Publicado por: MontePituco | 12/10/2013

ROTEIRO DAS MOURAS POR SALCEDO

No castro das Croas.

“O roteiro das Mouras é un percorrido cultural que pretende unir e pór en valor parte do rico patrimonio etnográfico, arqueolóxico e inmaterial da parroquia de San Martiño de  Salcedo.  Esta rota, que xira en torno ás moitas lendas de mouras que posúe esta parroquia pontevedresa, parte do Monte das Croas, antigo castro protagonista da famosa lenda da moura do monte das Croas, recollida por José Casal y Lois alá polo 1866 e que sería publicada e popularizada na obra de Leandro Carré Alvarellos “Las leyendas tradicionales gallegas”. A moura das Croas habita nun pazo soterrado baixo o castro e na súa encantada morada garda grandes tesouros e alfaias”.

(Fragmento da guía “Roteiros de Pontevedra (Salcedo): As Mouras”, elaborada por Rafael Quintía, autor do blogue Á sombra de Bouza Panda).

A Concellaría de Patrimonio Histórico de Pontevedra inaugurou o ciclo de roteiros temáticos do patrimonio rural na parroquia de Salcedo. Preto dun centenar de persoas participaron na andaina circular que, con saída e chegada no Castro das Croas, percorreu tamén outros puntos da parroquia para coñecer gravados rupestres, muíños, pontes, cruceiros e sobre todo antigas lendas sobre mouras encantadas que custodiaban valiosos tesouros. Rafael Quintía, da Sociedade Antropolóxica Galega, foi o guía deste itinerario, que contou coa colaboración da Comunidade de Montes de Salcedo e do Asociación de Veciños Heroes do Campo da Porta.

Persoas de todas as idades sumáronse a esta interesante iniciativa que ogallá tivera réplica no rural marinense.

No castro das Croas.

O Concello de Pontevedra acondicionou os accesos ao Castro das Croas desbrozando a zona para facilitar o paso dos asistentes e que estes puideran ver as estruturas que se descubriron nunha excavación realizada nos anos 90 polo arqueólogo Antonio de la Peña. O concelleiro de Patrimonio, Luis Bará, loubou o papel que está a xogar a Comunidade de Montes de Salcedo na defensa da parroquia e do terreo veciñal: “Ogallá houbera máis comunidades así, cunha sensibilidade especial polo patrimonio”, dixo Bará, que anunciou que máis adiante ampliaríase a prospección arqueolóxica. A Comunidade de Montes de Salcedo xa ten o permiso da Xunta para realizar unha corta de árbores -principalmente eucaliptos- que foron medrando, de xeito de que en poucos meses o monte das Croas convertirase nun “observatorio da paisaxe” dende a que se podería divisar a zona pola que transita a antiga Via Romana XIX coa axuda dun panel interpretativo que se instalaría, marcando a toponimia da zona.

Rafael Quintía relatou neste punto a lenda dun home que se fixo rico por facer tratos cunha moura. Neste tipo de historias soe repetirse o feito de que incumprir o trato acordado con estes seres mitolóxicos trae consecuencias fatais, algo que o historiador Buenaventura Aparicio interpreta como o importante que era antano a palabra dada.

No castro das Croas.

Nos muíños do Batán.

A seguinte parada foi nos muíños do Batán. Mañá domingo estas construccións tradicionais van comezar a mudar a súa apariencia porque os veciños e comuneiros de Salcedo van traballar na súa restauración. Este labor é a continuación dunha actuación previa realizada polo Concello de Pontevedra, que acondicionou o acceso, reparando o camiño e instalando unha escaleira de madeira.

Continúa a guía de Rafael Quintía explicando a singularidade destes muíños.

“Un conxunto de muíños —magnífico exemplo da tecnoloxía preindustrial— de grande interese etnográfico ancorados no fermoso treito do río Batán, ou Outeiro, que discorre entre a AP9 e a ponte do Batán, baixo a cal, segundo a lenda, se agocha tamén un fabuloso tesouro encantado.

      Monte das Croas,

      Ponte do Batán,

      Fonte de clara auga fría

      Monte de Samariné,

      Tiran co ouro as ovellas

      E non saben ó que é.

Os muíños do Batán son un conxunto formado por catro muíños de rodicio horizontal, tres deles de planta rectangular e teito a unha auga, e un máis grande, dotado de vivenda, cunha interesante canle de condución de auga rematada nun cubo e provisto de dous infernos”.

Nos muíños do Batán.

Nos muíños do Batán.

Nos muíños do Batán.

Nos muíños do Batán.

Nos muíños do Batán.

Antigamente os muíños marcábanse con cruces gravadas na pedra, un costume que Rafa Quintía identificou coa Biblia, coa historia de Moisés e as dez pragas de Exipto, que remataban co anxo exterminador segando a vida dos primoxénitos, agás nas casas marcadas cunha cruz de sangue. Velaí que o signo cristián se repita noutros ámbitos da vida cotiá, mesmo facendo cruces na masa do pan. Tamén será habitual ver ferraduras e outros amuletos protectores nos muíños e casas de antano.

Nos muíños do Batán.

Nos muíños do Batán.

Nos muíños do Batán.

Nos muíños do Batán.

Nos muíños do Batán.

Nos muíños do Batán.

Nos muíños do Batán.

No río do Batán.

No río do Batán.

Vista dende A Esculca.

Logo de divisar o castro de San Cibrán dende o lugar de A Esculca, accedemos ao Mato das Cruces, unha serie de terreos privados nos que se atopa un conxunto de petroglifos.

“Esta máxica peneda rupestre está habitada por fermosas mouras que, á parte de iren ao fiadeiro a bailar, tamén tiñan por costume pór a clareo as súas roupas sobre esta laxe gravada”.

Nos petroglifos do Mato das Cruces.

100_5951

Luis Bará chegou a apuntar a posibilidade de que o Concello de Pontevedra chegase a mercar no futuro estes matos privados para poder recuperar e poñer en valor estes petroglifos. Se o castro das Croas podía ter unha antigüidade de 2.000-3.000 anos, no caso dos gravados rupestes a súa orixe pode datarse hai uns 4.000 ou 5.00 anos.

Nos petroglifos do Mato das Cruces.

Nos petroglifos do Mato das Cruces.

Nos petroglifos do Mato das Cruces.

Nos petroglifos do Mato das Cruces.

Lavadoiro en Birrete.

Lavadoiro no lugar de Birrete.

Espectadores ovinos en Birrete.

Nos petroglifos do Regato dos Buratos ou Outeiro da Mina.

Deixando atrás o lugar de A Armada, entramos no recinto militar da Brilat e atravesamos o campo de tiro para chegar ao Outeiro das Mouras ou Chan das Mouras. Este punto tamén é un lugar de visita incluido no proxecto de creación do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños. Volvemos deternos a carón dos petroglifos de Regato dos Buratos ou Outeiro da Mina, da Pedra do Fundamento e da Pedra do Encantamento.

“Mouras encantadas que se converten en serpe, mouras que encerran tesouros baixo as penedas, máxicas laxes ocas e indestrutibles… todas se dan cita neste lugar”.

Intervén o presidente da Comunidade de Montes de Salcedo, Fernando Pintos.

O presidente da Comunidade de Montes de Salcedo, Fernando Pintos, explicou en que consisten as actuacións que a entidade quere realizar no terreo veciñal trala asemblea do 26 de outubro na que os comuneiros someterán a votación o convenio de cesión dunhas 60 hectáreas á Brilat. A partir de aí o Ministerio de Defensa vai liberar 110 hectáreas que a veciñanza poderá aproveitar unha vez que os militares deixen o monte “o máis parecido a como era antes”. Entre os terreos que van recuperar están a zona do campo de tiro, a aldea afgana e o poblado urbano construidos pola Brilat para os seus adestramentos, que se desprazarán a outra parte máis alonxada das vivendas particulares.

De momento, a Comunidade de Montes xa realizou unha plantación de 3 hectáreas de castiñeiros e prevé realizar outras repoboacións con especies frondosas e árbores de ribeira, seguindo un plan de ordenación forestal que van pór en marcha. O obxectivo destas actuacións é que legarlles ás xeracións vindeiras un espazo sostible, un monte ben dimensionado e cun maior valor natural e patrimonial.

…Ogallá esta filosofía se extendese ao conxunto dos montes veciños. Porque de pouco serve que Salcedo e Lourizán -que tamén comparte eses principios- actúen a prol da defensa do patrimonio ambiental e cultural se ao lado a aposta está nas antípodas do respecto pola natureza e pola historia, se practican a política da especulación, do formigón e do monocultivo do eucalipto.

Na beira do río Batán.

Na beira do río Batán.

“O roteiro continua baixando polo camiño veciñal que cruza o antigo campamento urbano da Brilat, cruzando o lugar do Navalexo ata a Armada e percorrendo as marxes do río Cubela, chamado tamén Outeiro ou Batán. No lugar do Outeiro podemos gozar doutra importante mostra de muíños de grande valor etnográfico e que foron restaurados entre os anos 2012-2013 polos veciños de Salcedo”.

Muíño de Outeiro no río Batán.

…Os participantes no roteiro, cámara en ristre tomando fotos dos muíños. Para que digan que o patrimonio cultural non vale nada…

Muíño de Outeiro no río Batán.

Seguindo o curso do río, por camiños que case non son camiños, atopamos unha paisaxe frondosa e sombriza. O río do Batán segue o seu curso encaixado nunha gran pendente pola que imos baixando entre carballos, loureiros, fentos e acibros.

Na beira do río Batán.

Na beira do río Batán.

Na beira do río Batán.

Na beira do río Batán.

Na beira do río Batán.

Muíño do Firo.

Cepa antiga no muíño do Firo.

No muíño do Firo e da antiquísima cepa de caíño que medra ao seu carón, soubemos doutra lenda sobre un tratante de gando que tamén fixo tratos coas mouras do que podía ser o castro das Croas. Ante as sospeitas da súa dona e as súas insistentes preguntas, acabou confesándolle a orixe da repentina riqueza que fora acumulando. Como escarmento, a moura deulle unha cinta que o gandeiro lle agasallaría á muller pero que, por casualidade, atou nunha árbore que murchou ao pouco tempo: tal sería o efecto letal que tería sobre a responsable da indiscreción.

Loureiros na beira do río Batán.

Paxariño.

E no último treito do paseo, un último muíño, o de Lamoso, que se caracteriza por ter unha canle sobre piares e un cubo que se instroduce no interior da propia construcción.

Cubo do muíño de Lamoso.

Voltamos ao punto de partida para coñecer os ritos curativos que se practicaban arredor dos restos do cruceiro das Croas. Despois desta andaina e das historias que coñecemos a través de Rafa Quintía, só nos queda seguir o seu consello: ir na procura dun codiciado exemplar do libro di Ciprianillo, que documenta fórmulas máxicas para desencantar mouras e fai unha relación de lugares con tesouros agochados.

Vello cruceiro das Croas.

roteiro das mouras

 

 


Responses

  1. […] -Roteiro das mouras por Salcedo […]

  2. […] poucas parroquias que non ten un castro coñecido” fronte aos poboados da Subidá e das Croas, en Marín e Pontevedra, […]


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

%d bloggers like this: