Publicado por: MontePituco | 01/02/2017

A COMISIÓN DE CULTURA SOBRE O PLAN DE PROTECCIÓN DO PATRIMONIO ARQUEOLÓXICO

20161211_165513

Esta é a agresión no grupo nº5 da Carrasca que foi denunciada pola Irmandade Illa de Tambo, A Forneiriña, o Colectivo Ecoloxista Luita Verde e a Asociación Monte Pituco, e que deu pé á presentación dunha moción urxente por parte da concelleira do Bng Lucía Santos para instar o Concello de Marín a elaborar un Plan de Protección do Patrimonio Arqueolóxico. 

Ao decidirse no pleno do pasado mes de xaneiro que esa moción urxente se tramitase pola vía ordinaria, a iniciativa tratouse na Comisión de Cultura celebrada esta mañá. 

O PP votou a favor da moción.

O PSOE reservou o seu voto ata o pleno do vindeiro 8 de febreiro, prevendo que o seu grupo presentará algunha enmenda que o edil socialista Iván Pastoriza non quixo concretar nesta xuntanza, anticipando que se detallaría na sesión da Corporación da próxima semana.

Marea Marín presentaba tres enmendas á moción do Bng: para que na elaboración do Plan se tivera en conta a participación de profesionais, persoas expertas na materia, colectivos implicados na defensa e na promoción do patrimonio arqueolóxico a nivel local, e mesmo as comunidades de montes; para que o documento que conformase ese hipotético Plan de Protección do Patrimonio Arqueolóxico se sometese a un prazo de información pública; e para que se fixase un prazo de tres meses para a posta en marcha dese Plan.

A representante do Bng rexeitou as enmendas da Marea e instou a este grupo municipal a presentar unha moción no seguinte Pleno cos seus propios argumentos. 


Respostas

  1. […] Comisión de Cultura previa ao pleno de febreiro o PP votou a favor da moción do BNG e a Marea propuxo tres enmendas que foron rexeitadas polo BNG, […]

  2. […] A COMISIÓN DE CULTURA SOBRE O PLAN DE PROTECCIÓN DO PATRIMONIO ARQUEOLÓXICO (febreiro 2017) […]


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

A %d blogueros les gusta esto: