Queremos agradecerlle á artesá Laura Romero o seu fermoso traballo de orfebrería baseado nun dos elementos que conforman o complexo rupestre do Pornedo, situado no Monte Pituco, e felicitala efusivamente polo resultado da súa obra. As súas mans elaboraron unha peza exclusiva, en prata e cobre, que podemos lucir con ORGULLO e levar sempre preto do CORAZÓN.
[Fotos de Laura Romeu]
As persoas que son partícipes da nosa loita pola protección, conservación e posta en valor do Monte Pituco (Pornedo) fronte ás agresións que o ameazan -especialmente o proxecto dun aberrante polígono industrial- saben o importantes que son estes petroglifos, o noso intenso esforzo por dalos a coñecer malia os atrancos impostos pola Administración e pola ignorancia allea.
A arte máis (pre)histórica das artes, a que os nosos devanceiros deixaron inscrita nas pedras, ten agora outra dimensión estética, cultural e sentimental, como xoia. Parabéns, Laura, moitas grazas, dende a emoción.
Deixar unha resposta