Publicado por: MontePituco | 26/01/2018

A SENTENZA QUE ANULA O POLÍGONO INDUSTRIAL DO PXOM… FIRME!

Sentenza FIRME contra o polígono industrial do PXOM de Marín

O equipo xurídico da Asociación Defende o Monte Pituco vén de informarnos da FIRMEZA da sentenza ditada pola Sección Segunda do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia contra o Concello de Marín no recurso contra a clasificación do Monte Pituco como solo industrial no PXOM.

Esta é a SEGUNDA sentenza IRREVOCABLE que obtemos, logo de que o pasado mes de setembro de 2017 o mesmo tribunal declarase firme o fallo contra o Plan Sectorial de Ordenación de Áreas Empresariais de Galicia, elaborado pola Xunta, que incluía o Monte Pituco entre as áreas de desenvolvemento industrial.

Daquela, a Asociación Monte Pituco pediu RESPECTO polas decisións da Xustiza. Hoxe volvemos reiterar esa mensaxe: aos partidos políticos que no seu día contribuíron a condenar un Espazo Natural Protexido e que desprezaron o seu valor medioambiental, paisaxístico e cultural; ás asociacións de empresarios que -sen criterio e poñendo en evidencia a súa torpeza- aínda hoxe seguen cuestionando a rotundidade dos pronunciamentos do TSXG; á Comunidade de Montes de San Xulián, que no seu día tiña que ter asumido esta causa na defensa do monte veciñal da parroquia; e sobre todo, aos pro-polígono que durante máis de 8 anos se afanaron inutilmente en minar o noso labor recorrendo á difamación ante a imposibilidade de entrar no debate dialéctico por carecer de argumentos. 

Orgullosos do traballo feito. Agradecidos a quen contribuíu a facelo posible: avogados, procurador, asesores, organizacións de montes veciñais, colectivos ambientais, persoas expertas en patrimonio e natureza que nos apoiaron e asesoraron dende que a finais de 2009 decidimos que había razóns para protexer este monte da política depredadora, da especulación económica e urbanística, do abandono e do descoñecemento.

A Asociación Monte Pituco seguirá traballando polo ‘balcón da ría’ e pola parroquia de San Xulián. 


Respostas

  1. Noraboa a tod@s

  2. […] que a Asociación Monte Pituco acadou, neste tempo, DÚAS SENTENZAS FIRMES E IRREVOCABLES contra a pretensión do Concello de Marín e da Xunta para converter o Monte Pituco nun ermo de […]

  3. […] definitivamente este aberrante proxecto, que en xaneiro de 2018 recibiu a puntilla definitiva cunha segunda sentenza firme -tamén da Sección Segunda da Sala do Contencioso Administrativo- contra a clasificación do Monte […]


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

A %d blogueros les gusta esto: