Esta semana fomos informados dun novo verquido na pista forestal do Monte Pornedo. O enésimo. E aínda que non caia nin gota, chove sobre mollado. A irresponsabilidade, a cara-dura, a torpeza, a insolidariedade… en definitiva, a mala educación volve cebarse novamente nun espazo comunal, de TOD@S.
Por fortuna son cada vez menos e prodúcense de xeito puntual, pero non deixan de amolar, de disgustar fondamente a quen traballamos a prol da defensa do monte e da natureza.
Por iso cómpre volver facer un chamamento á sensibilidade da veciñanza que valora e apreza o monte para que, se detectan calquera ‘movemento’ sospeitoso llo notifiquen á Comunidade de Montes, ao Concello ou ao Seprona; para que denuncien feitos lamentables que emporcan e contaminan o noso territorio; para que o monte comunal sexa visitado e paseado, porque un monte ‘habitado’ é un monte protexido, a presenza da xente é o mellor efecto disuasorio para que lle bota o ollo ao Monte Pornedo ou a calquera outro para cometer estas tropelías.
Pola contra, un monte abandonado e solitario é un obxectivo fácil para quen precisa desfacerse de lixo, restos de obra, rodas vellas ou calquera outro material de refugallo sen dignarse en acudir a un punto limpo.
Dende a Asociación Monte Pituco (Pornedo) insistimos na queixa formulada a finais de 2017 con motivo da aparición dun verquido de portas vellas que aínda seguen tiradas na beira da pista forestal.
Por non falar da porcallada ciscada a carón do túnel da Variante de Marín entre A Pena e O Caeiro, que aínda ha botar raíces dende que foi localizada o pasado verán.
[…] do vehículo da Comunidade a percorrer o Monte Pituco, tamén deberon pasar desapercibidos os refugallos de obra que botaron o pasado mes de febreiro uns cantos metros máis arriba do anterior. Tres verquidos nun radio de apenas 300-500 […]
By: BASURA CHAMA POR MÁIS BASURA | DEFENDE O MONTE PITUCO (Pornedo) on 05/03/2018
at 02:16
[…] Pituco denunciou a través desta bitácora e das súas canles nas redes sociais a presenza dun novo verquido de entullos na pista […]
By: RESTOS DE VEHÍCULOS, NA FONTE DA PULGAS | DEFENDE O MONTE PITUCO (Pornedo) on 14/08/2018
at 19:18
[…] https://montepituco.com/2018/02/05/mais-verquidos-no-monte-pituco/ […]
By: DENUNCIA PERANTE O CONCELLO E O SEPRONA POLOS VERQUIDOS ILEGAIS | DEFENDE O MONTE PITUCO (Pornedo) on 24/08/2018
at 10:32