Publicado por: MontePituco | 30/09/2015

RUTA POR SETE CAMIÑOS COAS ASOCIACIÓNS ACEMAS E RONSEL

Ruta por Sete Camiños con ACEMAS e Ronsel

Interesados en coñecer o patrimonio e os lugares de interese do Concello de Marín para ser os primeiros en recomendar, divulgar e promocionar entre os clientes dos seus negocios e os visitantes que se acheguen aos seus establecementos, a Asociación de Comerciantes de Marín Sur -ACEMAS- van visitar este domingo o Monte Pornedo e o Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños. A Agrupación Cultural Ronsel, de Seixo, sumarase á andaina, que está aberta ao público en xeral.

Será o domingo 4 de outubro, con saída ás 17:00 horas dende a arboreda do Monte Pituco, a carón do cruce do cruce do Regueiriño e da saída da Variante de Marín en sentido Figueirido. En caso de chuvia, aprazaríase ata novo aviso.

 


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

A %d blogueros les gusta esto: