MOITAS GRAZAS!
A Adega A Capeleira quedou pequena para acoller o público que asistiu á barferencia impartida polo doutor de Moraña José Casal e polo arqueólogo Antonio de la Peña
Estas xornadas non serían posibles sen a participación do arqueólogo Antonio de la Peña e do doutor José Casal
Agasallos ás autoras e autores das imaxes máis valoradas no II Certame Fotográfico O balcón da ría. Grazas ao xurado -Francisco Currás e Paulo Troitiño- polo seu esforzo. Parabéns a Antonio Costa, María López, Gloria Bouzón e Ángel González.
Primeira parada no conxunto rupestre do Pornedo, unha das moitas descubertas do mestre Carlos Paratcha nos montes de San Xián
Nos petróglifos da Carrasca
Moitas grazas a tod@s por asistir a estas III Xornadas pola protección e posta en valor do patrimonio de San Xián, dedicadas a Carlos Paratcha Vázquez. Grazas aos representantes de colectivos que se achegaron: Irmandade Illa de Tambo, A Forneiriña, Queremos Galego Marín, Memoria Histórica de Marín, o obradoiro de cerámica Alén das Olas, Vaipolorío , A Rula…
16 de novembro
Día Mundial do Patrimonio Cultural
#DiadoPatrimonio #QueSeVexaOPatrimonio
[Continuará…]
[…] ✨ [Recordando as III Xornadas pola protección e posta en valor do patrimonio de San Xián] […]
By: BOAS FESTAS! | DEFENDE O MONTE PITUCO (Pornedo) on 24/12/2019
at 18:29
[…] seus, tocados, coma el, polo marabilloso “mal de pedra”. A Paratcha dedicámoslle as III Xornadas de protección e posta en valor do patrimonio de San Xián co arqueólogo Antonio de la Peña e co promotor cultural José Casal; aí quedaron uns modestos […]
By: 120 ANIVERSARIO DE CARLOS PARATCHA | DEFENDE O MONTE PITUCO (Pornedo) on 13/03/2020
at 23:24