Publicado por: MontePituco | 26/08/2015

DEDICADO AO PSOE E AO BNG DE MARÍN

“Non vivimos xa no século XVIII, nin no XIX, vivimos no século XXI e todo o que ten que ver co RESPECTO AO ENTORNO, AO MEDIO AMBIENTE, ten que estar na sensibilidade política“.

Carmela Silva, presidenta da Deputación de Pontevedra e tenente alcalde socialista do Concello de Vigo

Carmela Silva

Esta frase foi pronunciada hoxe no Pazo Provincial a propósito do compromiso do goberno bipartito PSOE-BNG na Deputación de Pontevedra de sumarse á “ofensiva política, institucional e social” anunciada polo alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, contra a consolidación do complexo industrial Ence-Elnosa en Lourizán, a carón da ría de Pontevedra. 

…Pero ben se podería aplicar tamén ao mal exemplo dos seus homólogos no Concello de Marín durante o mandato PSOE-BNG encabezado polo tamén socialista Francisco Veiga, que perpetrou a clasificación do Monte Pituco, pertencente ao Espazo Natural dos Montes do Morrazo, como solo industrial coa complicidade inxustificable de dous concelleiros nacionalistas -Pilar Blanco e Xosé María Vilaboa- nas concellerías de Medio Ambiente e de Urbanismo.

NON ESQUECEMOS

NON PERDOAMOS


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s

Categorías

%d bloggers like this: