Publicado por: MontePituco | 13/08/2015

COAS CONCELLEIRAS DE PATRIMONIO, CULTURA E TURISMO

Foto, Antón Lois.

[Roteiro polo Monte Pituco ao solpor, celebrado en setembro de 2014]

Tres membros da Asociación Monte Pituco foron recibidos onte nunha sala do Concello de Marín polas concelleiras de Turismo, Cristina Acuña, de Cultura, María José de Pazo, e de Patrimonio, Beatriz Rodríguez. A solicitude da entrevista presentárase o 9 de xullo e, despois de terlle que lembrar ao Concello en reiteradas ocasións que a tempada estival estaba moi avanzada e que a xuntanza carecía de sentido se non se convocaba dunha vez, por fin se citou a Asociación para o 12 de agosto ás 19:00 horas.

O encontro comezou expoñéndolles ás concelleiras que a Asociación Monte Pituco non é ningunha principiante no movemento asociativo marinense, como mostra de disconformidade por non atenderen a petición de realizar o encontro no propio monte, visitando os gravados rupestres de Pinal de Caeiro, a cuxo carón están a piques de realizarse as obras de instalación da nova rede de abastecemento de auga de ACUAES.

De feito, houbera xa un primeiro encontro en xullo de 2011 coa visita ao Monte Pituco da alcaldesa e de varios edís, entre os que estaba a concelleira Beatriz Rodríguez.

Faro de Vigo, 28 de xullo de 2011.

Con esta última houbera unha segunda entrevista en febreiro de 2012 á que asistira o arqueólogo Lukas Santiago para pedirlle o apoio do Concello ao -daquela aínda en fase de proxecto- Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños. E unha terceira xuntanza coa participación dos arqueólogos Álvaro Arizaga e Alberte Reboreda en maio de 2014, á que asistiron a alcaldesa e varios concelleiros, incluída Cristina Acuña.

Beatriz Rodríguez e Cristina Acuña argumentaron que elas xa coñecían os petroglifos do Monte Pituco porque estiveran “dúas ou tres veces” no monte. Temos mellores cousas que facer que cuestionar a afirmación das concelleiras; a propia Cristina Acuña recoñecería avanzada a reunión que en realidade “non os coñecía todos”… Quen non parecía coñecelos nin de lonxe era a súa homóloga de Cultura, María José de Pazo, malia que as súas orixes familiares radican precisamente na parroquia de San Xulián. Sendo para ela a “primeira entrevista” coa Asociación Monte Pituco, foi quen xustificou que o encontro se realizara a cuberto, entre as paredes e o chan pulido da Casa Consistorial.

…Elas o perderon. Achegarse ata os gravados rupestres de Pornedo, Sete Camiños ou Pinal de Caeiro é atoparse cun anaco da nosa (pre)historia no mesmo berce do primitivo Marín, nun entorno non urbanizado, en contacto directo coa natureza e gozando dunhas espléndidas e privilexiadas vistas panorámicas da vila.

Malia as súas excusas -as primeiras de moitas que puxeron ao longo da entrevista- os integrantes da Asociación replicamos que a visita aos petroglifos de Pinal de Caeiro era absolutamente pertinente porque a empresa que realiza os traballos de ACUAES viña de instalar un valado metálico e unhas cintas diante do acceso ao xacemento e do panel informativo instalado no marco do proxecto do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños. Se esta Asociación reclamaba a presenza das concelleiras nese punto era xustamente para que, ademais de coñecer persoalmente a evolución das obras, valorasen se procedía a visita dun técnico municipal para garantir a protección do xacemento, ante a nosa modesta apreciación de que o petroglifo prehistórico non parecía abondo resgardado polo valado metálico.

As tubarías de Acuaes, a caron do petróglifo de Pinal de Caeiro

As tubarías de Acuaes, a caron do petróglifo de Pinal de Caeiro

Aproveitamos esta observación para lembrar que o arqueólogo Álvaro Arizaga realizara un informe que NON se tivo en conta porque aínda debe estar tirado nalgún caixón, se non rematou directamente no lixo. Advertía ese estudo que a localización dos gravados rupestres catalogados no propio PXOM de Marín é errónea, por non falar das graves eivas na identificación dos xacementos, con fotos que non corresponden con cadanseu gravado. No caso de Pinal de Caeiro, por exemplo, o PXOM marca a ubicación do petroglifo no medio e medio da Variante de Marín!

Lonxe de preocuparse polo contido dese informe profesional sobre as irregularidades do PXOM en materia de patrimonio arqueolóxico, a resposta da concelleira de Cultura foi: “E presentouse ese informe nas alegacións ao PXOM? Que resposta lle deron?”.

Será por deformación profesional da Sra. Rodríguez na súa condición de avogada, que máis parecía que estiveramos nun careo que nunha reunión institucional? Porque sumándose ao lance da súa colega de profesión, a Sra. de Pazo engadiu: “É que hai que seguir os procedementos administrativos”.

Aquela situación empezaba a adquirir tintes kafkianos. En vez de asumir a existencia dun problema en materia de patrimonio cultural, as concelleiras dedicábanse a botar balóns fóra. Para rizar o rizo, a concelleira Cristina Acuña terciou: “É que o PXOM tamén lle perxudicou á miña familia e deixounos fincas sen valor”. Cada tolo co seu tema, mentres os membros da Asociación tratabamos de reconducir o fío da xuntanza, desviado intencionadamente polas interlocutoras do Concello: PETROGLIFOS – OBRAS – SUPERVISIÓN.

Continuamos a entrevista explicándolles ás edís o contido dun dossier formado por unha trintena de imaxes en color sobre os conxuntos rupestres do Pornedo, Sete Camiños e Pinal de Caeiro: o seu contexto histórico na Idade do Bronce, as figuras representadas (coviñas ou cazoletas, figuras zoomorfas e serpentiformes, motivos circulares, armas) e as súas peculiaridades. Fixemos fincapé nos petroglifos de Pinal de Caeiro, con fotografías do valado metálico e dos tubos de ACUAES a poucos metros do xacemento. Continuamos con imaxes dos conxuntos rupestres da Carrasca e de Champás, que no proxecto do Espazo Sete Camiños contémplase a súa futura posta en valor para enlazar a ruta co parque forestal do Lago Castiñeiras.

…Máis trabas da edil de Patrimonio para “pillar”, preguntando se estaban en monte privado ou en monte comunal. E que máis dará, concelleira, se o importante é que están catalogados como Bens de Interese Cultural, coa máxima figura de protección legal, ao mesmo nivel que a mesmísima catedral de Santiago! Senten coa Comunidade de Montes de San Xulián, ou localicen os propietarios das parcelas particulares nos casos que procedan, e cheguen a acordos! Non se trata de escurrir o bulto. O bulto xa o levan escurrindo uns e outros, de distintos colores políticos, durante varios anos. Do que se trata é de avanzar, protexer e poñer en valor un patrimonio cultural que é de toda a veciñanza, que atrae público, que xera riqueza.

Rematamos a exposición con fotografías dunha recente andaina polo Monte Pituco, moi concorrida de público, dende o miradoiro do Pornedo e os seus arredores, para incidir no valor paisaxístico deste enclave, con vistas de toda a ría, dende o arquipélago de Ons ata a desembocadura do río Lérez, pasando por zonas de tanta importancia turística como Sanxenxo ou Combarro. Dende o Monte Pituco vemos, pero tamén SOMOS VISTOS.

Roteiro pola protección do Monte Pituco (Pornedo).

Durante o encontro con estas concelleiras chamounos a atención que, ao facerlles referencia a rutas de sendeirismo ou visitas guiadas de contido cultural organizadas por distintos colectivos sociais de Marín, elas xustificaban a súa ausencia argumentando que “non as invitan” a asistir. Calquera persoa con inquedanzas culturais, cunha mínima curiosidade pola historia, o patrimonio natural ou cultural do Concello, ou con certo interese por ampliar os seus coñecementos, ten varias canles para enterarse desas convocatorias, que son abertas ao público: están os medios de comunicación que publican información sobre a celebración desas actividades, están os carteles que as anuncian nos paneis de libre expresión, e están as redes sociais. Pero no seu caso, unha persoa deixa de ser normal cando se converte en representante político para xa só atender o que entra pola canle institucional ou administrativa; o resto do mundo, como se deixara de existir…

Nos últimos minutos da xuntanza, que ineludiblemente tiña que rematar ás 8 da tarde porque a esa hora empezaba o Pleno da Corporación, tres últimas observacións por parte das concelleiras, a modo de conclusións:

– A concelleira de Patrimonio quixo deixar constancia de que en abril do pasado ano o seu departamento comezara a realizar visitas guiadas por distintos espazos do Concello de Marín e que a súa intención era incluír o Monte Pituco no programa de rutas, pero que por algunha razón que non chegou a precisar, non se concretara, malia que a súa intención era contactar coa Asociación Monte Pituco para evitar que a andaina organizada polo Concello coincidira con algunha outra actividade da Asociación. E que a partir de setembro retomaríanse esas rutas, polo que xa se valoraría a posibilidade de visitar o Monte Pituco pasado o verán.

– Pola súa parte, a concelleira de Turismo quixo matizar que á caseta de información turística leváranse trípticos do Espazo Sete Camiños. A súa afirmación contrasta cos testemuños recibidos por esta Asociación sobre a falta de información e de material impreso na devandita caseta. Actualmente, segundo se puido comprobar, hai soamente dous trípticos, que por certo estaban encartados un dentro do otro. “¡Que bien!”, terciou a concelleira de Cultura para darlle verosimilitude ás explicacións da súa compañeira de partido: “¡Eso quiere decir que la gente se los lleva!”. A edil de Turismo engadiu logo que na medida en que o Concello de Marín nin imprimira eses folletos, posto que fora unha iniciativa das Comunidades de Montes de San Xulián, Lourizán e Salcedo, non ían facer nada por repoñelos, senón que tiña que ser a Comunidade de Montes de San Xulián a que llos proporcionara ao Concello.

Foto do Faro de Vigo, 5 agosto 2015

Na nosa humilde opinión, se fose certo que houbo abundantes trípticos do Espazo Sete Camiños na caseta de turismo, e que efectivamente o público demandounos, o lóxico  e o correcto por parte do Concello de Marín sería asumir o interese dos visitantes polos recursos naturais e arqueolóxicos dese Espazo e seguir apostando pola súa difusión, realizando as xestións oportunas para seguir tendo folletos dispoñibles.

A renglón seguido, Cristina Acuña asegurou que o Concello de Marín non ía reforzar as accións de promoción do patrimonio arqueolóxico, co rocambolesco argumento de que “non se podía saturar o público” con máis visitas. Noutras palabras: que o que hai é o que hai, e non vai haber máis, por tanto, o patrimonio arqueolóxico da parroquia de San Xulián vai seguir sendo ignorado. Porque, segundo a concelleira de Turismo, os petroglifos de Mogor “son los más conocidos” e “queráis o no queráis” vanse seguir promocionando.

…Descoñecemos se a Sra. Acuña coñece o significado de verbos como diversificar, enriquecer, ampliar. Na súa mente só parece haber lugar para expresións como crear confrontación, reducindo a entrevista coa Asociación Monte Pituco a unha mera rabecha ou ‘pataleta’ da Asociación porque o Concello fai visitas guiadas aos petroglifos de Mogor e aos do Pornedo non, ou porque os petroglifos de Mogor teñen Centro de Interpretación e os de Pornedo non. Pero está moi trabucada se o que pretende é banalizar o motivo da entrevista que se lles solicitou: TRATO IGUALITARIO para o patrimonio da parroquia de San Xulián que para outros recursos como os petroglifos de Mogor, o castro da Subidá, o menhir de Currás, as mámoas de Chan de Armada ou o Museo Torres, que foron os lugares dos que se anunciou que habería visitas guiadas organizadas polo Concello de Marín. É dicir, instar o Concello de Marín a incluír o patrimonio arqueolóxico da parroquia de San Xulián na súa oferta cultural e turística, destinar recursos para a súa promoción e sinalización. Nada que non estea na man ou nas competencias do Concello de Marín.

– Por último, as palabras da concelleira de Cultura foron pouco menos que de consolación: “Poco a poco”, dixo María José de Pazo. Máis lle valía ter dito ‘nada de nada’, porque nada é o que fixo o Concello de Marín dende o ano 2011 polo patrimonio arqueolóxico da parroquia de San Xulián. E o que se fixo -a sinalización e a ruta do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños- foi a instancias da Comunidade de Montes de San Xulián, non sen moito esforzo por parte da comisión técnica que impulsou o proxecto, co apoio da Asociación Monte Pituco, da Asociación de Veciños de San Xulián e doutros colectivos da bisbarra que se adheriron á iniciativa.

Unha representación dos colectivos que apoian o proxecto (non están todos os que acudiron á presentación)

[Abril de 2010, representantes das entidades que apoiaron dende os inicios o proxecto dos Sete Camiños]

Deron as 20:00 horas no reloxo. As concelleiras, salvadas pola campá. Comezaba o Pleno da Corporación, onde o grupo municipal da Marea Veciñal de Marín ía formular unha pregunta sobre a situación do xacemento de Pinal de Caeiro en relación ás obras de ACUAES. Contestaría a alcaldesa, brevemente.

…Pero o que dixo María Ramallo en pouco máis ou menos dun minuto, foi bastante máis clarificador -e decepcionante!- que os 60 minutos tirados coas edís de Turismo, Cultura e Patrimonio. A crónica dese momento será tema do próximo artigo.

Publicado por: MontePituco | 12/08/2015

CHARLA SOBRE O FUTURO XARDÍN BOTÁNICO DE CASTIÑEIRAS

Charla de Gaspar Bernárdez

Publicado por: MontePituco | 11/08/2015

LIMPEZA DO CAMIÑO DO AGRO

Camiño do Agro

Esta semana oíanse roncar as máquinas desbrozadoras no lugar do Caeiro, e cal foi a nosa sorpresa ao descubrir que uns operarios estaban desbrozando o camiño do Agro, ao parecer por encomenda da Comunidade de Montes de San Xulián.

O Agro é o microtopónimo que denomina os matos e as leiras que se localizan entre O Caeiro e A Bouza. Antigamente, os habitantes dos dous lugares desprazábanse por este sendeiro para ir lavar a un lavadoiro e a unha poza que había nun punto intermedio, onde tamén poñían a roupa a clarear.

Por desgraza, a poza -que nos últimos anos se utilizaba para recoller a auga do regato das Presas coa que regar as plantacións da zona- está literalmente invadida pola vexetación, entre silvas, fentos e acacias. Ogallá os regantes aproveitaran a limpeza do camiño para desbrozar tamén a presa, recuperando así esta parte do patrimonio etnográfico da parroquia de San Xulián, que ao mesmo tempo constitúe tamén un anaco da nosa historia.

Camiño do Agro

Camiño do Agro

É a primeira vez (en moitos anos, polo menos) que a Comunidade de Montes de San Xulián destina unha parte dos seus recursos a recuperar un antigo camiño na zona do Caeiro. O sendeiro que antano percorrían os nosos pais e nais, avós e avoas, permanecía impracticable; con esta actuación, os habitantes da Pena, do Caeiro e da Bouza poden volver desprazarse por unha vía alternativa á estrada, descoñecida para os máis novos.

Camiño do Agro

O camiño do Agro bifúrcase nun punto onde se pode continuar cara ao monte e as vivendas da zona d’A Grela, ou dirixirse ao núcleo da Bouza, rematando na estrada provincial. Neste último treito, atopamos os restos dun antigo camiño empedrado. Chama a atención que algunhas lousas presentan letras gravadas a golpe de cincel, o cal levaría a pensar que tal vez José ‘Pepito’ Meijón chegou a deixar nelas a súa peculiar impronta nos seus desprazamentos cara ao Monte Pituco, onde realizou numerosos ‘petroglifos’ modernos.

Camiño do Agro

Dende a Asociación Monte Pituco aplaudimos a recuperación do camiño do Agro e animamos a Comunidade de Montes de San Xulián a seguir investindo na mellora da parroquia, na posta en valor do rural e do seu patrimonio histórico, etnográfico e cultural.

As tubarías de Acuaes, a caron do petróglifo de Pinal de Caeiro

A finais do pasado mes de xullo, este blog informou do comezo das obras de instalación da nova rede de abastecemento de auga que está realizando ACUAES a través da empresa Construcciones Ortiz:

As tubarías de Acuaes xa están no Monte Pituco

Daquela, os responsables da obra calculaban que na primeira semana de agosto os traballos avanzarían ata o treito situado a continuación do túnel que cruza pola parte inferior da Variante, á altura do regato da Grela.

O certo é que o único que avanzou foi a colocación dunha ringleira de tubos enriba da pista de servizo da Variante, porque no que respecta á abertura da gabia para soterrar as tubarías, os traballos avanzan moi amodo, debido á composición rochosa do terreo, unha circunstancia que non só vai retrasar o avance das obras, senón que probablemente tamén encarecerá o orzamento. Pero iso é fariña doutro saco e no seu momento haberá que falar de prazos reais e custes finais.

Nesta segunda semana de agosto os tubos están á altura do conxunto rupestre catalogado de Pinal de Caeiro, coñecido como “O ciclista” e incluído no ámbito do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños.

Tal e como nos adiantaran responsables da obra, os arqueólogos “contratados” para este traballo adoptarían as medidas oportunas para garantir que o xacemento non sufrira ningún dano.

Así, puidemos comprobar que xusto por diante do panel informativo e no acceso aos gravados rupestres instalouse un valado metálico cunhas cintas advertindo da súa localización. 

As tubarías de Acuaes, a caron do petróglifo de Pinal de Caeiro

As tubarías de Acuaes, a caron do petróglifo de Pinal de Caeiro

Sen embargo, na Asociación Monte Pituco PREOCÚPANOS que a lonxitude do valado metálico non sexa abondo, porque en realidade o que cómpre protexer non é tanto o panel informativo, nin sequera o acceso aos petroglifos, senón os propios petroglifos, que quedan parcialmente desprotexidos dun posible accidente.

…E se os fragmentos de asfalto, de pedras e de terra que retiren as excavadoras ao abrir a pista -materiais que se van depositar no lado pegado ao monte, non no lado que dá á Variante, é dicir, practicamente enriba do xacemento- se precipitan enriba dos gravados, causándolles algún dano?

As tubarías de Acuaes, a caron do petróglifo de Pinal de Caeiro

Pois isto é o que as concelleiras de Patrimonio, de Cultura e de Turismo NON QUEREN VER. Especialmente a primeira edil, que tería competencias directas nesta materia.

A Asociación Monte Pituco solicitou unha entrevista con estas responsables municipais, instándoas a visitar os xacementos catalogados, insistindo na conveniencia de coñecer de primeira man como se estaban desenvolvendo as obras de ACUAES na parte que lle afecta ao patrimonio arqueolóxico, e dende o Concello de Marín NEGÁRONSE a realizar esa visita.

A cambio, accederon a manter un encontro dunha hora de duración, nunha sala do Concello, este mesmo mércores antes do Pleno da Corporación, porque entenden que se trata dunha “primeira” entrevista, como se a Asociación Monte Pituco non se tivera xa reunido en varias ocasións coas concelleiras de Patrimonio e de Turismo no anterior mandato.

Para esta Asociación, a actitude das responsables de Patrimonio, Cultura e Turismo significa que non se pode actuar con máis DESPREZO, nin con máis DESINTERÉS, e confirma a súa absoluta INDIFERENZA polo estado no que se atopa o patrimonio rupestre da parroquia de San Xulián. Por tanto, acudimos a esa entrevista por educación, con ánimo informativo, pero sen a penas expectativas de acadar ningún compromiso do Concello de Marín sobre as peticións deste colectivo veciñal, que non son outras que conseguir que os xacementos arqueolóxicos do Monte Pituco e da parroquia de San Xulián sexan tratados AO MESMO NIVEL que os petroglifos de Mogor, que o castro da Subidá ou que calesquer outros recursos nos que o Goberno local estea realizando algunha mínima acción de divulgación a través de roteiros guiados, sinalización, campañas informativas ou de promoción turística.

As tubarías de Acuaes, a caron do petróglifo de Pinal de Caeiro

Por outra banda, en canto ao resto das obras, cabe salientar que a pista de servizo da Variante está moi deteriorada polo tránsito dos camións de gran tonelaxe que transportan os materiais.

En canto rematen os traballos de instalación das tubarías, o vial será reparado pola empresa adxudicataria, segundo anunciara o Concello.

Obras de ACUAES na pista de servizo da Variante.

Obras de ACUAES na pista de servizo da Variante.

Obras de ACUAES na pista de servizo da Variante.

Publicado por: MontePituco | 06/08/2015

XUNTANZA COAS CONCELLEIRAS DE CULTURA, PATRIMONIO E TURISMO

O pasado 9 de xullo, a Asociación Monte  Pituco presentou no Rexistro do Concello unha solicitude dirixida ás concelleiras de Cultura, María José de Pazo, de Patrimonio, Beatriz Rodríguez, e de Turismo, Cristina Acuña, emprazándoas a: 

-Manter unha xuntanza sobre os recursos de interese cultural, patrimonial e turístico existentes no Monte Pituco.

-Visitar con elas os xacementos arqueolóxicos catalogados nesa zona.

-Incluír ditos recursos na oferta de visitas guiadas promovidas dende o Concello de Marín.

-Que a caseta de información turística dispoña de folletos sobre o Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños.

-Instalar sinalización que oriente os visitantes cara á entrada do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños no Monte Pituco (Pornedo).

-Establecer liñas de colaboración coas entidades sociais implicadas na promoción do patrimonio cultural da parroquia de San Xulián.

Non foi ata o derradeiro día das Festas do Carme -19 de xullo- cando a concelleira de Cultura, nunha conversa informal, se dirixiu a esta Asociación para fixar unha data para ese encontro na semana seguinte ao remate das festas. Tendo pasado con creces o prazo indicado pola propia edil, é esta Asociación a que se dirixe ao Concello -28 de xullo- para interesarse pola reunión pendente, recibindo como contestación que nun “ratiño” se nos informaría do día e da hora.

O “ratiño” durou ata o 3 de agosto, cando dende a Asociación Monte Pituco se volveu contactar co Concello de Marín para urxir a rápida convocatoria desa xuntanza, co argumento de que é precisamente neste mes do verán cando previsiblemente se concentre o maior número de visitantes no Concello, polo que adiar máis a entrevista faina inviable e inútil, unha vez que a campaña estival xa enfila a súa recta final.

Dende a Alcaldía se nos propón como primeira data para o día seguinte pola mañá. Nunha segunda proposta, a Alcaldía fala do mércores pola mañá, pero sen confirmar a presenza da concelleira de Cultura. En resposta a esa segunda data, a Asociación Monte Pituco propón como alternativa que a xuntanza se realice en horario de tarde -por razóns laborais dos solicitantes- e que teña como escenario o propio Monte Pituco, para o que abondaría cunha franxa de tempo de pouco máis dunha hora para visitar os principais xacementos e expoñer a súa situación ao pé do terreo.

Arguméntase como razón para celebrar a xuntanza no Monte Pituco que, no lapso de tempo dende que se solicitou a entrevista ata que se comezaba a concretar por parte do Concello de Marín unha data para a súa celebración, empezaran a realizarse as obras de instalación da nova rede de abastecemento de auga, co conseguinte paso das tubarías a carón dun dos conxuntos rupestres -o de Pinal de Caeiro, coñecido como ‘O Ciclista’- incluído no Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños. Por tanto, esta Asociación entendía que se requería a presenza das representantes municipais -en especial da edil de Patrimonio- para coñecer de primeira man a evolución das obras e escoitar por parte dos responsables da empresa adxudicataria dos traballos, cales eran as medidas que se ían adoptar para evitar calquera dano aos petroglifos.

Curiosamente, casualmente, o día 5 de agosto publícase na prensa local a enquisa de visitantes atendidos na caseta de información turística. Curiosamente, casualmente, o Faro de Vigo acompaña esa información cunha fotografía na que unha “traballadora” desa oficina -segundo o pé de foto- posa a carón do expositor de folletos.

Faro de Vigo, 5 agosto 2015.

Reproducimos a continuación a foto en color, tomada da web do xornal, na que se observa que hai distintos tipos de folletos informativos, montonciños con varios exemplares de cada e –curiosamente, casualmente– aparece UN ‘triste’ folleto do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños no medio de toda esa oferta.

Foto do Faro de Vigo, 5 agosto 2015

A contestación da Alcaldía sobre a entrevista solicitada non chegou ata hoxe, 6 de agosto, para informar de dúas cousas:

  • A primeira, que a data da reunión sería o mércores 12 de agosto ás 19:00 horas. Unha hora antes do Pleno. 
  • A segunda, que “para unha primeira entrevista”, esta celebraríase no Concello; e que “a outra”, en alusión á visita ao monte, a Asociación xa marcaría outra data.

Dende a Asociación Monte Pituco, naturalmente, confirmamos a asistencia a esa reunión en dependencias da Casa Consistorial. Ninguén poderá dicir que este colectivo veciñal rexeita acudir a ese encontro.

Feita esa primeira aclaración, a Asociación Monte Pituco quere expoñer o seu malestar tanto pola demora -a todas luces, intencionada- na contestación ao escrito do pasado 9 de xullo, como polo trato e as condicións nas que se vai realizar esa xuntanza:

* Cun tempo limitado -imperativamente!- a 60 minutos polo comezo inaprazable do Pleno, ás 20:00 horas.

* Por tratar a este colectivo como un simple principiante no movemento asociativo do Concello, dándolle á entrevista solicitada unha consideración intrascendente, superficial e simplista, de mera toma de contacto, malia que no anterior mandato foron varios os encontros mantidos tanto coa alcaldesa, como coas concelleiras Beatriz Rodríguez e Cristina Acuña, sendo María José de Pazo a única edil coa que non existiu encontro previo debido á súa recente toma de posesión.

* Tendo en conta que a concelleira Cristina Acuña está de vacacións no seu posto de traballo, o mesmo que as concelleiras Beatriz Rodríguez e María José de Pazo, que exercen a avogacía e para as dúas o mes de agosto é inhábil nos tribunais, ningunha delas podería alegar falta de tempo para negarse a dedicar unha hora e pico da súa axenda a visitar un patrimonio arqueolóxico que, ademais, teñen a obriga de coñecer polas competencias que lles corresponden nos seus respectivos cargos municipais.

Polo que respecta a esta Asociación, as edís de Cultura, Patrimonio e Turismo comezan con mal pé pola falta de interese que demostran, atendendo esta petición de entrevista coma quen fai unha obra de caridade, e tendo pasado xa medio mes de agosto; pola insensibilidade ante unhas circunstancias que xustificaban e facían necesaria a súa presenza no monte, a carón duns xacementos clasificados como Bens de Interese Cultural ao mesmo nivel que a catedral de Santiago; pola comodidade, ante a súa falta de ganas de sustituír as sandalias de tacón e o estilismo de verán por unhas zapatillas e unha roupa de trote para desprazarse uns poucos metros por unhas pistas de terra ou de cemento ás que tamén se pode acceder en vehículo, como se tal tarefa fose un esforzo titánico no medio dos toxos e das silvas, o que evidencia o descoñecemento das concelleiras sobre os xacementos que se lles invitaba a visitar.

 

Publicado por: MontePituco | 04/08/2015

A PRECARIA SITUACIÓN DAS MÁMOAS DE CHAN DE ARMADA

DiarioDePontevedra   Diario, 2 de agosto 2015

Réquiem por las tumbas más antiguas

Los restos de medio centenar de monumentos megalíticos se encuentran a lo largo de la península de O Morrazo, algunos de ellos unidos por la Ruta das Mámoas. La falta de señalización y de mantenimiento, los principales problemas.

Mámoa do Rei, en Vilaboa, de camiño a Cotorredondo.

Mámoa do Rei, no artigo “Andaina por Castiñeiras

Andaina por Castiñeiras con Plataforma Montes do Morrazo.

Mámoa en Castiñeiras, no artido “Andaina por Castiñeiras

Andaina por Castiñeiras con Plataforma Montes do Morrazo.

Cista de Castiñeiras, no artigo “Andaina por Castiñeiras

Mámoa de Chan de Armada

Mámoa de Chan de Armada

Mámoas 1 e 2 de Chan de Armada, no artigo “Andaina Armada-Sobreira

Mámoa de Chan de Arquiña.

Chan de Arquiña, no artigo “Roteiro polo Monte Gagán

(*) O autor da reportaxe xornalística é Carlos Fernández, redactor na edición do Morrazo do xornal Diario de Pontevedra. Ademais, é escritor e investigador. Publicou o libro “50 lugares mágicos de Galicia”, que está ampliando cun novo volume. Colabora en programas de radio, televisión e revistas como Año Cero, Más Allá de la Ciencia e Enigmas. Foi guionista do espazo Mundo Misterioso da TVG en 1993 e documentalista de Misterios sin resolver, de Telecinco, en 1994.

Publicado por: MontePituco | 03/08/2015

NOVO VIDEO DE MOTXIN MUÑOZ GRAVADO NO PITUCO

Dous anos despois da curtametraxe titulada “Mapache Blues“, o artista visual Motxin Muñoz volveu convocar os seus colaboradores no Monte Pituco para gravar o video “Abracadabra“, con música interpretada polo propio protagonista do clip, Beryer Zeta Zeta.

Datos técnicos:

-dirección/realización: Motxin Muñoz

-intérpretes: Beryer (heroe) – Kraken (batsimio) – D. Santaclara (Jason)

-agradecementos: Diego Santaclara – Pablo Crespo – Kraken

Motxin Muñoz formouse no ciclo de Laboratorio de Imaxe en Compostela e actualmente realiza o curso superior de Realización na Escola de Imaxe e Son da Coruña. Ten colaborado nos festivais musicais “SonRías Baixas” e “Festimar”. Dende 2010 forma parte do grupo musical Trece Amarillo como responsable da creación dos seus contidos visuais. 

Elenco de "Abracadabra"

[Foto do facebook de Motxin Muñoz]

Publicado por: MontePituco | 31/07/2015

RUTA DOS FRADES, EN BUEU

Ruta dos Frades (río Bispo), Bueu, xullo 2015

Podían parecer as 9 da noite, pero eran só as 9 da mañá dun 25 de xullo, Día de Galicia. Comezaba a andaina pola Rúta dos Frades, organizada polo Concello de Bueu no marco do programa de actos das “II Xornadas de Ermelo, cerne do Morrazo”.

Na véspera celebrárase unha conferencia a cargo do avogado Calixto Escariz sobre “Os montes veciñais en mancomún: unha propiedade colectiva”; e Manuel Uxío García Barreiro sobre “O mosteiro de Ermelo a orixe e desenvolvemento da freguesía de Moaña”.

Conferencia nas II Xornadas de Ermelo.

Os alcaldes de Bueu, Féliz Juncal, de Cangas, Xosé Manuel Pazos, e de Moaña, Leticia Santos, escenificaban unha alianza dos concellos da bisbarra que se plasmará nunha declaración institucional conxunta que, segundo anunciou o rexedor buenense, realizarase na propia aldea de Ermelo, co obxectivo de traballar en proxectos conxuntos que contribúan a revitalizar a Mancomunidade do Morrazo. Os tres erguían, de xeito simbólico, unha escultura coas iniciais HLO, que antano eran a abreviatura do lugar de Ermelo.

Alcaldes de Cangas, Bueu e Moaña, en Ermelo.

Ao día seguinte realizábase unha andaina dende os muíños de Trasouto ata a igrexa e a cruz de Ermelo, no monte da Esculca, guiada polo biólogo Damián Pereira, que foi explicando polo camiño diversos aspectos sobre a fauna, a flora e os elementos de interese etnográfico do lugar, no que existen numerosos muíños, algúns recuperados.

Ruta dos Frades (río Bispo), Bueu, xullo 2015

Ruta dos Frades (río Bispo), Bueu, xullo 2015

Ruta dos Frades (río Bispo), Bueu, xullo 2015

Ruta dos Frades (río Bispo), Bueu, xullo 2015

Ruta dos Frades (río Bispo), Bueu, xullo 2015

Ruta dos Frades (río Bispo), Bueu, xullo 2015

Ruta dos Frades (río Bispo), Bueu, xullo 2015

Ruta dos Frades (río Bispo), Bueu, xullo 2015

Percorrendo os muíños de Canudo e Trasouto ao longo do cauce do río Bispo puidemos lembrar a diferenza entre os muíños de herdeiros e os muíños de maquía, nos que había que pagar por moer o gran. Tamén repasamos a historia da Asociación Cultural de Meiro, unha aldea situada preto de Ermelo, onde recuperaron a tradición de cultivar o famoso millo corvo. Polo camiño puidemos apreciar como antano se reciclaban as moas gastadas dos muíños, que se acomodaban no chan a modo de escalóns.

Esta ruta dos Frades foi recuperada e sinalizada o ano pasado pola empresa Estela de arqueoloxía e patrimonio, que instalou carteles informativos, en soporte metálico, en distintos puntos do itinerario. Como o vandalismo e o incivismo non teñen fronteiras, algúns foron sustraídos ou arrincados…

Ruta dos Frades (río Bispo), Bueu, xullo 2015

Ruta dos Frades (río Bispo), Bueu, xullo 2015

Ruta dos Frades (río Bispo), Bueu, xullo 2015

Chegamos á aldea de Meiro…

Ruta dos Frades (río Bispo), Bueu, xullo 2015

Ruta dos Frades (río Bispo), Bueu, xullo 2015

Ruta dos Frades (río Bispo), Bueu, xullo 2015

Un panel explicativo situado en Meiro conta que das tres grandes vías romanas que percorrían Galicia, a que máis se achegaba ao Morrazo era a XX de Braga a Astorga pola costa -per loca maritima- aínda que non chegaba a entrar na península morracense. Aínda así, había unha rede de vías secundarias de ámbito veciñal que partían das principais. O que os historiadores consideran é que se produciu unha romanización de antigos camiños preexistentes. 

Na época medieval, a chamada Calzada Romana de Meiro formou parte do que sería a verea real de Cangas a Pontevedra. Nos arredores existen topónimos alusivos: Vrea (de verea); A Paradela (de parada); A Portela (de pequeno porto de montaña).

Ao ser os propios habitantes do lugar os que arranxaban o camiño, estímase que o lousado da calzada de Meiro proveña dos últimos séculos. Ben conservado, probablemente teña relación coa antiga verea real e o seu trazado podería ser anterior á época romana. “Percorrer esta vía é camiñar pola historia”, conclúe o texto deste panel.

Ruta dos Frades (río Bispo), Bueu, xullo 2015

O roteiro continuou por sendeiros case selváticos, cheos de vexetación e de verdor, onde a penas entraba a luz e onde destacaba a abundancia e variedade de fentos.

Ruta dos Frades (río Bispo), Bueu, xullo 2015

Ruta dos Frades (río Bispo), Bueu, xullo 2015

Ruta dos Frades (río Bispo), Bueu, xullo 2015

Fento dos carballos ou cabritiña

Ruta dos Frades (río Bispo), Bueu, xullo 2015

Ruta dos Frades (río Bispo), Bueu, xullo 2015

Lingua de cervo, fento pouco habitual

Ruta dos Frades (río Bispo), Bueu, xullo 2015

Os fentos dominaban o reino vexetal na época do Carbonífero, explicounos Damián Pereira

Ruta dos Frades (río Bispo), Bueu, xullo 2015

Ruta dos Frades (río Bispo), Bueu, xullo 2015

Carballo da Gouvada, cunha extraordinaria copa ramificada

Ruta dos Frades (río Bispo), Bueu, xullo 2015

Ruta dos Frades (río Bispo), Bueu, xullo 2015

Alfavaca de cobra (Hypericum androsaemun)

Arriba de Ermelo atópase a famosa cruz, deseñada polo canteiro Cesáreo Sanmartín en 1950 a petición de quen daquela era o alcalde de Bueu, Xosé María Massó García. Coa forma da espada do apóstolo Santiago, erixiuse con motivo da visita do cardeal Quiroga Palacios a Bueu, o 8 de agosto de 1954. En principio, pensouse que se instalaría nela algún tipo de luminaria para facer de faro, polas canles que percorren os seus brazos. Foi asentada nun penedo natural, de base cilíndrica. O monumento supera os 7 metros de altura e elaborouse por partes, que foron encaixando nunha vara de ferro incrustada no penedo. No medio da cruz hai unha cuncha de vieira e diante, un altar que se utiliza cada 25 de xullo con motivo da misa patronal da parroquia de Ermelo.

…De feito, nos arredores da cruz, á sombra das árbores, eran moitas as familias que se disponían a xantar e a pasar o día ao aire libre, de romaría.

Ruta dos Frades (río Bispo), Bueu, xullo 2015

Ruta dos Frades (río Bispo), Bueu, xullo 2015

Ruta dos Frades (río Bispo), Bueu, xullo 2015

A cruz de Ermelo atópase no monte da Esculca, a 400 metros sobre o nivel do mar. A Esculca, xunto co monte Paralaia, o monte da Pereira e A Serra forman parte da Comunidade de Montes de Ermelo, constituida en 2005. 

Frei Martín Sarmiento, no seu libro “Viaje a Galicia”, de 1745, subiu ao monte da Esculca para observar as vistas da ría e escribiu: 

“Tiene al oriente al monte alto Paralaya, y al poniente, a cosa de medio cuarto de legua, está el monte de la Esculca, el cual es como una sierra de norte a sur, y de la cual se descubre infinito. A la tarde subí a la Esculca con el fin de verse ocultar el sol y por estar nublado no se notó cosa especial. Pero sí registré infinito mar, bocas de rías, rías, puntas, etc (…) Vese la ría de Vigo y el Monte Real, o el de Bayona. Es uno de los mejores puntos de visión que se puede imaginar”.

Hoxe en día a invasión dos eucaliptos foráneos tapa as fermosas vistas que se poderían apreciar dende este enclave costeiro.

Ruta dos Frades (río Bispo), Bueu, xullo 2015

E xa na aldea de Ermelo…

Ruta dos Frades (río Bispo), Bueu, xullo 2015

Ruta dos Frades (río Bispo), Bueu, xullo 2015

Ruta dos Frades (río Bispo), Bueu, xullo 2015

No interior da igrexa de Ermelo fomos recibidos polo arqueólogo e historiador Francisco Alonso Toucido, que nos amosou elementos arquitectónicos da orixe deste templo, que datan do século X. Pero o máis importante son as inscricións referidas á reconstrucción da igrexia primixenia, en tempos do arcebispo Xelmírez.

“Téñase por seguro que esta igrexa de Santiago Apóstolo foi restaurada na súa totalidade, tal e como agora está, en tempos dos abades Fernando e Arias Savariz”.

“Reinando en Toledo o Emperador Afonso; (sendo) Raimundo (de Borgoña, Conde) en terras de Galicia; (sendo) Bispo (de Compostela) Diego Segundo (Xelmírez). Era 1142 (ano 1104). (O Mestre) Fernando edificou (esta igrexa)”.

Ruta dos Frades (río Bispo), Bueu, xullo 2015

Ruta dos Frades (río Bispo), Bueu, xullo 2015

Ruta dos Frades (río Bispo), Bueu, xullo 2015

O que resulta chamativo, por non dicir escandaloso, é que unhas inscricións do século XII tan ben conservadas acaben agredidas de semellante maneira -en época a todas luces recente- para instalar dúas peanas de pedra xusto enriba das inscricións, habendo na igrexa outros espazos nos que poñer recipientes con flores e recipientes de aceite.

Os tesouros epigráficos máis valiosos do Morrazo están semiocultos por adornos adosados ao chan e á parede con cemento branco! Cando deberían estar descubertos e destacados para poder lucilos como merecen… Obviamos mentar o/s responsable/s por descoñecemento. Ogallá o Concello de Bueu ou a entidade titular deste templo poidan adoptar as medidas oportunas para restaurar estas inscricións, retirando estes altares decorativos sen danar as lousas históricas.

Ruta dos Frades (río Bispo), Bueu, xullo 2015

Ruta dos Frades (río Bispo), Bueu, xullo 2015

Ruta dos Frades (río Bispo), Bueu, xullo 2015

As II Xornadas de Ermelo pecháronse coa entrega do Premio Ermelo ao profesor e investigador Arturo Sánchez Cidrás. Participaron na clausura o alcalde de Bueu e o concelleiro de Patrimonio, Félix Juncal e Martín Villanueva. Un dúo de gaita interpretou o Himno Galego.

Entrega do Premio Ermelo.

Entrega do Premio Ermelo.

Ruta dos Frades (río Bispo), Bueu, xullo 2015

Clausura das II Xornadas de Ermelo.

Clausura das II Xornadas de Ermelo.

Clausura das II Xornadas de Ermelo.

E desandamos o camiño, novamente pola senda do río Bispo-Frades…

Ruta dos Frades (río Bispo), Bueu, xullo 2015

Ruta dos Frades (río Bispo), Bueu, xullo 2015

Ruta dos Frades (río Bispo), Bueu, xullo 2015

Ruta dos Frades (río Bispo), Bueu, xullo 2015

Ruta dos Frades (río Bispo), Bueu, xullo 2015

Ruta dos Frades (río Bispo), Bueu, xullo 2015

Ruta dos Frades (río Bispo), Bueu, xullo 2015

Ruta dos Frades (río Bispo), Bueu, xullo 2015

Ruta dos Frades (río Bispo), Bueu, xullo 2015

 

 

 

 

Publicado por: MontePituco | 30/07/2015

ACTOS FESTIVOS NAS COMUNIDADES DE SALCEDO E LOURIZÁN

A Comunidade de Montes de Salcedo organiza este fin de semana a I Festa da Veciñanza Comuneira, no campo de fútbol do Casal.

I Festa Comuneira de Salcedo

A directiva da Comunidade de Montes de Salcedo publicou un comunicado dirixido á veciñanza no que lembra que foi en 2009 cando se produciu un “importante cambio de funcionamento na xestión do patrimonio comunal”. Así, a Comunidade de Montes que se constituira en 1988 experimentou unha transformación “trascendental” nos seus principios e criterios. O novo equipo xestor, explica esa carta, tomaba unha “nova conciencia” na forma de entender a “defensa” do monte de Salcedo, actuando con “gran firmeza, coherencia e responsabilidade”. 

Nese momento había varios conflictos “enquistados” na parroquia: a recuperación do monte de San Martiño que fora “roubado” á veciñanza en 1895 e 1965; a loita pola derrogación da “lamentable e perxudicial” Franxa de Seguridade Militar entorno á Brilat; as obras “ilegais” de construcción das coñecidas como aldea afgá e do poboado urbano; os “atropelos” cometidos polos militares cara aos veciños e veciños que camiñaban polo monte; o abandono da sede social da Comunidade de Montes e a ausencia dun Centro Social para a parroquia.

“Tiñamos a obriga de intentar saír dese letargo”, explica a directiva, que tamén lembra a sentenza da Audiencia Provincial de Pontevedra o 21 de decembro de 2012, recoñecendo os comuneiros e comuneiras como os “lexítimos e legais propietarios” de 177,50 hectáreas do monte de San Martiño, trala anulación da franxa de seguridade e o derrubo das construccións militares. 

Dun tempo a esta parte, a veciñanza de Salcedo ten á súa disposición 101,50 hectáreas de “monte libre para as súas actividades sen que ningún militar ouse ningún tipo de intervención”. A isto súmase que a Comunidade de Montes percibe un “importante canon” polo uso -por parte da Brilat- de 71,33 hectáreas de terreo comunal. 

Destacan tamén que máis de 50 hectáreas de monte foron postas “en valor”, que o Centro Social de Salcedo está case rematado, que está en proceso o deslinde de todas as propiedades comunais da parroquia con mollóns. A isto engádese o Plan de Ordenación do Monte, as obras da sede social da Comunidade de Montes, o parque infantil, o campo de petanca, a inauguración do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños, xunto coa construcción de fontes e pontes.

“Os veciños comuneiros de Salcedo sentímonos merecedores de festexar estes trascendentais acontecementos e traballos porque todos, dun xeito ou doutro, iniciamos ese gran cambio positivo na parroquia”, conclúe ese comunicado. Nunha asemblea xeral celebrada en 2014 aprobouse a celebración da I Festa da Veciñanza Comuneira de Salcedo para “celebrar de forma digna eses logros históricos”. 

Programa de actos:

* Sábado 1 de agosto: 19 horas no local da Asociación de Veciños de Salcedo, proxección do documental “En todas as mans” sobre o monte comunal en Galicia, con charla-coloquio posterior.

*Domingo 2 de agosto:

-11h, carreira popular polo monte para rapaces de 8-11 anos.

-12h, partido de fútbol “de homes contra mulleres” (sic).

-13h, recreación de actividades profesionais relacionados co campo, ambientados nos anos 50.

-14h, entrega de premios.

-14:30h, benvida ao xantar.

-15h, xantar.

Durante a mañá e a tarde, xogos tradicionais.

Actuacións de música tradicional.

Postos de venda de produtos tradicionais e artesáns.

“Participa da festa e goza con orgullo de ser veciño-comuneiro desta parroquia. E se non o es, apúntate a ela, tamén serás benvido”.

E paralelamente, tamén este fin de semana, a Comunidade de Montes de Lourizán celebra a Festa d@s Vell@s.

Festa dos vellos en Lourizán

Publicado por: MontePituco | 29/07/2015

AS TUBARÍAS DE ACUAES XA ESTÁN NO MONTE PITUCO

Obras de ACUAES no Monte Pituco.

As tubarías que van conformar o que administrativamente se denomina “Nuevo Abastecimiento de Agua a Pontevedra y su Ría” xa están no Monte Pituco. Un camión dedícase dende hai uns días a transportar os tubos pola vía de servizo da Variante de Marín. A pendente da pista é tan pronunciada, que o vehículo -de gran tonelaxe- sube marcha atrás, descarga o material e regresa xa sen ter que virar, tendo en conta a estreitez do vial e a ausencia de treitos con espazo abondo para que poida dar volta.

Na pista de servizo da Variante, por enriba da aldea do Caeiro, atópase o conxunto rupestre catalogado de Pinal de Caeiro. O xacemento foi recentemente sinalizado cun panel informativo no marco das actuación de posta en marcha do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños, co-financiado pola Comunidade de Montes de San Xulián.

Estes petroglifos, cuxa área de cautela xa foi seriamente agredida polo trazado da Variante de Marín e pola vía de servizo anexa, que quedou a escasísimos metros da laxe prehistórica, volven estar afectados agora polas obras de instalación da nova rede de abastecemento de auga, xa que as tubarías van quedar soterradas no lugar que ocupa a pista, onde se vai abrir unha zanxa.

Con tal motivo, achegámonos ata o monte, coa intención de verificar se -tal e como procede neste caso- haberá un control arqueolóxico para evitar calquera dano ao conxunto rupestre de Pinal de Caeiro. Comprobamos a pé do terreo que os tubos están xa a menos de 100 metros dos petroglifos, mais non hai ningunha rede nin perímetro marcado arredor do xacemento arqueolóxico, como cabería agardar. En calquera caso, non cabe ningunha dúbida sobre a ubicación do xacemento pola existencia do panel informativo do Espazo Sete Camiños.

Panel informativo do petroglifo de Pinal de Caeiro.

Petroglifos de Pinal de Caeiro

Nas proximidades do petroglifo de Pinal de Caeiro a quen primeiro atopamos é a un técnico e un axudante que están realizando medicións topográficas e colocando estacas a rente da pista para marcar a distancia á que van abrir o burato que, en teoría, vai ser no eixe central do vial de servizo.

Obras de ACUAES no Monte Pituco.

Obras de ACUAES no Monte Pituco.

Obras de ACUAES no Monte Pituco.

Continuamos máis aló do túnel inferior da Variante ata atoparmos unha valla que impide o paso a calquera persoa allea á obra. Mais non fai falla incumprirmos ningunha norma de seguridade porque xa dúas persoas ataviadas con chaleque e casco se achegan ata o túnel. Unha delas atende as nosas preocupacións sobre o tratamento que poida ter o petroglifo de Pinal de Caeiro, coñecido como ‘O ciclista’.

Cómpre dicir que foi amable, que escoitou con aparente interés o que se lle plantexou e que as súas palabras -polo menos nese momento- foron de receptividade. Explicou que a empresa que realiza as obras, Construcciones Ortiz, tiña contratado un arqueólogo que xa se desplazara ata Pinal de Caeiro para poñelos en antecedentes da existencia do gravado rupestre. E aínda que este encargado de obra non é de orixe galega, refire unha serie de experiencias profesionais noutras obras a nivel estatal e mesmo internacional, nas que se atoparon restos arqueolóxicos ou se tiveron en conta os vestixios históricos existentes para garantir que a súa preservación.

Admite que no pasado, en xeral, puideron terse cometido abusos e danos irreparables no patrimonio, pero que a estas alturas do século XXI actúase xa con respecto no que atañe aos bens susceptibles de ser protexidos.

Obras de ACUAES no Monte Pituco.

Obras de ACUAES no Monte Pituco.

Aproveitamos a visita ás proximidades das obras para solicitar a colaboración do persoal da empresa Ortiz coa veciñanza do lugar do Caeiro, xa que as mangueiras que conducen a auga do depósito comunitario ata as vivendas particulares están no mesmo trazado das tubarías, polo que terán que evitar danalas cando cheguen a esa zona e se dispoñan a fender a pista.

O encargado da obra emprázanos a volver tratar este último asunto cando as obras teñan avanzado máis cara ao Caeiro. De momento, ao parecer, as máquinas teñen bastante traballo intentando romper a pedra que hai debaixo da vía de servizo da Variante. O subsolo é puro e duro granito; o ritmo dos traballos é lento porque non é o mesmo meter unha excavadora nunha zona onde basta fincar a pá para sacar terra, que ter que utilizar martelos mecánicos para romper rocha e furar á profundidade necesaria. 

…Non lles queda nada, contestámoslles, sinalando as paredes da Variante de Marín, que tamén son moles graníticas nas que houbo que empregar moita dinamita.

Dende a Asociación Monte Pituco instaremos a concelleira de Cultura e Patrimonio de Marín a que se achegue ao lugar das obras para interesarse pola situación do petroglifo de Pinal de Caeiro. Non en van, esta Asociación ten solicitada unha entrevista dende principios do mes de xullo, co compromiso verbal da edil Beatriz Rodríguez de convocarnos en próximas datas.

 

 

 

Publicado por: MontePituco | 28/07/2015

PRÓXIMOS CURSOS NA COMUNIDADE DE MONTES DE SAN XULIÁN

Cursos na Comunidade de Montes

A Comunidade de Montes de San Xulián anuncia a convocatoria de novos cursos, de arte floral e de ximnasia de mantemento.

Aínda correndo o risco de pecar de perfeccionistas, cómpre pasarlle recado aos responsables da Comunidade que os carteles informativos deberían estar mellor redactados, nun galego normativo no que non se mesture o castelán, empezando polo encabezamento: “Comunidad de Montes Vecinales en Mancomún de San Xulián”.

Deste mesmo defecto adoecen as guías e os trípticos informativos do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños nos que, mentres que as comunidades de montes de Lourizán e de Salcedo teñen os seus logotipos adaptados en galego, o de San Xulián é o único cuño no que se le “Comunidad de Montes Vecinales”.

A petición de que a Comunidade de Montes de San Xulián utilice o galego nas súas comunicacións á veciñanza e nos seus documentos internos -como as actas das asembleas- xa se ten reiterado en varias ocasións, sen que se dea chegado a plasmar, malia que sería o propio nunha parroquia rural que por riba é o berce histórico da vila de Marín.

[Diante desta observación, poderíase cuestionar que en vez de “San Xulián” o máis correcto sería “San Xián”. E mesmo que a denominación “Monte Pituco” vai en detrimento do topónimo tradicional “Monte Pornedo”. En prevención, cómpre explicar que a razón non é outra que o ‘costume’]

Publicado por: MontePituco | 27/07/2015

O PETROGLIFO DO PORNEDO, CONVERTIDO EN XOIA

Xoia elaborada por Laura Romeu

Queremos agradecerlle á artesá Laura Romero o seu fermoso traballo de orfebrería baseado nun dos elementos que conforman o complexo rupestre do Pornedo, situado no Monte Pituco, e felicitala efusivamente polo resultado da súa obra. As súas mans elaboraron unha peza exclusiva, en prata e cobre, que podemos lucir con ORGULLO e levar sempre preto do CORAZÓN.

Xoia elaborada por Laura Romeu

Xoia elaborada por Laura Romeu

[Fotos de Laura Romeu]

As persoas que son partícipes da nosa loita pola protección, conservación e posta en valor do Monte Pituco (Pornedo) fronte ás agresións que o ameazan -especialmente o proxecto dun aberrante polígono industrial- saben o importantes que son estes petroglifos, o noso intenso esforzo por dalos a coñecer malia os atrancos impostos pola Administración e pola ignorancia allea.

Debuxo da rocha nº1 dos petroglifos do Pornedo

A arte máis (pre)histórica das artes, a que os nosos devanceiros deixaron inscrita nas pedras, ten agora outra dimensión estética, cultural e sentimental, como xoia. Parabéns, Laura, moitas grazas, dende a emoción.

Xoia elaborada por Laura Romeu

Xoia elaborada por Laura Romeu

Xoia elaborada por Laura Romeu

Xoia elaborada por Laura Romeu

Publicado por: MontePituco | 26/07/2015

ROTEIRO POLOS MONTES DO HÍO

Cruceiro do Hío

A Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo organizou un roteiro reivindicativo polos montes do Hío que, dende o Igrexario do Hío, percorreu o alto da Fanica, Outeiro Batente, Pouso da Serra, Corral da Vara, Cova do Pouso, Sobrada, o monte do Facho, a aldea de Donón e Cova do Vento, atravesando calzadas empedradas, pistas forestais e tramos do sendeiro ecolóxico GR-59 do Morrazo.

Antes do roteiro, era obrigada unha volta arredor da igrexa de San Andrés de Hío -de orixe románica- e do seu famoso cruceiro, obra do mestre José Cerviño García ‘Pepe da Pena’ e inaugurado en 1872.

Cruceiro do Hío

Cruceiro do Hío

Cruceiro do Hío

Cruceiro do Hío

“A base está formada por catro hornacinas orientadas aos puntos cardinais. A da cara sur móstranos a Eva coa mazá no momento de ser tentada pola serpe. Neste caso pódese facer unha lectura como de principio e fin, xa que se o cruceiro comeza co Pecado Orixinal, acaba, no máis alto, coa redención deste, por medio da morte na cruz do fillo de Deus. A hornacina que dá ao oeste forma conxunto coa anterior e representa a Adán no Paraíso. A seguinte imaxe, Xesús logo de morrer na cruz vai ao limbo a buscar aos Xustos para conducilos ao Ceo. Neste punto temos que prestar atención á forma en como están cinceladas as portas do Limbo. Mirando cara á igrexa está a cuarta hornacina que nos mostra á Virxe do Carme como redentora das Almas do Purgatorio. Se nos fixamos, a figura á que lle estende a man ten un birrete de cura”.

[Fonte: web do Concello de Cangas]

Igrexa de San Andrés de Hío.

Igrexa de San Andrés de Hío.

Un veciño explicounos que o reloxo de sol que se atopa nun extremo do tellado caera abaixo hai anos porque ataran un cable á figura e enganchárano ao outro lado da estrada anexa, resultando que un camión que pasou levouno por diante, arrastrando ata o chan a figura, que pasou moito tempo no interior da sacristía.

Con Cándido Martínez como guía, os primeiros puntos de interese que visitamos foron a calzada empedrada de A Fanica…

Calzada de A Fanica.

Vista dende A Fanica.

…e as formacións xeolóxicas de Outeiro Batente. A 241 metros sobre o nivel do mar, este é o punto máis alto da península do Hío e -se a néboa non o impide, como sucedeu nesta ocasión- ofrece unhas vistas extraordinarias da entrada da ría de Vigo coa enseada de Barra, o complexo dunar, a Costa da Soavela e as illas Cíes e Ons.

Vista dende Outeiro Batente.

 Vista da praia de Barra dende Outeiro Batente

Vista dende Outeiro Batente.

Dende Outeiro Batente.

Dende Outeiro Batente.

Vista do Monte do Facho dende Outeiro Batente.

Vista do Monte do Facho dende Outeiro Batente

Dende Outeiro Batente tamén se divisan as plantacións de bidueiros e a área de ribeira de Pouso da Serra; o monte baixo e amplas panorámicas de Corral da Vara; a plantación de carballos, castiñeiros e pradairos de Cova do Pouso; os salgueirais da área de ribeira de Sobrada, as ruínas da aldea antiga de Punxeiros-As Cortes e as panorámicas e o patrimonio cultural e arqueolóxico do castro, e o santuario dedicado ao deus Berobreo no monte do Facho, catalogado como Ben de Interese Cultural; a calzada empedrada que o rodea, as veigas de cultivo e o patrimonio etnográfico e civil do núcleo rural e agrícola de Donón, as carballeiras e o bosque de ribeira do rego de Donón, así como o tramo de calzada empedrada que sube da Cova do Vento e que fai de conexión con A Fanica.

Flora dos montes de Hío.

Carpaza

Estripeiro

Estripeiro

Estripeiro

Adea As Cortes-Punxeiro

Antiga aldea As Cortes-Punxeiro

Restos da antiga aldea As Cortes-Punxeiros, habitada ata o século XIX

Subida ao Monte do Facho

As excavacións arqueolóxicas que se realizaron no Monte do Facho entre os anos 2003 e 2008 deixaron ao descuberto unha parte importante dun asentamento que se remonta á Idade do Ferro. Trátase dun amplo conxunto de edificacións situadas na parte norte do monte e defendidas por varias liñas de murallas. Son os restos da derradeira etapa de ocupación deste enclave, entre os séculos I a.C. e I d.C. A maioría tiñan forma circular, aínda que tamén os había ovalados ou rectangulares con esquinas curvas. Os investigadores atribúenlles diversos usos: habitacionais, para almacenamento, culturais, etc.

Castro do Monte do Facho.

Castro do Monte do Facho.

Reprodución das aras votivas do Monte do Facho.

O santuario galaico-romano dedicado ao deus lar Berobreus apareceu no século III d.C., despois de que o castro fose abandonado. Trátase dun santuario ao aire libre situado na parte leste da croa do Monte do Facho onde, mediante unha serie de socalcos, creouse un espazo para poñer as ofrendas. Estes donativos eran altares de pedra -ou aras- que se cravaban na terra. Contiñan un breve texto en latín alusivo á deidade local. Recuperáronse 174 aras votivas. 

Agresión a unha das aras reproducidas.

Agresión a unha das reproducións das aras atopadas no Monte do Facho.

No Monte do Facho.

No Monte do Facho

No século XVIII creouse un posto de vixiancia con fins militares, do que se conserva unha garita con forma circular.

O que hai na garita do Facho

…O que hai no interior da garita do Monte do Facho…

Acceso ao Monte do Facho.

Hórreos na aldea de Donón

Hórreo na aldea de Donón

Hórreos na aldea de Donón

Fauna do Monte do Facho.

Xesta

Xesta mansa

Abruños

Abruños

Os montes do Hio, como corredor natural, fan de enlace directo coa Zona de Especial Conservación do Espazo Natural Protexido pola Rede Natura da Costa da Vela que, na súa maioría, é superficie mariña e que en terra só acolle no seu territorio protexido unha longa e estreita franxa de acantilado.

Malia a súa importancia a distintos niveis, estes montes do Hío só están catalogados na actualidade como solo rústico de especial protección de espazos naturais e forestal; unha clasificación que a Plataforma Montes do Morrazo entende que é claramente insuficiente para protexer e conservar os seus auténticos valores.

Dende o punto de vista paisaxístico, é a punta no extremo occidental da península do Morrazo, dentro do contexto litoral das Rías Baixas. A nivel bioxeográfico, destaca pola presenza de breixeiras secas europeas, rochedais silíceos con vexetación pioneira, pendentes rochosas silíceas con vexetación casmofítica, vexetación potencial de carballeiras galaico-portuguesas e de bosques aluviais, fauna e flora silvestre de interese comunitario con varios endemismos do noroeste e ibéricos, e especies integradas nas Directiva Hábitats e Aves. Ademais, ten importancia xeolóxica polas formacións graníticas existentes na zona, con abundancia de pías, alveolos e cacholas.

A isto cómpre engadir a riqueza cultural e arqueolóxica do lugar, cun asentamento da Idade do Bronce e Medieval no monte do Castro, o achado da Idade do Bronce de Lapa dos Santos, o petróglifo da Idade do Bronce de Alto da Serra, a necrópole Neolítico-Medieval de Cova da Loba, o asentamento Neolítico-Medieval de Corral de Barra, o asentamento e os petróglifos Medieval-Moderno de Punxeiros-As Cortes, e o asentamento da Idade do Bronce, Idade do Ferro e Galaico-romano do Facho de Donón.

As principais afeccións e ameazas deste despazo son a eucaliptización, polo seu carácter invasor e pirófito; a intensificación dos monocultivos forestais en detrimento da biodiversidade e da súa multifuncionalidade como recurso; a ausencia de silvicultura, as cortas a matarrasa de arborado, a apertura de novas pistas forestais; os vertidos de entullos e o soterramento de antigos camiños e calzadas empedradas; a roturación agresiva do terreo e a canalización de mananciais naturais de auga para a loita contra os incendios forestais; a especulación urbanística, os tendidos aéreos de subministro eléctrico, antenas de telecomunicacións; o deterioro e desaparición do patrimonio etnográfico e civil e o seu abandono; a masificación e banalización turística do patrimonio cultural e arqueolóxico, centralizado na posta en valor do castro e do santuario do monte do Facho, mentres o resto queda desatendido.

Hío

Rectoral de Hío

Acceso posterior á reitoral de Hío

Por consideralos uns espazos naturais de alta importancia ambiental e corredor ecolóxico, a Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo solicitoulle á Xunta -en marzo do 2012- a ampliación da Rede Natura galega cara a un novo Lugar de Importancia Comunitaria que, ademais dos espazos naturais dos Montes do Morrazo e Carballal de Coiro recollera, entre outros espazos ampliables, os montes do Hío.

Mapa da ruta (Paulo Troitiño)

Plano do roteiro polos Montes do Hío, realizado por Paulo Troitiño

Diario, 23 xullo 2015

O Diario de Pontevedra publica con retraso esta información que a Asociación Monte Pituco fixo pública o pasado 10 de xullo no artigo titulado “Petición ao Concello para incluír o Pornedo na oferta de visitas guiadas“.

En aras do rigor informativo, cómpre aclarar por tanto que a presentación do escrito no Rexistro municipal non se efectuou “onte” (en alusión ao día 22 de xullo) como indica a noticia publicada polo Diario de Pontevedra, senón que  van xa 15 días dende que se formalizou a solicitude, dirixida ás concellerías de Cultura, Patrimonio e Turismo.

Engadir como dato de ‘última hora’ que a concelleira Beatriz Rodríguez emprazou a Asociación Monte Pituco a que a finais desta semana buscaríase unha data para celebrar a entrevista que se lles solicitou ás edís responsables desas tres áreas. De momento, seguimos agardando…

Publicado por: MontePituco | 22/07/2015

APERTURA DA AULA DE NATUREZA DE COTORREDONDO

DiarioDePontevedra

Diario, 22 xullo 2015


morrazoaldia

El Aula da Natureza del Lago Castiñeiras abre sus puertas para dinamizar uno de los puntos más destacados de la comarca

El horario será de once de la mañana a siete de la tarde excepto los martes y miércoles, que permanecerá cerrada.

Las puertas del Aula da Natureza del Lago de Castiñeiras abrieron de nuevo el pasado jueves. Esta nueva iniciativa de la Fundación Lago Castiñeiras-Cotorredondo, que cuenta con la colaboración del Concello de Marín, busca dinamizar el entorno y convertir en realidad el proyecto del colectivo.

Además de informar a los usuarios sobre el proyecto de jardín botánico y arboreto, se contempla la creación de un itinerario guiado por el entorno del lago para que los vecinos y visitantes conozcan más sobre la cultura, patrimonio y naturaleza de uno de los puntos más destacados de la comarca así como para poner en valor la zona.

Después de la I Xuntanza Comuneira, la Fundación Lago Castiñeiras-Cotorredondo y el Concello de Marín coincidieron en la necesidad de ampliar esta oferta natural y cultural durante todo el verano, por lo que el aula permanecerá abierta hasta el próximo 31 de septiembre en horario de once de la mañana a siete de la tarde (excepto martes y miércoles) y se realizarán roteiros guiados a las doce del mediodía.

Publicado por: MontePituco | 21/07/2015

NA RADIO GALEGA SOBRE O ESPAZO SETE CAMIÑOS

Diario Cultural: Espazo Sete Camiños

[Premer na imaxe para escoitar a reportax]

O programa Diario Cultural da Radio Galega emitiu unha reportaxe sobre o Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños, ao que pertence o Monte Pituco (Pornedo), situado no monte veciñal de San Xulián de Marín.

…Cómpre recordar (sempre!) que o Monte Pituco e os xacementos arqueolóxicos catalogados que forman parte deste Espazo están AFECTADOS polo proxecto de construcción dun POLÍGONO INDUSTRIAL proxectado no PXOM do Concello de Marín e incluido no Plan Sectorial de Ordenación de Áreas Empresariais da Xunta de Galicia. Que a Asociación Monte Pituco -que formou parte da comisión técnica do Espazo Sete Camiños e que foi un dos colectivos que apoiou a iniciativa- segue loitando para que se desbote semellante aberración urbanística, paisaxística e patrimonial. E que a posta en valor dos recursos naturais e culturais desta contorna privilexiada é totalmente INCOMPATIBLE cun parque empresarial en pleno ‘balcón da ría’ de Pontevedra.

Publicado por: MontePituco | 20/07/2015

FESTIVAL FOLCLÓRICO DE AIRIÑOS NAS FESTAS DO CARME

As Festas do Carme de Marín comezaron e remataron con folclore galego grazas ao Festival de Bandas de Gaitas e o Festival de Baile Tradicional organizados pola Asociación Cultural Airiños de San Xulián os días 11 e 19 de xullo, respectivamente, na Alameda.

Festival Folclórico de Airiños, Festas do Carme 2015

No Festival de Bandas de Gaitas participaron:

-Banda de Gaitas de Ladrido, dende Ortigueira

-Banda de Gaitas de San Vicente de Barrantes, dende Tomiño

-Banda de Gaitas Airiños de San Xulián, de Marín

Festival Folclórico de Airiños, Festas do Carme 2015

Festival Folclórico de Airiños, Festas do Carme 2015

Festival Folclórico de Airiños, Festas do Carme 2015

No Festival de Baile Tradicional, os participantes foron:

-Grupo de Baile Inquedanzas, dende Tui

-Grupo de Baile da Asociación Cultural A Mámoa, de Luou, dende Tui

-Grupo de Baile de Airiños de San Xulián, de Marín

Festival Folclórico de Airiños, Festas do Carme 2015

Festival Folclórico de Airiños, Festas do Carme 2015

Festival Folclórico de Airiños, Festas do Carme 2015

Festival Folclórico de Airiños, Festas do Carme 2015

Festival Folclórico de Airiños, Festas do Carme 2015

Festival Folclórico de Airiños, Festas do Carme 2015

Festival Folclórico de Airiños, Festas do Carme 2015

Tanto no Festival de Gaitas como de Baile, cómpre salientar que xunto con Airiños de San Xulián actuou tamén o grupo de pandereteiras Fentos e Frouma, que tamén proceden da parroquia de San Xulián.

Festival Folclórico de Airiños, Festas do Carme 2015

Festival Folclórico de Airiños, Festas do Carme 2015

Festival Folclórico de Airiños, Festas do Carme 2015

20150711_230619

Felicitar a Asociación Cultural Airiños de San Xulián por continuar esforzándose a prol da promoción da nosa cultura e do noso folclore, pola formación da xente nova no baile e na música tradicional galega. Animalos a continuar no seu labor e a, poder ser, que non deixen de actuar na parroquia que lles dá nome…

…Porque dende a Asociación Monte Pituco, extrañamos o Festival Folclórico Virxe dos Remedios, que se celebraba tradicionalmente no colexio Carballal. Apoiamos, como non podía ser doutro xeito, que o Concello de Marín siga colaborando na organización destes Festivais, ou mesmo ampliando a súa achega, pero non a costa de excluír as parroquias do rural da oferta cultural e de lecer que ultimamente se deriva ao centro urbán.

Queda a reflexión, coa mellor vontade de xuntar opinións e mellorar no posible o que se viña facendo.

Publicado por: MontePituco | 15/07/2015

PLENO DE XULLO 2015

Este mes de xullo foi o primeiro no que os plenos pasaron a celebrarse os primeiros mércores de cada mes. Ninguén novo na mesa presidencial, con María Ramallo dirixindo a sesión e intentando disimular a súa afonía, flanqueada por Manuel Santos Costa e Marián Sanmartín. Nos bancos do PP, unha única cara nova: a de María José de Pazo. Máis remuda, en cambio, no bando da oposición, con varios edís estreándose na política municipal.

Os dous primeiros puntos debatíronse conxuntamente: tratábase da proposta da Alcaldía para que o Concello de Marín se adhira ao Código Ético e de Bo Goberno do Plan de Transparencia e Bo Goberno para as Entidades Locais, impulsado dende a Federación Galega de Municipios e Provincias, xunto coa proposta de aprobación dunha ordeanza-tipo de transparencia, acceso á información pública e reutilización de datos, elaborada pola propia FEGAMP.

María Ramallo expuxo que a Lei de Transparencia do Goberno Central entraría en vigor en decembro deste ano 2015. “Que haxa transparencia nos contratos, que se publiquen as relacións de patrimonio e que se utilice a web municipal para trasladarlle información aos cidadáns” son algunhas das aplicacións que enumerou a alcaldesa, ao que engadiu que “no Concello xa facemos estas cousas”.

…Pois non se nota, alcaldesa. A web municipal é pésima: á marxe de aspectos estéticos que son opinables en función dos gustos de cada quen, o que é unha verdade irrefutable é que transcorrido un mes dende a toma de posesión do actual Goberno local, seguen sen actualizarse datos tan básicos como a composición da Corporación e as responsabilidades nas Concellerías: José Luis Lago e Ramiro Gestido seguen figurando como responsables de Festas e de Rural, cando xa ningún dos dous está actualmente na política local activa. Un despropósito e unha desidia inxustificables. Mal empezamos…

Mal empezou tamén o Psoe. Primeiro tema do primeiro pleno ordinario, e primeiro asunto que a socialista Luz Santiago propón “que quede sobre a mesa”. Nunca a auga lle vai polo rego ao Psoe municipal, outra vez a mesma cantinela de plenos pasados: sobre a mesa, sobre a mesa… Non coñecen seica ningunha outra preposición. O motivo, que a ordenanza proposta pola Alcaldía viña “sin dictaminar”, que lle parecía moi “farragosa” e que consideraba necesario “replantear cosas”. O voceira do Psoe amosábase de acordo co Código Ético, pero queixábase de que “no está discutida, es una fotocopia de lo que manda la FEGAMP y así no se hacen las cosas”, sinalou Luz Santiago.

Pilar Blanco tamén protestou porque o Goberno local “empeza incumprindo a regra de dar información á oposición” porque non se celebraran comisións informativas previas ao pleno. Ademais, advertiu que o convenio de adhesión do Concello de Marín ao Código Ético carecía de rexistro de entrada na Administración municipal. E afeoulle a María Ramallo que, se non fose por este tema, “descargado da web da FEGAMP, o pleno estaría baleiro de contido”.

Aínda así, xustificou que como o Bng forma parte da directiva da FEGAMP a través do alcalde nacionalista de Allariz, e aínda apreciando que existían “moitas eivas” no documento, o seu grupo ía apoiar a proposta.

Estreouse Sandra Pesqueira como voceira de Marea Veciñal de Marín comentando que a adhesión do Concello a un código ético parecíalle unha “boa nova”, se ben lamentou que o Goberno local optara por presentar un “regulamento-tipo” da FEGAMP en vez de invitar os grupos municipais a participar na redacción do documento. “O ético, o participativo, é que a Corporación puidera participar na súa elaboración”, remarcou Sandra Pesqueira, aínda admitindo que as comisións informativas comezaran a constituírse naquela mesma xornada. Rematou a súa primeira intervención deixando claro que Marea Marín estaba en contra da “acumulación de cargos” que, como no caso da alcaldesa, a situaban como representante municipal en diversos organismos, como o Consello de Administración da Autoridade Portuaria.

Diario, 8 xullo 2015

A alcaldesa replicoulles que para que o Concello puidera aplicar estes instrumentos pro-transparencia farían falta máis medios e persoal municipal. Que, a diferenza do que criticara a oposición, non lle parecía un asunto propio de “rematar a lexislatura”, máis si para “empezar un mandato”, e que había “catro anos por diante para mellorar” na súa aplicación, polo que máis adiante poderíanse “introducir alegacións e suxerencias”.

“Esta é unha proposta de mínimos e a ordeanza pódese ir implementando”, insistiu María Ramallo, aclarando que o que se trataba de aprobar era “a adhesión e o compromiso” do Concello con respecto á Lei de Transparencia.

Sobre ás comisións informativas, explicou que “non deu tempo” a constituilas con antelación suficiente ao pleno.

E rematou dirixíndose á voceira de Marea para asegurarlle que tiña un salario como alcaldesa e que, a maiores, unhas 6 ou 7 veces ao ano asistía ao Consello de Administración do Porto, polo que lle pagaban unha dieta, que ela declaraba. “Ir e non cobrar non é posible, os órganos colexiados funcionan así”, concluíu.

Pilar Blanco seguíu na teima de reprender a “actitude” da alcaldesa: restregoulle o cambio de día na celebración do pleno, espetoulle que o Bng tiña comunicado “en tempo e forma” os seus representantes nas comisións e que “non se falara nin na xunta de voceiros” deste tema. “O acceso á información dos grupos é por lei, cando temos que peregrinar polos despachos para conseguila”, porfiou a edil do Bng, que parecía estar dando unha lección de regulamento cando tanto María Ramallo como Pilar Blanco teñen rodaxe bastante en lides municipais.

Por suposto -porque o tempo para Pilar Blanco non debe ser tan de ouro como para os demais- non perdeu a ocasión de sacar a relucir o xa fedorento tema do listado de facturas. O ex-concelleiro do Bng Xosé María Vilaboa estaba entre o público e había que tributarlle a súa homenaxe pública, de tanto que o debe extrañar ao seu carón na bancada da oposición. E porque quen non chora non mama, Pilar Blanco reclamoulle ao Goberno local “un espazo para recibir os veciños de Marín”, argumentando que “sería demostrar que cre no que aproba”.

…Como cambian as tornas cando se deixa de ter a sartén polo mango! Co-gobernando o Bng no Concello, hai dous mandatos atrás, a Asociación Monte Pituco solicitou unha entrevista co grupo municipal nacionalista e a xuntanza tivo lugar no local do Bng na Veiguiña, non na Casa Consistorial…

No seu último turno, Sandra Pesqueira criticou que “non é xusto” que a alcaldesa cobre máis cartos dos que marca o seu cargo como rexedora municipal e instouna a “ceder a fins sociais” o que percibe por participar en órganos colexiados.

Finalmente os dous puntos quedaron aprobados cos votos a favor do PP, Bng e Marea. O Psoe abstívose.

Antes da votación, o multi-repetidor concelleiro socialista Muradas Ramos quixo facer unha observación apelando ás súas reiteradas cuestións de forma sobre o funcionamento e a tramitación dos asuntos ‘de palacio’, dos que tanto dominio presume de ter: “Algo que se aprueba inicialmente y que luego los grupos políticos hagan alegaciones, no tiene lógica; creo que no se puede alegar porque ya estaría aprobado. Políticamente no tiene ningún sentido”. A alcaldesa zanxou a cuestión argumentando que “isto é unha ordenanza tipo, un documento base; non lle vexo ningún problema”.

……………………………

Noutra orde de cousas, o Bng presentou unha moción urxente contra a Lei Mordaza. María Ramallo instou a Pilar Blanco a xustificar a urxencia da moción, posto que os demais grupos non tiñan nin sequera unha fotocopia da devandita moción. Máis tarde, o grupo Marea Marín confirmaría que ningún outro concelleiro/a fora informado previamente da introdución deste tema no pleno. Así son as formas da voceira nacionalista, que non sabe iso de ‘predicar e dar trigo’. Queixarse ben que se queixa -con máis ou menos razón- de que o Goberno local non lles proporciona en tempo e forma a información que precisan sobre a xestión municipal; pero ao Bng de Marín tamén se lle dá de marabilla iso de ir pola calada, introducindo temas por libre nun suposto afán de que ningún outro partido os solape con propostas semellantes ou complementarias; en vez de favorecer o diálogo e a colaboración mutua no ámbito da oposición. 

Tal vez o Bng quixera así quitar a espiña de non ter levado a dianteira nas mobilizacións contra a Lei Mordaza que, a nivel local, impulsou Marea Marín, na véspera de entrada en vigor do novo regulamento, escenificando o seu rexeitamento diante do Concello cunha concentración na que os participantes -concelleiros, simpatizantes e veciñanza en xeral- portaban carteis e tapaban a boca con esparadrapo. 

Concentración de Marea Marín contra a Lei Mordaza

[Foto, Marea Marín]

Esta anomalía fixo que o pleno se suspendera durante uns minutos para que dera tempo a facer fotocopias da moción, repartila aos grupos, que a leran e valoraran, para logo pronunciarse ao respecto. Nese lapso, Xosé María Vilaboa ergueuse do asiento que ocupaba entre o público, xunto con outros militantes do Bng, e achegouse a Pilar Blanco para intercambiar impresións.

Unha vez que se reanudou a sesión, e en vez de volver ocupar o asento inicial, Vilaboa foi ocupar outra cadeira xusto diante duns acérrimos seguidores do PP, un dos cales protestou en voz alta pola presenza de Vilaboa, que parecía invadir o seu ‘espazo vital’. Vilaboa fixo o parvo, xustificando o seu cambio de ubicación cun lacónico “non oio!”, que soou máis a chiste que a outra cousa.

No debate da moción contra a Lei Mordaza, María Ramallo anunciou que o PP votaría en contra porque a norma “pon fin a moito tempo de tramitación do texto, que tivo moitas modificacións e rebaixas”.

En representación do Psoe, interviu por primeira vez María González: “El PP nos perdona la vida. Yo estaría en la cárcel y endeudada por defender mis derechos”, expuxo, en alusión ás multas e aos riscos penais nos que incorra quen incumpra a lei. “Mordaza es el apelativo que mejor le queda. La aprobaron con la mayoría absoluta que van a perder y el Psoe la derogará cuando gane las próximas elecciones”, afirmou.

Sandra Pesqueira anunciou o apoio do seu grupo á moción, argumentando que se trata dunha lei “regresiva para reprimir a protesta veciñal” e lembrando que Marea Marín xa amosara o seu rexeitamento co acto de protesta antes citado: “Non falen de consenso cando a aproban só cos votos do PP; esta é a súa lei, non a nosa”, concluíu.

Antes de que a moción se sometera a votación, volveu producirse un novo rifi-rafe verbal entre Xosé María Vilaboa e o representante veciñal Antonio Conde. “Que lle poñan un bozal!”, oíuselle pronunciar ao ex-concelleiro do Bng.

A moción presentada por Pilar Blanco contou co apoio de Marea Marín e Psoe, pero foi rexeitada coa maioría absoluta do PP.

……………..

No apartado de rogos e preguntas, Luz Santiago interesouse polo aparcadoiro disuasorio habilitado polo concello a carón do río Lameira: “No hay expediente, el Psoe hace años lo intentó hacer pero los técnicos nos disuadieron”, expuxo, para preguntar de seguido “si la parcela es del ayuntamiento, si tiene permiso de Aguas de Galicia y de Patrimonio, si está calificada urbanísticamente y si tienen constancia del alto índice de inundabilidad”. 

…Pois para telo intentado o Psoe hai o tempo que fose, a concelleira socialista parecía non ter nin ‘repajolera’ idea do asunto…

María Ramallo respostou que contaban coa “vontade” dos propietarios particulares; igual que no caso do terreo dispoñible a carón da rúa República Argentina para dispór de espazo para aparcadoiro con motivo das Festas do Carme. Que na limpeza da parcela a carón do Lameira traballaran operarios da brigada municipal de obras, que Augas de Galicia estaba informada e autorizara a actuación coa condición de deixar unha marxe con respecto do río, e que a intención do Concello era “facer un sendeiro para ampliar o paseo a carón do río.

Diario, 9 xullo 2015

……………

No seu turno, Muradas preguntou por vellos temas: as obras nas rúas Ezequiel Massoni e Echegaray.

O número 3 do Psoe, Iván Pastoriza, tomou a palabra por primeira vez para preguntarlle a María Ramallo pola posibilidade de que máis concelleiros dos asignados a unha determinada comisión poidan asisitir á mesma. A alcaldesa remitiuno ao regulamento municipal.

Ningún dos outros dous concelleiros do Bng abriron a boca neste pleno. A única concelleira nacionalista que interviu no nome do seu grupo foi Pilar Blanco, incluso para formular os rogos e preguntas: a falta de subministro eléctrico en Pastoriza, que a fonte da praia de Mogor no botaba auga, e que os novos paneis das praias non estaban en galego.

A concelleira de Medio Ambiente, Marián Sanmartín, falou da limpeza das praias para explicar que o limpapraias pasaba unha vez á semana e que por terceiro ano contábase cunha empresa privada para realizar tarefas de mantemento: se antano se gastaban 28.000 euros na contratación de persoal que actuaba en horario matinal de luns a venres, co cambio ampliábase a atención ás fins de semana e tamén en horario vespertino, cun custe de 20.000 euros, co cal “os veciños gañan en calidade do servizo”.

Esta explicación non convenceu a Sandra Pesqueira, que tomou a palabra para cuestionar se os traballadores desa empresa cobraban un “salario digno” ou se “vulneraban os seus dereitos” laborais.

A alcaldesa respostou que non se podía gastar máis en contratacións e que a brigada tampouco tiña capacidade para atender todo o que implicaba o servizo de mantemento dos areais. “Xa é excesivo o número de horas extra”, engadiu.

Continuando na quenda de Marea Marín, Aaron Franco plantexou un tema que xerou polémica no grupo de Goberno a propósito do pleno de toma de posesión dos novos integrantes da Corporación municipal. Segundo os datos que achegou, as 25 medallas e pins de prata que se lles entregarons aos edís tiveron un valor de 9.000 euros, a razón de 355 euros por cada caixa, dixo Aarón Franco, mentres sostiña a súa. “Isto sobrepasa os límites da indecencia”, criticou, en alusión ao elevado custe do acto de “postureo”. Por iso, xustificou a decisión de Marea Marín de aproveitar ese momento para devolver as súas medallas “e que ese gasto se destine a fins sociais”. 

* Comunicado de Marea Marín sobre a devolución das medallas: “Cuestión de prioridades“, na web de Marea Marín.

Devolución das medallas por parte dos tres edís da Marea.

Custe das medallas dos edís da Corporación (Marea Marín)

Faro, 9 xullo 2015

María Ramallo non tomou nada ben o xesto dos tres concelleiros da Marea, aos que intentou convencer de que esas medallas “lévanse entregando dende sempre e se non as queren, a empresa que as fixo non as vai recoller”. “Para postureo, o que acaban de facer”, espetoulles a alcaldesa, que os acusou de “desprezar” as medallas conmemorativas co escudo de Marín por un “capricho” do que puideron “avisar antes se non as querían”, engadiu cun ton de reproche. “Forma parte da vosa dinámica, ser máis papistas que o papa, pero todo ten o seu percorrido”, engadiu María Ramallo, nunha clara alusión ao refrán que di que ‘arrieritos somos e no camiño atoparémonos’. “Que pensa, que a Marea da Coruña non pagou para que houbera unha pantalla xigante na praza do Concello?”, apostillou a alcaldesa referíndose á celebración que se puido seguir dende o exterior do Concello o día da proclamación de Xulio Ferreiro como alcalde. “Pois nós estamos moi orgullosos da nosa medalla”, concluíu María Ramallo con certo xesto de chulería.

Rematou o pleno coa intervención de Xosé Manuel González Dopazo, quen lamentou o estado de “abandono” e a “imaxe penosa” do porto histórico de Aguete, solicitando que o Concello se esixa a Portos de Galicia o acondicionamento da zona. Por outra banda, o edil da Marea informou da existencia dun socavón no lugar de Silvestre, preto do campo de fútbol de Santomé. 

…E colorín colorado, o resume deste pleno está rematado.

Publicado por: MontePituco | 14/07/2015

TERRAS DE PONTEVEDRA E XUNTA TAMÉN APOSTAN POLA ARTE RUPESTRE

Esta reflexión vén ao fío do escrito que a Asociación Monte Pituco presentou este pasado 9 de xullo no Concello de Marín solicitando entrevistas coas concelleiras de Cultura, de Patrimonio e de Turismo para pedirlles que non exclúan os recursos arqueolóxicos do Monte Pituco e do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños das rutas guiadas organizadas polo Concello de Marín a instancias da empresa que xestiona o Centro de Interpretación dos Petroglifos de Mogor.

E vén tan só uns días despois de que unha veciña de Marín nos formulara unha queixa por algo do que xa tiñamos coñecemento: que nin na caseta de información turística de Marín nin no Centro de Interpretación dos Petroglifos de Mogor hai dispoñibles folletos sobre o Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños.

Folletos do Espazo Sete Camiños

Esta situación lémbranos o acontecido o ano pasado co libro “Petróglifos e outras prehistorias”. Despois de telo utilizado como material explicativo nunha andaina bastante concorrida a nivel de público, moitos participantes quixeron consultalo na Biblioteca Municipal, onde non había máis que un exemplar que nin sequera permitían prestar a domicilio. Ata que finalmente, ante a demanda xurdida, alá foron aparecendo exemplares da publicación, que estaban criando pó arrumbados nunha esquina do Museo Torres, e algunhas persoas interesadas puderon conseguila.

…Pois vai ter que ser a forza de que a veciñanza e os visitantes pregunten polos folletos do Espazo Sete Camiños, os pidan e os demanden, ata que finalmente o Concello de Marín teña que dar o paso de conseguilos a través da Comunidade de Montes de San Xulián e poñelos a disposición dos usuarios, que para iso se fixeron. O propio día da inauguración do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños díxose publicamente que estes cadernos e trípticos poderíanse atopar en dependencias municipais.

Agora é a Mancomunidade Terras de Pontevedra -á que pertence o Concello de Marín, xunto cos municipios de Pontevedra, Poio, Pontecaldelas, Vilaboa, Cotobade e Campo Lameiro- a que asina un convenio coa Axencia Turismo de Galicia, dependente da Xunta, para a promoción da arte rupestre neste entorno xeográfico.

O propio Goberno autonómico anunciou o acordo co seguinte comunicado que se reproduce a continuación:

Lores e Nava Castro firman convenio de turismo con mancomunidade Terras de Pontevedra.

A XUNTA DE GALICIA APOSTA POLA PROMOCIÓN E DIFUSIÓN DOS RECURSOS E PRODUTOS TURÍSTICOS DE TERRAS DE PONTEVEDRA

-A directora de Turismo de Galicia e o presidente da Mancomunidade rubricaron un acordo para a realización de actividades de promoción e información do turismo no territorio da mancomunidade Terras de Pontevedra

-Turismo de Galicia e mais a mancomunidade Terras de Pontevedra apostan pola coordinación interadministrativa para a realización de actividades de promoción do turismo

-Turismo de Galicia achega 60.000€ a través deste convenio que ten como obxectivo a constitución, posta en funcionamento e xestión dunha serie de actividades para a promoción do turismo no ámbito na Mancomunidade

-O convenio integra actuacións referentes ao arte rupestre, a promoción do comercio de proximidade, as novas tecnoloxías e a mellora no acceso dixital aos recursos tur ísticos dos concellos

Pontevedra, 13 de xullo de 2015.- A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro Domínguez asinou hoxe un convenio de colaboración coa Mancomunidade Terras de Pontevedra para a realización de actividades de promoción e información do turismo no territorio que engloba a mancomunidade.

O Plan Integral de Turismo recolle unha liña estratéxica centrada na cooperación interadministrativa e público-privada, así como actuacións orientadas ao desenvolvemento dos destinos. De modo que Turismo de Galicia impulsa convenios de colaboración para a posta en valor dos recursos e da oferta diferencial dos destinos “para facer de Galicia unha marca diferencial, un destino multiexperiencial e cun sector competitivo, innovador e internacional e que funcione como modelo europeo de turismo sostible”.

Segundo explicou a directora de Turismo de Galicia, o obxectivo deste convenio é a constitución, posta en funcionamento e xestión dunha serie de actividades para a promoción do turismo no ámbito da Mancomunidade Terras de Pontevedra a través da priorización de accións de promoción, difusión e dinamización dos valores patrimoniais e culturais da zona desta mancomunidade.

A través deste convenio, Turismo de Galicia realiza unha achega de 60.000 € para o desenvolvemento de diferentes actuacións que perseguen a sensibilización tanto dos visitantes como dos propios veciños da zona sobre a importancia de preservar e poñer en valor o patrimonio cultural, histórico e arqueolóxico para que teña unha clara proxección turística coa correspondente incidencia económica.

Tal como matizou Nava Castro, o convenio integra actuacións referentes á comercialización do produto de arte rupestre e á potenciación das sinerxias con outros centros de arte rupestre, así como á promoción do turismo accesible, onde se procederá á elaboración de paquetes turísticos e incidirase na promoción dos roteiros xa elaborados, a organización de blogtrip con bloguers con mobilidade reducida, a procura de axencias de viaxes especializadas e a continuación do traballo de difusión e promoción entre os centros e asociacións de persoas de mobilidade reducida de toda España e o reforzamento en diferentes países europeos. A directora de Turismo de Galicia continuou explicando que o convenio tamén integra actividades relacionadas coa promoción do comercio de proximidade e tamén aborda actuacións relacionadas coas novas tecnoloxías e a mellora no acceso dixital ao recursos turísticos dos concellos.

Estas actuacións integradas no convenio axudarán a mellorar os datos turísticos deste territorio que o pasado ano recibiu preto de 179 mil viaxeiros que realizaron mais de 418 mil pernoitas. Neste senso é destacable o aumento do 15% que se produxo dos viaxeiros estranxeiros nos establecementos hoteleiros deste territorio da Ría e Terras de Pontevedra.

Aínda que non sae na foto, a alcaldesa de Marín, María Ramallo, tamén asistiu ao acto de sinatura dese convenio, segundo informou un medio de comunicación local.

E como se trata dun documento público ao que calquera persoa interesada pode ter acceso, imos reproducir algúns fragmentos do mesmo, para que consten exactamente cales son as condicións.

Acordo Turismo de Galicia e Terras de Pontevedra.

Acordo Turismo de Galicia e Terras de Pontevedra.

Acordo Turismo de Galicia e Terras de Pontevedra.

acordoTerrasPonte4

Agardamos que o Concello de Marín tome nota e non só inclúa o abundante e valioso patrimonio arqueolóxico da parroquia de San Xulián no circuito de rutas guiadas, senón que tamén aproveite este convenio para apoiar a difusión dos conxuntos rupestres de Pornedo, Sete Camiños, Pinal de Caeiro, Carrasca e Champás con respecto a outros que, como no caso dos petroglifos de Mogor, non só son os máis estudados, coñecidos e promocionados, senón que xa teñen o seu propio centro de interpretación.

Que grazas a investimentos como os de Terras de Pontevedra se poida equilibrar o desigual nivel ao que se atopa o patrimonio do Monte Pituco con respecto a outros xacementos, logo de anos de abandono, maltrato e descoñecemento por parte das Administracións. O Concello de Marín ten unha débeda histórica co patrimonio arqueolóxico de San Xulián e o convenio con Terras de Pontevedra -na proporción á que Marín poida optar- é unha oportunidade para comezar a saldala. 

Cómpre lembrar que a Comunidade de Montes de San Xulián ten intención de vincular o Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños co Lago de Castiñeiras a través dos conxuntos rupestre da Carrasca e de Champás, que carecen de sinalización e precisan urxentes actuacións de limpeza e posta en valor.

 

 

Publicado por: MontePituco | 13/07/2015

AS RUTAS GUIADAS DO CONCELLO, QUE TAMÉN SEXAN POLO PORNEDO!

Faro de Vigo

Monte Pituco pide ser parte de las rutas rupestres del Concello

La Asociación propone que la zona del Monte Pornedo se incluya en la oferta de visitas

Redacción | Marín 11.07.2015

La Asociación Monte Pituco presentó ayer en el Concello un escrito dirigido a las concejalas de Cultura, María José de Pazo; de Patrimonio e Arqueoloxía, Beatriz González; y de Turismo, Cristina Acuña, en el que denuncian la omisión, en las rutas arqueológicas previstas por el Concello, del patrimonio rupestre existente en el Monte Penedo (Pituco), situado en la parroquia de San Xulián.

Los recorridos propuestos abarcan desde los petroglifos de Mogor hasta el castro da Subidá, el dolmen de Chan de Armada, el menhir de Currás o el Museo Municipal Manuel Torres. De este modo, la asociación considera que en ese catálogo de rutas falta, “de manera inexplicable, el abundante y no menos valioso patrimonio rupestre existente en el Monte Pornedo”.

La asociación considera esta exclusión “más que injustificable teniendo en cuenta que el Monte Pornedo pertenece al recién inaugurado Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños, que además de los petroglifos de Pornedo, Sete Camiños y Pinal de Caeiro, pertenecientes al Concello de Marín, también abarca una de las vistas más atractivas de la ría”, e insta a las representantes del Concello a visitar la zona.

Faro, 11 xullo 2015


 

 

morrazoaldia

A Asociación Monte Pituco lamenta que o Concello non inclúa o patrimonio de Pornedo na programación de visitas guiadas

O colectivo busca unha maior implicación do Concello na dinamización deste ámbito e do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños.

M.M.|| A Asociación Monte Pituco presentou un escrito no Concello de Marín, dirixido a Cultura, Patrimonio e Turismo, para que se teña en conta o patrimonio natural e cultura de Monte Pornedo nas visitas guiadas que anunciou o Centro de Interpretación dos Petróglifos de Mogor.

A asociación lamenta que o Concello non teña en conta a oferta que ofrece este espazo tendo en conta que o monte pertence ao recén inaugurado Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños, que ademais dos petróglifos de Pornedo, Sete Camiños e Pinal de Caeiro, pertencentes ao municipio, tamén abrangue varias mámoas e grandes panorámicas da ría. Monte Pituco defende que os labores de promoción e información do patrimonio deberían ser realizados pola administración local e non por entidades sociais como é o caso da asociación.

Por estas razóns, solicitouse manter unha reunión coas concelleiras María José de Pazo, Beatriz Rodríguez e Cristina Acuña para expoñer os recursos de interese cos que conta a zona de Monte Pornedo e realizar unha visita á zona. Monte Pituco tamén solicita que a caseta de Información Turística dispoña de información sobre o Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños e sobre os recursos de Monte Pornedo.

Na reunión se propoñerá a instalación de sinais, onde o Concello crea conveniente, para orientar ás persoas para chegar ao Monte Pornedo e a Sete Camiños así como posibles liñas de colaboración coas entidades sociais implicadas para que o Concello de Marín participe no mantemento, conservación, protección e promoción do patrimonio de San Xulián.

Escrito presentado no Concello de Marín.

A Asociación Monte Pituco vén de presentar no Concello de Marín un escrito dirixido ás concelleiras de Cultura, María José de Pazo; de Patrimonio e Arqueoloxía, Beatriz González; e de Turismo, Cristina Acuña, nos termos que se expoñen a continuación:

O pasado 15 de xuño abríase o Centro de Interpretación dos Petroglifos de Mogor e o 3 de xullo realizábase a primeira visita guiada, en horario nocturno. A prensa local recolle nos últimos días que ademais dos percorridos polos propios gravados de Mogor -Pedra do Labirinto, Pedra dos Campiños e Laxe dos Mouros- os roteiros vanse ampliar ao castro da Subidá, o dolmen de Chan de Armada, o menhir de Currás e o Museo Municipal Manuel Torres.

Esta Asociación considera que nese catálogo de roteiros falta, de xeito inexplicable, o abundante e non menos valioso patrimonio rupestre existente no Monte Pornedo (Pituco), situado na parroquia marinense -San Xulián- con maior densidade de vestixios arqueolóxicos.

Esta omisión, exclusión ou discriminación resulta máis inxustificable aínda tendo en conta que o Monte Pornedo pertence ao recén inaugurado Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños, que ademais dos petroglifos de Pornedo, Sete Camiños e Pinal de Caeiro, pertencentes ao Concello de Marín, tamén abrangue varias mámoas e unhas máis que atractivas vistas da ría.

Resulta chamativo que o Concello de Marín non teña en conta esta zona na súa oferta cultural e turística, ocultándolla así aos visitantes e obrigando a entidades sociais como a Asociación Monte Pituco, a facer o esforzo de información e de promoción que lle corresponde á Administración.

Con estes argumentos, a Asociación Monte Pituco formula as seguintes SOLICITUDES:

-Manter unha xuntanza coas concelleiras María José de Pazo, Beatriz Rodríguez e Cristina Acuña, a fin de expoñerlles cales son os recursos de interese cos que conta a zona do Monte Pornedo.

Visitar coas concelleiras María José de Pazo, Beatriz Rodríguez e Cristina Acuña os xacementos de Pinal de Caeiro, Sete Camiños e Pornedo que, grazas á actuación das Comunidades de Montes de San Xulián, Salcedo e Lourizán, foron convintemente sinalizados con postes indicadores e paneis explicativos. Unha visita que culminaría no miradoiro do Monte Pornedo, que esta Asociación considera o ‘balcón da ría’, pola excelente panorámica que se divisa dende este enclave.

Incluír na oferta de visitas do Centro de Interpretación dos Petroglifos de Mogor o patrimonio rupestre da parroquia de San Xulián que, ademais dos gravados de Pornedo, Sete Camiños e Pinal de Caeiro, tamén posúe os conxuntos rupestres de Champás e Carrasca; estes últimos pendentes de sinalización e con propósito por parte da Comunidade de Montes de San Xulián de enlazalos co Lago de Castiñeiras, ampliando o itinerario do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños.

-Propoñer que a Caseta de Información Turística dispoña de información sobre o Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños (os promotores da iniciativa fixeron unha ampla tirada de folletos), e en particular sobre a ubicación do Monte Pornedo e a variedade dos seus recursos naturais e culturais.

-Propoñer que se instale sinalización nos lugares que o Concello de Marín teña a ben, dentro do casco urbán, para orientar as persoas interesadas en chegar ao Monte Pornedo, onde se atopa unha das catro entradas á ruta do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños.

-Propoñer posibles liñas de colaboración coas entidades sociais implicadas para que o Concello de Marín participe no mantemento, conservación, protección e promoción do patrimonio arqueolóxico/histórico/etnográfico/cultural da parroquia de San Xulián.

Agardando a dispoñibilidade das concelleiras e agradecendo a súa atención, quedo ao seu dispór para que ser convocada á maior brevidade posible, tendo en conta as datas estivais nas que nos atopamos e a crecente afluencia de visitantes ao Concello.

Publicado por: MontePituco | 09/07/2015

INCENDIO EN O CASAL POR UNHA PRESUNTA QUEIMA DE RESTROLLOS

Contra as 9 desta tardiña unha columna de fume elevábase cara ao ceo nas proximidades do Monte Pituco. Prendían as alarmas, xa que a fumareda víase en practicamente todo Marín. Algunhas persoas mobilízanse a través das redes sociais. Dende a Asociación Monte Pituco queremos agradecer a preocupación de veciños marinenses como Antonio C. Parada e Gelis Méndez, que nos envían imaxes do helicóptero que está carrexando auga ata o lugar do incendio. 

Foto de Antonio C. Parada

[Foto de Antonio C. Parada]

Chegamos axiña ás cercanías do lugar afectado polas lapas. Polo camiño atopamos a unha veciña que nos tranquiliza asegurando que o lume localízase nunha finca privada, non no monte veciñal. “O dono da veigha vai caghar viruta!”, exclama a muller, nunha clara alusión ás responsabilidades civís e económicas que vai ter que afrontar esta persoa se as autoridades verifican o que parece: unha suposta queima de restrollos.

Pasando A Laxe e en chegando ao Casal o helicóptero volve zoar no aire, mentres transporta outra carga de auga. Varios curiosos asisten ao ir e vir da aeronave a carón do novo parque biosaudable. Comprobamos, efectivamente, que o fume sae dunha veiga ao pé dunha pista que linda cunha zona de monte e que hai unha motobomba con varios operarios traballando na extinción.

Unha veciña que foi testemuña de como as lapas medraban en intensidade e altura, explicounos que viu ao dono do terreo a carón do lume e que, ao requerirlle que dera aviso aos bombeiros ante a perigosa dimensión que estaban adquirindo as lapas, este home contestoulle que non chamara a ninguén e que non pasaba nada. Outras persoas chegaron mesmo a dicir que o dono da finca que ardeu increpou e ameazou os axentes da Policía que lle foron pedir explicacións polo suceso.

…Estivo cerca. Foi o primeiro -e agardamos que o último- susto do verán relacionado co pesadelo dos incendios forestais. Foi unha sorte e un milagre que as faíscas da herba seca non prenderan na arboreda que hai enfronte da pista, de escasos 2-3 metros de ancho. A pesar das altas temperaturas, por fortuna no sopraba o vento, polo que as tarefas de extinción da cuadrilla a pé de campo e a acción do helicóptero descargando auga evitou que fose a maiores.

Finca afectada polo lume no Casal.

Finca afectada polo lume no Casal.

Agardamos que todos os “lumes” (entre aspas) que teñamos este verán sexan os de solpores alaranxados e encarnados tan fermosos como os que admiramos cada día dende o Monte Pituco. Hoxe as lapas rondaron cerca do ‘balcón da ría’ pola irresponsabilidade, a falta de sentidiño e a pouca cabeza dun veciño que non tivo outra cousa que facer que queimar uns restrollos na súa finca, coas altas temperaturas que se acadaron. A veciñanza do lugar do Casal levou un bo susto!

Solpor dende O Casal.

Publicado por: MontePituco | 07/07/2015

POR FIN ABRIU O CENTRO DOS PETROGLIFOS DE MOGOR, PERO…

Diario, 5 xullo 2015

Non imos comentar que por fin abriu ao público o Centro de Interpretación dos Petroglifos de Mogor, despois de tanto tempo de desidia cun chabolo de catro paredes -que custou unha pasta gansa, dito sexa coloquialmente- morto da risa e criando arañas.

Non imos comentar os contidos, os horarios nin as actividades que ofreza. Que para iso está.

O que cómpre DESTACAR é que o comunicado do Centro de Interpretación dos Petroglifos de Mogor -ou do Concello de Marín, que tanto monta, monta tanto- remata dicindo que, a maiores das visitas á propia Pedra do Labirinto, á Pedra dos Campiños e á Laxe dos Mouros que se atopan en Mogor, tamén se ampliarán os percorridos guiados ata o castro da Subidá, o dolmen de Chan de Armada, o menhir de Currás e o Museo Torres.

…E os PETROFLIFOS E MÁMOAS situados en San Xulián e no recén inaugurado Espazo Sete Camiños, non existen?

A parroquia marinense CON MAIOR DENSIDADE de patrimonio arqueolóxico queda fóra do circuíto turístico e da oferta cultural do Concello?

A que se debe esta DISCRIMINACIÓN?

Este maltrato ten que algo que ver co feito de que o PXOM de Marín clasificou como SOLO INDUSTRIAL o Monte Pituco, AFECTANDO gravemente a área de protección dos conxuntos rupestres de Pornedo, Sete Camiños, Pinal de Caeiro?

Trátase acaso dunha VINGANZA contra a Asociación Monte Pituco pola súa incansable loita a prol da defensa deste Espazo Natural pertencente aos Montes do Morrazo e a prol da divulgación do valioso e abundante patrimonio arqueolóxico que atesoura esta zona?

Esta EXCLUSIÓN inexplicable responde a algún tipo de REPRESALIA política?

…Ou acaso o Concello de Marín considera que a Asociación Monte Pituco está facendo tan ben este labor de promoción dos bens históricos da parroquia de San Xulián que as Concellerías de Turismo e de Cultura xa non se teñen que preocupar de cumprir coa súa función de servizo público?

É unha mágoa que ningún representante do Goberno local marinense teña acudido nos últimos anos ás rutas de sendeirismo organizadas pola Asociación Monte Pituco, pola Plataforma Montes do Morrazo ou pola antiga comisión técnica do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños. Teríanse decatado do enorme interés que suscitaron, da gran participación que tiveron, e da disparidade dos lugares de orixe dos asistentes.

Todo isto, feito SEN AXUDA da Administración local; sen máis aliciente que a ilusión, o esforzo e a firme crenza nun proxecto; sen máis recompensa que o agradecemento do público e as palabras de ánimo das persoas que comprobaron -ao pé destes xacementos ou admirando a paisaxe dende o miradoiro do Pituco, o ‘balcón da ría’- que paga a pena seguir reclamando a protección deste enclave singular da nosa xeografía.

Imaxe de Antón Lois, de Amigos da Terra, tomada na Andaina polo Monte Pituco ao solpor, celebrada en setembro de 2014:

Foto, Antón Lois

Imaxes cedidas polo Colectivo A Rula, de Compostela, que tamén participou naquela Andaina polo Monte Pituco ao solpor:

Foto, Antón Lois.

Foto, Colectivo A Rula (Compostela).

Foto, Colectivo A Rula (Compostela).

Foto, Colectivo A Rula (Compostela).

Foto, Pablen Compostela (Colectivo A Rula).

Foto de Paulo Troitiño tomada nun dos grupos do conxunto rupestre da Carrasca, situado na parroquia de San Xulián:

Foto, Paulo Troitiño.

Máis imaxes na seguinte ligazón: “Andaina polo Monte Pituco ao solpor II“.

A repercusión da Andaina polo Monte Pituco ao solpor nos diarios locais que se editan en formato impreso:

Diario de Pontevedra.

La Voz de Galicia.

Faro de Vigo.

Publicado por: MontePituco | 06/07/2015

A RECUPERACIÓN DO MONTE DE SALCEDO, NO ‘DIARIO’

DiarioDePontevedra

Diario, 6 xullo 2015

El monte de Salcedo gana la batalla

La Comunidade de Montes de la parroquia se vuelca en poner en valor los espacios recuperados, una vez que Defensa ha retirado los últimos restos de la ‘aldea afgana’ que utilizaba la Brilat para sus maniobras

“El poblado afgano ocupaba aproximadamente una hectárea y media, y ahora que la parcela ha quedado vacía, la intención de la Comunidad de Montes de Salcedo es reforestarla. “O próximo inverno plantaremos carballos nunha parte”, explica el presidente de la entidad, Fernando Pintos. “Máis alá, onde tiñan soterradas tubaxes para simular túneles para as manobras, agora medran os castiñeiros que plantamos hai dous anos”. En los alrededores han puesto ya pinos comunes y mansos, cerezos y más castaños, con la intención de volver a poner en valor una zona por la que discurre una ruta natural de senderismo denominada “Ruta dos Sete Camiños” y calificada como “Espazo Natural e Arqueolóxico”.

“Desde septiembre de 2014 la entidad comunal lleva invertidos en la recuperación del monte 111.600 euros que, junto con la aportación para el proyecto Sete Camiños, supone el 73% de sus ingresos”.

 

* Colaboración de Paulo Troitiño Iglesias (texto e fotos), membro da Agrupación Micolóxica e Naturalista Liboreiro

INVERTEBRADOS DO ESPAZO NATURAL E ARQUEOLÓXICO DOS SETE CAMIÑOS

A comarca de Pontevedra-O Morrazo posúe un importante patrimonio natural, etnográfico e arqueolóxico, cunha ampla diversidade de espazos naturais e hábitats moi variados. Porén, aínda que a fauna de vertebrados coñécese moi ben, existe un gran baleiro de información referente ás especies de invertebrados.

O Espazo Natural dos Sete Camiños actúa como un corredor natural entre as dúas bisbarras, moi próximo á ría de Pontevedra e ao océano Atlántico, que exerce un efecto moderador na temperatura e impide oscilacións térmicas excesivas. Este tipo de clima defínese como atlántico-europeo húmido e de temperaturas suaves.

Segundo os datos da Estación Meteorolóxica de Lourizán, situada a 57 m de altitude, a precipitación anual oscila arredor dos 2000 mm e a temperatura media anual é de 14ºC.

É necesario falar dos hábitats e das paisaxes da zona para decatarse da diversidade e do ambiente onde viven os invertebrados.

As ribeiras fluviais están formadas por regatos de pouca entidade, mais de grande importancia ecolóxica, cunha vexetación asociada de ameneiros (Alnus glutinosa), salgueiros (Salix atrocinera) e carballos (Quercus robur); pequenas brañas e charcas cunha interesante flora pteridófita.

Na parroquia de San Xulián atópanse os regos da Agrela, do Pornedo e da Presa, na conca do río Lameira. E na parte septentrional, nas parroquias de Lourizán e de Salcedo, discorren as augas dos regos das Flaires, rego de Batán, Cubeiro ou da Ponte, que sn afluentes do río Gafos. Outro pequeno regato que nace preto do Outeiro da Edra discorre cara ao Regueiriño, en Lourizán.

As extensións de monte baixo e de matogueira, sobre todo no Monte Pornedo, están consideradas hábitat de interese prioritario na categoría de ‘Breixeiras secas europeas’, de formacións a miúdo densas con especies de toxo e breixo, Ulex europaeus, Erica ciliaris, Erica cinérea, Calluna vulgaris, Daboecia cantabrica, Cistus…

As especies arbóreas predominantes son o piñeiro do país (Pinus pinaster) e o eucalipto (Eucalyptus globulus) destinados á produción forestal. Aínda que tamén hai formacións monoespecíficas, nalgunhas zonas medran con eles outras árbores, como castiñeiros (Castanea sativa), carballos (Quercus robur) e pereiras bravas (Pyrus cordata), formando un bosque mixto.

Tamén existen pequenos rodais de especies exóticas invasoras como a acacia (Acacia melanoxylon), na zona do Outeiro da Mina e Chan das Mouras, moi difícil de erradicar.

Os invertebrados superan o millón de especies descritas, o que constitúe aproximadamente o 65% de todos os organismos vivos e o 77% das especies animais; aproximadamente as tres cuartas partes das especies coñecidas no mundo. Este elevado número de especies -unido ao importante papel que desempeñan nos ecosistemas- non se corresponde co escaso protagonismo que tradicionalmente tiveron nas políticas de conservación.

En moitas ocasións, protéxense os animais que gustan dende o punto de vista antropocéntrico, sen ter en conta outro tipo de especies que adoitan presentar un maior grao de ameaza. Nos invertebrados tamén acontece esta tendencia, e non é de estrañar que grupos máis rechamantes ou de maior beleza, tiveran certa preferencia nos plans de conservación.

A clasificación dos invertebrados é moi ampla e complexa; non é o obxectivo deste artigo tratar sobre toda a fauna invertebrada que habita no Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños. De aí que este traballo se centre nos artrópodos e, polo seu número, nalgúns insectos e arácnidos.

Artrópodos – Insectos

Lepidópteros:

As larvas -xeralmente coñecidas como eirugas- son fitófagas, pasan por varios estados larvarios: embrión, larva, pupa e imago (adulto). Antes de pupar ou crisalizar, encérranse nun botón de seda que tece a propia eiruga. Despois da metamorfose, os adultos que emerxen das crisálidas teñen o corpo recuberto de escamas, posúen unha espiritrompa para succionar o néctar e coñécense como bolboretas e avelaíñas.

Entre as máis vistosas destacan a macaón (Papilio machaon), Iphiclides podalirius, pavón (Inachis io), Vanessa atalanta, e algunha especie migratoria como Vanessa cardui.

Macaón (Papilio machaon)Macaón (Papilio machaon)

Iphiclides podaliriusIphiclides podalirius

Vanessa atalantaVanessa atalanta

Vanessa carduiVanessa cardui

Aínda que moitas especies son boas polinizadoras de plantas e cultivos, hai avelaíñas -como a procesionaria do piñeiro (Thaumetopoea pityocampa)- que, en fase de eiruga, constitúen pragas forestais, causando danos importantes nas plantacións de piñeiros.

Coleópteros:

É o grupo máis extenso do reino animal. Son insectos nos que se suceden as fases de embrión, larva, pupa e adulto. Teñen o primeiro par de ás quitinizado e non apto para voar, protexendo o abdome e o segundo par de ás. A maioría son terrestres, aínda que tamén hai especies acuáticas. Teñen aparato bucal mastigador adaptado a multitude de alimentos: hainos herbívoros, depredadores, preeiros, coprófagos, comedores de nectar e pole… Popularmente, as especies desta orde coñécense como escaravellos.

Nas pequenas carballeiras -mesturadas con eucaliptos e piñeiros- do Espazo Sete Camiños habitan a vacaloura (Lucanus cervus) e o escarabello capricornio (Cerambyx cerdo): insectos ameazados e en regresión debido sobre todo á perda do seu hábitat. Destacan tamén o Carabus lateralis e o vagalume ou lucerla (Lampyris nocticula).

Vacaloura (Lucanus cervus) machoVacaloura (Lucanus cervus) macho

Vacaloura (Lucanus cervus) femiaVacaloura (Lucanus cervus) femia

Escaravello capricornio (Cerambyx cerdo) femiaEscaravello capricornio (Cerambyx cerdo) femia

Carabus lateralisCarabus lateralis

Ephemeróptera:

Son insectos acuáticos, viven no fondo do río e dos regatos, debaixo das pedras ou no limo durante o seu desenvolvemento larvario, mentres que os adultos son voadores, cunha vida moi curta. Teñen dous estadíos adultos: subimago e imago. Son bos bioindicadores da calidade da auga. Como exemplo, a efémera (Efemera vulgata).

Odonatos:

Dentro desta orde inclúense os Anisópteros (libélulas ou libeliñas) e os Zigópteros (cabaliños ou gaiteiros). As larvas son acuáticas e predadoras. Os adultos caracterízanse por ter grandes ollos e ás moi reticuladas, longas e estreitas. O aparato bucal é mastigador e robusto. Neste grupo non se inclúe ningunha especie prexudicial para a agricultura nin para o monte; pola contra, trátase de insectos beneficiosos, posto que son depredadores doutros insectos.

Nos regatos e nas pequenas charcas da zona pódense observar o gaiteiriño azul (Calopteryx virgo), tizón de bolton (Cordulegaster boltonii) e candil curvado (Onychogomphus uncatus).

Gaiteiro azul (Calopteryx virgo) machoGaiteiro azul (Calopteryx virgo) macho

Gaiteiro azul (Calopteryx virgo) femiaGaiteiro azul (Calopteryx virgo) femia

Tizón de Bolton (cordulegaster boltonii)Tizón de Bolton (cordulegaster boltonii)

Candil curvado (Onychogomphus uncatus)Candil curvado (Onychogomphus uncatus)

Himenópteros:

Abellas, avespas, abellóns e formigas son grandes polinizadores e parasitoides de insectos dañinos, o que se chama a loita biolóxica. Teñen un desenvolvemento característico holometábolo de embrión, larva, pupa e adulto. Poñen ovos sobre o substrato que será o seu alimento. Algunhas especies forman grandes colonias cunha organización social moi definida.

Abellón (Bombus terrestris)Abellón (Bombus terrestris)

Abellón e avespaAbellón e avespa

A apicultura é unha práctica moi antiga e os únicos insectos domesticados polo ser humán son as abellas (Apis mellifera), produtoras de mel, cera, propoleo e xelea real.

Dípteros:

Son os insectos máis evolucionados estruturalmente. Teñen un desenvolvemento holometábolo (embrión, larva, pupa e adulto) e boca chupadora ou picadora. Os adultos presentan un só par de ás, mentres que o segundo par atrófico ten a función do equilibrio. Nas larvas dáse a maior diversidade de formas e hábitos: larvas acuáticas indicadoras de boa calidade da auga, larvas depredadoras de pulgóns e cochinillas, e larvas preeiras.

Entre os exemplos figuran as moscas, mosquitos e tabáns. No caso destes dous últimos, só pican as femias para o desenvolvemento dos ovos.

Mosca (Asilidae)Mosca (Asilidae)

Mosca (Calliphoridae)Mosca (Calliphoridae)

Orthópteros:

Saltóns, grilos e chicharras. Teñen elitroides para protexer as ás posteriores, están dotados dun potente aparato mastigador, e o terceiro par de patas é máis desenvolvido e potente que os dous primeiros, adaptado para saltar. A miúdo presenta manchas características de cor vermella ou azul nas ás. Moitas especies teñen órganos auditivos e estriduladores. Cada macho emite o seu canto, aínda que as femias das chicharras tamén cantan.

SaltónSaltón

Saltón (Oedipoda caerulescens)Saltón (Oedipoda caerulescens)

Dictiópteros – Mántidos:

Mantis ou barbantesas. A súa característica máis rechamante é a estrutura das súas patas anteriores, notablemente modificadas para a captura de presas. Viven entre a vexetación, na que se camuflan perfectamente. Fixan a posta nun substrato sólido, protexida por unha ooteca. Todas as especies son predadoras doutros insectos e considéranse insectos beneficiosos. A femia come o macho se non o recoñece, acelera a cópula ao comer a cabeza.

Barbantesa (Mantis religiosa)Barbantesa (Mantis religiosa)

Heterópteros:

Caracterízanse por ter o aparato bucal adaptado para picar e succionar tecidos animais e vexetais. Hainos terrestres, acuáticos e anfibios. Son heterometábolos (desenvolvemento de ovo, larva e adulto). Xeralmente as larvas conparten o seu hábitat cos adultos. Neste grupo están os chinches, zapateiros (Gerridae e Hidrometridae) e chinches acuáticos (Corixidae e Nepidae). Nas auga limpas estancadas dalgunhas pozas, ou no depósito de auga a carón da Fonte da Prata pódense ver a notonecta ou garapito (Notonecta glauca) e o zapateiro (Gerris lacustris).

Zapateiro (Gerris lacustris)Zapateiro (Gerris lacustris)

Notonecta glaucaGarapito (Notonecta glauca)

Homópteros:

Pulgóns, cochinillas e cigarras constitúen un grupo moi rico en especies. Mais é un dos máis prexudiciais para os vexetais, xa que pode producir pragas agrícolas e forestais debido á súa condición de fitófagos e terrestres. Existe unha curiosa interrelación ou simbiose entre pulgóns e formigas: estas, famentas, en vez de comer os pulgóns, achéganse a eles e “móxenos”. Para iso, a formiga frega coas súas antenas o pulgón ao que este responde segregando unha substancia chamada ligamaza (azucre que non metabolizan).

– Artrópodos – Arácnidos

Pode ser doado confundir insectos e arañas. Ambos son artrópodos, co esqueleto na parte exterior do corpo e patas articuladas. Pero aí remata o parecido. As arañas forman parte dos arácnidos e teñen oito patas en vez de seis. Tamén teñen o corpo dividido en cefalotorax (que fusiona a cabeza e o torax) e o abdome. En vez de antenas, teñen dous órganos sensoriais chamados pedipalpos. Na maioría dos casos teñen oito ollos simples, levan unllas velenosas e teñen uns bos cairos denominados quelíceros. Normalmente están preparados para inxectar veleno paralizante ás súas vítimas.

No Espazo Natural dos Sete Camiños é frecuente observar a araña avespa (Argiope bruennichi): constrúe unha rede espiral ao atardecer ou en penumbra, na zona de monte baixo, entre os toxos ou os carrascos do Pornedo. Cando unha presa fai o seu primeiro contacto na rede, rapidamente inmobilízaa, encerrándoa no seu fío de seda. A presa é picada logo, inxectándolle un veleno paralizante e unha encima disolvente de proteínas. O macho desta especie é moito máis pequeno que a femia.

Araña (Alopecosa sp)Araña (Alopecosa sp)

Araña avespa (Argiope bruennichi) femiaAraña avespa (Argiope bruennichi) femia

Publicado por: MontePituco | 02/07/2015

FUNDACIÓN LAGO CASTIÑEIRAS: I XUNTANZA COMUNEIRA

I Xuntanza Comuneira

Este domingo vaise celebrar a I Xuntanza Comuneira organizada pola Fundación Lago Castiñeiras-Cotorredondo, que conforman as comunidades de montes veciñais de San Xulián e Santomé de Piñeiro (Marín) e de San Martiño e Santa Cristina de Cobres (Vilaboa).

Ademais do xantar e das actividades lúdicas, o programa inclúe tamén actividades divulgativas consistentes en rutas guiadas pola contorna do lago para explicarlle ao público, a pé de campo, en que vai consistir o xardín botánico e o arboreto que esta Fundación quere impulsa, por iniciativa do promotor do proxecto, o enxeñeiro forestal Gaspar Bernárdez. 

Estando aínda aberto o deseño da programación, dende a Asociación Monte Pituco témoslle proposto á organización da I Xuntanza Comuneira a realización dunha pequena charla, con material gráfico de apoio, sobre o patrimonio rupestre da parroquia de San Xulián incluido no Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños, xa que a intención da Comunidade de Montes de San Xulián é enlazar esta ruta co lago de Castiñeiras a través dos conxuntos rupestres da Carrasca e Champás.

Nestes días estanse distribuíndo pola parroquia uns trípticos informativos da Fundación Lago Castiñeiras-Cotorredondo.

Tríptico informativo da Fundación Lago Castiñeiras.

Tríptico informativo da Fundación Lago Castiñeiras.

Tríptico informativo da Fundación Lago Castiñeiras.

Tríptico informativo da Fundación Lago Castiñeiras.

fundacion3

Publicado por: MontePituco | 01/07/2015

A ASEMBLEA DE PROPIETARIOS DE MONTE PRIVADO, NA PRENSA

Asemblea constituínte da Asociación de Propietarios de Monte Privado.

Asemblea constituínte da Asociación de Propietarios de Monte Privado. Facebook da directiva.

Faro de Vigo

Los propietarios identifican los montes particulares para recuperar su producción

Los técnicos de la APMM visitarán las propiedades de sus socios para reunir información sobre el terreno al que representa el colectivo -Colaboran con comunidades de montes

Fernando Martínez. Marín. 01.07.2015

Localizar e identificar todos los montes de titularidad privada, que pertenecen a los socios de la entidad, es la primera tarea que ha asumido la Asociación de Propietarios de Montes do Morrazo (APMM), recientemente constituida. La directiva de la agrupación, en la que se integran varios técnicos en materia forestal, ha comenzado el trabajo colectivo tratando de localizar y señalar los terrenos de los que disponen sus miembros, para poder iniciar la labor con la que se ha creado esta entidad: rentabilizar el monte y contribuir al desarrollo social, medioambiental y económico del territorio.

Directiva

A la asamblea constituyente, celebrada el pasado domingo en Ardán, Marín, asistieron unas ochenta personas. En esta reunión se aprobaron los estatutos de la entidad, con solo dos votos en contra, y se eligió a la primera junta directiva. Está encabezada por Luciano “Chano” Guimeráns como presidente, mientras que José Manuel Carracela es el vicepresidente primero y Julio Lorenzo el segundo. Actuará como secretaria Carmen Pérez y como tesorera Carmen López.

Se eligieron además ocho vocales, muchos de ellos técnicos agrarios y forestales. Son Manuel Peixoto, Miguel Cabanela, Martiño Bernárdez, Marité Pastoriza, Agustín Vidal, Fita Sanjorge, Juan Carlos Pastoriza y Chelo Santos Corredoira.

Además de emprender la tarea de localizar e identificar las parcelas de los asociados, la directiva se ha marcado como próximo cometido iniciar contactos y reuniones con los directivos de las comunidades de montes de la comarca, para exponerles su proyecto y colaborar en todas las cuestiones que afectan a ambas entidades. De hecho en la misma asamblea constituyente de la APMM había varios presidentes y miembros de comunidades de montes de O Morrazo y algunos de ellos se han integrado también en esta asociación de propietarios particulares. Entienden que tienen objetivos e intereses comunes, como son proteger, fomentar y poner en valor el monte.

En la asamblea constituyente se aprobó una cuota de socio de 20 euros por propietario y, al margen, cuando se enajene cualquier propiedad derivada de estos montes particulares a través de la asociación, el colectivo obtendrá un 5 por ciento del precio logrado en la venta, para hacer frente a los gastos de la agrupación y sus actividades. En la reunión se dejó claro que ningún miembro de la junta directiva recibirá remuneración alguna por su tarea, si bien la asociación desarrollará un trabajo en beneficio de todos los asociados cuyos gastos se sufragarán con este 5 por ciento de las ventas, al margen de las cuotas de los socios, explica el presidente de APMM, Chano Guimeráns.

Por otra parte, en la reunión del pasado domingo se entregó a los primeros socios una hoja de inscripción, en la que deben identificar las parcelas que poseen, o creen poseer (ya que hay muchos vecinos que no saben de qué terreno forestal son propietarios, ya que los han recibido en herencias que no siempre están claras) para, a partir de ahí, iniciar una labor de identificación catastral de las parcelas.

Los técnicos de la asociación visitarán las parroquias que hasta ahora tienen representación en el colectivo, para ayudar a los propietarios del monte a identificarlos sobre el plano.

Una vez realizado este trabajo el colectivo sabrá qué extensión total de terreno está representando que, en términos globales, puede alcanzar la mitad de los montes de la comarca. La otra mitad pertenecen a las comunidades de montes en mano común.

El presidente de la asociación, Chano Guimeráns, destacó el éxito de convocatoria lograda en la primera asamblea del colectivo -casi un centenar de personas- que pone de manifiesto el interés suscitado por la creación de esta agrupación y los objetivos que persigue.

Asemblea constituínte da Asociación de Propietarios de Monte Privado.

Asemblea constituínte da Asociación de Propietarios de Monte Privado. Facebook da directiva.

Publicado por: MontePituco | 30/06/2015

PANEIS DE ADVERTENCIA NOS MONTES DE PONTEVEDRA

La Voz de Pontevedra

CartelesMourente

Foto: Ramón Leiro (La Voz)

Temor a que se repitan los incendios del 2006 si persiste la sequía

Los comuneros comienzan a denunciar el abandono de restos en fincas

López Penide. La Voz, 30 de junio de 2015

En los últimos días, han aparecido en algunos montes comunales del entorno de Pontevedra carteles advirtiendo, por un lado, de los peligros que pueden existir -caída de árboles, terreno irregular…- y, por otro, de las conductas prohibidas: verter basura, realizar fuegos o cortar madera sin contar con autorización. El objetivo, concienciar y evitar un uso abusivo, pero también insistir sobre el elevado peligro de incendio, precisaron desde la Mancomunidad de Montes.

Xosé Carlos Morgade Martínez, tras dejar claro que el monte pontevedrés «non é que estea moi mal agora mesmo», recalcó que «as previsións son de que non chova e a cousa se pode por cada vez peor. Está empezando a secar todo». En la comunidad de Mourente, han constatado que, pese a las labores de limpieza de meses atrás, «xa empezou a saír herba e fento, polo que si se cumpren as previsións vai secar prematuramente, como pasou no 2006 (…). Este ano podemos ter unhas condicións meteorolóxicas moi difíciles».

Desde la mancomunidad precisaron que, en otras condiciones, el manto de hierba y helecho surgido contribuiría a mantener un grado de humedad optimo en el suelo, lo que redundaría en minimizar el riesgo de incendio. Sin embargo, «a escaseza de chuvias dos últimos meses está a provocar a seca acelerada deste manto». Y lo que antes sería un aliado en la lucha contra el fuego puede terminar convirtiéndose en el combustible de las llamas.

Se trata de una situación que, en opinión de Morgade Martínez, se agrava con la dejadez que los comuneros observan en muchas parcelas particulares. Producto, en buena parte de los casos, de la costumbre «bastante frecuente» de dejar los restos de talas abandonados en las fincas, una conducta que en el pasado se permitía, pero que la normativa vigente exige que, pasado un plazo de tiempo, se trituren. «Estamos vendo que non o fan», añadió.

Para el dirigente comunal, los responsables últimos de esta situación no sería los titulares de los terrenos, sino los madereros que compran la madera. A fin de cuentas, tal y como sostuvo, «son os que tramitan diante da Consellería os permisos de corta e nestes permisos xa vai iso. Saben que teñen que facelo». Sin embargo, los comuneros aseguran estar cansados de estar avisando a los presuntos infractores, por lo que han decidido empezar a interponer denuncias para que la Xunta de Galicia y el Concello de Pontevedra actúen.

Paralelamente, estos colectivos vecinales acordaron establecer una suerte de dispositivos de vigilancia -«non é unha cousa regrada. É, máis ben, algo informal», puntualiza- para denunciar cualquier acción que suponga un uso no permitido del monte.

Publicado por: MontePituco | 29/06/2015

ROTEIRO POLA SERRA DA MADALENA

Roteiro pola Serra da Madalena.

A Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo denuncia que no sendeiro ecolóxico do Morrazo hai tempo que falta a sinalización preceptiva do roteiro

A Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo organizou un roteiro para dar a coñecer a importancia natural, paisaxística e cultural da serra da Madalena, situada entre as parroquias de Darbo e Aldán (Cangas) e de Bueu. Partindo do IES María Soliño, en Monte Carrasco, a andaina transcorreu por pistas forestais e camiños, así como polo GR-59 do Sendeiro Ecolóxico do Morrazo, atravesando os lugares de A Madalena, Monte Liboreiro, Outeiro Agudo, Mesa de Montes, Alto de Carballiño, Monte das Fentiñas e Monte Carrasco.

Roteiro pola Serra da Madalena.

Visitamos plantacións forestais con carballo e castiñeiro de Monte Carrasco, e puidemos gozar de fermosas panorámicas dende o Monte Liboreiro, situado a 334 metros de altitude sobre o nivel do mar. Un monte onde tamén destaca a presenza dun antigo castro.

Roteiro pola Serra da Madalena.

Vista dende o Monte Liboreiro

Roteiro pola Serra da Madalena.

No Monte Liboreiro, a carón do castro, situado por riba do polígono buenense de Castiñeiras

O monte Liboreiro, que limita os concellos de Cangas e de Bueu, está catalogado e inventariado dentro do Rexistro de Patrimonio Cultural de Galicia porque presenta vestixios arqueolóxicos de varias fases prehistóricas e históricas: dende a Idade do Bronce e a Idade do Ferro ata a época romana e medieval. Destacan os restos das murallas do seu castro, no que -a principios do século pasado- foron atopadas tres aras votivas dedicadas a un deus lar de nome Verore ou Aerno, ademais de aparecer vestixios de varias vivendas aterrazadas, xunto con fíbulas, moedas e cerámica.

O seu alto posúe unhas amplas panorámicas das rías de Pontevedra e Aldán até a enseada de Bueu.

Roteiro pola Serra da Madalena.

O arquipélago de Ons e Onza, dende o Monte Liboreiro

Roteiro pola Serra da Madalena.

Enseada de Aldán, dende o Monte Liboreiro

Roteiro pola Serra da Madalena.

Roteiro pola Serra da Madalena.

A enseada de Aldán e as illas Cíes ao fondo, dende o Monte Liboreiro

A penedía de Outeiro Agudo (a 305 metros de altura) tamén é coñecido como “monte da vixía ou da garita”. Trátase do terceiro pico máis alto da serra: no seu curuto afiado aínda segue unha antiga edificación retangular de pedra, cunha probable función de observatorio, como dan a entender os distintos topónimos.

Está inventariada a presenza dun petróglifo da Idade do Bronce e un asentamento da Idade Moderna. Posúe unhas amplas panorámicas das rías de Vigo e de Pontevedra.

Roteiro pola Serra da Madalena.

En Mesa de Montes

Roteiro pola Serra da Madalena.

Roteiro pola Serra da Madalena.

Roteiro pola Serra da Madalena.

Roteiro pola Serra da Madalena.

Roteiro pola Serra da Madalena.

O arquipélago de Ons a un lado…

Roteiro pola Serra da Madalena.

…Ao outro lado, o arquipélago de Cíes.

O lugar de Mesa de Montes (a 300 metros sobre o nivel do mar) fai de paso entre o Alto de Outeiro Agudo e o Alto do Carballiño.

Está inventariada a existencia dun asentamento do Calcolítico. Destacan as vistas do monte aberto, ademais das panorámicas cara á ría de Aldán.

Roteiro pola Serra da Madalena.

No Alto do Carballiño

Roteiro pola Serra da Madalena.

Roteiro pola Serra da Madalena.

Roteiro pola Serra da Madalena.

O alto de Carballiño (332 metros) é o segundo pico máis elevado da serra da Madalena. Presenta vestixios arqueolóxicos dun asentamento do Calcolítico.

Na parte máis alta ofrece amplas vistas da ría de Vigo e dende a parte baixa divísanse as vistas panorámicas máis amplas da ría de Aldán, da que fai función de verdadeira atalaia, coas Illas Cíes ao seu carón polo Sur e as Ons polo Norte fronte a Cabo Udra.

A penedía conforma un espazo de singular importancia xeomorfolóxica e paisaxística e, ao seu arredor, habita unha interesante breixeira, toxeira e vexetación pioneira nas rochas consideradas como hábitats de interese comunitario a nivel europeo, que dá acubillo a unha non menos importante fauna vertebrada e invertebrada de espazos abertos.

A importancia da breixeira ou “carrasqueira” ten relación directa tamén coa toponimia local, xa que de aí procede o topónimo Monte Carrasco. Até o pasado non tan afastado o monte baixo tivo unha grande importancia socioeconómica a nivel agroforestal como forraxe e abastecemento de biomasa para a camada animal e o abonado das áreas de cultivo agrícola.

Roteiro pola Serra da Madalena.

Roteiro pola Serra da Madalena.

Roteiro pola Serra da Madalena.

Roteiro pola Serra da Madalena.

Roteiro pola Serra da Madalena.

As plantacións forestais con carballo e castiñeiro que atopamos ao longo da ruta pertencen ao monte comunal das veciñas e veciños da parroquia de Darbo e representan unha interesante masa de frondosas cunha importante función como bosque caducifolio, promovendo a biodiversidade faunística, florística e micolóxica dentro dunha das áreas máis favorables, fronte á forte rochosidade e o desnivel que predomina ao longo da serra.

Roteiro pola Serra da Madalena.

O petróglifo da Idade do Bronce de Pinar do Rei, no Monte das Fentiñas, catalogado como Ben de Interese Cultural, é un dos máis completos do Morrazo pola variedade de gravados que contén, dende coviñas e círculos concéntricos ata zoomorfos, antropomorfos e escenas de montería e caza.

Lamentablemente atópase nun estado de conservación moi deficiente: rodeado de acacias, con herba da Pampa medrando na propia laxe, con armazóns metálicas nas súas inmediacións e construccións que non respectaron a área de cautela deste gravado.

Roteiro pola Serra da Madalena.

Para a Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo, as principais afeccións que ameazan a Serra da Madalena son os monocultivos forestais, a eucaliptización, a invasión da Acacia melanoxylon e da Acacia mearnsii, a corta indiscriminada de arborado autóctono, a apertura de pistas, verteduras de entullos, antenas emisoras de telecomunicacións, a falta de protección, conservación e posta en valor do patrimonio cultural, o proxecto nas proximidades do parque empresarial e industrial do Morrazo, a especulación urbanística cos montes de Aldán e a falta dunha protección ambiental que vaia máis alá da simple catalogación actual de solo rústico de especial protección forestal.

Por consideralos uns espazos naturais de alta importancia ambiental e corredor ecolóxico, a Plataforma solicitoulle á Dirección Xeral de Conservación da Natureza da Xunta -en marzo do 2012- a ampliación da Rede Natura galega cara a un novo Lugar de Importancia Comunitaria que recollera os espazos naturais dos Montes do Morrazo e do Carballal de Coiro, máis outros ampliables, entre eles a serra da Madalena e o Monte Borrallido.

Publicado por: MontePituco | 26/06/2015

ESTE DOMINGO, REUNIÓN DE PROPIETARIOS DE MONTES PRIVADOS

Faro, 21 xuño 2015

Propietarios de montes se unen para poner el valor el terreno forestal privado

Quieren identificar, ordenar y recuperar el monte particular para obtener un rendimiento tanto económico como social y medioambiental – Inician acuerdos con los comuneros

“…Una labor que no solo beneficiará a los dueños de los terrenos -que en algunos casos desconocen hasta dónde llegan o donde se localizan sus montes-, sino a toda la sociedad, ya que se proponen mejorar y cuidar el terreno forestal, fomentar actividades vinculadas con el turismo y el medio ambiente y, antes que nada, prevenir y evitar los incendios forestales, que acaban con toda posibilidad de desarrollo del mundo rural”.

“…Para empezar a unir a todos los propietarios de montes privados de O Morrazo, han convocado la primera asamblea general, que se celebrará el domingo 28 en la Casa de Cultura de Ardán, a las 11.00 horas en segunda convocatoria. Además han creado una dirección de correo electrónico (propietario.morrazo@gmail.com) para atender a todos los interesados y tienen presencia en facebook y twitter (@PropietMorrazo). En la asamblea del próximo domingo se aprobarán los estatutos y se elegirá a la primera junta directiva”.

 

« Newer Posts - Older Posts »

Categorías