“No verán do 2016 tiven a oportunidade de ser acompañado a compartir un corruncho do seu paraiso a unha moza garrida e loitadora. Froito daquel paseo foi a representación do petroglifo dos Sete Camiños que hoxe veño de publicar. Foi un traballo especialmente difícil pola singularidade da pedra onde se atopa gravado, mais ó fin fun quen de conseguir que se viran na mesma imaxe tódalas figuras. Vaia como agasallo pola vitoria que contra os feridos e escuros vés de conquerir, e que serva de estímulo para seguir coidando esta herdanza dos nosos fillos, para que eles o poidan facer no futuro polos seus. Con todo cariño”.
Pontevedra, 21 de xaneiro de 2018.
Antonio Costa, experto en arte rupestre e megalítica, investigador e divulgador, correspondente do Museo de Pontevedra en Moaña durante a década dos 70 e membro da Sección de Prehistoria e Arqueoloxía do Instituto Pai Sarmiento adscrito ao Consello Superior de Investigacións Científicas.
“Un dos petróglifos máis singulares no entorno do Pornedo é este dos Sete Camiños. Nel aparecen representados tres cuadrúpedos con distintos trazos e en diversas posicións. O máis definido, na parte superior da imaxe, con trazos profundos ollando ó frente; outro máis pequeno con trazos máis débiles e aproveitando un rebaixe da pedra, parece galopar na mesma dirección; e o terceiro, de trazos máis finos, coa cabeza volta hacia atrás. Completan a representación dúas especies de quimeras serpentiformes en posición especular a ambos lados da figura principal, e un pequeno círculo con coviña central. Chama a atencion a superficie irregular na que foron feitos estes gravados”.
Antonio Costa, reproducións obtidas pola técnica da reconstitución dixital 3D.
Deixar unha resposta