Quen somos

A Asociación Defende o Monte Pituco é un colectivo veciñal que en decembro de 2009 tomou a iniciativa de emprender diversas accións para rexeitar a ubicación dun parque empresarial/polígono industrial/porto seco no Monte Pituco/Pornedo, en Marín (Pontevedra). Trátase dun espazo pertencente aos Montes do Morrazo, catalogado como Espazo Natural polas Normas Subsidiarias e Complementarias de Planeamento; unha área de gran riqueza arqueolóxica pola abundancia de petroglifos e cun potencial forestal pendente de desenvolver. Cómpre conservalo!

Entre 2017 e 2018 dúas sentenzas firmes e irrevocables do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia déronnos a razón, ordeando anular a clasificación do Monte Pituco como solo empresarial no Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Marín e retiralo tamén do Plan Sectorial de Ordenación de Áreas Empresariais de Galicia por parte da Xunta.

Dirección e redacción da web: Paz Castro, presidenta da Asociación Defende o Monte Pituco.

Contacto: montepituco@gmail.com