Publicado por: MontePituco | 16/11/2026

EXPOSICIÓN BIBLIOGRÁFICA NO CEIP CARBALLAL

Durante os próximos días a biblioteca do CEIP do Carballal acolle unha exposición bibliográfica sobre natureza, patrimonio arqueolóxico, historia e natureza, tanto no ámbito marinense como a nivel comarcal e galego.

Esta iniciativa que inauguramos na data conmemorativa do Día do Patrimonio Mundial, enmárcase nas X Xornadas ‘Xan Montenegro’ de protección e posta en valor do patrimonio de San Xián. Son arredor de medio cento de libros e material audiovisual que, dende hai máis de quince anos, nutre o fondo documental do Colectivo Monte Pituco (Pornedo) no noso labor de defensa e promoción da riqueza ambiental e cultural do ‘balcón da ría’.

Grazas ao equipo directivo e docente do CEIP do Carballal por darnos a oportunidade de compartilo coa comunidade educativa.

Tralo seu paso por este centro educativo da parroquia de San Xián, a exposición trasladarase á biblioteca do IES Mestre Landín, iniciando así un percorrido itinerante polos centros de ensino marinenses.

[Os colexios e institutos interesados en solicitar a mostra poden contactar a través do enderezo de correo electrónico montepituco@gmail.com]


Deixar unha resposta

Categorías