Publicado por: MontePituco | 16/09/2015

A MÁMOA DE CHAN DE ARMADA, RODEADA DE SILVAS

Mámoa de Chan de Armada

Corría o mes de marzo de 2015 ciando visitamos a mámoa de Chan de Armada nunha ruta organizada pola Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo. Xa daquela puidemos comprobar o estado de abandono no que se atopan este xacemento. 

Seis meses despois, a prensa local dá conta do empeoramento das condicións, coa maleza invadindo aínda máis os restos deste túmulo prehistórico. A actuación arqueolóxica realizada en 2009 no marco da frustrada Ruta das Mámoas do Morrazo foi un investimento perdido, ante a ausencia do necesario mantemento que require o patrimonio. 

Esta situación evidencia unha absoluta falta de interese por parte do Concello de Marín, en primeira instancia, como Administración local, que  simplemente se limita a lavar as mans e a pasarlle a pelota á Xunta, co socorrido argumento de que a Dirección Xeral de Patrimonio é o organismo competente nesta materia. 

Nin limpeza, nin sinalización, nin promoción. Estas son as cartas de presentación do Concello de Marín na xestión dos bens históricos e culturais, que languidecen e se estragan como resultado da desidia institucional.

La Voz de Pontevedra

Las zarzas asfixian el área de la mámoa de Chan de Armada

Yace en el olvido, cubierta de zarzas y sin ninguna señalización que la identifique ni para los aficionados a la historia ni a los turistas

M. Gago. Marín. La Voz, 16 de septiembre de 2015.

La mámoa de Chan de Armada, en la parroquia marinense de San Tomé de Piñeiro, yace en el olvido, cubierta de zarzas y sin ninguna señalización que la identifique ni para los aficionados a la historia ni a los turistas. Situada junto al cruce de la carretera provincial que va de A Cruz da Maceira al lago de Castiñeiras con los viales que proceden de Sobreiras (Vilaboa) y O Pereiro (Marín), esta mámoa prehistórica fue objeto de una intervención científica, auspiciada por la Xunta en el 2009.

Seis años después, los resultados de esa excavación aún no han sido difundidos entre el gran público, más allá de lo que trascendió durante la excavación. Un cercado de madera, deteriorado por tramos e inaccesible en casi todo su perímetro, revela que se proyectó en su momento incluirla en la oferta cultural de Marín. Actualmente, las zarzas ocultan y la maleza cortan el paso de los viandantes.

Éxito de visitas en Mogor

El Concello de Marín hizo público ayer el éxito de visitantes al centro de interpretación de los petroglifos de Mogor. La memoria indica que el pasado agosto pasaron por esta instalación 1.187 personas -un 35 % más que en julio- y de las que 195 lo hicieron en las giras guiadas durante la noche para contemplar estos grabados rupestres. Estas estadísticas muestran el interés que hay por este complejo arqueológico, por el que desde que abrió el pasado junio se han contabilizado 2.237 visitantes.

Mentres o Concello de Marín se afana en vender e lucir os datos de afluencia de público ás visitas guiadas ao Centro de Interpretación dos Petroglifos de Mogor, o patrimonio arqueolóxico existente no rural marinense -San Xulián, San Tomé de Piñeiro…- soporta o trato desigual e discriminatorio do Goberno local, que non se implica na súa conservación nin na súa promoción.

O máis sangrante, no caso de xacementos como Pornedo, Sete Camiños e Pinal de Caeiro, na parroquia de San Xulián, é que están afectados polo proxecto de construcción dun polígono industrial, agredindo a área de cautela arredor dos petroglifos. Na primeira e única ocasión que a alcaldesa, María Ramallo, acudiu ao Monte Pituco para coñecer uns gravados que nunca visitara, xa demostrou o seu desinterés pola súa mellora, remitindo calquera actuación de adecentamento á capacidade económica da Comunidade de Montes.

En efecto, acabou sendo a Comunidade de Montes de San Xulián a que accedeu a integrarse no proxecto do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños, no que están inscritos os gravados de Pornedo, Sete Camiños e Pinal de Caeiro. E dende a Asociación Monte Pituco damos verídica fe das visitas que reciben estes xacementos, ben por parte de persoas que de motu propio se achegan ata o miradoiro do Pornedo e a súa contorna, ben polas rutas guiadas que organizan tanto a Asociación Monte Pituco, como a Plataforma Montes do Morrazo ou os promotores do Espazo Sete Camiños.

Hai un dato que chama poderosamente a atención nas estatísticas de visitantes no Centro de Interpretación dos Petroglifos de Mogor: a maioría son veciños e veciñas de Marín que descoñecían este xacemento malia telo á porta da casa, ou que o coñecían pero que non tiveran a oportunidade de que un profesional -historiador/a, arqueólogo/a- llo explicara no contexto axeitado. 

Pódense extraer varias conclusións:

-Que se o Concello de Marín destinou fondos á promoción turística destes recursos entre os visitantes, non acadou o seu obxectivo, tendo en conta que foron os propios marinenses os que mellor responderon a estas actividades.

-En consecuencia, evidénciase dunha banda a desinformación que había a nivel local e, por outra parte, a gran demanda de coñecemento e o interese por parte da cidadanía da propia vila.

-E como resultado disto, é obvio deducir que cómpre que o Concello de Marín reforce a promoción interna con campañas divulgativas dirixidas á veciñanza para que coñeza e aprecie o patrimonio de tod@s. Un labor que, por dereito, debe realizarse con equidade para todo o territorio municipal, facendo extensivos os esforzos non só aos petroglifos de Mogor e ao castro da Subidá, que son os únicos que capitalizan a atención do Goberno local, senón tamén ao non menos valioso patrimonio arqueolóxico de San Xulián, mais tamén de San Tomé, Ardán, O Campo e Mogor.

Petroglifos de Pornedo.

Petroglifos de Sete Camiños.

Petroglifo catalogado de Pinal de Caeiro. (Foto, Juan Carlos Epifanio).


Responses

  1. […] Mámoa de Chan de Armada: ver artigo “A mámoa de Chan de Armada, rodeada de silvas” […]


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

%d bloggers like this: