Viaje a la isla de los muertos
Un conjunto de elementos funerarios, en el que sobresale un dolmen, se asientan sobre una lengua de arena blanca como el algodón que desaparecerá por el efecto de la erosión
“…No está claro si estuvo poblada en alguna época, pero los diversos trabajos arqueológicos realizados en este islote situado en el municipio de A Illa de Arousa, pusieron de relieve que fue utilizada como cementerio (…) El balance de su trabajo es el hallazgo de abundantes fragmentos de cerámica y objetos líticos pulidos, así como una mandíbula humana. Las labores están siendo realizadas en un punto considerado estratégico porque permitirá recabar nueva información acerca del valor arqueológico del islote”.
Unha excavación promovida polo proxecto Marie Curie-IEF SCOPES da Universidad de Durham coa colaboración do Instituto de Ciencias do Patrimonio, o Consello Superior de Investigacións Científicas, membros do Grupo de Estudos para a Prehistoria do NW Ibérico da Universidade de Santiago de Compostela, e investigadores independentes, está sacando á luz importantes descubrimentos sobre o illote Guidoiro Areoso.
Xa na década de 1980 o arqueólogo José Manuel Rey escavou dúas das tres estruturas megalíticas que atopara neste enclave, xunto cun asentamento de principios da Idade do Bronce. Naquelas primeiras pescudas recuperáronse restos de pezas cerámicas e fragmentos óseos de gando doméstico.
O nivel do mar hoxe en día non corresponde coa liña costeira hai 5000 anos antes de Cristo e durante o Neolítico, época á que corresponden os enterramentos megalíticos. Daquela, a auga situaríase a unha altura entre 5 e 7 metros por debaixo da cota actual. Nesas circunstancias, a Illa de Arousa e os illotes próximos como Areoso formaban parte dunha península unida ao continente. Non sería ata entrada a Idade do Bronce, 2000 anos a.C. cando o mar comezou a medrar, dando lugar á xeografía que coñecemos.
Os técnicos coñecen a existencia no sur de Areoso de cinco mámoas cuxa orixe se remonta entre o Neolítico e o Calcolítico, hai 4500-2000 anos a.C. Pola súa situación na liña intermareal, a erosión é continua, agravando progresivamente o estado de conservación dos xacementos.
A mediados de xullo comezou unha campaña de excavación na mámoa nº4, que para os investigadores ten un grande interese científico, e no que urxía acelerar os traballos para recuperar todo o material e a información posibles antes de que os temporais sigan devorando a illa e o seu patrimonio. Logo de retirar moitos metros de area, de apartar o lixo que foi aparecendo, foron aflorando as estruturas e o cuncheiro. A evolución da labor arqueolóxica vaise plasmando nun interesante blog, GuidoiroDixital, ademais das distintas canles nas redes sociais.
Cinco anos atrás do comezo desta aventura, un documental titulado “Unha viaxe á illa dos mortos“, do profesor e xornalismo e experto en patrimonio Manuel Gago, dáballe unha enorme proxección divulgativa a este enclave prehistórico, con máis de 41.000 visualizacións en Youtube. Unha vez máis, a sociedade poñíase por diante da Administración.
“Que é o que nos queda por saber de Guidoiro Areoso? Sabendo en que estado se atopa todo esto, o comido que está polo mar, non deberiamos facer algo para evitar que isto ocorrera e se convertera nunha inmensa fonte de riqueza para a xente de aquí? Esa é a pregunta que todos nos deberiamos facer”, dicía Manuel Gago nos últimos minutos dese traballo audiovisual.
Deixar unha resposta