Publicado por: MontePituco | 18/06/2011

PALABRAS (DE DESPEDIDA) PARA XAN

Esta viaxe non tivo xa retorno

e o que de ti queda agora -tanto, tanto…-

é patrimonio da memoria, do vento,

da terra, da auga, do solpor, do corazón.

Chapeau: pola vitalidade e a frescura

dos feitos e das palabras, pola audacia.

Compostela: segundo fogar, patria

da epifanía e da liberdade.

E nesta atalaia, o teu balcón da ría e dos soños.

Debullamos pois unha ducia de versos, efémeros

coma a vida e o tempo, invocando canto somos:

memoria, vento, terra, auga, solpor. De corazón.

XAN MONTENEGRO, in memoriam…

Defende o Monte Pituco únese á dor da familia Montenegro Villanueva, dos seus amigos, dos seus compañeiros na Asociación de Veciños de San Xulián, en Marinenses Independentes, no Colectivo Veiguiña… pola perda dunha persoa tan querida e comprometida. Este luns 20 de xuño, ás 19:00 horas, celebrarase unha misa na súa honra, na igrexa parroquial de San Xulián.

Para el foron recentemente estas PALABRAS (DE BENVIDA) PARA XAN. Estoutras que lle adicamos no seu pasamento non son ningún adeus, senón un ata sempre.


Respostas

  1. O meu proiecto vital esta plenamente colmado e sintome satisfeito de tanto batallar cos meus melodramas. A SOLIDARIDADE, A TECNICA E A CIENCIA FOI MOI XENEROSA CONMIGO DURANTE ESTES 15 ANOS QUE VIVIN E VIVO, INTENSAMENTE . GRACIAS e non te preocupes.

    Estas son as últimas palabras que recibín de Xan, nunha mensaxe enviada o día 26 de maio.
    Estou admirada da súa claridade de ideas e a serenidade que mantivo ata o último alento.
    E que decir da súa xenerosidade mais alá da vida.
    O seu corpo foi donado á ciencia. O seu espíritu valente e indomable, descansa por fin, á sombra dun chapeu.

    Hai un tempo fun a un concerto no auditorio de Caixanova en Vigo. Tratábase dun músico noruego moi pouco coñecido aquí, chamado Jan Garbarek.
    Eu son algo Friki nos meus gustos musicais, así que casi nunca me atopo con xente coñecida cando vou a determinados concertos.
    Pero a quen me atopei aquel día?
    A Xan Montenegro!!
    Así pois, permitídeme que lle faga esta pequenísima homenaxe, con toda a dor do meu corazón.
    Ata sempre Xan

    • Moitas grazas polas túas palabras e pola homenaxe musical.
      Eu “despedinme” de Xan no Coto do Home, a 624 metros; o máis alto a onde se pode subir nos Montes do Morrazo. Dende aló arriba divisábase unha panorámica moi fermosa: as rías de Pontevedra, de Vigo, do Salnés… as illas, os montes todos arredor, de nomes tan evocadores… Seguro que a el lle tería gustado respirar ese aire fresco e emborrachar a vista con tanta natureza.
      Dános moitísima mágoa esta perda tan prematura. E xa o botamos de menos.

  2. En nombre da familia de XAN MONTENEGRO que vivimos a sua despedida queremos darche as gracias por todo o teu ben faser e polo ben feito. Gracias por tan pouco tempo dedicarlle eses versos, ese reconociminto da persona de Juan e non do perxonaxe de Xan que pa nos a nosa familia non e un adios e un HASTA SEMPRE XAN

  3. […] dedicarlle esta nova vitoria xudicial ás persoas que xa non a poden celebrar connosco: os veciños Xan Montenegro, Saturno Vidal e Esmeralda Ruibal, que nos deixaron sabendo que o “balcón da ría” ten valores […]

  4. […] dez anos dende aquel día no que unha voz triste me anunciaba, dende o outro lado do teléfono, o pasamento de Xan Montenegro. Mais non morre quen, dende o primeiro día da súa ausencia, segue moi presente entre familiares, […]


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

A %d blogueros les gusta esto: