Este domingo vaise celebrar a I Xuntanza Comuneira organizada pola Fundación Lago Castiñeiras-Cotorredondo, que conforman as comunidades de montes veciñais de San Xulián e Santomé de Piñeiro (Marín) e de San Martiño e Santa Cristina de Cobres (Vilaboa).
Ademais do xantar e das actividades lúdicas, o programa inclúe tamén actividades divulgativas consistentes en rutas guiadas pola contorna do lago para explicarlle ao público, a pé de campo, en que vai consistir o xardín botánico e o arboreto que esta Fundación quere impulsa, por iniciativa do promotor do proxecto, o enxeñeiro forestal Gaspar Bernárdez.
Estando aínda aberto o deseño da programación, dende a Asociación Monte Pituco témoslle proposto á organización da I Xuntanza Comuneira a realización dunha pequena charla, con material gráfico de apoio, sobre o patrimonio rupestre da parroquia de San Xulián incluido no Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños, xa que a intención da Comunidade de Montes de San Xulián é enlazar esta ruta co lago de Castiñeiras a través dos conxuntos rupestres da Carrasca e Champás.
Nestes días estanse distribuíndo pola parroquia uns trípticos informativos da Fundación Lago Castiñeiras-Cotorredondo.
Deixar unha resposta