Publicado por: MontePituco | 07/07/2015

POR FIN ABRIU O CENTRO DOS PETROGLIFOS DE MOGOR, PERO…

Diario, 5 xullo 2015

Non imos comentar que por fin abriu ao público o Centro de Interpretación dos Petroglifos de Mogor, despois de tanto tempo de desidia cun chabolo de catro paredes -que custou unha pasta gansa, dito sexa coloquialmente- morto da risa e criando arañas.

Non imos comentar os contidos, os horarios nin as actividades que ofreza. Que para iso está.

O que cómpre DESTACAR é que o comunicado do Centro de Interpretación dos Petroglifos de Mogor -ou do Concello de Marín, que tanto monta, monta tanto- remata dicindo que, a maiores das visitas á propia Pedra do Labirinto, á Pedra dos Campiños e á Laxe dos Mouros que se atopan en Mogor, tamén se ampliarán os percorridos guiados ata o castro da Subidá, o dolmen de Chan de Armada, o menhir de Currás e o Museo Torres.

…E os PETROFLIFOS E MÁMOAS situados en San Xulián e no recén inaugurado Espazo Sete Camiños, non existen?

A parroquia marinense CON MAIOR DENSIDADE de patrimonio arqueolóxico queda fóra do circuíto turístico e da oferta cultural do Concello?

A que se debe esta DISCRIMINACIÓN?

Este maltrato ten que algo que ver co feito de que o PXOM de Marín clasificou como SOLO INDUSTRIAL o Monte Pituco, AFECTANDO gravemente a área de protección dos conxuntos rupestres de Pornedo, Sete Camiños, Pinal de Caeiro?

Trátase acaso dunha VINGANZA contra a Asociación Monte Pituco pola súa incansable loita a prol da defensa deste Espazo Natural pertencente aos Montes do Morrazo e a prol da divulgación do valioso e abundante patrimonio arqueolóxico que atesoura esta zona?

Esta EXCLUSIÓN inexplicable responde a algún tipo de REPRESALIA política?

…Ou acaso o Concello de Marín considera que a Asociación Monte Pituco está facendo tan ben este labor de promoción dos bens históricos da parroquia de San Xulián que as Concellerías de Turismo e de Cultura xa non se teñen que preocupar de cumprir coa súa función de servizo público?

É unha mágoa que ningún representante do Goberno local marinense teña acudido nos últimos anos ás rutas de sendeirismo organizadas pola Asociación Monte Pituco, pola Plataforma Montes do Morrazo ou pola antiga comisión técnica do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños. Teríanse decatado do enorme interés que suscitaron, da gran participación que tiveron, e da disparidade dos lugares de orixe dos asistentes.

Todo isto, feito SEN AXUDA da Administración local; sen máis aliciente que a ilusión, o esforzo e a firme crenza nun proxecto; sen máis recompensa que o agradecemento do público e as palabras de ánimo das persoas que comprobaron -ao pé destes xacementos ou admirando a paisaxe dende o miradoiro do Pituco, o ‘balcón da ría’- que paga a pena seguir reclamando a protección deste enclave singular da nosa xeografía.

Imaxe de Antón Lois, de Amigos da Terra, tomada na Andaina polo Monte Pituco ao solpor, celebrada en setembro de 2014:

Foto, Antón Lois

Imaxes cedidas polo Colectivo A Rula, de Compostela, que tamén participou naquela Andaina polo Monte Pituco ao solpor:

Foto, Antón Lois.

Foto, Colectivo A Rula (Compostela).

Foto, Colectivo A Rula (Compostela).

Foto, Colectivo A Rula (Compostela).

Foto, Pablen Compostela (Colectivo A Rula).

Foto de Paulo Troitiño tomada nun dos grupos do conxunto rupestre da Carrasca, situado na parroquia de San Xulián:

Foto, Paulo Troitiño.

Máis imaxes na seguinte ligazón: “Andaina polo Monte Pituco ao solpor II“.

A repercusión da Andaina polo Monte Pituco ao solpor nos diarios locais que se editan en formato impreso:

Diario de Pontevedra.

La Voz de Galicia.

Faro de Vigo.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s

Categorías

%d bloggers like this: