Hoxe celebouse o Pleno da Corporación Municipal de Marín correspondente ao mes de marzo. Na orde do día NON figura a moción urxente de Marea Veciñal de Marín relacionada co Plan de Protección dos Conxuntos Arqueolóxicos existentes no Concello. Na comisión informativa de Cultura que se celebrou a semana pasada, e na que tivo a oportunidade de participar como invitado o arqueólogo Álvaro Arizaga, acordaron que este asunto quedaba adiado na axenda do pleno para que os partidos afondasen nos argumentos expostos por Arizaga, e que se sustancian na “Carta aberta” que este profesor da Escola de Conservación e Restauración de Bens Culturais decidiu facer pública cando na sesión de febreiro non se lle permitiu tomar a palabra ao quedar rexeitada a urxencia da moción da Marea.
A situación do patrimonio cultural é “urxente”, di Álvaro Arizaga, e dío calquera con sensibilidade e preocupación, agás para unha parte maioritaria da Corporación.
Como nota positiva, destacar que as compañeiras e compañeiros es da Plataforma Salvemos o Castro de Montealegre están de noraboa:
A Corporación Municipal de Marín acaba de aprobar por unanimidade a moción da Marea Veciñal a prol da conservación do castro!
…Contra pronóstico, tendo en conta a maioría absoluta do PP no Concello…
O punto da moción aprobada di: “A Corporación de Marin e o seu Concello pronunciaranse en defensa do castro de Montealegre, e así llo notificará á Xunta, solicitando a esta a modificación do trazado para, deste xeito, salvagardar o castro”.
[…] PLENO DE MARZO: SEGUIMOS CO PATRIMONIO (OU NON) (marzo 2017) […]
By: REUNIÓN DE CONCELLO E COMUNEIROS POLO PLAN DE PATRIMONIO | DEFENDE O MONTE PITUCO (Pornedo) on 05/01/2018
at 16:26