Publicado por: MontePituco | 13/03/2020

120 ANIVERSARIO DE CARLOS PARATCHA

120 aniversario de Carlos Paratcha

Vai chegando ao seu fin unha data, este 13 de marzo, que xa forma parte da nosa Historia. Tod@s temos seguido intensamente a preocupante evolución dos acontecementos a través dos medios de comunicación, das redes sociais; todos sufrimos as consecuencias no ámbito laboral, temémola ou padecémola no eido familiar ou no noso círculo de amizades… Mais non sería xusto despedir este aciago día capitalizado pola pandemia de coroavirus sen recordar a un marinense, o mestre

CARLOS MIGUEL ANTONIO PARATCHA VÁZQUEZ

que naceu o 13 de marzo de 1900, segundo un documento oficial (outras fontes datan o aniversario o 15 deste mes): entusiasta benefactor da historia e do patrimonio de Marín -e doutras vilas como Redondela, Campo Lameiro e Moraña-, respectado e admirado polo seu alumnado.

Mentres que as institucións locais seguen esquecendo o seu legado e negándolle o digno recoñecemento que merece, dende o ‘balcón da ría’ queremos lembralo neste aniversario, recoñecer a súa contribución á descuberta dos valiosos petróglifos do Pornedo e tantos outros xacementos da contorna, e agradecer que nos sintamos humildes discípulos seus, tocados, coma el, polo marabilloso “mal de pedra”. A Paratcha dedicámoslle as III Xornadas de protección e posta en valor do patrimonio de San Xián co arqueólogo Antonio de la Peña e co promotor cultural José Casal; aí quedaron uns modestos alicerces, pero a súa figura ben vale un estudo histórico rigoroso e profundo.


Respostas

  1. En el lugar ” do Casal ” tendríamos que hacerle un monumento a Don Carlos. Yo que soy de su primer camada, se lo debo todo. Jaime, Tucho , Chucho y a mi nos decía ( y no muy carñosamente) : ” vengan para acá los señores sabios” Esto sucedía cuando los más jóvenes tenían un tropiezo , ¡Que tiempos!!! Q.E.P.D.

    • Pois estaría ben facerlle un monumento, aínda que sexa por cuestación popular, xa que as autoridades, polo menos en Marín, fan caso omiso ao seu legado malia a petición formal que lle trasladamos á Concellería de Cultura. Mágoa que a situación xurdida pola epidemia de coroavirus nos mantén recluídos por un tempo indefinido, porque algo en mente había neste mes pola nosa parte, como homenaxe. Pero cando saiamos desta, máis pronto que tarde, porémonos mans á obra. Graciñas por pasar por esta páxina e por comentar. Saúde, que é o que toca!


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

A %d blogueros les gusta esto: