Moitas andainas. Con sol e calor, con choiva e vento, con néboa ou co ceo azul. Milleiros de pasos. A experiencia sempre é diferente: a intensidade da luz, a temperatura do aire, un son, un aroma. Os sentidos, receptivos a todo tipo de sensacións. E velaí está ese paxaro, ou esa flor, ou ese insecto, ou ese arbusto. Bechos e herbas son os habitantes “anónimos” do Monte Pornedo. Seres vivos que se asoman a esta fiestra virtual como mostra da riqueza natural e da biodiversidade deste espazo que merece perdurar.
[Con agradecemento a José Rodrigo Dapena e a Cándido Martínez polas súas achegas]
POLÍGONO NON!

Rabirrubio, colirrojo tizón (Phoenicuros ochruros)
Cráneo de raposo xuvenil
Camisa de culebra bastarda (140-150 cm. aprox.)
Miñato, Buteo buteo
Prionus coriarius
Dasylabris Maura
Lycaena tityrus
Ferreiriño (Parus major)
Gaiteiro azul (Calopterix virgo)
Pedreiro cincento; en castelán, collalba gris (Oenanthe oenanthe)
Escribenta (Emberiza)
Meloidae Mylabris
Procesionaria do chan (Thaumetopoea herculeana)
Aceiteiro (Berberomeloe majalis)
Araña de xardín (Araneus diadematus)
Carricanta (Neocallicrania bolivari)
Abella cuco (Melecta luctuosa)
Escarabello minotauro (Typhaeus typhoeus)
Ninfa de saltón exipcio (Anacridium aegyptium)
Cobra lagarteira meridional (Coronella girondica)
Femia de ‘Pyronia tithonus’
‘Vanessa atalanta’
‘Euplagia quadripunctaria’
Larva de vagalume, atopada nos petroglifos de Sete Camiños
Cordulegaster boltonii. Foto de Cándido Martínez.
Toupeira (Talpa europaea). Foto de Cándido Martínez.
Niña (Plebejus argus). Foto de Cándido Martínez.
Cara inferior de ás de femia de niña (Plebejus argus). Foto de Cándido Martínez.
Cara inferior de ás de femia de niña (Plebejus argus). Foto de Cándido Martínez.
Escribenta riscada (Emberiza cia). Foto de Cándido Martínez.
Papuxa montesa (Sylvia undata). Foto de Cándido Martínez.
Portugala inchoata. Foto de Cándido Martínez.
Raíña alada de formiga (Messor barbara). Foto de Cándido Martínez.
Dasylabris maura. Foto de Cándido Martínez.
Niño de formigas (Messor sp.). Foto de Cándido Martínez.
Dourada de liña longa (Thymelicus acteon). Foto de Cándido Martínez.
Saltacercas (Lasiommata megera). Foto de Cándido Martínez.
Escarabello de resorte (Ctenicera sp.). Foto de Cándido Martínez.
Araña cangrexo rosa (Thomisidae)
Zygaena trifolii (lepidóptero)
Euphydryas aurinia
Escribente.
Pegadas de xabarín.
Escarabello tigre.
Eiruga de ‘Papilio machaon’.
Avenoiteira cincenta (Caprimulgus europaeus) no Monte Pituco. Fotografía de Carlos Sobreira.
Eiruga de polilla-raposa (Macrothylacia rubi)
Scolia hirta. Foto de Cándido Martínez.
Polyommatus icarus, macho
Polyommatus icarus (dous puntos). Foto de Cándido Martínez.
Lampides boeticus (canela estriada). Foto de Cándido Martínez.
Iphiclides feisthamelii (chupaleites). Foto de Cándido Martínez.
Colias crocea (amarela). Foto de Cándido Martínez.
Vanessa cardui (cardeira). Foto de Cándido Martínez.
Psilogaster loti
Polyommatus icarus
Chorthippus albomarginatus. Foto de Cándido Martínez.
Saltón de á listada (Stenobrothrus lineatus). Foto de Cándido Martínez.
Saltón de á listada (Stenobrothrus lineatus). Foto de Cándido Martínez.
Thaumetopoea herculeana, procesionaria do chan
Pisaura mirabilis. Foto de Cándido Martínez.
Pieris rapae
Hipparchia hermione
‘Papilio machaon’ (Macaón)
Niño de avespa terreira. Foto de Cándido Martínez.
Xoaniña, voa, voa, que che hei dar pan de broa.
Xoaniña, voa, voa, vai e tráeme algunha nova.
Xoaniña, voa, voa, que che hei dar pan e cebola.
Xoaniña, voa, voa, que teu pai vai en Lisboa.
“CHIOGLOSSA LUSITANICA”(tamén denominada saramaganta rabilonga, píntega rabilonga, salamántiga galega ou pinchorra rabilonga): Trátase dunha especie endémica e “vulnerable”, incluida no Catálogo Galego de Especies Ameazadas, polo que a súa presenza no ámbito do Monte Pornedo debera MOTIVAR A RETIRADA DO PROXECTO DE INSTALACIÓN DUNHA PLATAFORMA LOXÍSTICA neste contorno. En Galicia está protexida polo Convenio de Berna e aparece reflexada no Real Decreto 439/1990, na Directiva Hábitat e na Lista Vermella da IUCN.
Ler a reportaxe sobre este anfibio no artigo titulado: “SI, NO MONTE PORNEDO HAI SARAMAGANTA RABILONGA“.
Subadulto lagarto arnal (Timon lepidus). Foto de Cándido Martínez.
Esta última foto corresponde a un macho de Chasco (ou Chasca), de nome científico “Saxicola torquata”
By: Ramón Sineiro on 21/04/2013
at 18:24
Moitas grazas Ramón, pola visita e polo comentario. Aprezamos moito a túa achega e a túa experiencia para mellorar este blogue. Saúdos.
By: MontePituco on 21/04/2013
at 19:26