Publicado por: MontePituco | 01/08/2017

VERQUIDO ILEGAL ENTRE A PENA E O CAEIRO

Velaquí a última canallada dun ‘porco’, dispensando os da corte, que son moito más nobres e decentes.

Así atopamos a comezos desta semana o acceso ao Monte Pituco dende o paso inferior baixo a Variante, entre O Caeiro e A Pena: unha barricada de residuos, de inmundicia, de vergoña. Basta!!!

Dende a Asociación Monte Pituco agardamos que a Comunidade de Montes -que está moi pendente do que se publica nesta modesta bitácora- tome boa nota desta nova agresión e actúe como corresponde, retirando este verquido ilegal e outro situado ao carón deste, con restos de persianas e cristais que aínda seguimos agardando que sexan recollidos dende que se notificase a súa existencia este pasado mes de marzo.

Verquido de lixo no acceso ao Monte Pituco

Salvemos o Monte Pituco das ameazas dun polígono industrial, para iso non metemos nesta ‘ensarillada’.

Pero salvémolo tamén dos bárbaros que o emporcallan con lixo, dos irresponsables que veñen verquer restos de obra aos camiños, dos delincuentes que se desfán de calquera maneira de produtos contaminantes que deberían depositarse en contedores especiais, de auténticos impresentables aos que non lles importa ren que un cabalo, un can, unha persoa… un ser vivo, en defintiva, caia nesta maraña de cables, táboas astilladas, puntas oxidadas e lixo noxento, e se faga moito dano.

Quen vixía? Quen alerta? Quen consinte? Quen alenta a impunidade?

Verquido de lixo no acceso ao Monte Pituco

 


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

%d bloggers like this: