendeiro que conduce ao miradoiro.


A nota positiva, as precipitacións, que encheron as pozas e as pías. As nosas pisadas xa non levantan pó cando camiñamos sobre a terra seca; nótase baixo os pés a textura e mailo son esponxoso da auga que enchoupou a herba e os brións. Abofé, regatos e mananciais -tan mermados pola seca- recibiron estas chuvias como un bálsamo reparador.



Unha das pontes que se ergueron sobre o río Verdugo é a de Comboa, que enlaza esta parroquia coa de Romariz, en Soutomaior. Aínda que de orixe romana, foi modificado nos séculos XIII-XV. Froito desa influencia medieval é que un dos tres arcos que ten é lixeiramente apuntado, mentres que os outros dous son de medio punto.


Diversas instancias sociais e políticas veñen demandando nos últimos anos que se mellore a precaria situación na que se atopa este monumento, comezando polo reforzo dos seus contrafortes e a limpeza da maleza que rodea a estrutura.


Especies invasoras e pirófitas como as acacias rodean a contorna, dificultando a visión da súa arquitectura en conxunto. Tamén se aprecian restos de lixo nas súas bases, como sinal da actitude incívica de quen acude a esta contorna para depositar toda clase de residuos.


Pero á marxe do aspecto da ponte, da necesidade de recuperala como elemento patrimonial de interese cultural, histórico, paisaxístico e turístico, o máis preocupante neste enclave é o escaso caudal do río.


Varias organizacións sociais e políticas veñen amosando a súa oposición ao trasvase de auga proxectado pola Xunta e Augas de Galicia para reforzar o abastecemento da área de Vigo.

A Plataforma en Defensa do Verdugo, que xurdiu en 2003 contra a instalación dunha ducia de minicentrais entre este río e o Oitavén, logrando que non se chegaran a instalar máis que dúas, ten que volverse reactivar case 15 anos despois para seguir defendendo a integridade do ecosistema fluvial fronte a esta nova agresión.




El Concello, tranquilo al considerar que el PXOM ha sido validado por el TSXG. Estudiarán A Pastoriza como alternativa futura. La Autoridad Portuaria se abstiene de valorar la consolidación de los rellenos
“Simplemente pide que se le devuelva al Monte Pituco su catalogación anterior”.
Así é como toda unha alcaldesa minimiza o alcance dunha sentenza histórica: un minúsculo colectivo social gañoulle as batallas -en plural- a unha Administración autonómica e a un goberno municipal. David contra un dobre Goliat. Con argumentos, firmeza e moito tesón.
“La portavoz del PSOE, Luz Santiago, opina que apostar por Pastoriza es arriesgarse a que ocurra lo mismo que con O Pituco. “Allí no hay ninguna vía de alta capacidad cerca, ni servicio de agua, ni de electricidad”, apunta la socialista, que señala que A Brea hubiese sido la opción idónea. “Era un área más pequeña, pensada para las empresas de Marín, pero la gran oposición vecinal terminó por paralizarlo todo. Fue un error no aprovechar ese lugar”, sentencia. En la misma línea se expresa la portavoz del BNG, Pilar Blanco, que, aunque valora positivamente que no se haya anulado el PXOM en su totalidad, alega que “se tiveramos escollido A Brea como chan empresarial, agora non estariamos así, e iso foi culpa da chantaxe política feita polo PP na época na que se propuxo”.
Psoe e Bng, erre que erre. Xa o dicía no seu día a veciñanza da Brea, cando conseguiu, tamén con moito esforzo, paralizar outra barbaridade que pretendía perpetrar aquel nefasto bipartito na súa intención de crear outro polígono empresarial no medio dun núcleo habitado. Santiago&Blanco, dúas ‘vacas’ no millo. Tan soberbias e tan pouco humildes que ningunha -como tampouco os seus respectivos partidos- é quen de recoñecer sequera o erro cometido na clasificación do Monte Pituco como solo industrial, nin moito menos disculparse publicamente polo denigrante tratamento dispensado á asociación promotora da defensa deste espazo. Así lles vai e así lles irá. O tempo, como tamén ten demostrado a Xustiza, daralles o sitio que merecen: a ignominia.
“La Confederación de Empresarios de Pontevedra clama por la necesidad de una política empresarial en la provincia. “Tenemos que ser tremendamente ambiciosos para que las empresas de Pontevedra tengan infraestructuras competitivas con Portugal”, declara su presidente, Jorge Cebreiros, que lamenta que la rada no pueda contar con un puerto seco cerca”.
…Non todo vale!
Respecto para o medio ambiente.
Respecto para o patrimonio.
Respecto para a paisaxe.
Hai leis que os protexen!
…E respecto para a veciñanza que defende o medio ambiente, o patrimonio e a paisaxe contra os intereses especulativos…

“Cree que el municipio por su propia distribución del territorio y su perfil orográfico “tiene muy complicado “tener una zona empresarial y logística de gran tamaño vinculada a la actividad de la rada más allá de la propia zona portuaria. Es hacia ahí, garantizar e impulsar la actividad en la zona portuaria, hacia donde cree que debería mirar la acción del gobierno local, así como a pensar en la posible creación de pequeñas zonas de desarrollo empresarial o industrial a través de modificaciones puntuales del Plan Xeral”.
O Goberno local do PP, e tamén os seus antecesores do Psoe e do Bng, non se apean da burra vinculando o frustrado polígono industrial que proxectaran no Monte Pituco coa actividade portuaria. Esta pretensión choca co suposto rexeitamento da Autoridade Portuaria á elección do Monte Pituco como área loxística. Ou mentía José Benito Suárez Costa cando pronunciou estas palabras, en novembro de 2009?
“La opción de Monte Pituco fue DESECHADA EN EL AÑO 2000 debido al desnivel del terreno que lo hacía inviable”

Publicado en Alertas, Hemeroteca, Xeral | Etiquetas: Chan industrial, Concello de Marín, Política, Porto de Marín, Prensa
A sentenza do TSXG que rexeita a clasificación do Monte Pituco (Pornedo) como solo industrial no PXOM de Marín é consecuente co fallo do mesmo Tribunal que xa en maio deste ano se pronunciou no mesmo sentido contra a inclusión do Monte Pituco no Plan Sectorial de Ordenación de Áreas Empresariais deseñado pola Xunta; unha resolución que dende este pasado mes de setembro é firme e irrevocable. Dende a Asociación Monte Pituco celebramos con moita ledicia esta nova, aínda sendo prudentes e respectuosos diante da posibilidade de recurso de casación por parte do Goberno municipal.
Queremos dedicarlle esta nova vitoria xudicial ás persoas que xa non a poden celebrar connosco: os veciños Xan Montenegro, Saturno Vidal e Esmeralda Ruibal, que nos deixaron sabendo que o “balcón da ría” ten valores ambientais, culturais e paisaxísticos merecedores de conservalo e protexelo no marco do Espazo Natural dos Montes do Morrazo. Tamén agradecer a confianza e a dedicación do equipo xurídico que nos permitiu chegar ata aquí.
Dende que en decembro de 2009 este modesto colectivo comezou a dar os seus primeiros pasos na defensa do monte, foron numerosos os atrancos: un Concello entón gobernado por un alcalde do PSOE -Francisco Veiga- que se negou en repetidas ocasións a recibirnos e que chegou a admitir en sede plenaria que o máximo que fixera fora atendernos uns minutos por teléfono e nas escaleiras da Casa Consistorial; a mesma Casa Consistorial onde o edil socialista de parques e xardíns -Manuel Pazos Lamoso- nos asegurou que o Monte Pituco era o sitio “máis chan de todo Marín”; e onde o daquela concelleiro de Urbanismo do BNG afirmou que se o Monte Pituco tiña protección ambiental, “desafectábase, e punto”, ademais de lembrar que a edil nacionalista de cultura -Esther Crespo- rexeitou apoiar o proxecto do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños pola catalogación do Pituco como solo industrial.
Os atrancos continuaron co cambio de goberno e a entrada do PP, que en todo este tempo non deu ningún paso tendente á revisión do Planeamento en materia de solo industrial, nin tampouco se dignou en apoiar dende o punto de vista da promoción turística o Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños cando a iniciativa se materializou no verán de 2015, como tampouco a concellería de Cultura fixo nada pola protección e posta en valor do patrimonio arqueolóxico do Monte Pituco en particular nin de San Xián en xeral malia ser a parroquia marinense coa maior densidade de xacementos de arte rupestre.
En vez de solidarizarse, apoiar e colaborar nas accións legais, culturais e informativas que se impulsaron con moito esforzo económico e persoal por parte dos integrantes da Asociación Monte Pituco, como cabía esperar dunha comunidade de montes responsable e preocupada por defender a integridade dun territorio que por lei se considera “indivisible, inalienable, imprescriptible e inembargable”, na de San Xián atopamos unha forte resistencia dos seus dirixentes, expectantes ante os intereses económicos que xeraban as pretensións do Concello e da Xunta para urbanizar o Pituco.
Un sector da parroquia chegou ao extremo de impulsar un auténtico acoso aos promotores da Asociación Monte Pituco, cunha campaña de desprestixio nas redes sociais, saboteando os carteis cos que o colectivo anunciaba as súas actividades e mesmo agredindo reiteradamente os sinais informativos do Espazo Sete Camiños, como aínda vimos de constatar con indignación esta mesma semana no panel instalado a carón da pista forestal de acceso ao monte, cuxa lámina xa fora arrincada a finais do ano pasado.
Pero en absoluto o negativo pesa máis que a valiosa carga positiva que nos vén deparando esta longa experiencia: no camiño temos coñecido a moitas persoas e entidades vencelladas á cultura e ao patrimonio, ao medio ambiente e ao ámbito dos montes veciñais, que nos ofreceron apoio, axuda e asesoramento. Temos aprendido canda eles a coñecer máis e mellor o monte que nos rodea; temos colaborado en numerosas iniciativas e máis accións nas que seguiremos traballando conxuntamente.
Por citar algunhas, dende a Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo, Queremos Galego Marín ou o Colectivo Cultural Ronsel a nivel comarcal e local, ata a Organización Galega de Comunidades de Montes Veciñais en Man Común ou a Federación Ecoloxista Galega no eido autonómico.
Con esta segunda sentenza, a Asociación Monte Pituco pide RESPECTO tanto ao propio colectivo como á dobre decisión do TSXG de validar os valores medioambientais, patrimoniais e paisaxísticos que xa foran acreditados nos informes técnicos elaborados a instancias da organización veciñal, probando a inviabilidade económica do polígono proxectado.
A Asociación Monte Pituco tamén fai un chamamento á cidadanía para que se anime a coñecer esta parte aínda non suficientemente valorada da xeografía marinense, a sentir orgullo por contar cun espazo rico en biodiversidade e elementos de interese histórico-cultural, e a promover o seu coidado para que a súa situación mellore. O labor da Asociación Monte Pituco seguirá sendo a protección deste enclave e do monte de San Xián, o fomento da cultura e do patrimonio da parroquia, e a divulgación a todos os niveis -social, educativo, corporativo- da importancia desta riqueza.

La Voz de Galicia, Pontevedra: “El Monte Pituco no será industrial“

Faro de Vigo, Pontevedra: “El TSXG anula del Plan Xeral de Marín el parque empresarial de Monte Pituco“.

Faro de Vigo: “Un proyecto con un importante impacto visual y ambiental“.


Diario de Pontevedra: “El TSXG obliga al PXOM a anular el uso industrial del suelo del Monte Pituco“

PontevedraViva: “El TSXG anula la clasificación del Monte Pituco como suelo industrial en el Plan Xeral de Marín“.
Publicado en Alertas, Hemeroteca, Xeral | Etiquetas: Chan industrial, Concello de Marín, Informes técnicos, Prensa, PXOM Marín

A Asociación Monte Pituco (Pornedo) fai saber:
Que a día de hoxe -29 de novembro- deuse a coñecer a sentenza da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia sobre a demanda presentada por este colectivo veciñal contra o Concello de Marín pola clasificación do Monte Pituco (Pornedo) como solo industrial no Plan Xeral de Ordenación Municipal. A Sección Segunda ANULA as determinacións do PXOM de Marín relativas á clasificación dos terreos incluidos no solo urbanizable delimitado de uso industrial (SUD PL-1), “sen que proceda facer pronunciamento sobre a clasificación de dito solo, que será a que lle correspondera con anterioridade á aprobación do plan recorrido”.
…Dámoslle as GRAZAS, en primeiro lugar ao equipo xurídico por esta segunda vitoria xudicial trala sentenza do TSXG ordeándolle á Xunta retirar o Monte Pituco do Plan Sectorial de Áreas Empresariais. E dámoslle as GRAZAS a todas as persoas que dende 2009 se puxeron ao noso carón, axudándonos, apoiándonos, dándonos alento.
Publicado en Alertas, Denuncias, Imaxes, Xeral | Etiquetas: Concello de Marín, Informes técnicos, PXOM Marín
A ruta pola protección e posta en valor do patrimonio de San Xián, derradeira actividade das Xornadas que comezaran na véspera coa charla de Antonio Costa, partiu do adro da igrexa parroquial.


A Carrasca 2

A Carrasca 1

A Carrasca 3

A Carrasca 4, onde a análise da reconstitución dixital 3D permitiu que Antonio Costa aprecie a presenza dunha punta de alabarda gravada na rocha, unha figura da que non hai constancia nos calcos.

A Carrasca 5

Visita ao novo petróglifo reticulado descuberto por Paulo Troitiño, na Carrasca.

Champás 1, ‘ A Silla’

Champás 3

A precaria situación na que se atopa o grupo n° 3 de Champás polas raíces dun piñeiro que empurran un fragmento de roch, ameazando a integridade das escenas representadas ao seu pé.

Percorrido polo rego do Lameira

As ‘miserias’ do camiño: a o estilo trapalleiro dos responsables da tala de madeira, que non recollen nin trituran os restos das tarefas forestais; e verquidos ilegais.
Outro dos aspectos desfavorables e comentados negativamente polos asistentes á ruta foi a presenza abafantemente masiva de eucaliptos e acacias invasores.

Vista de Tambo dende a estrada do Lago de Castiñeiras.

Petróglifo de Briasco

Un afortunado descubrimento realizado durante a ruta por Antonio Costa, nas proximidades de Pelagartos, onde se atoparon restos da presenza dun asentamento humano na Idade do Bronce.

Publicado en Xeral, Xuntanzas | Etiquetas: Parroquia de San Xulián, Patrimonio rupestre


A Adega A Capeleira encheuse de xente entusiasta da cultura, da historia e do patrimonio; tamén de veciñanza profana na materia pero curiosa e interesada en coñecer as nosas raíces identitarias. Cunha notable afluencia de público comezaron as ‘Xornadas pola protección e posta en valor do patrimonio de San Xián’.
Este establecemento hosteleiro marinense beneficiouse da rotunda negativa da Comunidade de Montes de San Xián a que a Asociación Monte Pituco -en colaboración coa Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo- celebrase no salón anexo ao bar da Comunidade este encontro que, ademais de afondar na promoción dos xacementos arqueolóxicos que se atopan nos montes da parroquia, tamén apostaba polo fomento da hostalería e pola dinamización da economía de proximidade.


Coa súa prohibición unilateral, en represalia e vinganza contra a Asociación Monte Pituco por ter exercido o seu lexítimo dereito a denunciar unha grave agresión ao patrimonio causada pola propia Comunidade de Montes (que non se tería producido se actuase con responsabilidade), a xunta rectora da Comunidade non só consumou o seu veto definitivo a unha entidade da parroquia distinguida polo seu compromiso en defensa do monte veciñal e dos seus valores naturais, culturais e paisaxísticos, senón que tamén perxudicou un negocio que con motivo destas Xornadas podería ter incrementado notablemente os seus ingresos servindo consumicións ao público que acudise á charla e ao coloquio posterior.
A Capeleira non só acolleu cos brazos abertos esta convocatoria da Asociación Monte Pituco e da Plataforma Montes do Morrazo sendo previamente informada da incómoda situación que supoñía reubicar unha actividade que xa fora anunciada e publicitada, senón que deu facilidades e flexibilidade para que a conferencia de Antonio Costa se levase a cabo con todo o despregue loxístico que supuxo: proxector, ordenador portátil, pantalla, cámara de vídeo, exposición do plano do roteiro e das fichas dos gravados rupestres incluídos no itinerario, e mostra de pezas de cerámica elaboradas con motivos gráficos tomados do conxunto rupestre do Pornedo.


Na conferencia co lema “Técnica da reconstitución dixital en 3D aplicada ao patrimonio rupestre de San Xián”, Antonio Costa explicou en que consiste o modelo de puntos no que se basea esta complexa ferramenta informática para representar fielmente os trazos existentes nunha rocha, partindo dun abundante material gráfico -máis de 100 fotos de media dependendo do tamaño do xacemento-, coa vantaxe de que as imaxes poden tomarse sen ter en conta as condicións lumínicas idóneas para captar fotografías dos petróglifos.

En A Carrasca n°2 o que semellaba ser un íbice non se revelou como tal na reconstitución dixital, aínda que se confirma a presenza dunha figura zoomorfa.

Unha das grandes sorpresas da análise das imaxes permitiu apreciar a representación dunha punta de alabarda da que non había constancia no grupo n°4 da Carrasca.

Tamén foi posible visualizar en 3D o novo petróglifo descuberto na área arqueolóxica da Carrasca, coa localización -por parte do experto en patrimonio Paulo Troitiño- dun elemento reticulado. É o único desta tipoloxía do que hai constancia actualmente no Morrazo. O propio Antonio Costa tiña descuberto outro antano, na Devesa do Rei, en Moaña, que lamentablemente foi destruído nas obras de construcción do Corredor do Morrazo.


Trala conferencia houbo un coloquio no que, ente os que tomaron a palabra, destacou a intervención de Xesús Castro para poñer de manifesto o irrisorio investimento en patrimonio prehistórico por parte da Xunta nos últimos catro anos: 8 euros por ficha arqueolóxica, segundo datos da Administración galega obtidos polo colectivo A Forneiriña.
[Fotos: Asociación Monte Pituco e Plataforma Montes do Morrazo]
Publicado en Imaxes, Xeral, Xuntanzas | Etiquetas: Parroquia de San Xulián, Patrimonio rupestre

“A parroquia de San Xián ten os mellores petróglifos, os máis singulares e coas mellores ubicacións en beleza paisaxística”, afirmou o investigador e divulgador Antonio Costa nas ‘Xornadas pola protección e posta en valor do patrimonio de San Xián’. Esta iniciativa da Asociación Monte Pituco e da Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo deparou novos achados no legado arqueolóxico desta parroquia marinense: a representación dunha punta de alabarda no grupo número 4 do xacemento da Carrasca e a figura doutra arma no grupo 6 dese mesmo conxunto rupestre, ademais da localización de restos de cerámica preto do asentamento prehistórico de Pelagartos cuxa orixe -castrexa ou medieval- terán que determinar os expertos.
A ‘barferencia’ que impartiu Antonio Costa na Adega A Capeleira permitiu descubrir elementos “inéditos” nos gravados rupestres catalogados en San Xián grazas á técnica da reconstitución dixital en tres dimensións. Costa ten rexistrado con esta metodoloxía arredor dun cento de petróglifos, principalmente no Morrazo, tomando unha media de 100 fotografías de cada un que logo son procesados durante horas cun novidoso sistema informático baseado nun “modelo de puntos”.
Nesta ocasión, a súa intervención centrouse principalmente na análise dos complexos rupestres da Carrasca e de Champás, dos que a Asociación Monte Pituco e a Plataforma Montes do Morrazo solicítanlles á Comunidade de Montes de San Xián e ao Concello de Marín a súa incorporación ao Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños e a conexión desta ruta co Lago de Castiñeiras.
Así, o material gráfico proxectado por Antonio Costa na súa charla e as “sorpresas” que xurdiron nalgunas desas imaxes, foron un anticipo da ruta de sendeirismo realizada ao día seguinte dende a igrexa parroquial ata os xacementos comentados na charla. Guiada por Cándido Martínez, da Plataforma Montes do Morrazo, e polo experto en patrimonio Paulo Troitiño, destacou a visita a un novo petróglifo reticular descuberto por este último na zona da Carrasca; o único destas características do que hai constancia en toda a bisbarra.
Ás actividades programadas nestas Xornadas asistiron representantes do Colectivo A Rula de Compostela, Irmandade Illa de Tambo, A Pedra Foxám, Vaipolorío, o Grupo Cultural Ronsel de Seixo, Queremos Galego Marín, Alén das Olas e A Forneiriña, entre outros. Precisamente, dende esta última organización lamentouse que a Xunta só dedicou “nos últimos catro anos oito euros a cada estación de arte rupestre”, segundo os datos obtidos da Administración galega.
Tamén se cuestionou a xestión do Goberno local de Marín en materia de protección e conservación do patrimonio, en tanto “só se promocionan os petroglifos de Mogor, o castro da Subidá e agora semella que tamén a pedrafita de Currás”, sinalou Antonio Costa, cando no ámbito municipal hai documentados máis de medio cento de gravados rupestres, os máis deles na parroquia de San Xián, nunha situación de total abandono.
A Asociación Monte Pituco e a Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo fan unha valoración moi satisfactoria destas Xornadas, que terán continuidade no futuro. As descubertas realizadas no grupo rupestre da Carrasca logo de sometelo á técnica da reconstitución dixital seranlle notificadas á Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta e á Concellería de Cultura de Marín para que as novidades detectadas sexan contrastadas polos técnicos e incorporadas aos inventarios oficiais
Coas ‘Xornadas pola protección e posta en valor do patrimonio de San Xián’ rematou a campaña de actividades impulsada dende a Rede do Patrimonio Cultural á que pertence a Asociación Monte Pituco, arredor do Día Mundial do Patrimonio, e na que colaboraron unha trintena de entidades de toda Galicia organizando máis de corenta accións de divulgación, promoción e sensibilización.

[Fotos: Fran Currás]
Publicado en Accións, Imaxes, Xeral, Xuntanzas | Etiquetas: O Morrazo, Parroquia de San Xulián, Patrimonio rupestre



Publicado en Hemeroteca, Xeral | Etiquetas: Parroquia de San Xulián, Patrimonio rupestre, Prensa
Comentarios recentes