Publicado por: MontePituco | 24/01/2018

BUSCAN A LEO, UN CAN LABRADOR DA MOREIRA

Leo, perdido na Moreira

O blog do Monte Pituco torna en servizo público para colaborar na difusión da fotografía deste can labrador, Leo, que falta dunha casa do lugar da Moreira, na parroquia de San Xulián de Marín. A súa dona leva buscándoo intensamente dende que desapareceu a principios deste mes de xaneiro.

Trátase dun cadelo de cor cinza, tamaño grande, duns seis anos e moi obediente. Levaba un collar antiparasitario e habitualmente estaba solto na finca. Por máis que se afanan na súa procura, tanto a pé polos arredores da Moreira como en coche para cubrir unha maior distancia, non hai noticias do seu paradoiro. Polo momento, non teñen referencias del nin nas asociacións protectoras de animais de Pontevedra e do Morrazo, nin tampouco no Centro de Acollida e Protección de Animais (CAAN) da Deputación.

Precisamente, a web do CAAN publica uns consellos en caso de perda dunha mascota:

1) Chamar ao Concello ou á Policía Local para notificar a desaparición. Eles son os primeiros en ter constancia dun can perdido ou abandonado para, a continuación, notificarllo ao CAAN e xestionar a súa recollida.

2) Visitar o centro, situado no lugar do Busto, na Armenteira (Meis), para comprobar persoalmente se o can foi recollido.

3) Contactar co centro a través do teléfono fixo (986 140 360 – 981 953 558), no horario de visitas (de luns a venres de 12:00 a 19:30h e os sábados de 11:00 a 14:00h), ou ben mediante correo electrónico. Se o can está no Centro de Acollida e ten microchip, o persoal chamará por teléfono ao propietario/a para que acuda a recollelo. No caso de non contestar a chamada, enviaranlle unha carta certificada.

4) Avisar noutros centros de acollida e protectoras de animais.

5) Comunicarlle a perda ao veterinario/a habitual.

Leo ten moito valor sentimental para a súa propietaria, que agradece toda a información que se lle poida achegar para recuperalo.

 


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

A %d blogueros les gusta esto: