Publicado por: MontePituco | 26/09/2015

LIMPEZA DO RÍO LOIRA, CON RONSEL

Proxecto Ríos no Loira, organizado por Ronsel.

A Agrupación Cultural Ronsel volve coordinar un ano máis a limpeza do río Loira, no marco dunha campaña de limpeza dos ríos que organiza Adega de forma simultánea en toda Galicia. Grazas á sensibilidade ambiental de Ronsel e das persoas que se suman a esta iniciativa, a vila de Marín pode figurar no mapa dos concellos comprometidos coa boa saúde dos nosos ecosistemas fluviais.  

A ASOCIACIÓN MONTE PITUCO puido participar o ano pasado nesta xornada, tal e como contamos no artigo titulado “REMONTAR O RÍO… LOIRA“. E dende MONTE PITUCO animamos a veciñanza a colaborar nesta acción, por necesaria, positiva e beneficiosa.

O punto de encontro será ás 10:00 horas na Casa da Cultura de Seixo, onde se formarán dous grupos de traballo: un actuará a partir da ponte da circunvalación para avanzar río abaixo, mentres que o outro comezará na praia de Loira para continuar río arriba. O Concello de Marín vai achegar luvas e bolsas, ademais de retirar posteriormente o lixo que sexa retirado.

Adega tamén contribúe a asesorar os grupos de activistas con indicacións sobre seguridade e consellos para actuar no río sen perxudicar o equilibrio ecolóxico.

Limpeza dos ríos, por Adega.

Limpeza dos ríos, por Adega.

Limpeza dos ríos, por Adega.

LimpezaRíos1

 


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

A %d blogueros les gusta esto: