Publicado por: MontePituco | 17/08/2015

ESCRITO EN PATRIMONIO SOBRE O PETROGLIFO DE PINAL DE CAEIRO

Escrito dirixido ao Servizo Provincial de Patrimonio.

Tal e como se anunciara no anterior artigo, trala negativa da Alcaldía de Marín a supervisar o control arqueolóxico nas obras que está executando a empresa Ortiz á altura dos gravados rupestres catalogados de Pinal de Caeiro en relación ao proxecto de ACUAES para a instalación da nova rede de abastecemento de auga, excusándose en que as competencias nesta materia correspóndenlle á Dirección Xeral de Patrimonio, a Asociación Monte Pituco vén de presentar un escrito na Delegación Territorial da Xunta en Pontevedra instando o Servizo Provincial de Patrimonio Cultural a visitar este xacemento para valorar se son idóneas as medidas de protección acometidas, consistentes en cercar cun valado metálico o acceso aos petroglifos.

Como xa se ten comentado neste blog, observamos que a situación do valado metálico non é todo o eficaz que se agardaba porque o que queda ben resgardado é o panel informativo do xacemento e o acceso aos gravados. Non así os petroglifos que, ao distar uns metros da entrada, quedan desprotexidos ante unha caída accidental de terra, pedras ou materiais de construcción.

Neste sentido, cómpre precisar que nos últimos días xusto ao carón do valado metálico ou, o que vén sendo o mesmo, practicamente diante do xacemento, con apenas uns metros de distancia, a empresa construtora depositou unha estrutura de formigón, tipo arqueta.

Arqueta a carón dos petroglifos de Pinal de Caeiro.

Dende os petroglifos de Pinal de Caeiro.

Arqueta a carón dos petroglifos de Pinal de Caeiro.

Vista frontal do petroglifo de Pinal de Caeiro, na que se observa, ao fondo a arqueta de formigón depositada pola empresa que instala as tubarías da nova rede de abastecemento de auga.

Arqueta e valado metálico, con respecto á ubicación do petroglifo de Pinal de Caeiro.

Dende o noso modesto punto de vista, a lonxitude do valado metálico é insuficiente para garantir a protección deste Ben de Interese Cultural; canto máis se a empresa deposita a poucos metros dos petroglifos catalogados unha arqueta de formigón.

As tubarías de ACUAES, chegando ao Caeiro.

A colocación provisional dos tubos, neste momento, alcanza xa a pista de acceso a vivendas do lugar de Caeiro. A veciñanza deste núcleo de poboación está alerta ante a cercanía das obras porque as a gabia que abrirán os operarios da empresa Ortiz afecta as conduccións da auga que abastece as vivendas e as fincas de regadío desta zona.

As tubarías de ACUAES, chegando ao Caeiro.

 


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

%d bloggers like this: