Publicado por: MontePituco | 31/07/2015

RUTA DOS FRADES, EN BUEU

Ruta dos Frades (río Bispo), Bueu, xullo 2015

Podían parecer as 9 da noite, pero eran só as 9 da mañá dun 25 de xullo, Día de Galicia. Comezaba a andaina pola Rúta dos Frades, organizada polo Concello de Bueu no marco do programa de actos das “II Xornadas de Ermelo, cerne do Morrazo”.

Na véspera celebrárase unha conferencia a cargo do avogado Calixto Escariz sobre “Os montes veciñais en mancomún: unha propiedade colectiva”; e Manuel Uxío García Barreiro sobre “O mosteiro de Ermelo a orixe e desenvolvemento da freguesía de Moaña”.

Conferencia nas II Xornadas de Ermelo.

Os alcaldes de Bueu, Féliz Juncal, de Cangas, Xosé Manuel Pazos, e de Moaña, Leticia Santos, escenificaban unha alianza dos concellos da bisbarra que se plasmará nunha declaración institucional conxunta que, segundo anunciou o rexedor buenense, realizarase na propia aldea de Ermelo, co obxectivo de traballar en proxectos conxuntos que contribúan a revitalizar a Mancomunidade do Morrazo. Os tres erguían, de xeito simbólico, unha escultura coas iniciais HLO, que antano eran a abreviatura do lugar de Ermelo.

Alcaldes de Cangas, Bueu e Moaña, en Ermelo.

Ao día seguinte realizábase unha andaina dende os muíños de Trasouto ata a igrexa e a cruz de Ermelo, no monte da Esculca, guiada polo biólogo Damián Pereira, que foi explicando polo camiño diversos aspectos sobre a fauna, a flora e os elementos de interese etnográfico do lugar, no que existen numerosos muíños, algúns recuperados.

Ruta dos Frades (río Bispo), Bueu, xullo 2015

Ruta dos Frades (río Bispo), Bueu, xullo 2015

Ruta dos Frades (río Bispo), Bueu, xullo 2015

Ruta dos Frades (río Bispo), Bueu, xullo 2015

Ruta dos Frades (río Bispo), Bueu, xullo 2015

Ruta dos Frades (río Bispo), Bueu, xullo 2015

Ruta dos Frades (río Bispo), Bueu, xullo 2015

Ruta dos Frades (río Bispo), Bueu, xullo 2015

Percorrendo os muíños de Canudo e Trasouto ao longo do cauce do río Bispo puidemos lembrar a diferenza entre os muíños de herdeiros e os muíños de maquía, nos que había que pagar por moer o gran. Tamén repasamos a historia da Asociación Cultural de Meiro, unha aldea situada preto de Ermelo, onde recuperaron a tradición de cultivar o famoso millo corvo. Polo camiño puidemos apreciar como antano se reciclaban as moas gastadas dos muíños, que se acomodaban no chan a modo de escalóns.

Esta ruta dos Frades foi recuperada e sinalizada o ano pasado pola empresa Estela de arqueoloxía e patrimonio, que instalou carteles informativos, en soporte metálico, en distintos puntos do itinerario. Como o vandalismo e o incivismo non teñen fronteiras, algúns foron sustraídos ou arrincados…

Ruta dos Frades (río Bispo), Bueu, xullo 2015

Ruta dos Frades (río Bispo), Bueu, xullo 2015

Ruta dos Frades (río Bispo), Bueu, xullo 2015

Chegamos á aldea de Meiro…

Ruta dos Frades (río Bispo), Bueu, xullo 2015

Ruta dos Frades (río Bispo), Bueu, xullo 2015

Ruta dos Frades (río Bispo), Bueu, xullo 2015

Un panel explicativo situado en Meiro conta que das tres grandes vías romanas que percorrían Galicia, a que máis se achegaba ao Morrazo era a XX de Braga a Astorga pola costa -per loca maritima- aínda que non chegaba a entrar na península morracense. Aínda así, había unha rede de vías secundarias de ámbito veciñal que partían das principais. O que os historiadores consideran é que se produciu unha romanización de antigos camiños preexistentes. 

Na época medieval, a chamada Calzada Romana de Meiro formou parte do que sería a verea real de Cangas a Pontevedra. Nos arredores existen topónimos alusivos: Vrea (de verea); A Paradela (de parada); A Portela (de pequeno porto de montaña).

Ao ser os propios habitantes do lugar os que arranxaban o camiño, estímase que o lousado da calzada de Meiro proveña dos últimos séculos. Ben conservado, probablemente teña relación coa antiga verea real e o seu trazado podería ser anterior á época romana. “Percorrer esta vía é camiñar pola historia”, conclúe o texto deste panel.

Ruta dos Frades (río Bispo), Bueu, xullo 2015

O roteiro continuou por sendeiros case selváticos, cheos de vexetación e de verdor, onde a penas entraba a luz e onde destacaba a abundancia e variedade de fentos.

Ruta dos Frades (río Bispo), Bueu, xullo 2015

Ruta dos Frades (río Bispo), Bueu, xullo 2015

Ruta dos Frades (río Bispo), Bueu, xullo 2015

Fento dos carballos ou cabritiña

Ruta dos Frades (río Bispo), Bueu, xullo 2015

Ruta dos Frades (río Bispo), Bueu, xullo 2015

Lingua de cervo, fento pouco habitual

Ruta dos Frades (río Bispo), Bueu, xullo 2015

Os fentos dominaban o reino vexetal na época do Carbonífero, explicounos Damián Pereira

Ruta dos Frades (río Bispo), Bueu, xullo 2015

Ruta dos Frades (río Bispo), Bueu, xullo 2015

Carballo da Gouvada, cunha extraordinaria copa ramificada

Ruta dos Frades (río Bispo), Bueu, xullo 2015

Ruta dos Frades (río Bispo), Bueu, xullo 2015

Alfavaca de cobra (Hypericum androsaemun)

Arriba de Ermelo atópase a famosa cruz, deseñada polo canteiro Cesáreo Sanmartín en 1950 a petición de quen daquela era o alcalde de Bueu, Xosé María Massó García. Coa forma da espada do apóstolo Santiago, erixiuse con motivo da visita do cardeal Quiroga Palacios a Bueu, o 8 de agosto de 1954. En principio, pensouse que se instalaría nela algún tipo de luminaria para facer de faro, polas canles que percorren os seus brazos. Foi asentada nun penedo natural, de base cilíndrica. O monumento supera os 7 metros de altura e elaborouse por partes, que foron encaixando nunha vara de ferro incrustada no penedo. No medio da cruz hai unha cuncha de vieira e diante, un altar que se utiliza cada 25 de xullo con motivo da misa patronal da parroquia de Ermelo.

…De feito, nos arredores da cruz, á sombra das árbores, eran moitas as familias que se disponían a xantar e a pasar o día ao aire libre, de romaría.

Ruta dos Frades (río Bispo), Bueu, xullo 2015

Ruta dos Frades (río Bispo), Bueu, xullo 2015

Ruta dos Frades (río Bispo), Bueu, xullo 2015

A cruz de Ermelo atópase no monte da Esculca, a 400 metros sobre o nivel do mar. A Esculca, xunto co monte Paralaia, o monte da Pereira e A Serra forman parte da Comunidade de Montes de Ermelo, constituida en 2005. 

Frei Martín Sarmiento, no seu libro “Viaje a Galicia”, de 1745, subiu ao monte da Esculca para observar as vistas da ría e escribiu: 

“Tiene al oriente al monte alto Paralaya, y al poniente, a cosa de medio cuarto de legua, está el monte de la Esculca, el cual es como una sierra de norte a sur, y de la cual se descubre infinito. A la tarde subí a la Esculca con el fin de verse ocultar el sol y por estar nublado no se notó cosa especial. Pero sí registré infinito mar, bocas de rías, rías, puntas, etc (…) Vese la ría de Vigo y el Monte Real, o el de Bayona. Es uno de los mejores puntos de visión que se puede imaginar”.

Hoxe en día a invasión dos eucaliptos foráneos tapa as fermosas vistas que se poderían apreciar dende este enclave costeiro.

Ruta dos Frades (río Bispo), Bueu, xullo 2015

E xa na aldea de Ermelo…

Ruta dos Frades (río Bispo), Bueu, xullo 2015

Ruta dos Frades (río Bispo), Bueu, xullo 2015

Ruta dos Frades (río Bispo), Bueu, xullo 2015

No interior da igrexa de Ermelo fomos recibidos polo arqueólogo e historiador Francisco Alonso Toucido, que nos amosou elementos arquitectónicos da orixe deste templo, que datan do século X. Pero o máis importante son as inscricións referidas á reconstrucción da igrexia primixenia, en tempos do arcebispo Xelmírez.

“Téñase por seguro que esta igrexa de Santiago Apóstolo foi restaurada na súa totalidade, tal e como agora está, en tempos dos abades Fernando e Arias Savariz”.

“Reinando en Toledo o Emperador Afonso; (sendo) Raimundo (de Borgoña, Conde) en terras de Galicia; (sendo) Bispo (de Compostela) Diego Segundo (Xelmírez). Era 1142 (ano 1104). (O Mestre) Fernando edificou (esta igrexa)”.

Ruta dos Frades (río Bispo), Bueu, xullo 2015

Ruta dos Frades (río Bispo), Bueu, xullo 2015

Ruta dos Frades (río Bispo), Bueu, xullo 2015

O que resulta chamativo, por non dicir escandaloso, é que unhas inscricións do século XII tan ben conservadas acaben agredidas de semellante maneira -en época a todas luces recente- para instalar dúas peanas de pedra xusto enriba das inscricións, habendo na igrexa outros espazos nos que poñer recipientes con flores e recipientes de aceite.

Os tesouros epigráficos máis valiosos do Morrazo están semiocultos por adornos adosados ao chan e á parede con cemento branco! Cando deberían estar descubertos e destacados para poder lucilos como merecen… Obviamos mentar o/s responsable/s por descoñecemento. Ogallá o Concello de Bueu ou a entidade titular deste templo poidan adoptar as medidas oportunas para restaurar estas inscricións, retirando estes altares decorativos sen danar as lousas históricas.

Ruta dos Frades (río Bispo), Bueu, xullo 2015

Ruta dos Frades (río Bispo), Bueu, xullo 2015

Ruta dos Frades (río Bispo), Bueu, xullo 2015

As II Xornadas de Ermelo pecháronse coa entrega do Premio Ermelo ao profesor e investigador Arturo Sánchez Cidrás. Participaron na clausura o alcalde de Bueu e o concelleiro de Patrimonio, Félix Juncal e Martín Villanueva. Un dúo de gaita interpretou o Himno Galego.

Entrega do Premio Ermelo.

Entrega do Premio Ermelo.

Ruta dos Frades (río Bispo), Bueu, xullo 2015

Clausura das II Xornadas de Ermelo.

Clausura das II Xornadas de Ermelo.

Clausura das II Xornadas de Ermelo.

E desandamos o camiño, novamente pola senda do río Bispo-Frades…

Ruta dos Frades (río Bispo), Bueu, xullo 2015

Ruta dos Frades (río Bispo), Bueu, xullo 2015

Ruta dos Frades (río Bispo), Bueu, xullo 2015

Ruta dos Frades (río Bispo), Bueu, xullo 2015

Ruta dos Frades (río Bispo), Bueu, xullo 2015

Ruta dos Frades (río Bispo), Bueu, xullo 2015

Ruta dos Frades (río Bispo), Bueu, xullo 2015

Ruta dos Frades (río Bispo), Bueu, xullo 2015

Ruta dos Frades (río Bispo), Bueu, xullo 2015

 

 

 

 


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

A %d blogueros les gusta esto: