No Nadal só debería haber novas positivas, bos desexos, harmonía e concordia… Pero sempre hai alguén para amolar, distorsionar e crebar cos propósitos de bondade que deberían inspirar unha colectividade.
Onde se viron portas no campo… ou no mar? Pois no Monte Pituco hainas a pares. Portas en plural… e de madeira da boa. Cos seus manubrios, cos seus cristais e todo!
Sería obra dun carpinteiro frustrado porque un cliente non lle foi buscar un encargo? Ou sería, pola contra, un cliente insatisfeito? Acaso un contratista que non sabía que ‘casa con moitas portas é difícil de gardar’?
Con este xa son dous -que se saiba- os verquidos que afean o Monte Pituco. En agosto foi detectado un lote de roupa vella, táboas podres, aramios enferruxados, puntas ao aire, pezas de plástico e inmundicias varias. Chimpárono a xeito de barricada, obstaculizando o paso de vehículos a través do túnel da Variante entre A Pena e O Caeiro. Chegaron, bascularon e marcharon impunemente o seu autor ou autores.
Catro meses despois aí segue o lixo, apartado contra un lado…
Un noxo! Unha vergoña!
[…] Monte Pituco (Pornedo) insistimos na queixa formulada a finais de 2017 con motivo da aparición dun verquido de portas vellas que aínda seguen tiradas na beira da pista […]
By: MÁIS VERQUIDOS NO MONTE PITUCO | DEFENDE O MONTE PITUCO (Pornedo) on 05/02/2018
at 19:29
[…] quizais verían que segue aí, tres meses despois, o verquido de portas ciscadas o pasado Nadal; que a madeira non se descompuxo tan pronto, que aos anacos dos cristais, […]
By: BASURA CHAMA POR MÁIS BASURA | DEFENDE O MONTE PITUCO (Pornedo) on 05/03/2018
at 02:16
[…] depósito de restos de obra viña sumarse ao verquido de portas vellas detectado en decembro de […]
By: RESTOS DE VEHÍCULOS, NA FONTE DA PULGAS | DEFENDE O MONTE PITUCO (Pornedo) on 14/08/2018
at 19:18
[…] https://montepituco.com/2017/12/26/verquidos-tamen-polo-nadal/ […]
By: DENUNCIA PERANTE O CONCELLO E O SEPRONA POLOS VERQUIDOS ILEGAIS | DEFENDE O MONTE PITUCO (Pornedo) on 24/08/2018
at 10:32