Publicado por: MontePituco | 29/06/2015

ROTEIRO POLA SERRA DA MADALENA

Roteiro pola Serra da Madalena.

A Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo denuncia que no sendeiro ecolóxico do Morrazo hai tempo que falta a sinalización preceptiva do roteiro

A Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo organizou un roteiro para dar a coñecer a importancia natural, paisaxística e cultural da serra da Madalena, situada entre as parroquias de Darbo e Aldán (Cangas) e de Bueu. Partindo do IES María Soliño, en Monte Carrasco, a andaina transcorreu por pistas forestais e camiños, así como polo GR-59 do Sendeiro Ecolóxico do Morrazo, atravesando os lugares de A Madalena, Monte Liboreiro, Outeiro Agudo, Mesa de Montes, Alto de Carballiño, Monte das Fentiñas e Monte Carrasco.

Roteiro pola Serra da Madalena.

Visitamos plantacións forestais con carballo e castiñeiro de Monte Carrasco, e puidemos gozar de fermosas panorámicas dende o Monte Liboreiro, situado a 334 metros de altitude sobre o nivel do mar. Un monte onde tamén destaca a presenza dun antigo castro.

Roteiro pola Serra da Madalena.

Vista dende o Monte Liboreiro

Roteiro pola Serra da Madalena.

No Monte Liboreiro, a carón do castro, situado por riba do polígono buenense de Castiñeiras

O monte Liboreiro, que limita os concellos de Cangas e de Bueu, está catalogado e inventariado dentro do Rexistro de Patrimonio Cultural de Galicia porque presenta vestixios arqueolóxicos de varias fases prehistóricas e históricas: dende a Idade do Bronce e a Idade do Ferro ata a época romana e medieval. Destacan os restos das murallas do seu castro, no que -a principios do século pasado- foron atopadas tres aras votivas dedicadas a un deus lar de nome Verore ou Aerno, ademais de aparecer vestixios de varias vivendas aterrazadas, xunto con fíbulas, moedas e cerámica.

O seu alto posúe unhas amplas panorámicas das rías de Pontevedra e Aldán até a enseada de Bueu.

Roteiro pola Serra da Madalena.

O arquipélago de Ons e Onza, dende o Monte Liboreiro

Roteiro pola Serra da Madalena.

Enseada de Aldán, dende o Monte Liboreiro

Roteiro pola Serra da Madalena.

Roteiro pola Serra da Madalena.

A enseada de Aldán e as illas Cíes ao fondo, dende o Monte Liboreiro

A penedía de Outeiro Agudo (a 305 metros de altura) tamén é coñecido como “monte da vixía ou da garita”. Trátase do terceiro pico máis alto da serra: no seu curuto afiado aínda segue unha antiga edificación retangular de pedra, cunha probable función de observatorio, como dan a entender os distintos topónimos.

Está inventariada a presenza dun petróglifo da Idade do Bronce e un asentamento da Idade Moderna. Posúe unhas amplas panorámicas das rías de Vigo e de Pontevedra.

Roteiro pola Serra da Madalena.

En Mesa de Montes

Roteiro pola Serra da Madalena.

Roteiro pola Serra da Madalena.

Roteiro pola Serra da Madalena.

Roteiro pola Serra da Madalena.

Roteiro pola Serra da Madalena.

O arquipélago de Ons a un lado…

Roteiro pola Serra da Madalena.

…Ao outro lado, o arquipélago de Cíes.

O lugar de Mesa de Montes (a 300 metros sobre o nivel do mar) fai de paso entre o Alto de Outeiro Agudo e o Alto do Carballiño.

Está inventariada a existencia dun asentamento do Calcolítico. Destacan as vistas do monte aberto, ademais das panorámicas cara á ría de Aldán.

Roteiro pola Serra da Madalena.

No Alto do Carballiño

Roteiro pola Serra da Madalena.

Roteiro pola Serra da Madalena.

Roteiro pola Serra da Madalena.

O alto de Carballiño (332 metros) é o segundo pico máis elevado da serra da Madalena. Presenta vestixios arqueolóxicos dun asentamento do Calcolítico.

Na parte máis alta ofrece amplas vistas da ría de Vigo e dende a parte baixa divísanse as vistas panorámicas máis amplas da ría de Aldán, da que fai función de verdadeira atalaia, coas Illas Cíes ao seu carón polo Sur e as Ons polo Norte fronte a Cabo Udra.

A penedía conforma un espazo de singular importancia xeomorfolóxica e paisaxística e, ao seu arredor, habita unha interesante breixeira, toxeira e vexetación pioneira nas rochas consideradas como hábitats de interese comunitario a nivel europeo, que dá acubillo a unha non menos importante fauna vertebrada e invertebrada de espazos abertos.

A importancia da breixeira ou “carrasqueira” ten relación directa tamén coa toponimia local, xa que de aí procede o topónimo Monte Carrasco. Até o pasado non tan afastado o monte baixo tivo unha grande importancia socioeconómica a nivel agroforestal como forraxe e abastecemento de biomasa para a camada animal e o abonado das áreas de cultivo agrícola.

Roteiro pola Serra da Madalena.

Roteiro pola Serra da Madalena.

Roteiro pola Serra da Madalena.

Roteiro pola Serra da Madalena.

Roteiro pola Serra da Madalena.

As plantacións forestais con carballo e castiñeiro que atopamos ao longo da ruta pertencen ao monte comunal das veciñas e veciños da parroquia de Darbo e representan unha interesante masa de frondosas cunha importante función como bosque caducifolio, promovendo a biodiversidade faunística, florística e micolóxica dentro dunha das áreas máis favorables, fronte á forte rochosidade e o desnivel que predomina ao longo da serra.

Roteiro pola Serra da Madalena.

O petróglifo da Idade do Bronce de Pinar do Rei, no Monte das Fentiñas, catalogado como Ben de Interese Cultural, é un dos máis completos do Morrazo pola variedade de gravados que contén, dende coviñas e círculos concéntricos ata zoomorfos, antropomorfos e escenas de montería e caza.

Lamentablemente atópase nun estado de conservación moi deficiente: rodeado de acacias, con herba da Pampa medrando na propia laxe, con armazóns metálicas nas súas inmediacións e construccións que non respectaron a área de cautela deste gravado.

Roteiro pola Serra da Madalena.

Para a Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo, as principais afeccións que ameazan a Serra da Madalena son os monocultivos forestais, a eucaliptización, a invasión da Acacia melanoxylon e da Acacia mearnsii, a corta indiscriminada de arborado autóctono, a apertura de pistas, verteduras de entullos, antenas emisoras de telecomunicacións, a falta de protección, conservación e posta en valor do patrimonio cultural, o proxecto nas proximidades do parque empresarial e industrial do Morrazo, a especulación urbanística cos montes de Aldán e a falta dunha protección ambiental que vaia máis alá da simple catalogación actual de solo rústico de especial protección forestal.

Por consideralos uns espazos naturais de alta importancia ambiental e corredor ecolóxico, a Plataforma solicitoulle á Dirección Xeral de Conservación da Natureza da Xunta -en marzo do 2012- a ampliación da Rede Natura galega cara a un novo Lugar de Importancia Comunitaria que recollera os espazos naturais dos Montes do Morrazo e do Carballal de Coiro, máis outros ampliables, entre eles a serra da Madalena e o Monte Borrallido.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

A %d blogueros les gusta esto: