Publicado por: MontePituco | 28/09/2015

DESPEDIMOS O PÁRROCO JORGE GÓMEZ GUDE

Igrexa parroquial de San Xulián.

Despois de tres décadas á fronte da parroquia de San Xulián, Jorge Gómez Gude cambia de aires. Unhas fontes din que se trata dunha paréntese temporal; outras, que a retirada é definitiva. Sexa como sexa, dende a Asociación Monte Pituco desexámoslle ao párroco e profesor da Universidade de Vigo a mellor das sortes na nova etapa que emprende.

Curiosamente, cando xa se despedira dos seus fregueses nas igrexas de San Xulián e de San Pedro, e a piques de pechar as maletas rumbo ao seu novo destino, Gómez Gude recibiu un último encargo: oficiar a misa solemne na honra de San Miguel, no Templo Novo de Marín.

Jorge Gómez Gude, na misa solemne de San Miguel

Jorge Gómez Gude deixa Marín con aplausos; os que recibiu por parte dos asistentes a este oficio relixioso na parroquia de Santa María do Porto.

En San Xulián botaremos de menos a este párroco que a ninguén deixou indiferente na súa ampla traxectoria. Pode que esteamos asistindo a un novo exemplo da máxima segundo a cal nada se apreza abondo ata que se perde.

Botaremos de menos a súa aposta polo galego, lingua que utilizaba nas súas intervencións; unha práctica que o seu sucesor -o marinense José Antonio Pedrosa- non mantén, xa que as misas e demais oficios relixiosos pasaron a realizarse en castelán.

Botaremos de menos a súa sensibilidade coa cultura, coa formación intelectual, tal e como demostrou coas súas recentes colaboracións con entidades como a Asociación pola Memoria Histórica de Marín.

E máis aínda, botaremos de menos o seu firme posionamento a prol da defensa e conservación do Monte Pituco (Pornedo) fronte ao nefasto proxecto de construcción dun polígono industrial. Unha postura que fixo pública a través do boletín parroquial, en marzo de 2010, cando proclamou o seu rexeitamento á “ruína do monte comunal”.

Cabeceira da folla parroquial de San Xulián de Marín

Fragmento da folla parroquial de San Xulián, marzo de 2010

É de xustiza recoñecer estes xestos, por riba de calquera outra consideración sobre unha traxectoria na que tivo tanto simpatizantes como detractores. Que lle preste, pois, este cambio de aires, que redunde na adquisición de novas experiencias, e que a distancia lle permita ver con perspectiva o labor realizado en San Xulián. 

Dende o ‘balcón da ría’, boa andaina.


Respostas

  1. […] advertiamos que en San Xulián se acabaría botando de menos o anterior cura [ver artigo “Despedimos o párroco Jorge Gómez Gude“] pensabamos xustamente no potencial desencontro lingüístico, que acabou xurdindo, […]


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

A %d blogueros les gusta esto: