CHARLA SOBRE AS MÁMOAS DE CASTIÑEIRAS
Publicado en Imaxes, Xeral | Etiquetas: O Morrazo, Patrimonio rupestre
ANDAINA POR SETE CAMIÑOS ORGANIZADA POLO CONCELLO DE MARÍN

O Concello de Marín inaugura a nova tempada das Andainas Culturais cun roteiro polo Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños. As saídas están programadas ás 9:30 horas dende a Praza de España, a carón da Escola Naval. Hai limitación de prazas a un máximo de 50 persoas, polo que cómpre inscribirse previamente no teléfono 986 88 10 00.
A duración das andainas é de 3 horas. Todos os percorridos teñen unha lonxitude máxima de 8 quilómetros. Están guiadas por dous monitores.
Dende a organización recomendan equiparse cun calzado e atuendo adecuado ao terreo e ás condicións meteorolóxicas, que habería que consultar previamente; non separarse do grupo nin deixar atrás a ninguén. Tamén lembran aos participantes a necesidade de tomar alimento e bebida axeitados ao esforzo. Ademais, é recomendable levar un teléfono móbil coa batería cargada para poder afrontar calquera imprevisto.



El Concello de Marín presenta las andainas culturales para los meses de otoño
La primera tendrá lugar el 11 de octubro
A.D. Marín 01.10.2015
Las responsables del área de cultura del Concello de Marín, María José Dopazo y Beatriz Gómez presentaron ayer en el Museo Torres el calendario de andainas para los meses de otoño.
En total serán seis andainas entre octubre y noviembre que se celebrarán principalmente en horario de mañana. La primera de ellas será el próximo día 11 de octubre al espacio natural y arqueológico dos Sete Camiños. Posteriormente se harán otras a Cotobade (18 de octubre), Mámoas do Morrazo (25 de octubre), Petróglifos de A Caeira (la noche del 30 de octubre), Parque Natural do Monte Aloia (8 de noviembre) y Illa de Cortegada (15 de noviembre). Esta última se repite con respecto a la primavera pasada debido al éxito en participación. Los interesados en apuntarse pueden hacerlo en la alcaldía del Concello de Marín. Estas rutas están limitadas a 50 personas e irán acompañadas por dos monitores.
Además del calendario de otoño, las responsables culturales presentaron el nuevo logo que encabezará todas las rutas culturales, consistente en un trazo que simboliza una M de Marín a modo de sendero.
![]()
Marín programa un otoño cargado de rutas culturales gratuitas por diferentes puntos de la provincia
La primera será por el Espazo Natural e Arqueolóxico de los Sete Camiños. Se limitarán las plazas a 50 personas y el Concello pondrá autobuses para los desplazamientos.
El otoño en Marín llega con una gran carga cultural y natural. El Concello programa para los meses de octubre y noviembre seis rutas gratuitas que cubrirán tanto los espacios del propio municipio como de fuera. Todas las rutas se llevarán a cabo los domingos por la mañana, excepto una salida nocturna que se desarrollará un viernes. La primera de ellas será el domingo 11 de octubre y cubrirá el Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños, un proyecto de puesta en valor del patrimonio de los montes vecinales de Lourizán, Salcedo y San Xulián.
Excepto esta primera ruta, todas las demás contarán con un servicio de autobuses que partirá de la Plaza de España de Marín a una hora por determinar en cada una de ellas. Además, todas las actividades estarán guiadas por monitores con conocimientos históricos y arqueológicos para dar a conocer el patrimonio y cultural de cada una de las rutas. Los recorridos serán asequibles para todos los públicos, ya que serán distancias inferiores a 8 kilómetros y con una duración aproximada de tres horas sin contar el desplazamiento en autobús.
A la primera ruta por el Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños se suman las rutas de Foxo do Lobo en Cotobade (18 de octubre), Mámoas do Morrazo en Marín, Vilaboa y Moaña (25 de octubre), Petróglifos de A Caeira (ruta nocturna el viernes 30 de octubre), Parque Natural do Monte Aloia en Tui (8 de noviembre) e Illa de Cortegada en Vilagarcía de Arousa (15 de noviembre). Esta última ya fue programa durante la primavera pasada, pero tras la gran acogida el Concello de Marín decidió incluirla de nuevo en las rutas culturales de otoño.
Las plazas son limitadas (50) y las personas interesadas deberán inscribirse en la Casa del Concello (alcaldía). La responsable de Cultura, Beatriz Rodríguez, apuntó que si las condiciones meteorológicas no fueran óptimas no se suspenderían las rutas, sino que quedarían aplazadas para el mes de diciembre. Además, también informó que el Concello organizará rutas culturales por museos cercanos.
Publicado en Accións, Hemeroteca, Xeral | Etiquetas: 7Camiños, Concello de Marín, Prensa
ADIOUSE ATA NOVO AVISO A RUTA CON RONSEL E ACEMAS
Este pasado fin de semana había programada unha ruta de sendeirismo organizada pola Agrupación Cultural Ronsel a instancias da Asociación de Comerciantes de Marín Sur (Acemas) polo Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños. A causa do mal tempo, os promotores da actividade decidiron adiar a andaina ata novo aviso.
Posto que o roteiro estaba aberto á participación de calquera persoa interesada, achegámonos ata o punto de encontro para comprobar se había camiñantes dispostos a desafiar as nubes. E así foi: Rita e Jose, Loli e Manolo, foron os audaces veciños que quixeron aproveitar as raiolas de sol que luciron pola tarde para achegarse ata o Monte Pituco.
Trala visita aos petróglifos e á mámoa de Sete Camiños chegamos aos terreos que a Comunidade de Montes de Salcedo está acondicionando actualmente, logo de retirar con medios mecánicos un inmenso bosque de acacias. Esta especie invasora tiña (e aínda ten, en parte) literalmente tomada unha ampla superficie de monte veciñal, logo de moitos anos de abandono mentres esta zona estivo suxeita ás necesidades do acuartelamento da Brilat.
Cos terreos recuperados para os comuneiros e comuneiras de Salcedo, a directiva que preside Fernando Pintos está destinando o canon que percibe a Comunidade do Ministerio de Defensa para recuperar, limpar e mellorar o monte veciñal. O propio Fernando Pintos explicounos ‘in situ’ cales son os plans que teñen previsto aplicar neste espazo: repoboar con bosque de ribeira a carón do nacemento do regato das Flaires e o resto con outras especies autóctonas.

O próximo 24 de outubro a Comunidade de Montes de Salcedo celebrará a súa asemblea anual para expoñer todos os avances realizados. A xuntanza será xa na nova sede da Comunidade, na Casa de Cultura de Salcedo, coñecida como a ‘Casa Verde’, que se vai inaugurar a mediados deste mes.

Malia os esforzos da Comunidade de Montes de Salcedo, erradicar as mimosas e as acacias non vai ser nada doado. Son tantas as plantas e tantísimas as sementes que portan, que o chan está inzado de novos gromos desta especie invasora.

A Fonte da Prata secou. A Comunidade de Montes de Salcedo dispuxo outra nova fonte a poucos metros.

As chuvias destes días van propiciar a proliferación de setas. Nos piñeirais dos montes de Salcedo e Lourizán xa se atopan diversas especies de fungos, tanto comestibles como non comestibles. Dende a Asociación Monte Pituco recomendamos unha vez máis prudencia na recollida de cogomelos para evitar intoxicacións.


[Pisolithus arrhizus, coñecida como ‘bomba de tinguir’]

[Vacaloura menor]

Chegando ao val do Pornedo (Monte Pituco) recibiunos unha manta de nubes cargadas de auga que dificilmente permitían albiscar o solpor detrás da súa negrura.

Dende a Asociación Monte Pituco agradecemos a Loli e Manolo, a Rita e Jose, por esta visita ‘improvisada’ que repetiremos máis adiante cos demais integrantes de Acemas e de Ronsel.
Publicado en Accións, Imaxes, Xeral | Etiquetas: 7Camiños, Colectivos sociais
RUTA POR SETE CAMIÑOS COAS ASOCIACIÓNS ACEMAS E RONSEL
Interesados en coñecer o patrimonio e os lugares de interese do Concello de Marín para ser os primeiros en recomendar, divulgar e promocionar entre os clientes dos seus negocios e os visitantes que se acheguen aos seus establecementos, a Asociación de Comerciantes de Marín Sur -ACEMAS- van visitar este domingo o Monte Pornedo e o Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños. A Agrupación Cultural Ronsel, de Seixo, sumarase á andaina, que está aberta ao público en xeral.
Será o domingo 4 de outubro, con saída ás 17:00 horas dende a arboreda do Monte Pituco, a carón do cruce do cruce do Regueiriño e da saída da Variante de Marín en sentido Figueirido. En caso de chuvia, aprazaríase ata novo aviso.
Publicado en Accións, Imaxes, Xeral | Etiquetas: 7Camiños, Colectivos sociais
…NON PARECE SATISFACER, NON; É QUE NON SATISFACE
Este fin de semana a edición de Pontevedra de La Voz de Galicia abría cunha reportaxe sobre un tema socorrido en época de crise: a dispoñibilidade de solo industrial. Co seguinte lema: “A Reigosa y Barro-Meis concentran la adquisición de suelo industrial“
Nun dos destacados da información publicada por Marcos Gago titulábase: “Marín continúa sin puerto seco y Bueu sin ampliación”.
E neste apartado, chamábanos a atención a seguinte frase:
“En el municipio de Marín no hay un parque industrial, ni tampoco el previsto en el monte Pituco parece satisfacer las necesidades logísticas de un puerto seco”.
Cómpre matizar, inexcusablemente, esta afirmación con certo tinte condicional ou hipotético. E para iso non temos máis remedio que recorrer a outro xornal da competencia, que xa en novembro de 2009 precisaba, citando o presidente da Autoridade Portuaria, José Benito Suárez Costa:
“Suárez recuerda a Marín que la propuesta de Monte Pituco fue desechada en 2000”
Porque demandamos rigor: efectivamente hai proxectado un polígono industrial no Monte Pituco -así o dictaminou o PXOM e contra esa decisión está loitando a Asociación DEFENDE O MONTE PITUCO-. Pero non é menos certo -e así o recolleu o Faro de Vigo- que o Monte Pituco non entra nos plans do Porto de Marín para dotarse dunha área loxística: carece de conexión ferroviaria e non se vai instalar, o desnivel do terreo é un factor “inviable” para os técnicos, por non insistir nos inconvintes medioambientais ante a clasificación do Monte Pituco como Espazo Natural pola súa pertenza aos Montes do Morrazo (Normas Subsidiarias e Complementarias Provinciais de Planeamento da provincia de Pontevedra, de 1993).
…Por tanto, soster que o Monte Pituco “non parece satisfacer as necesidades dun porto seco” NON É EXACTO.
Esta modesta observación quere entrar na forma, mais tamén no fondo da noticia, para evitar que sigan calando na poboación mensaxes que non se corresponden coa realidade.
En consecuencia, dende a Asociación MONTE PITUCO continuaremos facendo pedagoxía, matizando o matizable e mantendo vivas as reivindicacións desta plataforma veciñal a prol da conservación do ‘balcón da ría’, da paisaxe, da natureza e do patrimonio histórico.
Grazas.
Publicado en Denuncias, Hemeroteca, Xeral | Etiquetas: Chan industrial, Prensa
DESPEDIMOS O PÁRROCO JORGE GÓMEZ GUDE

Despois de tres décadas á fronte da parroquia de San Xulián, Jorge Gómez Gude cambia de aires. Unhas fontes din que se trata dunha paréntese temporal; outras, que a retirada é definitiva. Sexa como sexa, dende a Asociación Monte Pituco desexámoslle ao párroco e profesor da Universidade de Vigo a mellor das sortes na nova etapa que emprende.
Curiosamente, cando xa se despedira dos seus fregueses nas igrexas de San Xulián e de San Pedro, e a piques de pechar as maletas rumbo ao seu novo destino, Gómez Gude recibiu un último encargo: oficiar a misa solemne na honra de San Miguel, no Templo Novo de Marín.

Jorge Gómez Gude deixa Marín con aplausos; os que recibiu por parte dos asistentes a este oficio relixioso na parroquia de Santa María do Porto.
En San Xulián botaremos de menos a este párroco que a ninguén deixou indiferente na súa ampla traxectoria. Pode que esteamos asistindo a un novo exemplo da máxima segundo a cal nada se apreza abondo ata que se perde.
Botaremos de menos a súa aposta polo galego, lingua que utilizaba nas súas intervencións; unha práctica que o seu sucesor -o marinense José Antonio Pedrosa- non mantén, xa que as misas e demais oficios relixiosos pasaron a realizarse en castelán.
Botaremos de menos a súa sensibilidade coa cultura, coa formación intelectual, tal e como demostrou coas súas recentes colaboracións con entidades como a Asociación pola Memoria Histórica de Marín.
E máis aínda, botaremos de menos o seu firme posionamento a prol da defensa e conservación do Monte Pituco (Pornedo) fronte ao nefasto proxecto de construcción dun polígono industrial. Unha postura que fixo pública a través do boletín parroquial, en marzo de 2010, cando proclamou o seu rexeitamento á “ruína do monte comunal”.

É de xustiza recoñecer estes xestos, por riba de calquera outra consideración sobre unha traxectoria na que tivo tanto simpatizantes como detractores. Que lle preste, pois, este cambio de aires, que redunde na adquisición de novas experiencias, e que a distancia lle permita ver con perspectiva o labor realizado en San Xulián.
Dende o ‘balcón da ría’, boa andaina.
Publicado en Xeral | Etiquetas: Parroquia de San Xulián, Pensamentos
VIVA SAN MIGUEL

A brancura nos atuendos dos danzantes, os panos azuis adornando as faldas e as camisas das mozas, as faixas vermellas reforzando a intensidade das voltas e reviravoltas dos mozos… A Danza de Espadas volveu emocionar os marinenses en vésperas da celebración -este 29 de setembro- do día de San Miguel, patrón do gremio de mareantes.
O MONTE PITUCO sumouse a esta festa, declarada de Interese Turístico de Galicia, porque forma parte do acervo cultural da nosa vila. Unha vila que ten as súas raíces históricas no antigo San Xián dos Ancourados, actual parroquia de San Xulián.
Por iso nos encomendamos a San Miguel, para que afaste coa súa espada os pro-polígono que ameazan con causar un destrozo irreversible na paisaxe litoral de Marín; os pro-polígono, que só buscan satisfacer os seus intereses aínda que iso supoña arrasar un legado arqueolóxico que debería ser respectado e difundido entre a veciñanza como elemento identitario; os pro-polígono, que enchen a boca pronunciando palabras como “patrimonio”, “historia” ou “tradición” cando detrás desa fachada artificial ocultan a súa verdadeira faciana de hipocresía, incoherencia e postureo.
…Viva San Miguel! …E viva o Monte Pituco!
LIMPEZA DO RÍO LOIRA, CON RONSEL
A Agrupación Cultural Ronsel volve coordinar un ano máis a limpeza do río Loira, no marco dunha campaña de limpeza dos ríos que organiza Adega de forma simultánea en toda Galicia. Grazas á sensibilidade ambiental de Ronsel e das persoas que se suman a esta iniciativa, a vila de Marín pode figurar no mapa dos concellos comprometidos coa boa saúde dos nosos ecosistemas fluviais.
A ASOCIACIÓN MONTE PITUCO puido participar o ano pasado nesta xornada, tal e como contamos no artigo titulado “REMONTAR O RÍO… LOIRA“. E dende MONTE PITUCO animamos a veciñanza a colaborar nesta acción, por necesaria, positiva e beneficiosa.
O punto de encontro será ás 10:00 horas na Casa da Cultura de Seixo, onde se formarán dous grupos de traballo: un actuará a partir da ponte da circunvalación para avanzar río abaixo, mentres que o outro comezará na praia de Loira para continuar río arriba. O Concello de Marín vai achegar luvas e bolsas, ademais de retirar posteriormente o lixo que sexa retirado.
Adega tamén contribúe a asesorar os grupos de activistas con indicacións sobre seguridade e consellos para actuar no río sen perxudicar o equilibrio ecolóxico.
Publicado en Xeral | Etiquetas: Colectivos sociais, Medio ambiente
XORNADA SOBRE A VESPA VELUTINA, EN MARÍN

Publicado en Xeral | Etiquetas: Colectivos sociais, Medio ambiente
VISITA DE PATRIMONIO AO PETROGLIFO DE PINAL DE CAEIRO

Hoxe damos fe de que hai dous refráns que se cumpren:
“Quen algo quere, algo lle custa” e “Quen a segue, conséguea”.
Hai exactamente un mes a ASOCIACIÓN DEFENDE O MONTE PITUCO presentaba un escrito no Servizo Provincial de Patrimonio da Xunta, en Pontevedra, alertando das posibles eivas nas medidas de protección aplicadas nas obras da nova rede de abastecemento de auga promovidas por Acuaes no que respecta a garantir a conservación do xacemento arqueolóxico catalogado de Pinal de Caeiro, en San Xulián.
Previamente, DEFENDE O MONTE PITUCO solicitáralle ao Concello de Marín -a través das concelleiras de Cultura, Beatriz Rodríguez e María José de Pazo- que se interesaran pola evolución destes traballos e pola correcta protección destes petroglifos, ante a preocupación desta Asociación polos danos que puideran afectar ao petroglifo do ‘Ciclista’ se o valado metálico e as cintas de obra non fosen abondo ou estiveran incorrectamente instaladas.
Foi ao final do Pleno da Corporación celebrado en agosto onde a alcaldesa, María Ramallo, afirmou que o organismo competente era a Dirección Xeral de Patrimonio, ou o que era o mesmo, que o Goberno local de Marín non ía facer nada pola supervisión dos traballos en Pinal de Caeiro.
Un mes despois, un técnico do Servizo Provincial de Patrimonio acudiu hoxe ata o lugar no que se atopa o gravado de Pinal de Caeiro e CONFIRMOUNOS que, en efecto, as medidas de protección non foron todo o correctas e rigorosas que deberían ter sido. O técnico que visitou o xacemento levou unha impresión negativa da colocación do valado metálico, que rozaba no panel informativo instalado -e pagado!- pola Comunidade de Montes de San Xulián a carón deste petroglifo.


Aínda que a tubaría que conducirá a auga xa foi soterrada ao longo da pista de servizo da Variante, dende Patrimonio apreciaron acertadamente que as obras aínda non remataron porque falta acometer a reposición do firme da pista, con cemento ou asfalto. Por iso, a ASOCIACIÓN MONTE PITUCO ten a CONFIRMACIÓN de que o departamento de Patrimonio da provincia de Pontevedra vaille comunicar á empresa que executa as obras de Acuaes a necesidade de mellorar as medidas de protección do gravado rupestre de Pinal de Caeiro.
Dende a ASOCIACIÓN MONTE PITUCO queremos transmitirlle o noso agradecemento ao Servizo Provincial de Patrimonio por interesarse por esta denuncia e por preocuparse tamén pola situación do conxunto rupestre de Pinal de Caeiro, no que só se pode ver unha parte dos petroglifos, xa que outra das laxes catalogadas está cuberta pola vexetación.
Por suposto, DEFENDE O MONTE PITUCO vaille comunicar ao Concello de Marín -cun escrito dirixido á Alcaldía e á Concellería de Cultura- as consecuencias da queixa presentada ante Patrimonio por esta Asociación, para que se evidencie unha vez máis a ineptitude do Goberno local, a súa pasividade, desinterese, e actitude de brazos caídos pola falta de atención ao patrimonio do Concello.
Publicado en Denuncias, Xeral | Etiquetas: Concello de Marín, Patrimonio rupestre, Xunta
A MÁMOA DE CHAN DE ARMADA, RODEADA DE SILVAS

Corría o mes de marzo de 2015 ciando visitamos a mámoa de Chan de Armada nunha ruta organizada pola Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo. Xa daquela puidemos comprobar o estado de abandono no que se atopan este xacemento.
Seis meses despois, a prensa local dá conta do empeoramento das condicións, coa maleza invadindo aínda máis os restos deste túmulo prehistórico. A actuación arqueolóxica realizada en 2009 no marco da frustrada Ruta das Mámoas do Morrazo foi un investimento perdido, ante a ausencia do necesario mantemento que require o patrimonio.
Esta situación evidencia unha absoluta falta de interese por parte do Concello de Marín, en primeira instancia, como Administración local, que simplemente se limita a lavar as mans e a pasarlle a pelota á Xunta, co socorrido argumento de que a Dirección Xeral de Patrimonio é o organismo competente nesta materia.
Nin limpeza, nin sinalización, nin promoción. Estas son as cartas de presentación do Concello de Marín na xestión dos bens históricos e culturais, que languidecen e se estragan como resultado da desidia institucional.
![]()
Las zarzas asfixian el área de la mámoa de Chan de Armada
Yace en el olvido, cubierta de zarzas y sin ninguna señalización que la identifique ni para los aficionados a la historia ni a los turistas
M. Gago. Marín. La Voz, 16 de septiembre de 2015.
La mámoa de Chan de Armada, en la parroquia marinense de San Tomé de Piñeiro, yace en el olvido, cubierta de zarzas y sin ninguna señalización que la identifique ni para los aficionados a la historia ni a los turistas. Situada junto al cruce de la carretera provincial que va de A Cruz da Maceira al lago de Castiñeiras con los viales que proceden de Sobreiras (Vilaboa) y O Pereiro (Marín), esta mámoa prehistórica fue objeto de una intervención científica, auspiciada por la Xunta en el 2009.
Seis años después, los resultados de esa excavación aún no han sido difundidos entre el gran público, más allá de lo que trascendió durante la excavación. Un cercado de madera, deteriorado por tramos e inaccesible en casi todo su perímetro, revela que se proyectó en su momento incluirla en la oferta cultural de Marín. Actualmente, las zarzas ocultan y la maleza cortan el paso de los viandantes.
Éxito de visitas en Mogor
El Concello de Marín hizo público ayer el éxito de visitantes al centro de interpretación de los petroglifos de Mogor. La memoria indica que el pasado agosto pasaron por esta instalación 1.187 personas -un 35 % más que en julio- y de las que 195 lo hicieron en las giras guiadas durante la noche para contemplar estos grabados rupestres. Estas estadísticas muestran el interés que hay por este complejo arqueológico, por el que desde que abrió el pasado junio se han contabilizado 2.237 visitantes.
Mentres o Concello de Marín se afana en vender e lucir os datos de afluencia de público ás visitas guiadas ao Centro de Interpretación dos Petroglifos de Mogor, o patrimonio arqueolóxico existente no rural marinense -San Xulián, San Tomé de Piñeiro…- soporta o trato desigual e discriminatorio do Goberno local, que non se implica na súa conservación nin na súa promoción.
O máis sangrante, no caso de xacementos como Pornedo, Sete Camiños e Pinal de Caeiro, na parroquia de San Xulián, é que están afectados polo proxecto de construcción dun polígono industrial, agredindo a área de cautela arredor dos petroglifos. Na primeira e única ocasión que a alcaldesa, María Ramallo, acudiu ao Monte Pituco para coñecer uns gravados que nunca visitara, xa demostrou o seu desinterés pola súa mellora, remitindo calquera actuación de adecentamento á capacidade económica da Comunidade de Montes.
En efecto, acabou sendo a Comunidade de Montes de San Xulián a que accedeu a integrarse no proxecto do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños, no que están inscritos os gravados de Pornedo, Sete Camiños e Pinal de Caeiro. E dende a Asociación Monte Pituco damos verídica fe das visitas que reciben estes xacementos, ben por parte de persoas que de motu propio se achegan ata o miradoiro do Pornedo e a súa contorna, ben polas rutas guiadas que organizan tanto a Asociación Monte Pituco, como a Plataforma Montes do Morrazo ou os promotores do Espazo Sete Camiños.
Hai un dato que chama poderosamente a atención nas estatísticas de visitantes no Centro de Interpretación dos Petroglifos de Mogor: a maioría son veciños e veciñas de Marín que descoñecían este xacemento malia telo á porta da casa, ou que o coñecían pero que non tiveran a oportunidade de que un profesional -historiador/a, arqueólogo/a- llo explicara no contexto axeitado.
Pódense extraer varias conclusións:
-Que se o Concello de Marín destinou fondos á promoción turística destes recursos entre os visitantes, non acadou o seu obxectivo, tendo en conta que foron os propios marinenses os que mellor responderon a estas actividades.
-En consecuencia, evidénciase dunha banda a desinformación que había a nivel local e, por outra parte, a gran demanda de coñecemento e o interese por parte da cidadanía da propia vila.
-E como resultado disto, é obvio deducir que cómpre que o Concello de Marín reforce a promoción interna con campañas divulgativas dirixidas á veciñanza para que coñeza e aprecie o patrimonio de tod@s. Un labor que, por dereito, debe realizarse con equidade para todo o territorio municipal, facendo extensivos os esforzos non só aos petroglifos de Mogor e ao castro da Subidá, que son os únicos que capitalizan a atención do Goberno local, senón tamén ao non menos valioso patrimonio arqueolóxico de San Xulián, mais tamén de San Tomé, Ardán, O Campo e Mogor.



Publicado en Denuncias, Hemeroteca | Etiquetas: Concello de Marín, Patrimonio rupestre, Prensa
‘TORO DE LA VEGA’, NUNCA MÁIS!
A imaxe da vergoña neste 15 de setembro é o rabo de “Rompesuelas” espichado no alto dunha das lanzas que bateron, picaron e furaron no seu corpo indefenso, ata a morte. Crueldade gratuita, diversión sádica, involución ata o pasado abisal e máis retrógrado da especie humana.
Basta de tortura. Punto e final para esta horrenda práctica que se sostén inxustificadamente baixo a errónea etiqueta da ‘tradición’. Toro de la Vega, Nunca Máis!
[A imaxe corresponde ao video da crónica do xornalista pontevedrés Manuel Jabois para El País]
Publicado en Denuncias, Imaxes, Xeral | Etiquetas: Pensamentos
A XUNTA REXEITA QUE SE RETOMEN AS BARBACOAS EN CASTIÑEIRAS

![]()
Medio Ambiente descarta que se deje asar en Castiñeiras en verano
Califica de «interesante» el plan para crear una fundación e impulsar el aprovecjamiento de este entorno, pero no dice si se unirá
Marcos Gago. Marín / La Voz, 13 de septiembre de 2015.
Los asadores de las zonas recreativas del lago de Castiñeiras no volverán a encenderse en verano. La Consellería de Medio Ambiente, en un informe de julio hecho público recientemente, descarta que estos asadores puedan utilizarse en la temporada estival, en contra de la petición de los concellos de Marín y Vilaboa y de los vecinos y usuarios del espacio natural.
La actual normativa estatal impide que se puedan prender hogueras o utilizar los asadores bajo ningún concepto en los meses del verano. La normativa se extiende también a aquellos períodos, fuera del verano, que la Xunta detecte un alto riesgo de incendios forestales. Sin embargo, los concellos, los comuneros y los usuarios en general llevan años hablando del deterioro del parque, sobre todo desde que se aplicó a rajatabla la prohibición de uso de asadores, que ha disuadido a muchas personas de acudir a este entorno de O Morrazo, ya que asar en el monte era uno de sus atractivos principales.
El Concello de Marín, por ejemplo, realizó varias consultas a la Xunta para que analizase la posibilidad de retomar el servicio de los asadores en verano. La idea que se propuso hace un año era que Medio Ambiente autorizase la acotación de una zona del área recreativa para la construcción aislada de asadores, que permitiesen disfrutar de este servicio a los vecinos. Esta fue la idea que se le volvió a exponer al delegado territorial de la Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, en su visita al lago en julio del 2014. No hubo una respuesta oficial sobre este asunto, si bien, Tourís admitió aquel día y verbalmente que lo veía difícil.
Ahora, en una respuesta parlamentaria a los diputados del BNG Ana Pontón y Daniel Rodas, la consellería sostiene que es conocedora de las peticiones municipales y vecinales. Sin embargo, precisa que«estas solicitudes non se poden outorgar na medida en que non se adapten á normativa de montes e de incendios». Es decir, tal y como está configurado el parque del lago de Castiñeiras en la actualidad este planteamiento es imposible. Los asadores, muchos de ellos inservibles al estar desmontados o precintados, no volverán a tener uso.
Por otra parte, Medio Ambiente no entró a valorar en profundidad la iniciativa de las comunidades de montes propietarias del entorno del lago, de Marín y Vilaboa, con el proyecto de jardín botánico y gran área recreativa a través de una fundación sobre Castiñeiras. A lo máximo que se pronunció el departamento estatal es que le parece una propuesta «interesante» y «que se está a valorar».
Los comuneros, impulsores de la fundación a la que se sumaron los concellos, quiere que la Xunta se implique en su desarrollo.

Publicado en Hemeroteca, Xeral | Etiquetas: Comunidade de Montes de San Xulián, O Morrazo, Prensa, Xunta
XORNADA SOBRE CREACIÓN DE EMPREGO DENDE O MONTE COMUNAL

Creación de empleo mediante el uso del monte comunal
12.09.2015
La Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias celebrará el próximo 26 de septiembre una Jornada sobre Creación de Empleo y Riqueza mediante el uso cooperativo del monte comunal. La cita, de entrada gratuita, tendrá lugar en la sede de la Fundación Abanca de Pontevedra.
Publicado en Hemeroteca, Xeral | Etiquetas: Concello de Pontevedra, Monte veciñal, Prensa
DESPERFECTOS NA SINALIZACIÓN DO ACCESO Á VARIANTE DE MARÍN

Os veciños da Pena e do Caeiro deberiamos estar en nómina do Concello de Marín se tiveramos en conta a cantidade de veces que temos que informar e orientar os condutores despistados que non son quen de enlazar correctamente cos accesos á Variante de Marín. Pasaron tres anos dende a súa inauguración e aínda son un bo puñado as persoas -sobre todo fóraneos que están de paso- que pasan de longo os desvíos para ir a Pontevedra ou a Bueu, co resultado de dar a volta onde boamente poden para pedir ‘papas’ aos habitantes das primeiras casas que atopan.
Total, que se o Concello de Marín nos instalase unha casetiña a modo de punto de información, aínda poderiamos dar outro servizo, a maiores do tráfico: cuns cantos folletos turísticos entre mans, a veciñanza do Caeiro e da Pena estaría encantada de promocionar as praias, as igrexas, o lago de Castiñeiras… e, por suposto, o Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños, xa que os responsables municipais pouco ou nada fan por darlle un pulo a nivel divulgativo.
Por riba, dun tempo a esta parte teriamos moita demanda de consultas porque un dos paneis sinalizadores está deteriorado. As láminas fóronselle desprendendo ata o punto de que é imposible ver que na mesma dirección que se toma para ir a Moaña, tamén se pode ir a Bueu. Calquera que non coñeza a bisbarra do Morrazo ou a zona de Pontevedra acabaría perdido e dando voltas na busca do acceso á vila veciña, agás que dispoña de aparello GPS.
Dende o Monte Pituco trasladaráselle aos responsables municipais esta eiva para que a poñan en coñecemento da Administración competente.
Publicado en Denuncias, Imaxes, Xeral | Etiquetas: Variante de Marín
A PROMOCIÓN DO PATRIMONIO CASTREXO DE CUNTIS
Castrolandín, cuna de Cuntis y recurso turístico
[Unha reportaxe de Fernando Salgado]
La puesta en valor del enclave fue protagonizada por los vecinos, cuyo empuje hizo posible la implicación de las instituciones. Además de ser su núcleo fundacional, es uno de sus principales recursos turísticos.

La inquietud de un grupo de jóvenes ante la destrucción del patrimonio arqueológico de Cuntis fue el detonante de la puesta en marcha de la Asociación Amigos dos Castros, hace 25 años, que confluyó en Terra Termarum, una fundación que realiza una labor de promoción inédita en Galicia, cuyo eje central es Castrolandín.
Publicado en Hemeroteca, Xeral | Etiquetas: Patrimonio rupestre, Prensa
LIMPAR MONTES ‘A MONTE’ PARA INSTALAR COLMEAS

Limpiar el monte para hacer miel
Un joven adecenta parcelas en desuso en Sanxenxo y Poio para instalar paneles
Rosa Estévez. Sanxenxo / La Voz, 06 de septiembre de 2015.
Marcos Otero sabe bien lo que vale un tomate. Es jefe de cocina en un hotel y no le queda otra que estar al día de cómo se mueve el mercado de las hortalizas. Él, que es un enamorado del aire libre, de la tierra y de sus frutos, también es consciente del trabajo que cuesta cultivar estos productos. A Marcos, de hecho, le encantaría tener un huerto propio. «Pero consume moito tempo, e iso é algo que resulta incompatible co meu traballo», sentencia. Así que buscando y buscando algo que hacer a la intemperie, acabó descubriendo este joven el mundo de las abejas. Han pasado cuatro años desde que se topó con una actividad que se ha convertido en una afición, sí, pero también en una promesa: Marcos Otero confía en que llegará un día en el que podrá vivir de la producción de miel, polen y cera.
Aún le queda mucho camino por recorrer. Pero ya está en marcha, cargado de optimismo, de energía y de soluciones originales a problemas que a otros les parecerían insalvables. El primer obstáculo le salió al paso en el mismo momento en el que decidió poner su primera colmena. «Eu non teño montes, os meus pais non teñen propiedades», explica. Para ese primer problema no tardó en encontrar solución: la comarca de O Salnés está llena de montes vacíos, de tierras en desuso en las que impera la ley de la maleza y del abandono. Parcelas que, en muchos casos, se han convertido en un tormento para quienes se sienten responsables de esas propiedades que heredaron un día y con las que no saben qué hacer.Un planteamiento sencillo
Marcos ha ido contactando poco a poco con algunos de esos propietarios. Su oferta es sencilla: él se encarga de mantener limpio un terreno a cambio de poder instalar en él los habitáculos para sus panales. En estos momentos, Marcos tiene autorizados quince montes para instalar enjambres, tanto en O Salnés y como en otras localidades próximas: desde Sanxenxo y Poio hasta O Grove y Vilanova.
«Montes para traballar hai, o que non teño son colmenas suficientes para todos», señala. En estos momentos, dispone de unas ochenta, distribuidas en cinco abejares de O Grove, Sanxenxo y Meaño. Este año quiere dar un nuevo impulso al negocio y llegar hasta las 120 colmenas. «Calcúlase que para vivir disto fai falta ter sobre unhas 400», señala. Él, de momento, se conforma con ir creciendo sin prisa pero sin pausa, midiendo cada paso, cada inversión. Porque el mundo de la apicultura es un mundo caro, en el que cada habitáculo cuesta entre 100 y 120 euros. «No tempo que levo con isto, todo o que vou sacando vouno invertindo de novo». Los beneficios ya llegarán.
Cuando se prepara para instalarse en un nuevo monte, Marcos sigue una rutina de trabajo.
En primer lugar, comprueba con un veterinario oficial que el terreno cumpla los requisitos establecidos, empezando por las distancias de seguridad -400 metros de núcleo urbano y cien metros de casas aisladas-. Luego llega la hora de tirar de maquinaria y de limpiar a conciencia terrenos tomados por las silvas y los tojos. «É duro, pero a min gústame, resúltame satisfactorio», asegura.
La operación desbrozadora salta a la vista en una de las parcelas en las que tiene un colmenar: una finca, situada muy cerca de la costa de O Grove, que está rodeada por los altos matorrales de los terrenos que la rodean. El camino hasta este rincón en el que zumban las abejas lo ha tenido que abrir él mismo: llevaba tanto tiempo abandonado que apenas quedaba rastro de él.
El abejar que aquí tiene es pequeño. Los más grandes los ha situado en zonas de monte en las que ha tenido que construir escalones en los que colocar sus colonias de abejas, y abrir caminos le faciliten el trabajo. «É fundamental poder traballar con comodidade», dice este joven emprendedor del monte.
Mientras cuida de sus abejas, en la cabeza de Marcos surgen muchas ideas sobre cómo se podría sacar mayor provecho al entorno que lo rodea. «Hai moitas posibilidades, é unha pena que non se aproveiten. Sería bo para o monte, para evitar incendios e para que moita xente tivera un traballo», dice este joven de O Grove que sueña con tener bajo los árboles su oficina.
Publicado en Hemeroteca, Xeral | Etiquetas: Monte veciñal, Prensa
VOLVEN ROUBAR MADEIRA NOS MONTES MARINENSES
![]()
Denuncian la proliferación de robos de árboles en montes de Marín y Lourizán
El problema se detectó por primera vez hace dos años y tras un tiempo de inactividad parecía que se había vuelto ocasional
Pontevedra. La Voz, 04 de septiembre de 2015.
Los propietarios forestales, tanto comunidades de montes como dueños de tomadas particulares llevan todo el verano descubriendo aquí y allá el robo de eucaliptos y pinos, en las parroquias de San Xulián de Marín y San Tomé de Piñeiro, así como en la pontevedresa Lourizán. El problema se detectó por primera vez hace dos años y tras un tiempo de inactividad parecía que se había vuelto ocasional, pero en los últimos meses se han vuelto a detectar casos. El último robo se produjo en las inmediaciones del cementerio de Santa María do Campo, en Marín. Al parecer, en este caso se trató de un eucalipto.
Por su parte desde las comunidades de montes se intensifica la vigilancia de sus terrenos comunales, aunque admiten que es una tarea difícil. El modus operandi de los ladrones de madera es el siguiente: amparados por la oscuridad de la noche, los delincuentes buscan una zona de árboles grandes cerca de una pista forestal o de una carretera y talan los ejemplares que pueden lo más rápido posible. Se llevan la madera y dejan la finca llena de ramas, que delatan su presencia por la mañana.
Los robos de árboles en O Morrazo son un tema que preocupa a los propietarios forestales, que interponen siempre que los detectan sus respectivas denuncias ante la Guardia Civil. En este sentido, desde el colectivo de afectados se recuerda que la nueva legislación impone unas sanciones cuantiosas para las personas que se apoderen o vendan madera robada.
Publicado en Hemeroteca, Xeral | Etiquetas: Comunidade de Montes de San Xulián, Prensa
XORNADAS SOBRE O MONTE GALEGO, EN LOURIZÁN
QUE A VECIÑANZA APRECIE COMO PROPIOS OS XACEMENTOS ARQUEOLÓXICOS
Isto é o que deberían facer a Comunidade de Montes de San Xulián e o Concello de Marín con respecto aos xacementos arqueolóxicos das parroquia: Pornedo, Sete Camiños, Pinal de Caeiro, Champás, A Carrasca…

Publicado en Hemeroteca, Xeral | Etiquetas: Patrimonio rupestre, Prensa
STOP INCENDIOS FORESTAIS

Davila (Faro de Vigo, 1 de setembro de 2015)
Cualedro, Castro Caldelas, Xinzo de Limia, Pereiro de Aguiar, Viana do Bolo… o rastro do lume, do fume e da cinza é terrible. Solidariedade con todas as localidades, especialmente na provincia de Ourense, a causa da nefasta acción dos incendios provocados por mans criminais, co agravante dunha cuestionable política forestal e de prevención.
Publicado en Xeral | Etiquetas: Pensamentos
ESTREAMOS SETEMBRO COAS BEIRARRÚAS DESBROZADAS

Ata hai uns días, camiñar por unha das beirarrúas no lugar do Caeiro poñía os peóns nun pequeno apuro: arriscarse a que un vehículo che pasara por enriba ou arriscarte a deixar un ollo espichado nas acacias que invadían a cuneta.
Afortunadamente, as máquinas desbrozadoras volveron actuar onte nos lugares da Pena, O Caeiro e A Bouza.

No Monte Pituco a carón da arboreda

No Caeiro

Na Bouza
Publicado en Imaxes, Xeral | Etiquetas: Parroquia de San Xulián
LIMPEZA DA PRAIA DE TAMBO, COA APDR

Embarcamos unha vez máis no peirao de Combarro rumbo a Tambo, nunha viaxe organizada pola Asociación pola Defensa da Ría (APDR) co obxectivo, por un lado, de facer unha limpeza reivindicativa da praia da illa e, por outro, seguir afondando no coñecemento deste espazo natural da ría de Pontevedra, con tanto valor histórico, cultural, paisaxístico e medioambiental.



Entre os guías da expedición contamos con Juan Castiñeiras, vicepatrón da confraría de Pontevedra e experto en micoloxía; Saúl de la Peña, micólogo e investigador da Universidade de Santiago; Claudio Quintillán, da Organización Galega de Comunidades de Montes; o arqueólogo Lukas Santiago; e o presidente da APDR, Antón Masa.
Chegamos a carón do faro Tenlo coa marea baixa, o que nos permitiu comprobar a presenza de madeiras, plásticos e outros residuos impulsados polas correntes ata o lugar donde conflúen as augas da parte anterior e posterior da illa. Entre eses restos, Juan Castiñeiras atopa algunhas plumas de especies de aves mariñas nas que detecta a presenza de fungos que descompoñen eses elementos orgánicos. Saúl de la Peña fálanos das especies arbóreas que medran no illote, como os loureiros e os pinus radiata.
A carón da praia do faro entramos na Cova da Londra, unha oquedade natural no terreo que supera os tres metros de altura, co único sustento das raíces das árbores que medran na superficie.

Cova da Londra

Fungos desenvolvéndose nos restos da ala dunha ave para a descomposición dos restos orgánicos

Vista de Marín dende o faro de Tambo

Juan Castiñeira explicou a gran riqueza das augas nesta parte da ría, onde se crían especies pesqueiras e marisqueiras autóctonas como a solla, o berberecho ou a ameixa fina, que aproveitan a dinámica das correntes para medrar. Antano, a carón da praia de Tambo chegou a haber un viveiro de ostras…
Dende hai anos, outras variedades foráneas como a ameixa xapónica, atopan tamén nestas augas un ecosistema idóneo para a súa expansión, co positivo que resulta para a economía local, mais tamén coas consecuencias negativas que conleva a chegada -canda esas especies- de bacterias e enfermidades que perxudican os moluscos naturais da zona.


Repasamos tamén a prehistoria da illa: o achado de restos do sílex, no Paleolític o; o castro de San Fagundo, que está catalogado; a vinculación de Tambo co mosteiro de Poio antes da Desamortización; as escaramuzas do pirata Drake no século XVI, que conlevaron o saqueo da igrexa antano dedicada a Nosa Señora de Gracia, que posteriormente se reconstruiría para dedicala á advocación de San Miguel; as visitas do Padre Sarmiento no século XVIII, que documentou en diversos escritos describindo a flora autóctona deste enclave; a súa titularidade estatal trala Desamortización; a construcción do lazareto onde os tripulantes dos barcos pasaban a corentena, unha función que deixou de desempeñar polas protestas dunha parte da sociedade marinense, polo que o lazareto trasladouse á illa de San Simón; o traspaso da illa a Montero Ríos e os seus descendentes, que acabarían vendéndolla ao Estado… ata a actualidade, coa desafectación militar en 2002.


Vista do saco da ría dende o peirao a carón do faro de Tambo

Espárrago marino



Amaryllis belladona medrando a carón dos edificios militares


Fungos coñecidos como niños de paxaro, pola súa forma -con esporas que semellan ovos- e pequeno tamaño


Lepiota tóxica

Pisolithus tinctorius, utilizado antigamente como tinte para a roupa e como condimento culinario; tamén é un potente cicatrizante


Saramaganta endémica de Tambo

Ruinas da capela de San Miguel

Restos do lazareto

Valla militar a carón da fonte da illa

Logo da visita polos restos das edificacións relixiosas, militares e civiles que quedan en pé na illa -o faro de Tenlo, a igrexa de San Miguel, o lazareto, o polvorín- varios integrantes da Asociación pola Defensa da Ría achegáronse á praia para limpar os residuos que se acumulaban en grande cantidade enriba dun muro ao final da praia, con plásticos, envases de vidro, madeiras e redes espallados no areal polo vento e as mareas.



Máis dunha ducia de bolsas e contenedores se encheron nesta acción reivindicativa. Obviamente, non hai ningún camión de lixo que se desprace ata Tambo para recoller os residuos que se acumulan, polo que esta parte da illa vaise convertendo nun basureiro a medida que avanzan os meses de verán.
A cuestión é a procedencia deses residuos, atribuible -case con toda seguridade- á presenza das numerosas embarcacións de recreo e iates que fondean a carón da praia. Os seus tripulantes achéganse ata o areal, facendo un uso pseudo-privado encuberto dun espazo no que, en teoría, cómpre autorización da Escola Naval Militar de Marín para acceder a el.
Unha vintena de barcos gozaban da xornada de sol mentres a APDR limpaba a praia.


Estando en Tambo, por suposto, non podemos deixar de contemplar a fachada litoral de Marín, co Monte Pituco (Pornedo) no alto da vila. Unha vez máis, a Asociación Monte Pituco volve reiterar o seu rexeitamento contra a pretensión do Concello de Marín e da Xunta de Galicia de instalar un polígono industrial no ‘balcón da ría’, un espazo pertencente ao Espazo Natural dos Montes do Morrazo, cunha alta fraxilidade visual e paisaxística.

NO MONTE PITUCO (PORNEDO), POLÍGONO NON!

Regresamos a Combarro coa música de Michel, un gaiteiro bretón que interpretou o himno galego. A bandeira bretona e a bandeira galega adornando o alto do ronco.


Publicado en Imaxes, Xeral | Etiquetas: Colectivos sociais, Medio ambiente
DEDICADO AO PSOE E AO BNG DE MARÍN
“Non vivimos xa no século XVIII, nin no XIX, vivimos no século XXI e todo o que ten que ver co RESPECTO AO ENTORNO, AO MEDIO AMBIENTE, ten que estar na sensibilidade política“.
Carmela Silva, presidenta da Deputación de Pontevedra e tenente alcalde socialista do Concello de Vigo

Esta frase foi pronunciada hoxe no Pazo Provincial a propósito do compromiso do goberno bipartito PSOE-BNG na Deputación de Pontevedra de sumarse á “ofensiva política, institucional e social” anunciada polo alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, contra a consolidación do complexo industrial Ence-Elnosa en Lourizán, a carón da ría de Pontevedra.
…Pero ben se podería aplicar tamén ao mal exemplo dos seus homólogos no Concello de Marín durante o mandato PSOE-BNG encabezado polo tamén socialista Francisco Veiga, que perpetrou a clasificación do Monte Pituco, pertencente ao Espazo Natural dos Montes do Morrazo, como solo industrial coa complicidade inxustificable de dous concelleiros nacionalistas -Pilar Blanco e Xosé María Vilaboa- nas concellerías de Medio Ambiente e de Urbanismo.
NON ESQUECEMOS
NON PERDOAMOS
Publicado en Denuncias, Xeral | Etiquetas: Deputación, Política
SEGUEN AS OBRAS DE ACUAES EN PINAL DE CAEIRO
…Medo nos dá o que saia de aquí…
Seguimos preocupados pola situación dos gravados rupestres catalogados de Pinal de Caeiro. Agardamos que ‘O ciclista’ non resulte danado polo tránsito dos vehículos de gran tonelaxe, pola extracción de áridos e polo depósito dos materiais na beira da pista de acceso da Variante, a carón do xacemento.


A BOLBORETA MACAÓN: ARTIGO DE ANTÓN LOIS
A Papilio Machaon, tamén no Monte Pituco (Pornedo)
Artigo do naturalista Antón Lois, de Amigos da Terra, publicado en La Voz de Galicia:
Una preciosidad llamada macaón
Si las siente revoloteando en el estómago, felicidades. Eso significa que está usted locamente enamorado, valga la redundancia, o es usted un ave insectívora, o ambas cosas, que son perfectamente compatibles y las dos están muy bien. Es que hoy hablamos de mariposas, al menos de una de ellas.
Nuestra amiga es la Papilio machaon, nombre tremendo que se compensa con su más amable bolboreta de cola de anduriña. Es la mayor y aunque todo es relativo, de las más hermosas de las mariposas que estos días podemos ver mariposeando, como corresponde a su idiosincrasia, por los alrededores de Vigo en cuanto nos alejemos un poco del casco urbano, y disfruten el espectáculo porque su ciclo vital se termina a finales de este mes.
La criatura tiene una envergadura que puede superar los ocho centímetros, que para una mariposa europea es mucho y las acerca al tamaño de sus primas tropicales, y así les va porque ser grande y bonita tiene sus ventajas y sus inconvenientes y la Macaón, aunque todavía relativamente abundante, es una especie amenazada.
La podemos encontrar desde el borde del mar hasta las sierras más altas de nuestro entorno, aunque su vida gira alrededor del agua y los entornos húmedos, siendo frecuente verlas bebiendo en charcas y regatos. Es una cuestión práctica que tiene que ver, si me permiten la indiscreción, con la cosa sexual. En entornos secos, dicho de forma elegante, los órganos reproductores de los machos se vuelven duros y rígidos.
Quizás algunas lectoras se preguntarán cual es el problema, pero las apariencias engañan y en tales circunstancias los órganos en cuestión (los de ellos) dejan de ser funcionales, vaya, que muy bien, suponemos, para la parte lúdica del asunto pero regular a efectos reproductivos.
Huevos en plantas
Si la cosa va bien la mariposa irá diseminando huevos por sus plantas favoritas (hinojo, perejil, angélica, cardo, zanahoria y ruda) y allí saldrán las oruguitas que se dedicarán a comer y ponerse hermosas proporcionalmente al tamaño de sus progenitores. Sus orugas son una tentación para las aves insectívoras, que las ven como un festival gastronómico, pero para intentar evitarlo, cuando se cabrean o se sienten amenazadas, desenfundan un apéndice que desprende mal olor y ácido buitírico.
El gusanito en cuestión, además de mal genio, tiene un apetito extraordinario, tanto es así que las orugas de Macaón tienen un récord absoluto en la naturaleza: son el único bicho conocido capaz de multiplicar por mil su peso en apenas una semana. De ahí saldrán, tras unos días, las mariposas adultas en todo su esplendor y con esos llamativos ocelos rojos y azules en el borde de sus alas. La función de tan llamativos colores, además del ligoteo, tiene que ver con una estrategia de supervivencia que consiste en que un posible depredador los confunda con ojos, y se lo piense antes de atacar, y en el peor de los casos que se tire a por ellos.
Es una cuestión de fatalista pragmatismo: mejor perder un ala que perder la vida. Luego se dedicarán a ir de flor en flor aprovechando sus ojos compuestos, similares a los de las libélulas, y degustando con las patas (allí tienen ese sentido) las plantas que les sirven de alimento. Luego solo les resta viajar para conocer mundo, pues nuestras amigas son modestamente migratorias y, por ejemplo, podemos verlas revoloteando también por las Cíes.
Lo de volar, aparentemente a lo loco, como todas las mariposas, tiene en las Macaón un significado especial, pues llegan a alturas que ninguna otra mariposa puede alcanzar pues, como si fueran aves rapaces, son especialistas en aprovechar las corrientes térmicas para sobrevolar laderas impracticables para sus primas más modestas.
Y así, en dos generaciones anuales que se corresponden con la primavera y el verano, nuestras amigas aprovecharán el tiempo para vivir en un par de meses, lo suficiente para tener una vida completa.
Además de los problemas clásicos de todos los insectos, los pesticidas utilizados en agricultura, nuestras amigas suman su condición de ser excepcionalmente hermosas, por lo que el coleccionismo es una amenaza añadida para su supervivencia.
Hace unos días, paseando por la serra do Galiñeiro, vivimos un ejemplo que viene al caso. Nos cruzamos con una familia con dos niños. Uno de ellos llevaba en una mano un cazamariposas, de esos que se encuentran en las tiendas de «todo a 100» y en la otra un bote que contenía un hermoso ejemplar de Macaón recién capturado. Como la educación ambiental es una herramienta poderosa comentamos a la familia más o menos lo mismo que acaban de leer. Tras un instante de reflexión, sin decir palabra, el niño abrió el bote y la mariposa salió volando. Rompimos en aplausos y nos dimos muchos besos y abrazos.
Como verán la historia terminó con final feliz para la mariposa, pero nos esperaba un epílogo todavía mejor. Cuando salimos por el monte acostumbramos a recoger la basura que vemos por el camino. Al llegar al primer contenedor que encontramos de regreso fuimos a depositarla y no se imaginan lo que vimos tirado dentro. Efectivamente, el cazamariposas.
DE NOVO NO PARQUE ARQUEOLÓXICO DE TOURÓN

O aparcadoiro cheo. As cadeiras diante do centro de interpretación, todas ocupadas. Xente de pé…
Estamos de novo no Parque Arqueolóxico de Tourón, en Ponte Caldelas, porque o historiador e arqueólogo Xosé Lois Vilar volve ofrecer unha visita guiada por este xacemento, cunha extensión de máis de 150.000 metros cadrados, onde se poden visitar varios conxuntos de gravados rupestres que datan do Neolítico final-Idade do Bronce: Outeiro da Forcadela, Naval de Martiño, Coto das Sombriñas, Laxe das Cruces, Coto da Siribela.
Curiosamente, a sección dedicada á Área Arqueolóxica de Tourón que se aloxaba na web do Concello de Ponte Caldelas está desactivada e non se pode consultar información relacionada con estes petroglifos. De telo sabido antes, teriámoslle preguntado o motivo ao novo alcalde, o socialista Andrés Díaz, que foi un dos asistentes a esta convocatoria, xunto cos concelleiros nacionalistas Lito Muíños e Manuel Barreiro…
[A noticia da visita guiada, na web do Concello]

A charla previa, con proxección complementaria de fotografías e vídeos, ocupou hora e media, á que lle seguiría a visita nocturna. Deron para moito eses case 90 minutos: para facer un amplo repaso a un legado rupestre que se remonta 4.000 anos atrás ao longo e ancho de Galicia e do norte de Portugal, para escoitar unha vez máis as marabillas que conta Xosé Lois Vilar do patrimonio arqueolóxico do Val Miñor (non debe haber mellor promotor turístico e cultural desa zona… xa lles gustaría [ou non!] a moitos concellos), para tomar nota dos seus cumpridos agradecementos ao traballo de expertos como Antonio de la Peña e Buenaventura Aparicio na descuberta, catalogación e estudo de moitos elementos, e tamén para rir un pouco co humor e coas anécdotas contadas por Vilar, especialmente cando critica as ridículas referencias dalgúns estudos académicos facendo referencia á descrición de determinados petroglifos.
Pero sobre todo, fixo fincapé no perigo que corren moitos gravados rupestres cercados pola vexetación que, a causa do abandono, fan que sexan tan vulnerables aos incendios forestais: as altas temperaturas que acadan as pedras expostas ao lume provocan a formación de termoclasas, esfarelando a súa superficie e destruíndo para sempre a pegada dos ancestros.
Repetiuno non unha, nin dúas, senón varias veces… Se non hai cartos para poñerlles un valado ou un panel informativo, pois nada, pero o básico, o prioritario, o fundamental, é rozarlles os fentos, as xestas e os toxos que medren arredor. Moitos gravados citou Vilar -todos de gran vistosidade polas figuras que representaban- que acabaron irrecoñecibles ou aniquilados.

Formas abstractas de significado descoñecido -non nos deixaron o folleto explicativo, bromeaba Vilar!-, labirintos, espirais, círculos concéntricos, coviñas; representacións de armas para escenificar poder, dominación, destreza no traballo dos metais; escenas de caza con ou sen figura humana, cervos de extraordinaria e esaxerada cornamenta, marcados sexualmente, feridos mortalmente polas lanzas…
Os nosos devanceiros quixeron deixarnos eses testemuños do seu modo de vida, da súa forma de relacionarse coa natureza, do seu pensamento aínda indescifrable nalgúns aspectos.

Quen non tivera ocasión de asistir á charla e á visita guiada, ou quen non tivera tempo de facer o percorrido completo, ten unha nova oportunidade o vindeiro 27 de agosto no marco das actividades de “Monumenta: difusión do patrimonio restaurado”, organizadas pola Xunta:
Ás 20:00 horas, visita ao centro de interpretación.
Ás 20:30 horas, conferencia do comisario de arte contemporánea Ángel Cerviño e do artista sonoro Carlos Suárez, sobre a relación entre arte e natureza no século XXI.
Ás 21:00 horas, concerto de Leilía no exterior do centro de interpretación.
Ás 22:00 horas, visita guiada co arqueólogo Santiago Vázquez Collazo á área arqueolóxica para ver os petroglifos con luz artificial, e co arqueólogo e especialista en astronomía Pablo Martínez Alemparte, para trazar a posible relación entre as estrelas e os gravados rupestres.

Publicado en Imaxes, Xeral | Etiquetas: Patrimonio rupestre
A RUTA DOS MIRADOIROS DE MARÍN NON É NADA NOVO

≡
O pasado mes de abril a Asociación Monte Pituco presentou unha queixa ante o Concello de Marín pola exclusión do Monte Pituco no proxecto de creación dunha ruta de miradoiros: “O CONCELLO DE MARÍN EXCLÚE O PITUCO DO PROXECTO DOS MIRADOIROS“.
Naquel escrito solicitábaselle á concelleira de Turismo que, atendendo aos valores naturais, paisaxísticos, históricos e culturais do Monte Pituco, e tendo en conta o incremento de visitantes a este ‘balcón da ría’ coa creación do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños, o Concello de Marín non podía deixar o Monte Pituco á marxe desa iniciativa.

Catro meses despois, a prensa local informa que a Axencia Turismo de Galicia subvencionou o proxecto, denominado “Marín, tes moito que ver: Roteiro dos cinco miradores” cun 67,5% do orzamento total, que acada os 13.000 euros.
Pero a Asociación Monte Pituco sabe que este “Roteiro dos miradores” que o actual Goberno local de Marín vai poñer en marcha NON É NADA NOVO.
De feito, antes de que María Ramallo accedera á alcaldía, existiu un proxecto para crear unha RUTA DE MIRADORES no Concello de Marín e a empresa marinense Estudios Mikar realizou o informe de impacto medioambiental, tal e como se amosa na imaxe que encabeza este artigo.
Esta información -que xa non está dispoñible na Internet- apareceu durante un tempo na páxina web da empresa. Foi un dos datos que a Asociación Monte Pituco recabou entre os anos 2010 e 2011 na súa loita contra a clasificación do Monte Pituco como solo industrial.
Daquela, eran catro os miradoiros proxectados. O primeiro deles, o do Monte Pituco. Por esta razón resultaba inconcebible a intención do Goberno local bipartito PSOE-BNG -encabezado polo socialista Francisco Veiga como alcalde e cos nacionalistas Pilar Blanco e Xosé María Vilaboa, nas concellerías de Medio Ambiente e Urbanismo, respectivamente- de proxectar un polígono industrial onde paralelamente existía o proxecto de crear un miradoiro como espazo de esparcemento da cidadanía e de promocion turística para a vila.
Nese proxecto tamén se contemplaban outros miradoiros en Macenlle, na Teoira (erroneamente citado como Teoría na web de Mikar) e na Pastoriza.
Por iso o proxecto do actual goberno do PP non é novidoso, senón unha copia tuneada dun antigo expediente esquecido nalgún caixón.
Á Concellería de Turismo e á Alcaldía de Marín non lles interesa en absoluto o Monte Pituco dende o punto de vista medioambiental e natural; todo o contrario, están agardando a tempos mellores para que o Goberno ‘amigo’ da Xunta acade financiación para desenvolver ese Plan Sectorial de Ordenación de Áreas Empresariais no que se incluíu inxustamente o parque empresarial de Marín-Pornedo; ou a que algunha empresa ‘amiga’ do Porto de Marín teña a ben poñer sobre a mesa o tanto por cento mínimo para xustificar a construcción do polígono de turno; o que a xerencia ‘amiga’ do Consorcio da Zona Franca de Vigo pouse a súa ollada en Marín para facilitarlle superficie ás empresas que non teñan abondo co solo dispoñible nos parques de A Granxa, Balaídos, Bouzas, Porto Molle, no parque tecnolóxico e loxístico de Beade-Valadares, ou que non teñan claro o futuro da polémica Plisán…
Á Concellería de Turismo e á Alcaldía de Marín non lles importa para nada o patrimonio histórico e cultural do Monte Pituco porque nestes días, cando se están realizando obras a carón dun dos xacementos máis interesantes e singulares do Concello -os petroglifos de Pinal de Caeiro, coñecidos como ‘O ciclista’- ignoran as peticións da Asociación Monte Pituco para que os técnicos municipais verifiquen -tan só verifiquen- se as medidas de control arqueolóxico son as idóneas para garantir a protección e a conservación dos gravados rupestres.
A pesar do desinterés da Concellería de Turismo e da Alcaldía de Marín por todo o que beneficie a mellora e a promoción do Monte Pituco; a pesar da discriminación e da exclusión á que sexa sometido o Pituco por parte do Goberno local de Marín ante calquera proxecto no que este enclave teña méritos abondo para encaixar, a Asociación Monte Pituco continuará traballando arreo para situalo na mellor posición posible a nivel social, cultural e turístico.
Publicado en Alertas, Denuncias, Hemeroteca, Xeral | Etiquetas: Concello de Marín, Medio ambiente, Política, Prensa
ESCRITO EN PATRIMONIO SOBRE O PETROGLIFO DE PINAL DE CAEIRO

Tal e como se anunciara no anterior artigo, trala negativa da Alcaldía de Marín a supervisar o control arqueolóxico nas obras que está executando a empresa Ortiz á altura dos gravados rupestres catalogados de Pinal de Caeiro en relación ao proxecto de ACUAES para a instalación da nova rede de abastecemento de auga, excusándose en que as competencias nesta materia correspóndenlle á Dirección Xeral de Patrimonio, a Asociación Monte Pituco vén de presentar un escrito na Delegación Territorial da Xunta en Pontevedra instando o Servizo Provincial de Patrimonio Cultural a visitar este xacemento para valorar se son idóneas as medidas de protección acometidas, consistentes en cercar cun valado metálico o acceso aos petroglifos.
Como xa se ten comentado neste blog, observamos que a situación do valado metálico non é todo o eficaz que se agardaba porque o que queda ben resgardado é o panel informativo do xacemento e o acceso aos gravados. Non así os petroglifos que, ao distar uns metros da entrada, quedan desprotexidos ante unha caída accidental de terra, pedras ou materiais de construcción.
Neste sentido, cómpre precisar que nos últimos días xusto ao carón do valado metálico ou, o que vén sendo o mesmo, practicamente diante do xacemento, con apenas uns metros de distancia, a empresa construtora depositou unha estrutura de formigón, tipo arqueta.



Vista frontal do petroglifo de Pinal de Caeiro, na que se observa, ao fondo a arqueta de formigón depositada pola empresa que instala as tubarías da nova rede de abastecemento de auga.

Dende o noso modesto punto de vista, a lonxitude do valado metálico é insuficiente para garantir a protección deste Ben de Interese Cultural; canto máis se a empresa deposita a poucos metros dos petroglifos catalogados unha arqueta de formigón.

A colocación provisional dos tubos, neste momento, alcanza xa a pista de acceso a vivendas do lugar de Caeiro. A veciñanza deste núcleo de poboación está alerta ante a cercanía das obras porque as a gabia que abrirán os operarios da empresa Ortiz afecta as conduccións da auga que abastece as vivendas e as fincas de regadío desta zona.

Publicado en Alertas, Denuncias, Imaxes | Etiquetas: Auga, Concello de Marín, Patrimonio rupestre, Xunta
NO PLENO, SOBRE O PETROGLIFO DE PINAL DE CAEIRO E ACUAES
“Tras la realización del inventario del patrimonio cultural en las zonas próximas a la ubicación del proyecto, se produce afección a las zonas de protección de elementos catalogados. Esto conlleva que, previamente al inicio de las obras, se deberá realizar un proyecto de actuación arqueológica, que deberá estar aprobado y autorizado por parte de la Dirección Xeral de Patrimonio Cultural. Además, en dicho proyecto se tendrán en cuenta las medidas de control y seguimiento, y las comprobaciones a realizar ante cualquier evidencia o hallazgo de carácter arqueológico durante el proceso de ejecución de las obras proyectadas. Cuando las obras se realicen en zonas cercanas a elementos protegidos, se deberán identificar, señalizar y proteger siguiendo las indicaciones de la Consellería de Cultura y del Ayuntamiento de Marín”.
Fragmento do apartado denominado “Medidas de protección del patrimonio cultural”, incluídas no “Proyecto segregado del nuevo abastecimiento de agua a Pontevedra y su ría (margen izquierda) Marín” que impulsa a Sociedad Estatal Aguas de las Cuencas de España (ACUAES) e ás que a Asociación Monte Pituco presentou alegacións con data 19/11/2014.

No Pleno da Corporación celebrado este mércores a voceira do Grupo Municipal da Marea Veciñal de Marín, Sandra Pesqueira, formulou -no apartado de rogos e preguntas- varias cuestións sobre a afección das obras de ACUAES aos gravados rupestres de Pinal de Caeiro:
“Na Marea Veciñal de Marín somos coñecedores de que o trazado da rede de abastecemento que está a facer ACUAES pasa -e de feito nestes días xa se ven tubarías- na contorna dos petroglifos catalogados de Pinal de Caeiro. Para alén de que nos parece totalmente irresponsable facer esta obra sen respectar a área de protección deste petróglifo, queremos saber:
–Que medidas se están a tomar para protexer de posibles danos a este ben de interés cultural.
–Se o Concello ou Patrimonio están a facer un seguemento das obras ou se pensan deixalo para unha hora antes do pleno como a xuntanza pedida pola Asociación Monte Pituco.
No pasado celebráronse carreiras de ciclocros na contorna do Parque Multi-Aventura sen pedir permiso a Patrimonio e sen valorar os posible danos que poderían conlevar as rodadas das motos por riba dos petroglifos localizados e sen localizar neste parque, e sen respectar tampouco a súa área de protección. Queremos saber se os petróglifos de Pinal de Caeiro sufrirán semellante desconsideración ou se, pola contra, se van preocupar de ver como transcorren as obras de ACUAES”.
A resposta de María Ramallo foi a seguinte:
“Efectivamente, ACUAES ten presentado un proxecto que ten todas as autorizacións pertinentes das Administracións, unha delas é a autorización de Patrimonio, o que lle autorizou e ten presentado un control arqueolóxico respecto deste tema en Patrimonio da Xunta de Galicia como organismo competente. ACUAES ten presentado ante Patrimonio da Xunta de Galicia e xa autorizou o control arqueolóxico das obras que está executando. A empresa contratada terá que facer un control arqueolóxico que é paralelo, é condición sine qua non das propias obras. O organismo competente no tema de patrimonio é Patrimonio da Xunta de Galicia. Nesas obras, é Patrimonio da Xunta de Galicia, igual que noutros proxectos que tramita o Concello e que requiren a autorización de Patrimonio. Neste caso, requeriulles facer un control arqueolóxico. O control arqueolóxico presentárono e xa foi aprobado por Patrimonio da Xunta de Galicia na última comisión, haberá dúas ou tres semanas. Por tanto é un tema que, arqueoloxicamente, entendemos que está controlado”.
Mentres María Ramallo intentaba saír ao paso destas críticas, a concelleira de Cultura, María José de Pazo, erguía a man insistentemente dende o seu asento, apelando á alcaldesa para que lle cedese a palabra, cousa que a rexedora municipal fixo, aparentemente non moi segura de que fose o máis adecuado, pero pedíndolle brevidade á edil. María José de Pazo replicou primeiro ás queixas da Marea Veciñal de Marín sobre a programación do Museo Municipal Manuel Torres e, a continuación, referiuse á reunión que mantivera coa Asociación Monte Pituco, durante a hora anterior ao comezo do Pleno:
“Respecto ao horario de reunións, teño que comentarlle que hoxe a partir das 4 e media da tarde tivemos reunión con diversos colectivos Beatriz, eu e a miña compañeira Cristina. As tres traballamos e temos que adecuar os nosos horarios laborais á atención ao público. Vostede di que unha hora antes (do pleno) atendemos a un colectivo: as tres persoas que viñeron dese colectivo quedaron moi contentas e non puxeron ningunha obxección a esa hora que lles puxemos. Concretamos próximas reunións e non tivo ninguén ningún problema, non sei a conto de que vén ese comentario”.
A voceira de Marea Veciñal de Marín quixo puntualizar as afirmacións realizadas por María José de Pazo pero a alcaldesa impediullo:
“As preguntas contéstaas a Alcaldía ou calquera otro concelleiro. Ela (María José de Pazo) quixo puntualizar sobre a reunión. En rogos e preguntas non se promove debate”.
Dende a Asociación Monte Pituco cómpre formular as seguintes observacións sobre o acontecido no Pleno:
1º/ Agradecer o interese da Marea Veciñal de Marín pola protección dos petroglifos de Pinal de Caeiro con esa pregunta dirixida ao goberno local. Pregunta que o Grupo Municipal de Marea Veciñal de Marín formulou por iniciativa propia, sen petición previa por parte da Asociación Monte Pituco.
2º/ Lamentar que a alcaldesa non coñeza polo miúdo o proxecto das obras de ACUAES que, como xa se indicou ao principio deste artigo, contemplan que o Concello de Marín está capacitado para intervir e indicar os procedementos que mellor conveñan para a identificación, sinalización e protección do patrimonio arqueolóxico. Outra cousa é que o Goberno local de Marín eluda as súas responsabilidades, como quedou claro coa resposta de María Ramallo.
3º/ Anunciar que a Asociación Monte Pituco vai solicitar a intervención de Patrimonio da Xunta, a través do servizo provincial de Cultura en Pontevedra. Que esa solicitude non ten nada que ver con ningunha desconfianza cara ao proxecto de ACUAES no que respecta ás medidas de control arqueolóxico dos petroglifos de Pinal de Caeiro, nin pretenden cuestionar a actuación da empresa que realiza as obras trala instalación do valado metálico e das cintas de balizamento no contorno do gravado rupestre. Esa solicitude dirixida á Patrimonio é froito da actitude da Alcaldía de Marín e das Concellerías de Cultura, Patrimonio e Turismo pola súa falta de interese cara ao patrimonio arqueolóxico do Concello.
4º/ Lamentar a intervención da concelleira de Cultura coas alusións directas aos membros da Asociación Monte Pituco que acudiron á reunión no Concello. Lembrarlle a María José de Pazo que no inicio da xuntanza fixemos constar o noso malestar polas condicións nas que foramos convocados: máis dun mes despois de ter pedida a entrevista, unha hora antes do pleno e nunha sala da Casa Consistorial en vez de acceder á proposta deste colectivo de visitar os petroglifos de Pinal de Caeiro ante as circunstancias motivadas polas obras de ACUAES. Así se fixo constar xa neste blog nun artigo anterior: “Xuntanza coas concelleiras“. Descoñecemos as pretensións da concelleira de Cultura con esa desafortunada intervención extemporánea no Pleno, cando a pregunta da voceira da Marea xa fora contestada pola Alcaldía, pero non aprobamos en absoluto a mentira nin a manipulación, e moito menos, a utilización ao seu favor desta Asociación e dos seus representantes, que o menos que podemos facer, por educación, é agradecerlle o tempo dedicado á xuntanza.
Publicado en Denuncias, Xeral | Etiquetas: Concello de Marín, Patrimonio rupestre, Política


















Comentarios recentes