Publicado por: MontePituco | 27/09/2015

VIVA SAN MIGUEL

Danza de Espadas de San Miguel

A brancura nos atuendos dos danzantes, os panos azuis adornando as faldas e as camisas das mozas, as faixas vermellas reforzando a intensidade das voltas e reviravoltas dos mozos… A Danza de Espadas volveu emocionar os marinenses en vésperas da celebración -este 29 de setembro- do día de San Miguel, patrón do gremio de mareantes.

O MONTE PITUCO sumouse a esta festa, declarada de Interese Turístico de Galicia, porque forma parte do acervo cultural da nosa vila. Unha vila que ten as súas raíces históricas no antigo San Xián dos Ancourados, actual parroquia de San Xulián.

Por iso nos encomendamos a San Miguel, para que afaste coa súa espada os pro-polígono que ameazan con causar un destrozo irreversible na paisaxe litoral de Marín; os pro-polígono, que só buscan satisfacer os seus intereses aínda que iso supoña arrasar un legado arqueolóxico que debería ser respectado e difundido entre a veciñanza como elemento identitario; os pro-polígono, que enchen a boca pronunciando palabras como “patrimonio”, “historia” ou “tradición” cando detrás desa fachada artificial ocultan a súa verdadeira faciana de hipocresía, incoherencia e postureo. 

…Viva San Miguel! …E viva o Monte Pituco!


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

A %d blogueros les gusta esto: