Publicado por: MontePituco | 08/02/2017

CRÓNICA DE URXENCIA DO PLENO DE FEBREIRO

Petroglifo da Carrasca agredido

O PP de Marín no Pleno desta tarde-noite acaba de votar en contra dunha moción de urxencia da Marea que pretendía ampliar o contido doutra moción aprobada cinco minutos antes a instancias do Bng sobre a posta en marcha dun Plan de Protección do Patrimonio Arqueolóxico. Obriga a que os colectivos que denunciamos as últimas agresións aos xacementos do Pornedo e da Carrasca marchemos sen que se escoite a nosa voz a través da intervención dun profesional da arqueoloxía. E forza así a que estas aportacións positivas e complementarias a unha primeira moción simple de máis para a pésima situación na que se atopa o patrimonio arqueoloxico da nosa vila -si, señora concelleira de cultura, hai MOITO MÁIS patrimonio que os petroglifos de Mogor e o Castro da Subidá!- teña que seguir esperando pola dubidosa receptividade do Goberno Local. Non por máis decepcionante era menos agardada esta decisión.


Respostas

  1. […] pleno de febreiro aprobouse por unanimidade a moción do BNG sobre o Plan de Protección do Patrimonio Arqueolóxico. […]

  2. […] CRÓNICA DE URXENCIA DO PLENO DE FEBREIRO (febreiro 2017) […]

  3. […] de defensa do patrimonio e dos expertos nesta materia a nivel local e comarcal. Dende entón, o Plan de Protección que foi aprobado nuns termos mínimos e claramente insuficientes para as numerosas e urxentes necesidades que presenta o patrimonio […]


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

A %d blogueros les gusta esto: