Publicado por: MontePituco | 19/11/2019

II CERTAME ‘O BALCÓN DA RÍA’

Moitas grazas a tod@s os participantes no II Certame Fotográfico ‘O Balcón da Ría’, que superaron a cifra do pasado ano e fixeron que o xurado dedicase un gran esforzo a valorar o material gráfico. Finalmente, as imaxes máis valoradas foron as seguintes…

Antonio Costa

“A Lúa con Saturno, de ANTONIO COSTA, pola complexidade non só da toma, senón porque tamén amosa o coñecemento de astronomía do autor, facendo ver unha vez máis que o Monte Pornedo é, malia a contaminación luminosa, un bo lugar para gozar do ceo nocturno”.

María López

“Russula ‘pituquense’, de MARÍA LÓPEZ. Unha boa toma na que contrasta moi ben ese ton maxenta co fondo ocre e verde. Ademais disto, por ser como di a autora, un capricho da natureza”.

“A Russula sardonia é un cogomelo moi abundante durante o verán e outono nos piñeirais de chans ácedos dos montes de San Xián, cunha cor púrpura violácea no sombreiro e mais no pé, e con láminas amarelas. O exemplar fotografado presenta unha peculiaridade pouco frecuente de ver: o crecemento dun cogomelo sobre outro. Como pode observarse, non é que se desenvolvese un fungo parásito que dese lugar a un cogomelo dunha especie distinta, senón que se desenvolveu o corpo frutífero do fungo encima doutro xa existente, e en consecuencia da mesma especie. As causas poden ser varias, pero o máis probable é que ocorrese algún tipo de mutación, malformación ou teratoxenia nas hifas que conforman o cogomelo que provocase o nacemento doutro fungo no sombreiro do cogomelo principal, o que resulta tremendamente rechamante e curioso. A fotografía está ben enfocada, nítida e encadrada”.

Gloria Bouzón

“O que máis sobresae desta fotografía de GLORIA BOUZÓN é a composición do grupo gozando do solpor na ría dende o Monte Pituco. Estas postas de sol teñen a dificultade de que o horizonte ten moita máis luz que o resto do encadre. O sol está xusto por encima do horizonte cunha luminosidade moito maior, creando fortes contrastes de luces na ría, e nitidez de contraluces das persoas que están a observar, o cal resulta moi fermoso”.

Ángel González

“A vista dende o miradoiro de ÁNGEL GONZÁLEZ destaca polo contraste que hai entre o branco producido pola chuvia e a néboa, co verde do propio miradoiro e mais a persoa que está observando. Alén diso, estamos moi acostumados a ver e facer fotos durante o día, nos solpores e sempre en boas condicións climáticas, como se aquí nunca chovese, cando o encanto da nosa terra está precisamente na chuvia e no verde que esta favorece. Esta foto reflicte ese encanto”.

Dende o colectivo MONTE PITUCO, agradecemos o labor de Francisco Currás e Paulo Troitiño na valoración das fotografías, as súas elaboradas argumentacións e a gran colaboración que lle veñen brindando a este colectivo dende hai tanto tempo.

Dámoslle tamén as grazas a Xermán e a Laura, do Obradoiro Alén das Olas Cerámica, de Marín, pola axuda na obtención dos materiais, na cocción e no esmaltado destas pezas realizadas de forma afeccionada por quen teclea estas palabras. Os motivos representados son fragmentos dos conxuntos rupestres do Pornedo e de Sete Camiños, máis unha recreación do petróglifo da Pena, desaparecido como consecuencia da construcción da Variante de Marín. É o noso xeito de reivindicar e de poñer en valor a riqueza cultural e patrimonial do ‘balcón da ría’. 

Os destinatarios destes traballos son as autoras e autores das imaxes destacadas no Certame Fotográfico. Agardamos que sexan do seu agrado e que lles sirvan de estímulo para seguir visitando -e retratando coas súas cámaras- esta contorna. 

Pezas cerámicas con motivos rupestres do Pornedo. Coa colaboración de Alén das Olas (Marín).

Pezas cerámicas con motivos rupestres do Pornedo. Coa colaboración de Alén das Olas (Marín).

Detalle do conxunto rupestre do Pornedo

DSC_0085b

Detalle do conxunto rupestre do Pornedo

Pezas cerámicas con motivos rupestres do Pornedo. Coa colaboración de Alén das Olas (Marín).

Detalle dos petróglifos de Sete Camiños

Pezas cerámicas con motivos rupestres do Pornedo. Coa colaboración de Alén das Olas (Marín).

Recreación do petróglifo da Pena


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

A %d blogueros les gusta esto: