O lamentable de que un representante municipal utilice o seu cargo público e unha sesión plenaria como púlpito institucional para replicar as críticas lexítimas de quen exerce a portavocía dunha asociación que non é afín ás súas siglas, non é nin moito menos a pretendida dureza dunhas palabras, nin a hiperbólica acusación duns insultos (¿?) que se atribúen artificial e alegremente a quen exerceu o dereito a discrepar.
O lamentable é o espectáculo gratuÍto servido en bandexa ao grupo de Goberno, cuxos membros alucinaban de gusto coa batalla dialéctica entre dous partidos da oposición a conta dunha moción pola Protección do Patrimonio Arqueolóxico.
Lamentable escoitar as risotadas dos siareiros dun sector do Bng cando a voceira da Marea calificaba de “rabieta” e “virulenta” a intervencion da edil do Bloque. Risotadas que se reproducían nas filas do PP a conta desta situación kafkiana; cando o verdadeiramente kafkiano é que o Bng e o PP rían a dúo.
O único, sorprendente e reconfortante punto de cordura neste disparatado debate púxoo o Psoe votando a favor dunha moción que dende o principio pretendía enriquecer e completar con medidas precisas un Plan de Protección do Patrimonio Arqueolóxico que naceu sen concreción porque, como recoñeceu a representante do Bng, prescindía de “matices” para que o PP llo aprobase. Malia que o negou, se isto non é facerlle o xogo ao Goberno local, ‘apaga e marchamos’.
Finalmente a proposta da Marea quedou rexeitada coa abstención do Bng e cos votos en contra do PP que, paradoxicamente, dixo que “con esta moción estaría de acordo calquera”. Seica xa están traballando no Plan, falando con profesionais e pedindo orzamentos. Pois que voten en contra aínda que estean a favor das iniciativas e as poñen en marcha.
…Hai derrotas que saben a vitoria!
[…] CRÓNICA DE URXENCIA DO PLENO DE ABRIL […]
By: REUNIÓN DE CONCELLO E COMUNEIROS POLO PLAN DE PATRIMONIO | DEFENDE O MONTE PITUCO (Pornedo) on 05/01/2018
at 16:26