Publicado por: MontePituco | 28/11/2017

ASÍ FOI A ‘BARFERENCIA’ DE ANTONIO COSTA

'Barferencia' de Antonio Costa nas Xirnadas de protección e posta en valor do patrimonio de San Xián

'Barferencia' de Antonio Costa nas Xirnadas de protección e posta en valor do patrimonio de San Xián

A Adega A Capeleira encheuse de xente entusiasta da cultura, da historia e do patrimonio; tamén de veciñanza profana na materia pero curiosa e interesada en coñecer as nosas raíces identitarias. Cunha notable afluencia de público comezaron as ‘Xornadas pola protección e posta en valor do patrimonio de San Xián’. 

Este establecemento hosteleiro marinense beneficiouse da rotunda negativa da Comunidade de Montes de San Xián a que a Asociación Monte Pituco -en colaboración coa Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo- celebrase no salón anexo ao bar da Comunidade este encontro que, ademais de afondar na promoción dos xacementos arqueolóxicos que se atopan nos montes da parroquia, tamén apostaba polo fomento da hostalería e pola dinamización da economía de proximidade.

'Barferencia' de Antonio Costa nas Xornadas de protección e posta en valor do patrimonio de San Xián

IMG_9737-min'Barferencia' de Antonio Costa nas Xornadas de protección e posta en valor do patrimonio de San Xián

Coa súa prohibición unilateral, en represalia e vinganza contra a Asociación Monte Pituco por ter exercido o seu lexítimo dereito a denunciar unha grave agresión ao patrimonio causada pola propia Comunidade de Montes (que non se tería producido se actuase con responsabilidade), a xunta rectora da Comunidade non só consumou o seu veto definitivo a unha entidade da parroquia distinguida polo seu compromiso en defensa do monte veciñal e dos seus valores naturais, culturais e paisaxísticos, senón que tamén perxudicou un negocio que con motivo destas Xornadas podería ter incrementado notablemente os seus ingresos servindo consumicións ao público que acudise á charla e ao coloquio posterior.

A Capeleira non só acolleu cos brazos abertos esta convocatoria da Asociación Monte Pituco e da Plataforma Montes do Morrazo sendo previamente informada da incómoda situación que supoñía reubicar unha actividade que xa fora anunciada e publicitada, senón que deu facilidades e flexibilidade para que a conferencia de Antonio Costa se levase a cabo con todo o despregue loxístico que supuxo: proxector, ordenador portátil, pantalla, cámara de vídeo, exposición do plano do roteiro e das fichas dos gravados rupestres incluídos no itinerario, e mostra de pezas de cerámica elaboradas con motivos gráficos tomados do conxunto rupestre do Pornedo.

'Barferencia' de Antonio Costa nas Xirnadas de protección e posta en valor do patrimonio de San Xián

'Barferencia' de Antonio Costa nas Xornadas de protección e posta en valor do patrimonio de San Xián

Na conferencia co lema “Técnica da reconstitución dixital en 3D aplicada ao patrimonio rupestre de San Xián”, Antonio Costa explicou en que consiste o modelo de puntos no que se basea esta complexa ferramenta informática para representar fielmente os trazos existentes nunha rocha, partindo dun abundante material gráfico -máis de 100 fotos de media dependendo do tamaño do xacemento-, coa vantaxe de que as imaxes poden tomarse sen ter en conta as condicións lumínicas idóneas para captar fotografías dos petróglifos.

'Barferencia' de Antonio Costa nas Xirnadas de protección e posta en valor do patrimonio de San Xián

En A Carrasca n°2 o que semellaba ser un íbice non se revelou como tal na reconstitución dixital, aínda que se confirma a presenza dunha figura zoomorfa.

'Barferencia' de Antonio Costa nas Xirnadas de protección e posta en valor do patrimonio de San Xián

Unha das grandes sorpresas da análise das imaxes permitiu apreciar a representación dunha punta de alabarda da que non había constancia no grupo n°4 da Carrasca.

'Barferencia' de Antonio Costa nas Xirnadas de protección e posta en valor do patrimonio de San Xián

Tamén foi posible visualizar en 3D o novo petróglifo descuberto na área arqueolóxica da Carrasca, coa localización -por parte do experto en patrimonio Paulo Troitiño- dun elemento reticulado. É o único desta tipoloxía do que hai constancia actualmente no Morrazo. O propio Antonio Costa tiña descuberto outro antano, na Devesa do Rei, en Moaña, que lamentablemente foi destruído nas obras de construcción do Corredor do Morrazo.

'Barferencia' de Antonio Costa nas Xirnadas de protección e posta en valor do patrimonio de San Xián

Xesús R. Castro, do colectivo A Forneiriña, na charla de Antonio Costa

Trala conferencia houbo un coloquio no que, ente os que tomaron a palabra, destacou a intervención de Xesús Castro para poñer de manifesto o irrisorio investimento en patrimonio prehistórico por parte da Xunta nos últimos catro anos: 8 euros por ficha arqueolóxica, segundo datos da Administración galega obtidos polo colectivo A Forneiriña.

[Fotos: Asociación Monte Pituco e Plataforma Montes do Morrazo]


Respostas

  1. […] Antonio Costa, experto en arte rupestre e megalítica, investigador e divulgador, correspondente do Museo de Pontevedra en Moaña durante a década dos 70 e membro da Sección de Prehistoria e Arqueoloxía do Instituto Pai Sarmiento adscrito ao Consello Superior de Investigacións Científicas. […]

  2. […] “Rumoreábase que se ía decretar o estado de alarma e dous días antes fun tomar fotos dos petróglifos de Pedra Grande de Montecelo”, decidira o experto en patrimonio arqueolóxico Antonio Costa sobre o que sería a súa principal ocupación durante o confinamento pola pandemia do virus Covid-19. Dende entón, dedícase a dixitalizar coa técnica da fotogrametría 3D os principais gravados dos parques rupestres da Caeira, en Poio, e de Mogor, en Marín, ampliando con novos achados a información que se coñecía sobre estes xacementos. Esta técnica xa a vén utilizando dende hai polo menos catro anos e, grazas ao seu labor altruista, os petróglifos do Pornedo forman parte do seu arquivo, tal e como expuxo nas I Xornadas de Protección e Posta en Valor do Patrimonio de San Xián. […]


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

A %d blogueros les gusta esto: