…residimos no ceo
na tona do mundo
desta verde escultura
na xanela dos ollos.
morremos vivindo
paseniño
asediados na loucura
dese mirar cego
dunha sinxela flor…
fermosa e pura.
nesta terra das cores
nai fachendosa
da chaira encantada
prado dos prados
-fada-
corazón do mundo
no chover das horas
desta vila namorada
que chora en orballo
un mar de bágoas…
Fragmento de “En ausencia”: Óscar de Souto.
Boa persoa, un home íntegro, un nacionalista con templanza e un veciño comprometido, solidario e colaborador, querido e aprezado. Sentimos moito a perda de Saturno Vidal, que tanto nos ten axudado na loita a prol da conservación do Monte. Xa lle está facendo compaña a Xan Montenegro, nalgures; dous compañeiros de batallas, inesquecibles, irrepetibles. Dende o Alto do Pornedo mandámoslles unha aperta agradecida. Estrañaremos a Saturno, como estrañamos a Xan. O seu legado humano estará sempre vivo, connosco. D.E.P.
[…] nova vitoria xudicial ás persoas que xa non a poden celebrar connosco: os veciños Xan Montenegro, Saturno Vidal e Esmeralda Ruibal, que nos deixaron sabendo que o “balcón da ría” ten valores ambientais, […]
By: SOBRE A SENTENZA DO TSXG CONTRA O POLÍGONO INDUSTRIAL DO PXOM | DEFENDE O MONTE PITUCO (Pornedo) on 30/11/2017
at 18:09