Publicado por: MontePituco | 30/07/2015

ACTOS FESTIVOS NAS COMUNIDADES DE SALCEDO E LOURIZÁN

A Comunidade de Montes de Salcedo organiza este fin de semana a I Festa da Veciñanza Comuneira, no campo de fútbol do Casal.

I Festa Comuneira de Salcedo

A directiva da Comunidade de Montes de Salcedo publicou un comunicado dirixido á veciñanza no que lembra que foi en 2009 cando se produciu un “importante cambio de funcionamento na xestión do patrimonio comunal”. Así, a Comunidade de Montes que se constituira en 1988 experimentou unha transformación “trascendental” nos seus principios e criterios. O novo equipo xestor, explica esa carta, tomaba unha “nova conciencia” na forma de entender a “defensa” do monte de Salcedo, actuando con “gran firmeza, coherencia e responsabilidade”. 

Nese momento había varios conflictos “enquistados” na parroquia: a recuperación do monte de San Martiño que fora “roubado” á veciñanza en 1895 e 1965; a loita pola derrogación da “lamentable e perxudicial” Franxa de Seguridade Militar entorno á Brilat; as obras “ilegais” de construcción das coñecidas como aldea afgá e do poboado urbano; os “atropelos” cometidos polos militares cara aos veciños e veciños que camiñaban polo monte; o abandono da sede social da Comunidade de Montes e a ausencia dun Centro Social para a parroquia.

“Tiñamos a obriga de intentar saír dese letargo”, explica a directiva, que tamén lembra a sentenza da Audiencia Provincial de Pontevedra o 21 de decembro de 2012, recoñecendo os comuneiros e comuneiras como os “lexítimos e legais propietarios” de 177,50 hectáreas do monte de San Martiño, trala anulación da franxa de seguridade e o derrubo das construccións militares. 

Dun tempo a esta parte, a veciñanza de Salcedo ten á súa disposición 101,50 hectáreas de “monte libre para as súas actividades sen que ningún militar ouse ningún tipo de intervención”. A isto súmase que a Comunidade de Montes percibe un “importante canon” polo uso -por parte da Brilat- de 71,33 hectáreas de terreo comunal. 

Destacan tamén que máis de 50 hectáreas de monte foron postas “en valor”, que o Centro Social de Salcedo está case rematado, que está en proceso o deslinde de todas as propiedades comunais da parroquia con mollóns. A isto engádese o Plan de Ordenación do Monte, as obras da sede social da Comunidade de Montes, o parque infantil, o campo de petanca, a inauguración do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños, xunto coa construcción de fontes e pontes.

“Os veciños comuneiros de Salcedo sentímonos merecedores de festexar estes trascendentais acontecementos e traballos porque todos, dun xeito ou doutro, iniciamos ese gran cambio positivo na parroquia”, conclúe ese comunicado. Nunha asemblea xeral celebrada en 2014 aprobouse a celebración da I Festa da Veciñanza Comuneira de Salcedo para “celebrar de forma digna eses logros históricos”. 

Programa de actos:

* Sábado 1 de agosto: 19 horas no local da Asociación de Veciños de Salcedo, proxección do documental “En todas as mans” sobre o monte comunal en Galicia, con charla-coloquio posterior.

*Domingo 2 de agosto:

-11h, carreira popular polo monte para rapaces de 8-11 anos.

-12h, partido de fútbol “de homes contra mulleres” (sic).

-13h, recreación de actividades profesionais relacionados co campo, ambientados nos anos 50.

-14h, entrega de premios.

-14:30h, benvida ao xantar.

-15h, xantar.

Durante a mañá e a tarde, xogos tradicionais.

Actuacións de música tradicional.

Postos de venda de produtos tradicionais e artesáns.

“Participa da festa e goza con orgullo de ser veciño-comuneiro desta parroquia. E se non o es, apúntate a ela, tamén serás benvido”.

E paralelamente, tamén este fin de semana, a Comunidade de Montes de Lourizán celebra a Festa d@s Vell@s.

Festa dos vellos en Lourizán


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

A %d blogueros les gusta esto: