Publicado por: MontePituco | 29/09/2015

…NON PARECE SATISFACER, NON; É QUE NON SATISFACE

La Voz, 27 setembro 2015

Este fin de semana a edición de Pontevedra de La Voz de Galicia abría cunha reportaxe sobre un tema socorrido en época de crise: a dispoñibilidade de solo industrial. Co seguinte lema: “A Reigosa y Barro-Meis concentran la adquisición de suelo industrial

Nun dos destacados da información publicada por Marcos Gago titulábase: “Marín continúa sin puerto seco y Bueu sin ampliación”.

E neste apartado, chamábanos a atención a seguinte frase:

“En el municipio de Marín no hay un parque industrial, ni tampoco el previsto en el monte Pituco parece satisfacer las necesidades logísticas de un puerto seco”.

Cómpre matizar, inexcusablemente, esta afirmación con certo tinte condicional ou hipotético. E para iso non temos máis remedio que recorrer a outro xornal da competencia, que xa en novembro de 2009 precisaba, citando o presidente da Autoridade Portuaria, José Benito Suárez Costa:

“Suárez recuerda a Marín que la propuesta de Monte Pituco fue desechada en 2000”

Faro de Vigo, 18 de noviembre de 2009: Suárez recuerda a Marín que la propuesta de Monte Pituco fue DESECHADA en 2000.

Porque demandamos rigor: efectivamente hai proxectado un polígono industrial no Monte Pituco -así o dictaminou o PXOM e contra esa decisión está loitando a Asociación DEFENDE O MONTE PITUCO-. Pero non é menos certo -e así o recolleu o Faro de Vigo- que o Monte Pituco non entra nos plans do Porto de Marín para dotarse dunha área loxística: carece de conexión ferroviaria e non se vai instalar, o desnivel do terreo é un factor “inviable” para os técnicos, por non insistir nos inconvintes medioambientais ante a clasificación do Monte Pituco como Espazo Natural pola súa pertenza aos Montes do Morrazo (Normas Subsidiarias e Complementarias Provinciais de Planeamento da provincia de Pontevedra, de 1993).

…Por tanto, soster que o Monte Pituco “non parece satisfacer as necesidades dun porto seco” NON É EXACTO. 

Esta modesta observación quere entrar na forma, mais tamén no fondo da noticia, para evitar que sigan calando na poboación mensaxes que non se corresponden coa realidade.

En consecuencia, dende a Asociación MONTE PITUCO continuaremos facendo pedagoxía, matizando o matizable e mantendo vivas as reivindicacións desta plataforma veciñal a prol da conservación do ‘balcón da ría’, da paisaxe, da natureza e do patrimonio histórico.

Grazas.

 


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

A %d blogueros les gusta esto: