La Voz, 11 novembro 2015

La Xunta se expone a quedarse sin el centro de fauna de Cotorredondo

San Xulián advierte a Medio Ambiente de que el convenio se agotó en el 2013

Publicado por: MontePituco | 10/11/2015

CARREIRAS ILEGAIS NA CONTORNA DO LAGO CASTIÑEIRAS

 

DiarioDePontevedra

Diario, 10 novembro 2015

Detectan a 200 jóvenes participando en carreras ilegales en O Campiño y el Lago

Faro de Vigo

La Guardia Civil vuelve a vigilar O Campiño y el lago Castiñeiras al detectar de nuevo carreras ilegales

El pasado fin de semana Tráfico denunció a ocho conductores en un dispositivo contra este tipo de exhibiciones temerarias. Uno de ellos, en Marín, intentó huir de los agentes y acabó sufriendo un aparatoso accidente

La Voz de Pontevedra

Denunciados ocho conductores en operativos contra carreras ilegales

Uno de  los sospechosos huyó de la Guardia Civil y terminó estrellándose

 

Roteiro pola protección do Monte Pituco (Pornedo).

[Foto dun roteiro de sendeirismo polo Monte Pituco]

As concentracións organizadas pola Asociación Pedaladas e secundadas pola Asociación de Ciclistas Galegos, a Federación Galega de Ciclismo, xunto con colectivos como Masa Crítica de Pontevedra e outras agrupacións de ciclistas, non caeron en saco roto e, ás poucas horas, xa tiveron réplica por parte do presidente da Organización Galega de Comunidades de Montes Veciñais en Man Común, Xosé Alfredo Pereira, e do secretario da Unión de Tecores de Galicia (UNITEGA), Antonio Mota, que asinaron un contundente comunicado conxunto de ambas organizacións, co seguinte texto:

A Organización Galega de Comunidades de Montes Veciñáis en Man Común (ORGACCMM) e a Unión de Tecores de Galicia (UNITEGA), diante das lamentables declaracións nos medios de comunicación social feitas por algúns ciclistas, e persoas descoñecederas da lexislación vixente, nas que acusaban, sen proba algunha, directamente a veciñanza comuneira e os cazadores, da colocación de cables e táboas con puntas atravesando pistas e camiños forestais, queremos manifestar publicamente:

1) A condena absoluta pola colocación de obstáculos, cables e táboas con puntas nos camiños e nas pistas dos montes, xa que supoñen un verdadeiro acto criminal contra os usuarios, tanto sexan titulares dos mesmos ou non. Neste sentido, reclamamos tanto da Policía Autonómica como do Seprona e da Consellería do Medio Rural, a aplicación de dispositivos de vixiancia nas zonas onde se detectaron, co fin de deter e poder xulgar os delincuentes que os colocan.

2) Os montes veciñais en man común, non son públicos nin privados; son propiedade colectiva, polo tanto comunitarios. A súa titularidade correspóndelle única e exclusivamente á veciñanza comuneira dun lugar, aldea ou parroquia, sendo -dentro das normativas vixentes- os únicos que teñen potestade para decidir sobre estas terras.

3) Ademais de ser unha titularidade comunitaria, os montes veciñais son espazos abertos que cumpren funcións produtivas, medioambientais e sociais. Moitas persoas que non ostentan a condición de veciño/a comuneiro/a son usuarios da función social do monte (sendeirismo, cogumelos, paseos con cans, mountain bike, etc). Mais non poden facelo como se todo o rural fose un inmenso espazo público. Estes usos teñen que estar regulamentados e autorizados polos titulares das terras, como acontece cos aproveitamentos gandeiros, cinexéticos, custodia do territorio, ou mesmo con algún clube deportivo.

4) Esixir, por alleos, usar as terras do monte veciñal e do rural sen autorización dos seus titulares, é un acto de invasión, de ocupación ilegal. Actos que soamente poden traer consecuencias negativas tanto para os titulares das terras (derivadas da responsabilidade civil subsdiaria) como para os usuarios (descoñocemento da situación dos terreos), e mesmo para o ecosistema. Sirva como exemplo o feito de que mentres nos meses de maio, xuño e xullo por normativa (Lei 13/2013) se prohibe os cazadores adestrar os seus cans no campo, outras persoas con cans de compañía que pasean con eles soltos, causan molestias e danos considerables á fauna que neses meses se atopa en pleno período reprodutor.

5) Cando se fala das pistas forestais como vías públicas estase descoñecendo ou ignorando o que di a vixente Lei de Montes: artigo 8, punto 25: “As pistas forestais son para acceso aos montes dos seus titulares, para a execución de traballos ou servizos agroforestais”.

6) Tamén é certo que a vixente Lei recolle no seu artigo 5 que a Consellería competente en materia forestal promoverá a dispoñibilidade de montes e terreos forestais para fins sociais, educativos, ambientais e recreativos. Cuestión esta pola que non se fai nada nese senso, no que tanto por iniciativa das Administracións como de particulares (clubes, asociacións…), contando cos titulares das terras (hai comunidades de montes que teñen incluído o uso social nos seus planos de ordenación), poderíanse habilitar espazos para esas actividades.

Por elo, tanto a ORGACCMM como UNITEGA reclaman da Xunta de Galicia que inicie canto antes unha campaña formativa-informativa nos medios de comunicación públicos (TVG, Radio Galega) que sirva para formar a estes potenciais usuarios do medio rural, de xeito que tomen conciencia de que é necesario respectar os titulares dos terreos nos que desenvolven as súas actividades de lecer, pois son os verdadeiros responsables finais da conservación dos mesmos.

Roteiro pola protección do Monte Pituco (Pornedo).

Nas últimas horas, a través de Facebook, téñense producido varios comentarios ao artigo publicado no blog Defende o Monte Pituco sobre o manifesto dos ciclistas. Opinións respectuosas e respectables, valiosas e conciliadoras, que cómpre compartir para abrir o debate e o intercambio de ideas para quen non interactúe a través das redes sociais, e para que quede constancia desas achegas:

Manuel Torres: “Como presidente de Pedaladas, penso que hai que sentarse a falar. É certo que non todo pode ser no monte, pero hai moitos novos usuarios no monte e tamén novos usos. Sen embargo, moitos destes montes non se traballan (en moitos casos por falta de implicación dos comuneiros ou por simple tema demográfico). Temos que repensar todo esto, buscar o beneficio de todos e illar os comportamentos irracionais ou irrespetuosos para poder erradicalos. Temos que traballar coa vista no futuro para que o rural poida volver vivir dos montes e, na miña opinión, eso pasar por estudar como integrar de maneira productiva os novos usos. Exemplos xa existen”.

Jose A. Santos: “O monte veciñal foille “soltado” aos comuneiros por parte dos concellos como quen se desprende dun problema. Persoalmente considero que non todo o que a Administración forestal considera como monte veciñal é tal. Os camiños, pistas etc, son públicos de titularidade municipal porque o seu uso non se restrinxe ao aproveitamento comunitario do monte, senón de toda a sociedade. Cando se pasa o monte aos veciños pásase todo, nun totum revolutum. Os concellos deberían inventarialos e responsabilizarse do seu mantemento e adecuado uso. O que tampouco procede é a apertura de sendas, camiños ou vías campo a través sen a autorización dos propietarios, que son solo os comuneiros. O uso social do monte en toda a súa extensión debe ser potenciado pero quen debe correr cos gastos e a responsabilidade deste uso deberían ser os concellos e é a eles a quen se lle debe esixir. Reclamarlles ás comunidades que se reponsabilicen dos danos e perdas que poidan sufrir as persoas que utilizan o monte veciñal, non me parece a mellor forma de conseguir que se fomente o uso social do monte por parte das comunidades”.

Isabel Núñez Montero: “Creo que se debería empezar por crear una serie de normas entre todos los colectivos afectados y realizar una pequeña ley (ya que los montes suelen ser comunales y se rigen por unas normas y leyes, aunque algunos piensen que es monte abandonado) en la que se especifiquen una serie de castigos para los infractores. Y por supuesto, que el monte es para su disfrute, pero por ser monte no se puede hacer lo que nos dé la gana, ya que hay normas de su uso; y los senderos, por ejemplo, son para respetarlos; y los restos arqueológicos no son para pasarles por encima con motos, bicis o quads. Creo que también estaría bien colocar señales y crear rutas fijas para las bicis porque eso facilitaría su uso y su restricción por zonas adecuadas para ello…Y sobre todo vigilancia, ya que por desgracia los psicópatas existen y el monte tiene que ser un sitio seguro para disfrutar”.

Asociación Monte Pituco: “Eu onte observei boa vontade por parte dos ciclistas, pero matizaría algunhas cuestións do manifesto, como a alusión aos “carteis ilegais” atribuídos a algunha comunidade de montes (non se pode xeralizar) ou que as bicis no monte sexa un tema “innegociable” (vai contra o espírito dunha ‘negociación’) e máis cando o territorio é alleo (propiedade das comunidades de montes). Sen dúbida, cómpre moito diálogo, flexibilidade e sentido común. Téñome cruzado con ciclistas facendo un uso inocuo do monte, dando o seu paseo, parando para tomar unha foto dunha paisaxe; e teño coñecido prácticas nefastas, como un circuíto de BTT cruzando un xacemento arqueolóxico ou marcando as pedras do camiño con spray fluorescente, que o mesmo lle dá a quen pinta se hai gravados prehistóricos ou non… Como tamén teño sufrido algunhas accións deplorables por parte das comunidades de montes, empezando pola miña propia: aterrando camiños de valor etnográfico e cultural ou sulfatando con herbicida preto de correntes de auga. Todo depende nas mans de quen estean os colectivos: tanto por parte dos ciclistas, como dos cazadores, como dos comuneiros… Repito: sentido común, diálogo e honestidade; e ante a dúbida sobre os efectos positivos ou negativos dunha posible decisión, consultar cos expertos ou coa Administración. É a miña modesta opinión”.

Publicado por: MontePituco | 08/11/2015

MANIFESTO ‘POR UN MONTE LIBRE DE TRAMPAS E CON BICICLETAS’

Concentración organizada pola Asociación Pedaladas.

Manifesto lido polo xornalista Ramón Mella na concentración celebrada en Pontevedra, organizada pola Asociación Pedaladas:

Bos días a todos e a todas, moitas grazas por vir a este acto de protesta por un monte libre de trampas e con bicicletas. Primeiro, gustaríanos agradecer a súa colaboración á Asociación de Ciclistas Galegos, á Federación Galega de Ciclismo, clubes, ciclistas e deportistas do máximo nivel que traballastes arreo para dar a máxima difusión posible ao evento. Tamén agradecer a Voz e Sonido por estes medios técnicos e ao Hotel Avenida pola cesión de espazo para a reunión.

Desde a Asociación Pedaladas vímonos na obriga de non deixar pasar os feitos acontecidos nos nosos montes, polo que tomamos a responsabilidade de denunciar e convocar esta protesta.

Pero esta protesta non é dunha asociación, clube ou federación; esta protesta é de todos os que queremos gozar da natureza. Non importa se camiñas, corres, vas en moto, quad, recolles fungos, paseas ou vas en bicicleta, todos somos vítimas duns actos que non teñen ningunha xustificación.

Hai algúns que buscan culparnos dicindo que molestamos, que non imos polas pistas que eles queren, que danamos as árbores, que non respectamos os seus carteis ilegais, que somos moitos, que xoves, domingos e festivos non deberiamos estar no monte porque está reservado para outros. A estes queremos recordarlles que un acto criminal nunca é xustificable e que temos dereito a vivir a natureza, a chegar ao noso patrimonio histórico e a gozar da paisaxe da nosa terra.

Non imos aceptar que a nosa vida se poña en perigo por facer uso dun vehículo sostible, ecolóxico e saudable. Non imos permitir que estes actos queden impunes, polo cal denunciaremos cada feito desta barbarie ante as institucións que deben coidar da nosa seguridade. Non aceptamos que os nosos montes se convirtan en lugares perigosos, como tampouco aceptamos que o sexa a estrada, porque algúns desalmados queiran botarnos fóra.

O conxunto da sociedade non debe tolerar os feitos criminais que supoñen colocar trampas co obxectivo de facer dano ás persoas que imos aos montes, e polo tanto exisimos:

-O estrito cumprimento das obrigas que lle corresponden á Xunta de Galicia como garante do acceso ao monte. 

-Ás Administracións, facer unha defensa pechada das actividades lúdico-deportivas que son respectuosas co medio.

-Á Policía, ao Seprona e á Fiscalía, a persecución dos criminais que atentan contra a nosa vida. 

-E a necesaria concienciación da sociedade, de que o medio natural é de todos, polo que é a nosa obriga coidalo, e o noso dereito gozar del.

O día de hoxe marca un comezo, un punto de inflexión a partir do cal todos os presentes debemos asumir que temos que unirnos de maneira real para facernos visibles e fortes como colectivo. Esta loita non termina con esta protesta, vai ser longa, e as asociación, os clubes e a federación terémonos que sentar con todos os interlocutores, pero tendo claro que a bicicleta no monte non é negociable.

Que a ninguén lle quede dúbida; estamos determinados a defender as actividades lúdicas respectuosas co medio onde sexa necesario, e a demostrar con feitos nos que se vexa a nosa convicción e a nosa forza.

Moitas grazas a todos e a todas por vir.

Concentración organizada pola Asociación Pedaladas.

“No más trampas en el monte” #cualquierapodriaserdiego

Detrás da pancarta, entre outros membros do colectivo unmontesintrampas.org e da plataforma “Diego somos todos”, atopábase Diego González, un ciclista que sofre unha lesión medular a consecuencia dun grave accidente provocado por unha trampa colocada no monte Alba de Valadares, en Vigo.

Na outra pancarta, do colectivo ciclista Masa Crítica de Pontevedra, o lema “Non máis bágoas”.

Concentración organizada pola Asociación Pedaladas.

Dende a ASOCIACIÓN MONTE PITUCO, solidariedade con este colectivo. Confiamos en que o Monte Pituco e os montes marinenses sigan sendo espazos libres de trampas para ciclistas nin para calquera outro deportista, ou afeccionado ao sendeirismo, á micoloxía ou ao patrimonio cultural.

Foto de Ramón Mella no miradoiro do Pituco

[Foto de Ramón Mella no miradoiro do Monte Pituco (Pornedo), publicada en TodoMountainBike.es]

Publicado por: MontePituco | 06/11/2015

CONCENTRACIÓNS POR UN MONTE LIBRE DE TRAMPAS

Por un monte sen trampas

A Asociación Pedaladas está a promover unha concentración de condena á aparición de trampas nos nosos montes que será o día 8 de Novembro. Esta concentración é so unha resposta a uns terribles feitos pero as trampas son un síntoma de algo moito mais profundo, que é o intento de limitar o uso da bicicleta nos nosos montes a unhas rutas prefixadas e elixidas polos xestores do monte que, na súa maior parte, son as comunidades de montes.

Esta carta vai ser longa e densa pero é importante porque explica o amparo legal que temos e tamén ideolóxico para defendernos dunha verdade a medias que se usa coma mentira, “os montes son privados e os seus donos regulan o tráfico de vehículos.”

A Xunta de Galicia modificou a lei de Montes en xuño do 2012  para adecuala a outros tempos e no seu preámbulo comeza así:

“El monte, como recoge una antiquísima tradición, ha sido la base que permitió el sustento de las sociedades antiguas y posibilitó el tránsito a la moderna sociedad de nuestros días, en la que los bosques desempeñan un papel fundamental, tanto desde el punto de vista económico –con la madera como principal aprovechamiento en las sociedades postindustriales– como ambiental –depósito de carbono y verdadero pulmón del mundo actual– y también social y cultural –en cuanto espacio de expansión y lugar de encuentro y esparcimiento–.”

É importante ter isto en conta, os nosos montes non son só unha explotación de madeira e froitos, non ten so un servizo económico que dar para os seus xestores senón que é un lugar de gozo e encontro cultural no que o mundo da bicicleta ten moito que dicir.
Non queremos entrar nunha profundidade excesiva -pero si suficiente- para aclarar conceptos, a lei 43/2003 de Montes que se publicou no BOE, e o marco superior da 7/2012 da Xunta de Galicia, que regula os nosos montes. Esta lei cede no seu artigo 54 bis a responsabilidade de regular o acceso ós montes a Xunta de Galicia, polo que, aínda que a lei estatal só ten en conta restrinxir o acceso ás persoas en caso de alto risco de incendio, a Xunta podería limitar moito máis o acceso.

Polo tanto a Xunta na Lei de Montes aclara:
“Artículo 98. Pistas forestales

1. Todo camino de tránsito rodado de titularidad pública o privada, fuera de la red de carreteras, vinculado a la gestión forestal y ubicado en suelo rústico de protección forestal tendrá la consideración de pista forestal, quedando adscrito a la gestión agroforestal, y, en ningún caso, tendrá la consideración de acceso rodado público a los efectos previstos en la legislación urbanística.

2. La circulación con vehículos a motor por pistas forestales que no sean de uso público ubicadas fuera de la red de carreteras quedará limitada:

a) A las servidumbres de paso a que hubiera lugar, no pudiendo hacerse en actitud de conducción deportiva.

b) A la gestión agroforestal, incluida la actividad cinegética y piscícola.

c) A los cometidos de vigilancia y extinción de las administraciones públicas competentes.

Queda prohibida la circulación motorizada campo a través, por senderos, cortafuegos o vías de saca de madera, salvo para aquellos vehículos vinculados a la gestión agroforestal, incluida la actividad cinegética y piscícola, a la prevención y defensa contra incendios forestales, a los cometidos de vigilancia y tutela propios de las administraciones públicas ,y a los eventos y actividades que hayan sido autorizados por la Administración forestal con arreglo al artículo 88 de la presente ley.

3. Los titulares de las pistas forestales, previa autorización de la Administración forestal, podrán regular el tránsito abierto motorizado por las pistas forestales que se encuentren fuera de la red de carreteras y no formen parte de las servidumbres de paso, mediante su señalización, sin perjuicio de lo dispuesto en la legislación en materia de prevención y defensa contra incendios forestales, siendo el usuario, en todos los casos, el responsable de los daños o perjuicios que pudieran ocasionarse, tanto a sí mismo como a terceros, en su utilización. En los casos de celebración de eventos y actividades culturales y deportivos ajenos a la propiedad que se desarrollen mediante el tránsito motorizado por dichas pistas, habrá de contarse con la autorización expresa por parte del titular, según lo dispuesto en el artículo 88 de la presente ley.  

4. Toda obra de reforma, modificación, transformación o renovación de las pistas forestales principales no podrá alterar ni limitar su carácter prioritario agroforestal, salvo autorización expresa de la Administración forestal.

5. Las características y exigencias constructivas de las pistas forestales principales, viraderos y parques de madera serán establecidas por la Administración forestal mediante orden de la consejería competente en materia de montes, y responderán a la necesidad y viabilidad de los requerimientos de apilado y transporte de los productos forestales y del acceso a los montes de la maquinaria forestal, minimizando el impacto sobre el paisaje, los ecosistemas forestales de gran valor y la erosión y ajustándose siempre que sea posible a la red viaria existente.               

6. Los senderos, cortafuegos y vías de saca de madera de carácter temporal no tendrán la consideración de pistas forestales.              

7. La construcción de pistas, caminos o cualquier otra infraestructura permanente en montes o terrenos forestales, cuando no estuviera prevista en el correspondiente instrumento de ordenación o gestión forestal, requerirá de su modificación, de acuerdo con lo establecido en el artículo 82 de la presente ley.        

8. Los instrumentos de ordenación o gestión forestal contemplarán la recuperación o regeneración de la cubierta vegetal de los caminos forestales, cortafuegos, fajas, parques de madera o cualquier otra infraestructura abandonada en el medio forestal, a fin de evitar su progresiva degradación y facilitar su integración en el ecosistema forestal.

Da presente lei podemos concluír que a Xunta habilitou ós propietarios -enténdase comunidades de veciños- a restrinxir o acceso aos vehículos a motor, pero non aos vehículos sen motor, como son as bicicletas.

En certos lugares están a aparecer carteis que, sen a xustificación de eliminación dun camiño vía rexeneración da cuberta vexetal- prohiben o acceso ás bicicletas excepto se é o que accede é un propietario, o cal ao noso entender, é totalmente ilegal o non ten un amparo nesta lei.

Resumo da lei de Montes:

  • A lexislación vixente da Xunta diferenza entre o acceso dun vehículo a motor e dunha bicicleta (sen motor).
  • Os montes privados e comunais teñen o dereito a limitar o acceso a vehículos a motor, pero non se contempla esta restricción para os vehículos sen motor ou bicicletas.
  • As comunidades de montes que usan o selo da Xunta nos seus carteis estano facendo sen coñecemento da Xunta; os carteis non teñen o número de rexistro obrigatorio, pero poñen o nome e o selo da Xunta nestes carteis.
  • Nas sendas (camiño de menos de 2 metros de sección, segundo a lei) está sempre prohibida para os vehículos a motor, pero non di nada das bicicletas.
  • As sendas poden ser eliminadas polos propietarios para integralas no medio forestal.
  • A lei protexe o goce e o acceso ós montes, de feito, hai articulado para que as administracións interveñan e promovan isto.

Opinión de Pedaladas:

Os montes galegos e os seus camiños son moi anteriores a estas leis e as propias entidades de xestión, que son as comunidades veciñais. Hai -en lugares onde non existe a problemática do peche de camiños-, o intento de limitar o acceso ou o extremo das trampas, pero parece xeralizado o intento de limitar a certos camiños ao tránsito polo monte, o cal entenderedes que é un problema grave cara ao futuro se gañan estes pensamentos.

O monte non so é unha masa arbórea de aproveitamento económico; é moito mais, ten moito patrimonio histórico, (petroglifos, dolmens, muíños, camiños históricos…) ten patrimonio paisaxístico e ecolóxico. Todo ese patrimonio é de todos os galegos, non só dos xestores dese monte, é así esta rexistrado e referido en numerosas leis, empezando pola Constitución Española, que no seu artigo 45 nos ampara no acceso ao medio natural; e o artigo 46 protexe todo o patrimonio histórico, dando igual quen sexa o propietario.

Parécenos retrogrado limitar o acceso ás persoas a todos estes elementos,;unha privatización de feito, coa excusa de que molestamos aos cazadores ou degradamos os camiños, cando isto non e certo.

Temos claro que a loita é contra os ciclistas porque agora somos miles e percorremos grandes distancias polo monte galego, cousa que os peóns non fan e son moitos menos; pero o máis probable é que esta loita -unha vez que acaben con nós- pasará a eles e ao final en cada camiño de acceso a unha masa forestal teñamos un cartel de “prohibido o paso excepto propietarios”.

Polo tanto, quizais os non comuneiros deberiamos empezar a pensar en certas cousas: se o monte é deles e nós non podemos nin pasar por el, por que a Xunta  gasta 100m € cada ano en extinción de incendios nunha propiedade privada con actividade económica? Por que gastamos fondos públicos no mantemento dos camiños ou en restauración de patrimonio histórico que eles se apropian? Por que os concellos gastan millóns en crear parques peri-urbanos, en integración de núcleos rurais ou en outras actuacións? Por que os montes de man común teñen de feito exención no IBI?…

En fin, quizais debemos chegar a que a conclusión lóxica é que se o monte é un ben común no momento de percibir diñeiro publico tamén é un ben común cando queremos pasar por el coa nosa bicicleta.

O día 8 de Novembro faremos a dúas concentracións: ás 11:15 no Campo de Golf de Meis e logo ás 12:30 na Pza. de España en Pontevedra. Pero isto só é o principio dunha loita longa onde debemos obrigar os poderes públicos a, dunha vez, facer unha defensa pechada das actividades lúdico-deportivas no monte que sexan respectuosas co medio e na cal todos debemos estar unidos e fortes na resposta en calquera parte do noso territorio, demostrando o noso numero e a nosa convicción.

Toda a Asociación Pedaladas

Publicado por: MontePituco | 05/11/2015

CHARLA SOBRE ENCE

Charla sobre Ence organizada por Almuinha

Publicado por: MontePituco | 04/11/2015

SONDEOS ARQUEOLÓXICOS NO PITUCO PASADOS POR AUGA

Sondeo arqueolóxico no Monte Pituco

O día non podía estar máis desapacible: frío, néboa, auga… E sen embargo, aí estaba o arqueólogo, co chuvasqueiro empapado e con restos de terra nas botas e no pantalón. Nestes momentos é cando un aprecia a notable diferenza entre traballar a cuberto e traballar á intemperie, especialmente cando as condicións meteorolóxicas son adversas. 

Na explanada do Monte Pituco xa hai un par de aberturas no terreo, de 2×2 metros, nas que o técnico de Archeoatlantica retira a terra ata dar con sustrato granítico, que analiza para verificar se hai ou non hai vestixios arqueolóxicos ou indicios de que os poida haber. A pouca distancia, outro operario manexa unha excavadora para facilitar a apertura do buraco.

…Nisto consisten os sondeos arqueolóxicos que se van realizar no Monte Pituco, cun dobre obxectivo: supervisar que non haxa afeccións ao patrimonio histórico-cultural no trazado da tubaría que se está instalar para a nova rede de abastecemento de auga impulsada por ACUAES; por outra parte, ampliar o radio de acción das catas arqueolóxicas na procura dun petroglifo que foi soterrado de xeito irregular en 2003 con motivo das obras de construcción da Variante de Marín. Un petroglifo que, aínda que baixo terra, ten afectada a súa área de cautela polo proxecto de ACUAES.

Tanto dende Patrimonio Cultural da Xunta como dende a propia empresa Archeoatlantica nos recoñecen as fortes reticencias, tanto de ACUAES como da adxudicataria construcciones Ortiz, para que se leven a cabo estas prospeccións, que retrasan o calendario de traballo e fan que os prazos sexan cada vez máis xustos para que a obra estea rematada antes de que remate o ano, tal e como dispón a Unión Europea, da que procede a meirande parte da financiación.

Pero aquí estamos, na procura dun gravado rupestre da Idade do Bronce. Uns humildes círculos concéntricos que, mentres que para unha minoría ignorante son un incordio -as pedras “non dan de comer” e sandeces polo estilo-, para a ASOCIACIÓN MONTE PITUCO e para os veciños e veciñas que senten, aprecian e respectan o legado dos ancestros, teén unha enorme importancia: suporían enriquecer o patrimonio do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños cun elemento rupestre máis; significaría ademais restituir un erro fatal cometido antano por unha directiva da Comunidade de Montes de San Xulián que non tiña ningunha sensibilidade pola cultura, e que nin tan sequera se molestou en disimular o incumprimento flagrante da Lei de Patrimonio; e por riba, estariamos facendo un acto de xustiza co veciño Xan Montenegro, que foi a persoa que máis loitou, protestou, e se sublevou contra este atropelo inxustificable.

Dende a ASOCIACIÓN MONTE PITUCO agradecemos, en primeiro lugar, a atención e as explicacións do arqueólogo Carlos Vilches. E tamén a colaboración de tres persoas moi importantes no intento por situar sobre o terreo -malia a radical transformación experimentada, con respecto á orografía e á vexetación orixinais- o petroglifo soterrado: Carlos Pazos, veciño do lugar da Pena; Paulo Troitiño, autor da única fotografía que existe deste gravado; e Lucinda Montenegro, irmá de Xan.

Imaxe do petroglifo desaparecido baixo a terra botada para facer a área recreativa do Pornedo.

Os "dentes" que deixaron marcadas na pedra as cuñas cravadas nunha pedra que foi traballada polos canteiros de antano.

A ASOCIACIÓN MONTE PITUCO vai presentar -no marco do plan Marín 2020 impulsado polo Concello de Marín- un proxecto de estudo, catalogación e posta en valor das antigas canteiras situadas neste Espazo Natural, con vistas á posta en marcha dun CENTRO DE INTERPRETACIÓN AO AIRE LIBRE sobre esta actividade tradicional.

A abundancia de pedra nesta zona propiciou no pasado unha intensa actividade extractiva que deu pé á construcción de numerosas vivendas e edificacións na contorna. Non nos cabe dúbida do interese desta proposta, pola súa ampla dimensión histórica, cultural, educativa e turística.

(Continuará)

Outeiro de Cerqueira.

La Voz, 3 novembro 2015

El 2015 vive un repunte en la compra de suelo industrial tras años sin apenas ventas

“Con todo, y pese al repunte en la venta de parcelas, la bolsa de suelo sin colocar continúa siendo elevada. De hecho, tanto la Xunta de Galicia -responsable del polígono de A Reigosa- como la Diputación de Pontevedra -de la que depende el parque empresarial de Barro-Meis- se han visto forzadas a articular rebajas en el precio del suelo y fórmulas de pagos aplazados para dar salida a las parcelas”.

 

Publicado por: MontePituco | 03/11/2015

NOVOS NIÑOS DE VESPA ASIÁTICA EN MARÍN

La Voz, 3 novembro 2015

Localizados dos nuevos nidos de avispa asiática en Miñán y en San Xulián

Personal de Tragsa deberá proceder a su recogida en los próximos días

“Un vecino alertó a la agrupación de Protección Civil de Marín de la existencia de dos nuevos nidos de avispa asiática, en este caso en el lugar de Miñán (San Tomé) y también en la parroquia de San Xulián. Según explicaron desde esta agrupación, en los dos casos citados, la velutina ha construido sus nidos, todavía de pequeño tamaño, en árboles”.

Publicado por: MontePituco | 30/10/2015

PENDENTES DAS CATAS ARQUEOLÓXICAS NO MONTE PITUCO

Escrito ao Servizo Provincial de Patrimonio da Xunta

Este venres 30 de outubro a ASOCIACIÓN MONTE PITUCO presentou un escrito dirixido ao Servizo Provincial de Patrimonio da Xunta, con tres obxectivos:

-Reclamar unha copia do expediente referente ás afeccións arqueolóxicas nas obras de instalación da nova rede de abastecemento de auga promovidas por ACUAES, que están sendo acometidas pola empresa Construcciones Ortiz. Esta documentación inclúe o informe técnico sobre as eivas observadas no control arqueolóxico do xacemento de Pinal de Caeiro; un informe técnico cuxo resultado lle trasladaremos ao Concello de Marín para probar que a alcaldesa María Ramallo mentiu cando, no Pleno da Corporación Municipal do mes de setembro, afirmou que “a obra está perfectamente vallada”.

-Que se lle traslade á empresa adxudicataria das obras o citado informe de Patrimonio requerindo a corrección das eivas detectadas no control arqueolóxico dos gravados rupestres de Pinal de Caeiro. De nada serve que o salario dun arqueólogo da Xunta -pagado cos impostos dos galegos e galegas- sirva para elaborar un informe que, sospeitosamente, quede aparcado nun caixón…

-Que agora que as obras de ACUAES están a continuar de cheo polo Monte Pituco, atravesando a zona na que se aterrou ilegalmente un petroglifo na época da construcción da Variante de Marín, a Administración cumpra coa súa función de velar pola protección e conservación do patrimonio histórico-cultural; que non se volva repetir aquel grave erro no que, coa connivencia da Comunidade de Montes de San Xulián, e co Servicio Provincial de Patrimonio mirando daquela para outro lado, se volcaron toneladas de terra sobre un gravado rupestre que tería que estar catalogado e clasificado como Ben de Interese Cultural, ao mesmo nivel que a mesmísima catedral de Santiago.

Esta semana a empresa Ortiz ten previsto continuar furando no Monte Pituco para avanzar na instación das tubarías. Sen embargo, non hai ningún signo das catas arqueolóxicas que o Servizo Provincial de Patrimonio lle obrigou a facer para “localizar” o petróglifo soterrado; a empresa, pola súa parte, pretendía restrinxir os sondeos exclusivamente ao trazado da obra.

A ASOCIACIÓN MONTE PITUCO xa advertira nas súas alegacións ao proxecto, presentadas o 19 de novembro de 2014: 

“Para evitar que se pueda consumar la destrucción de este elemento prehistórico al realizar cualquier maniobra inoportuna vinculada a las obras previstas, esta Asociación demanda la realización de una prospección arqueológica previa en la zona afectada para delimitar el perímetro de protección de este yacimiento”.

…Non é un capricho da ASOCIACIÓN MONTE PITUCO. Na normativa urbanística establécese, de forma xenérica, unha protección de 200 metros en torno ao petróglifo afectado:

“Las áreas de protección para los elementos puntuales (…) estarán constituidas por una franja con una profundidad medida desde el elemento o vestigio más exterior del bien que se protege de: (…) 50 metros cuando se trate de elementos etnográficos (…) 100 metros cuando se trate de elementos de arquitectura religiosa (…), civil (…) y arquitectura militar (…) y 200 metros cuando se trate de restos arqueológicos”.

Ademais, no propio “Proyecto segregado del nuevo abastecimiento de agua a Pontevedra y su ría (margen izquierda) Marín” xa se marcan unhas pautas de actuación no apartado titulado “Medidas de protección del patrimonio cultural”:

“Tras la realización del inventario del patrimonio cultural en las zonas próxinas a la ubicación del proyecto, se produce afección a las zonas de protección de elementos catalogados. Esto conlleva que PREVIAMENTE AL INICIO DE LAS OBRAS, se deberá realizar un PROYECTO DE ACTUACIÓN ARQUEOLÓGICA que deberá ser aprobado y autorizado por parte de la Dirección Xeral de Patrimonio Cultural”.

En efecto, existe un proxecto de control arqueolóxico, foi aprobado por Patrimonio e está pendente de execución. Pero que non pase como no control arqueolóxico do treito das obras en Pinal de Caeiro, que as fotos do balizamento e a data do escrito dirixido pola ASOCIACIÓN MONTE PITUCO perante Patrimonio teñen unha data anterior á dos traballos de control arqueolóxico; é dicir, que non se poña o carro antes dos bois; ou o que é o mesmo, que furen primeiro e veñan coas catas arqueolóxicas despois…

A empresa ten previsto retomar os traballos o martes día 3 de novembro para continuar abrindo gabias e introducindo tubarías. A venres 30 de outubro non había ningunha evidencia sobre o terreo de que estiveran actuando arqueológos: ningún sondeo no terreo, ningún movemento de terras á parte do desbroce da zona. Preocupante situación. Veciños e veciñas, ollo avizor. E unha encomenda dende o Servizo Provincial de Patrimonio: estar pendentes das actuacións que se fagan e -no caso de observarse calquera anomalía- avisar de inmediato a Patrimonio, que paralizaría as obras.

Dende a ASOCIACIÓN MONTE PITUCO co-responsabilizamos a Comunidade de Montes de San Xulián do correcto desenvolvemento dos traballos: porque son coñecedores da obrigatoriedade de realizar un control arqueolóxico previo ás obras, porque visitaron o lugar para ter un coñecemento aproximado do lugar no que se atoparía o petróglifo soterrado, porque teñen o deber de velar pola protección do patrimonio da parroquia e aquí no pasado produciuse un caso flagrante de neglixencia que agora cómpre reparar; ou cando menos, intentalo co maior interés.

Obras de ACUAES no Monte Pituco.

Obras de ACUAES no Monte Pituco.

Obras de ACUAES no Monte Pituco.

Ademais dos tubos depositados ao longo do trazado da gabia que se abriría no terreo, outro cambio recente na fisonomía da zona é o desbroce do tendido de alta tensión… que nesta zona coincide co trazado das obras de ACUAES.

Obras de ACUAES no Monte Pituco.

Obras de ACUAES no Monte Pituco.

…Precisamente, o desbroce da liña de alta tensión apréciase tamén no atallo ata o miradoiro do Pornedo.

Desbroce do tendido de alta tensión.

E outro aspecto no que se aprecia o paso das tubarías de ACUAES polo Monte Pituco é na mellora do firme da pista forestal do Monte Pituco porque a empresa adxudicataria das obras ten a obriga de repoñer os viais que levanta.

Pista do Monte Pituco trala obra de ACUAES.

…Pero a mellora da pista forestal do Pituco era un compromiso da Comunidade de Montes de San Xulián moi anterior ao paso das tubarías da rede de abastecemento de auga. Outra cousa é que a Comunidade de Montes se beneficie dese proxecto para obter melloras que, doutro xeito, tería que financiar cos seus propios recursos económicos. Á ASOCIACIÓN MONTE PITUCO non lle compete xulgar, nin valorar, nin cuestionar se os acordos coa empresa Ortiz son propicios ou viciados.

Pero de ningunha maneira o patrimonio do Monte Pituco é moeda de cambio de ningún acordo. A protección do patrimonio histórico e cultura da parroquia e do monte veciñal é innegociable e irrenunciable. 

Publicado por: MontePituco | 29/10/2015

COAS PRIMEIRAS CHUVIAS, VEHÍCULO ATRANCADO NO PITUCO

Vehículo atrancado chuvia_out15

[Foto de Julio Santos Jr.]

Un medio de comunicación da cidade de Pontevedra púxose en contacto hoxe coa ASOCIACIÓN MONTE PITUCO para informar -e preguntar- sobre o percance sufrido polos condutores dun vehículo que quedou inmobilizado durante a noite no medio dunha gran balsa de auga que se acumulara nun camiño, a consecuencia das chuvias desta semana. Os afectados foron uns cazadores -a caza nesta época está autorizada os xoves, domingos e festivos- que se dirixían ao monte para comezar a cacería coas primeiras luces da mañá.

Publicado por: MontePituco | 28/10/2015

AS OBRAS DE ACUAES VAN FURAR NO MONTE PITUCO (II)

Tubos das obras de ACUAES

Seguimos con preocupación o avance das obras de instalación da nova rede de abastecemento de auga impulsadas por ACUAES.

A empresa adxudicataria dos traballos xa soterrou as tubarías no treito da pista de servizo da Variante de Marín, a carón do petroglifo de Pinal de Caeiro. Pero neste treito aínda falta repoñer o firme con cemento ou asfalto, polo que aínda cómpre seguirmos vixiantes sobre as medidas de protección e conservación dese gravado rupestre.

A asociación DEFENDE O MONTE PITUCO vai presentar esta semana un escrito dirixido ao Servizo Provincial de Patrimonio Cultural na Delegación Territorial da Xunta en Pontevedra para solicitar -como parte interesada- acceso ao expediente administrativo destas obras no referente ás afeccións aos xacementos arqueolóxicos situados no ámbito das obras de ACUAES.

O motivo é que, a raíz das obxeccións formuladas pola ASOCIACIÓN MONTE PITUCO ás posibles deficiencias nas actuacións realizadas para o vallado daqueles gravados rupestres (ver artigo “Visita de Patrimonio ao petroglifo de Pinal de Caeiro“), o Servizo Provincial de Patrimonio emitiu un informe que confirmou a necesidade de instar a empresa a solventar determinadas eivas relacionadas coas tarefas de control arqueolóxico.

Sorprendentemente, un mes despois da elaboración dese informe, puidemos comprobar que non se lle dera traslado á empresa construtora; ou o que é o mesmo, que o informe estaba retido no Servizo Provincial de Patrimonio. O requerimento da ASOCIACIÓN MONTE PITUCO vai ser precisamente para que ese informe técnico cumpra por fin a función pola cal foi feito e chegue ao seu destino, para que a empresa faga os axustes ou correccións que procedan, segundo o punto de vista dos especialistas de Patrimonio. Que ningunha traba burocrática lle reste eficacia ao labor profesional dos técnicos da Xunta, por moi de “interés público” que sexan as obras de Acuaes e por moita présa que teñan a empresa adxudicataria e o Concello de Marín por rematalas.

Un Concello de Marín, por certo, que se dedicou a ‘tourear’ cantas preguntas formulou a Marea Veciñal de Marín nos plenos de agosto e de setembro. Un Concello de Marín que fixo caso omiso ás peticións da ASOCIACIÓN MONTE PITUCO para que contribuíra a supervisar a correcta protección dun xacemento arqueolóxico inventariado no Planeamento.

Acta do Pleno do Concello de Marín de setembro de 2015.

A señora Alcaldesa non está capacitada profesionalmente para afirmar con rigor que “a obra está perfectamente vallada”. Ao que habería que matizar que o que cómpre vallar son os petroglifos, non as obras. Como tampouco está capacitada para afirmar con propiedade que os “expertos arqueólogos din que está perfectamente dentro do proxecto de control arqueolóxico”, á vista de que o informe do Servizo Provincial de Patrimonio observou deficiencias no resultado dese hipotético control arqueolóxico que, por certo, foi posterior á data da denuncia presentada pola ASOCIACIÓN MONTE PITUCO.

A señora alcaldesa nin moito menos pode proclamar que “foi moitas veces” ao Monte Pituco “coa propia Asociación Monte Pituco e coa Comunidade de Montes” de San Xulián. Porque, sumando, coa ASOCIACIÓN MONTE PITUCO foi unha vez e coa Comunidade de Montes foi cero veces, tal e como nos confirmou un dos directivos. Por tanto 1+0=1. A señora alcaldesa en precisa repasar a diferenza entre singular e plural, ou entre moito e pouco.

Mentres tanto, os prazos corren e a empresa trata de avanzar coa maior rapidez polo trazado previsto ao longo do Monte Pituco. Pero, novamente, co Servizo Provincial de Patrimonio “hemos topado”.

Xa nas alegacións presentadas pola ASOCIACIÓN MONTE PITUCO ao proxecto definitivo de ACUAES se advertía que as tubarías ían discorrer por unha zona na que, na época da construcción da Variante de Marín, foi soterrado un petroglifo que estaba pendente de catalogación. Por tanto, de non facerse ningunha modificación no trazado, a empresa estaría obrigada a extremar as precaucións para garantir que as obras non afectaran a zona na que se localizaría ese gravado rupestre desaparecido. O que equivaldría a ter que realizar sondaxes arqueolóxicas para “localizar” ese petroglifo, que é precisamente o que o Servizo Provincial de Patrimonio vén de requerirlle á empresa. Con tal fin, unha empresa de arqueoloxía presentou un proxecto de control arqueolóxico -aprobado por Patrimonio- que contempla a utilización dun xeorradar.

Imaxe do petroglifo desaparecido baixo a terra botada para facer a área recreativa do Pornedo.

Neste sentido, a petición que a ASOCIACIÓN MONTE PITUCO lle vai trasladar ao Servizo Provincial de Patrimonio é que nesta ocasión os técnicos velen pola correcta realización dos traballos de control arqueolóxico para que non se repita o erro cometido con motivo das obras de construcción da Variante. Que estas prospeccións sirvan para intentar recuperar un gravado rupestre que, no caso de que poida saír á luz, enriquecería notablemente o patrimonio arqueolóxico da parroquia de San Xulián, co Concello de Marín, e sumaría un atractivo máis para o Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños.

 

Publicado por: MontePituco | 27/10/2015

ALERTA SOBRE AS TRAMPAS PARA CICLISTAS NOS MONTES

La Voz, 25 outubro 2015

El fiscal advierte de que podría acusar de asesinato por las trampas a ciclistas

“Advirtió de que la colocación de estos obstáculos, en determinados casos concretos, podría derivar en imputaciones de delitos vinculados con el homicidio doloso o, incluso, el asesinato, ya fuera en grado de tentativa o consumado según se desprendiese de las pruebas recabadas. La intención es erradicar una práctica que, según pone de manifiesto la memoria de la Fiscalía General del Estado, ha ido extendiéndose paulatinamente en Pontevedra a lo largo del pasado año”.


 

Faro de Vigo

Faro, 25 outubro 2015.

El fiscal jefe anuncia contundencia con los autores de las trampas para ciclistas

“Las trampas han aparecido en toda la provincia, desde los montes de Oia a los de A Estrada, pero últimamente proliferan en el entorno de la ciudad de Pontevedra en lugares como O Castrove o Verducido. Juan Carlos Aladro asegura que esta es una cuestión sobre la que la Fiscalía está poniendo el foco desde hace tiempo y advierte de que los responsables de su instalación pueden concurrir en un delito grave, dependiendo de los daños o lesiones que puedan causar estos artilugios, que van desde grandes piedras colocadas en las sendas forestales, a cables de acero que cruzan estos senderos e incluso tablas de madera enterradas con pinchos, como la última que se halló en el Castrove”.

 

 

Publicado por: MontePituco | 26/10/2015

II ANDAINA POLA SERRA DA FRACHA

II Marcha pola Fracha 2015

Manifesto da II Andaina contra a A-57

Grazas por estar aquí.

Como xa sabedes, a Plataforma Salvemos A Fracha continúa loitando contra o oscurantismo e a barbarie do Ministerio de Fomento, que persevera na súa teima de facer política de despilfarro e amiguismos que só favorece as grandes constructoras como San José. Seguen teimando coa idea de que Pontevedra é a única capital que non ten circunvalación… e por iso queren facer unha aínda non sirva como tal. E nós seguimos teimando en que a verdadeira circunvalación de PO é a AP-9… e a próxima Ronda Leste.

Seguen teimando na barbaridade de facer unha autovía paralela á AP-9 como alternativa gratuíta para ir de Vigo á Coruña…. E nós seguimos teimando en que a alternativa é a liberalización da peaxe.

Son uns 6 quilómetros proxectados para dinamitar e atravesar, como xa sabedes, con grandes taludes, o patrimonio medioambiental e cultural dos pontevedres@s,… neste mesmo monte, que tralo paripé da inauguración das obras, quizais nos queda pouco tempo para poder disfrutar…

Onde, por outra banda, ao mesmo tempo, o noso señor alcalde proxecta un “parque forestal” para os cidadáns da “cidade compacta”… o cal nos parece moi ben. Pero aínda non nos contestou como vai casar este proxecto coa A-57.

Cun custe de máis de 100 millóns de € para estes 6,4 km, e de arredor de 1.000 millóns para os seguintes 64 km… Canto nos vai custar a chamada “Autovía do Atlántico” que vai ir dende A Coruña a Ponteareas?

Confirmado que dende a Administración seguen traballando na mesma liña de derroche con obras innecesarias, sen ter en conta as necesidades reais que existen neste momento (non fai falla falar de sanidade ou educación porque moitos de vós xa sabedes como están as couas).

Atoparémonos, nun futuro, con dúas vías de alta capacidade paralelas. Unha delas haberá que rescatar e a outra que pagar. O oscurantismo por parte da Administración e dos que nos representan fan que nos “deitemos cun proxecto de circunvalación” e que nos levantemos cunha “ Autovía do Atlántico”.

Os políticos que defenden a construcción da “non-circunvalación” de Pontevedra defenderán co mesmo ímpetu esta infraestrutura? Cara a onde imos con dúas vías de alta capacidade, ademais dunha Nacional e dun AVE facéndose competencia mutua?

Os fetichistas das infraestruturas acúsannos de estar en contra do progreso. O que manifestamos, defendemos, é que non nos podemos deixar levar polas vellas políticas de inversión e gasto en grandes monstros (radiais, autovías e autoestradas unhas a carón das outras, cidades da xustiza, cidades da cultura, aeroportos sen avións e adefesios varios, que fan un longo etcétera de obras das que todos somos coñecedores polos medios máis críticos e que nos fan reflexionar sobre o sentido deste progreso que nos están a vender).

Avogamos polo aproveitamento dos recursos existentes, por políticas sustentables, porque o progreso ou é sustentable ou non é progreso.

Foi este pasado luns cando tivemos o pracer de recibir a visita de Ana Pastor e dos seus cómplices neste proxecto. E non nos concederon a reunión pola que levamos un ano esperando. Foi a primeira vez que os vimos por aquí e, como era visto, non foi para atender as múltiples demandas dos veciños que pedían ser escoitados.

Inaguraron un “mojón” que levaron de volta ao rematar o acto. Nós rematamos tamén, non sen antes agradecer a tod@s o voso apoio nesta loita e pedirvos encarecidamente que sexades portavoces do que estamos aquí a manifestar porque o problema non e só noso, e de to@s… Porque todos somos vítimas destas políticas de derroche e amiguismos a costa da cidadanía.

Salvemos a Fracha!!

II Marcha pola Fracha 2015

II Marcha pola Fracha 2015

II Marcha pola Fracha 2015

II Marcha pola Fracha 2015

II Marcha pola Fracha 2015.

II Marcha pola Fracha 2015.

La Voz, 26 outubro 2015

Movilización a pie y en bicicleta contra el trazado de la A-57 por A Fracha

Diario, 26 outubro 2015

Faro, 26 outubro 2015

Una marcha por A Fracha pide la paralización de las obras de la A-57

 

 

Publicado por: MontePituco | 23/10/2015

AS OBRAS DE ACUAES VAN FURAR NO MONTE PITUCO

As máquinas, na pista forestal do Pituco.

Por desgraza, as alegacións que presentou Defende o Monte Pituco para evitar que as máquinas furaran neste espazo para instalar as tubarías da nova rede de abastecemento de auga de Acuaes caeron en saco roto.
Agora loitamos para que, cando atravesen unha parte do monte, a empresa colabore na localización dun PETROGLIFO que foi ATERRADO ilegalmente cando se executaron as obras da Variante de Marín.
Pola memoria de Xan Montenegro, que protestou insistentemente para que se respectara este gravado rupestre.
Porque é de xustiza o respecto e a recuperación do noso patrimonio arqueolóxico.
E porque o Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños gañaría un elemento máis!
[CONTINUARÁ]
Publicado por: MontePituco | 22/10/2015

RUTA POLO REGO DA FRAGA COA PLATAFORMA MONTES DO MORRAZO

Ruta polo río da Fraga coa Plataforma dos Montes do Morrazo.

A Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo organizou un roteiro para dar a coñecer a importancia natural, paisaxística e cultural do rego da Fraga, integrado nas normas subsidiarias de planeamento provinciais en solo rústico de especial protección de espazos naturais. Coas instalacións do camping municipal de O Beque (Moaña) como punto de partida, a andaina transcorreu por pistas forestais, corredoiras empedradas e camiños de pé, coincidindo con tramos do GR-59 do sendeiro ecolóxico do Morrazo máis do sendeiro municipal do río da Fraga, polos lugares de Campo Labrado, Regadantes, Pozo da Maceira, Monte Gagán, carballeiras e fervenzas do rego dos Ladróns e da Fraga.

Ruta polo río da Fraga coa Plataforma dos Montes do Morrazo.

Dentabrú, fento real.

Fento real, dentabrú

En primeiro termo, fento dos penedos.

Fento das pedras

Lingua de cervo.

Lingua de cervo

Os puntos máis destacados desta visita foron as carballeiras e plantacións forestais con castiñeiros de Campo Labrado, Regadantes e Pozo da Maceira; as plantacións de bidueiros do Monte Gagán, as carballeiras e bosque de ribeira xunto coas fervenzas e pozas dos regos dos Ladróns e da Fraga, e os camiños empedrados de subida ao Gagán coa pegada das rodeiras de carro, vestixios civís e etnográficos dun pasado non moi afastado, onde estes camiños eran utilizados como vías de comunicación para os labores tradicionais agroforestais ou para o tránsito a outros núcleos de poboación da comarca. Á beira dos camiños e tamén do rego aínda se atopan os restos dos muros, así mesmo de pedra, de delimitación e defensa das leiras.

Ruta polo río da Fraga coa Plataforma dos Montes do Morrazo.

Zona afectada polo proxecto de construcción dun polígono industrial

Ruta polo río da Fraga coa Plataforma dos Montes do Morrazo.

Lingua de gato

Lingua de gato

Fervenza do río da Fraga.

Pereira brava

O rego da Fraga, cos seus afluentes -incluído o rego dos Ladróns-, con varios nacementos nas zonas máis altas da comarca, entre os 500 e os 600 metros de altitude sobre o nivel do mar (Formigoso, Chan de Xestoso e Coto do Home), conforma unha extensa rede fluvial para unha das principais concas da comarca que, xuntando as súas augas no fértil val que divide as parroquias de Meira e Moaña, emboca na praia da Xunqueira, da que forma parte fundamental na conformación do seu espazo intermareal, de grande valor ecolóxico, social e marisqueiro, na ría de Vigo. A grande forza erosiva do seu caudal natural dende remotas fases xeolóxicas é motivo da formación de numerosas fervenzas e pozas nas zonas altas, algunhas delas de varios metros de caída na rocha granítica, e con suficiente caudal.

Antigo camiño de carro.

Ruta polo río da Fraga coa Plataforma dos Montes do Morrazo.

Antigos camiños de carro

Zona na que a Comunidade de Montes de Moaña retirou acacia.

Zona da que a Comunidade de Montes de Moaña eliminou unha praga de acacia

Facendo honor ao significado do seu nome, da Fraga, o rego atesoura na súa ribeira os mellores expoñentes de bosque caducifolio atlántico do espazo natural dos Montes do Morrazo, dentro de hábitat de interese comunitario de carballeiras galaico portuguesas e prioritario de bosques aluviais de zonas atemperadas, a nivel europeo. Tamén posúe outro hábitat natural prioritario con formación de brañas, correspondente a breixeiras húmidas atlánticas. No comezo desta fase estacional contémplase o espectacular cambio cromático da follaxe outonal e da caída da landra e a castaña.

Ruta polo río da Fraga coa Plataforma dos Montes do Morrazo.

Ruta polo río da Fraga coa Plataforma dos Montes do Morrazo.

Ruta polo río da Fraga coa Plataforma dos Montes do Morrazo.

Carrasca

Fervenza do río da Fraga.

Traballos de limpeza que levaron por diante a vexetación autóctona de carrasca

Destacan, ademais das carballeiras, salgueiros e ameneiros, a grande presenza á beira de varios dos afluentes do rego e polos seus arredores, do bidueiro, especie serial adaptada ás áreas de ribeira fluvial nas áreas litorais. Tamén sobresae, dentro dun rico sotobosque de loureiros, sabugueiros, xilbarbeiras, pereiras bravas e sanguiños, a presenza da carrasca branca, a especie maior dentro do xénero dos breixos.

Carballeira do río da Fraga.

Carballeira do río da Fraga

Carballeira do río da Fraga.

Fervenza do río da Fraga.

Fervenza do río da Fraga.

Pola grande cantidade de especies de fentos (real, macho, femia, do peite, das pedras, dos carballos…), de liques e de brións, dada a súa alta humidade e cualidade ambiental. Como así mesmo é de especial interese micolóxico pola grande presenza de fungos, moitos deles micorrícos coas raíces das árbores, e, en especial nesta fase estacional, pola xeración reprodutiva dos cogomelos.

Fervenza do río da Fraga.

Fervenzas do rego da Fraga

Fervenza do río da Fraga.

Ruta polo río da Fraga coa Plataforma dos Montes do Morrazo.

Ruta polo río da Fraga coa Plataforma dos Montes do Morrazo.

Fervenza do río da Fraga.

Alberga unha extraordinaria e importante fauna, tanto vertebrada como invertebrada, onde sobresaen as especies de mamíferos e aves, e en especial as de odonatos (libélulas e cabaliños do demo), réptiles e anfibios (rás, sapos, pintafontes e píntegas), adaptadas ás zonas húmidas e o medio acuático, con endemismos como a saramaganta ou a rá patilonga, e que, por cuestións do quecemento global climático e da alteración dos seus hábitats, están entrando nunha fase de regresión e vulnerabilidade.

Ruta polo río da Fraga coa Plataforma dos Montes do Morrazo.

Ruta polo río da Fraga coa Plataforma dos Montes do Morrazo.

Ruta polo río da Fraga coa Plataforma dos Montes do Morrazo.

Ruta polo río da Fraga coa Plataforma dos Montes do Morrazo.

Ruta polo río da Fraga coa Plataforma dos Montes do Morrazo.

Ruta polo río da Fraga coa Plataforma dos Montes do Morrazo.

Ruta polo río da Fraga coa Plataforma dos Montes do Morrazo.

As principais afeccións desde hai décadas son a alta eucaliptización, e en especial a invasión da acacia de madeira negra, alterando a composición química do solo, reducindo a súa absorción hídrica, incrementando considerablemente a probabilidade de propagación de incendios forestais e reducindo de xeito alarmante a biodiversidade existente. Cómpre salientar tamén as cortas intensivas de arborado, e dentro del o autóctono, así como as podas e desbroces agresivos afectando, ademais do arborado, ao sotobosque e todo o seu nicho ecolóxico. Como así mesmo o son os vertidos incontrolados de lixo e entullos, e, de xeito puntual, de augas residuais.

Ruta polo río da Fraga coa Plataforma dos Montes do Morrazo.

Confluencia do rego dos Ladróns e do rego da Fraga

Ruta polo río da Fraga coa Plataforma dos Montes do Morrazo.

Ruta polo río da Fraga coa Plataforma dos Montes do Morrazo.

Ruta polo río da Fraga coa Plataforma dos Montes do Morrazo.

Ruta polo río da Fraga coa Plataforma dos Montes do Morrazo.

As principais ameazas son, na zona máis alta do rego, o proxecto do parque eólico de Pedras Negras e os proxectos de investigación mineira Miñán e Pedrouzos. E un pouco máis abaixo, o proxecto do parque industrial da Cruz da Maceira, con 435.528 m2 de terreo proxectado e dous afluentes coas súas áreas de ribeira afectados.

Ruta polo río da Fraga coa Plataforma dos Montes do Morrazo.

Camiño do Monte Gagán.

Camiño do Monte Gagán

Panel informativo do Río da Fraga.

Por consideralos uns espazos naturais de alta importancia ambiental e coa función de corredor ecolóxico, a Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo solicitoulle á Xunta de Galiza en marzo do 2012 a ampliación da Rede Natura galega cara a un novo Lugar de Importancia Comunitaria que recollese os espazos naturais dos Montes do Morrazo (onde está integrada a zona alta do rego da Fraga) e o Carballal de Coiro, máis outros ampliables.

[Texto: adaptación da nota informativa da Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo / Fotos: Asociación Monte Pituco]

Publicado por: MontePituco | 21/10/2015

FOTOS DE ANTONIO COSTA TOMADAS NO MIRADOIRO DO PORNEDO

O Monte Pornedo (ou Pituco) gaña adeptos… Constatamos cada fin de semana o aumento na afluencia de visitantes dando unha volta en contacto coa natureza, sacando os cans a pasear, practicando deportes, seguindo as indicacións do roteiro do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños. Que o monte interesa e importa é unha realidade palpable e contrastable.

…Entre eses visitantes, na ASOCIACIÓN MONTE  PITUCO queremos destacar un: o investigador e divulgador Antonio Costa, cuxas visitas ao miradoiro natural do Monte Pornedo son cada vez máis frecuentes. Cámara en ristre, Antonio capta con sensibilidade e ollada certeira os magníficos solpores que se divisan dende este enclave, os xacementos arqueolóxicos, a biodiversidade deste Espazo Natural.

A súa silueta moverase con frecuencia polos sendeiros do Pornedo, recortarase no curuto do monte ou sorteando as árbores e a matogueira porque coas súas marabillosas fotografías quere sementar conciencia social, vencer os pro-polígono e convencer a veciñanza marinense do afortunados que somos por ter ao noso carón un ‘balcón da ría’ ao que podernos asomar para contemplar a beleza da paisaxe, para presumir de patrimonio, para atraer visitantes e desenvolvemento económico baseado en principios que nada teñen que ver coa especulación urbanística, nin coa desfeita do monte para enchelo de formigón, asfalto e naves.

…MOITAS GRAZAS, ANTONIO. BENVIDO SEMPRE!

Antonio Costa, fotografado por Carmen Bikos.

[Fotografía de Carmen Bikos]

“No mirador do Pornedo pódese ollar algunha das máis fermosas visións da ría de Pontevedra e do casco urbán de Marín. E mágoa que o Concello de Marín e a Xunta de Galicia, ámbolos dous gobernados polo PP, pretendan construír neste fermosísimo lugar un novo polígono industrial, xusto cando hai ducias de polígonos baleiros por falta de empresas. O negocio, coma sempre, vén de facerse con terreos a coste cero, urbanizalos e vendelos, ou non; porque o beneficio reside nas obras de urbanización e nas comisions que van aparar á financiación do PP, como estamos vendo día si, día tamén nos distintos casos de roubo á cidadania (eles chámanlle corrupción). Non entendo que o pobo de Marín fique tranquilo mentres están planeando este roubo aos veciños e non defendan esta beleza con unllas e dentes“.

[Antonio Costa, investigador e divulgador]

otografía de Antonio Costa tomada no miradoiro do Pornedo.

“Rocha nº 1 do Pornedo”.

Fotografía de Antonio Costa tomada no miradoiro do Pornedo.

“Laxe nº2 do Pornedo con gravado de Pepito Meijón”.

Fotografía de Antonio Costa tomada no miradoiro do Pornedo.

“Gravados de Pepito Meijón”.

otografía de Antonio Costa tomada no miradoiro do Pornedo.

Rocha con rebaixes.

Fotografía de Antonio Costa tomada no miradoiro do Pornedo.

…E a vida segue a medrar no Pituco, Pornedo. Yin-yang.

Fotografía de Antonio Costa tomada dende o miradoiro do Pornedo.

Entrada ao porto e á Escola Naval.

Fotografía de Antonio Costa tomada dende o miradoiro do Pornedo.

Patrulleiro P28 no interior da dársena da Escola Naval.

Fotografía de Antonio Costa tomada dende o miradoiro do Pornedo.

Descargando grao (I).

Fotografía de Antonio Costa tomada dende o miradoiro do Pornedo.

Descargando grao (II).

Fotografía de Antonio Costa tomada dende o miradoiro do Pornedo.

A faenar pola noite para mañá ter peixe fresco…

Fotografía de Antonio Costa tomada dende o miradoiro do Pornedo.

Colexio dos Praceres.

Fotografía de Antonio Costa tomada dende o miradoiro do Pornedo.

Lonxa de Campelo, Illa dos Ratos e campo de fútbol da Seca, en Poio.

Solpor dende o Monte Pornedo (foto, Antonio Costa).

 Primeiro solpor

Fotografía de Antonio Costa tomada dende o miradoiro do Pornedo.

Cabo Udra.

Solpor dende o Monte Pornedo (foto, Antonio Costa).

Solpor dende o Monte Pornedo (foto, Antonio Costa).

Raio verde.

Solpor dende o Monte Pornedo (foto, Antonio Costa).

Segundo solpor.

Solpor dende o Monte Pornedo (foto, Antonio Costa).

“Anoitece no Pornedo, co sol poñéndose detrás das illas de Ons”.

Solpor dende o Monte Pornedo (foto, Antonio Costa).

“Ás veces unha nube negra coma un agoiro do que se vén enriba oculta o sol, non sei se para que non o vexamos ou para que el non mire a desfeita que se está planeando”.

Solpor dende o Monte Pornedo (foto, Antonio Costa).

“A boca da ría coa lúa enriba do cabo Udra”.

Vista de Marín dende o Monte Pornedo (foto, Antonio Costa).

“Marín vai adormecéndose mentres os especuladores non paran…”

Vista de Marín dende o Monte Pornedo (foto, Antonio Costa).

“…Desperta!!!”

Vista de Marín dende o Monte Pornedo (foto, Antonio Costa).

“Pasei a vida chorando, e suspirando, Marín por ti…”

Lúa crecente vista dende o Monte Pornedo (foto, Antonio Costa).

“Ata a lúa, tímida, vén ollar este anaco de paraíso”

A lúa do 20 de outubro, fotografada dende o Monte Pornedo

A lúa do 20 de outubro, fotografada dende o Monte Pornedo

 

Publicado por: MontePituco | 20/10/2015

SOLIDARIEDADE CON ‘SALVEMOS A FRACHA’

Faro de Vigo, 20 outubro 2015

Pastor afirma que se hace “justicia social” con Pontevedra al iniciar por fin su circunvalación

Televisión de Galicia, 20 outubro 2015

Comezan as obras da primeira circunvalación de Pontevedra

*

Son días difíciles para un colectivo veciñal ao que á ASOCIACIÓN MONTE PITUCO lle unen varias similitudes.

…Coma nós, eles intentan salvar un monte do proxecto de construcción da A-57, que arrasará mananciais naturais, afectará a patrimonio histórico, especies de fauna e flora sensibles, e causará un impacto ambiental e paisaxístico irreversible.

Perfil do desmonte que se fará no Monte da Fracha.

[Fonte: Salvemos A Fracha]

…Coma nós, presentaron reclamacións ante os Tribunais intentando paralizar unha obra que, no seu caso, estaba impulsada polo Ministerio de Fomento co apoio das demais Administracións a nivel municipal, provincial e autonómico. 

Por desgraza, a súa xusta reivindicación non atopou resposta no Goberno local de Pontevedra, que non recibiu os representantes desta plataforma. Marea de Pontevedra foi o único grupo político sensible coa problemática, ademais de contar coa adhesión de numerosos colectivos ecoloxistas e sociais: APDR, Vaipolorio, Greenpeace, Sociedade Galega de Historia Natural, Adega…

Protesta no Pleno de Pontevedra

[Foto de Marea Pontevedra]

Malia ter solicitado a paralización cautelar do proxecto mentres a Audiencia Nacional non se pronunciara sobre a demanda interposta polos opositores ao trazado da A-57, a Ministra de Fomento, Ana Pastor, veu, posou (para a foto) e marchou; non sen antes afirmar que os veciños serían “escuchados”, que a construcción desta infraestrutura era unha cuestión de “justicia social” e que segundo os técnicos o proxecto era “el mejor” dende o punto de vista medioambiental. Cantas meteduras de pata xuntas en tan breve discurso, mesturando xustiza, medio ambiente e atención cidadá que, á vista das protestas dos afectados, calquera parecido coa realidade é pura casualidade.

Faro de Vigo, 20 outubro 2015

Plantarán 20.000 árboles y regenerarán los taludes

Faro de Vigo, 20 outubro 2015

Nueva protesta de Salvemos A Fracha

*

Para maior agravio, canda a titular de Fomento, o alcalde de Pontevedra, Miguel Fernández Lores. ao carón tamén de Pilar Rojo, do delegado do Goberno, do Subdelegado, do delegado da Xunta, da senadora… toda a familia ‘popular’ facendo piña cando as próximas eleccións xerais están en capilla.

Na ASOCIACIÓN DEFENDE O MONTE PITUCO non quixeramos vernos na situación destes veciños de Marcón, Pintos, A Ermida, Figueirido, Vilaboa… aos que a política aplastou coa apisoadora do poder.

Protesta no inicio das obras.

[Foto de Marea Pontevedra]

Por iso, dende o Monte Pituco, dende o ‘balcón da ría’, vai a nosa SOLIDARIEDADE con SALVEMOS A FRACHA.

Ánimo, avante, a seguir traballando pola defensa do monte. A pesar das máquinas, a pesar dos desmontes, a pesar das declaracións electoralistas, a pesar das falsas promesas de rexeneración ambiental, acústica e paisaxística que nin os propios políticos cren…

Tod@s co Monte da Fracha. Tod@s na andaina do vindeiro domingo 25 de outubro.

Andaina pola Fracha.

Andaina pola Serra da Fracha contra a A-57.

[Imaxe do artigo titulado “Andaina pola Serra da Fracha“, publicado en novembro de 2014]

Faro de Vigo, 19 outubro 2015

Vecinos y comuneros de trece parroquias y de Vilaboa se suman a la protesta contra la A-57

Publicado por: MontePituco | 19/10/2015

VESPA VELUTINA: MOCIÓN DE MAREA MARÍN NO PLENO DE OUTUBRO

Moción de Marea Marín sobre a Vespa Velutina

Moción de Marea Marín sobre a Vespa Velutina

O grupo municipal da Marea Veciñal de Marín presentou no Pleno da Corporación deste mes de outubro unha moción sobre a problemática da Vespa Velutina que foi aprobada por unanimidade. O Concello de Marín adhírese así ás reivindicacións que a Asociación Galega de Apicultura lle trasladou á Xunta de Galicia:

-Solicitarlle unha reunión urxente aos responsables da Consellería de Medio Rural para buscar medidas cos concellos afectados para afrontar esta praga

-Rectificar o protocolo de actuación elaborado pola Xunta para que se recuperen medidas propostas inicialmente como as de proceder á eliminación dos niños ao amencer e o anoitecer, cando a actividade das vespas é menor.

-Colaboración entre Administracións enfocada á eliminación da praga con medidas ambientalmente sostibles.

-De continuar traballando na eliminación dos niños, o persoal da empresa Tragsa deberá adecuar os seus horarios aos momentos nos que a actividade dos niños é menor (amencer e anoitecer).

-Reducir os procesos burocráticos para que trala comunicación ao 012 os informantes reciban información clara.

-Cumprir os prazos máximos para a eliminación dos niños, tal e como establece o protocolo.

-Que a Xunta emita información periódica sobre a situación da praga.

-Dotación de axudas económicas á apicultura para o traslado das colmeas a espazos libres da praga ou compensacións pola súa perda a causa da acción da Vespa Velutina.

-Instar a Xunta a solicitar fondos europeos para facerlle fronte a esta praga.

-Promover campañas informativas, con anuncios nos medios de comunicación, para informar a cidadanía e detectar niños na primavera.

-Centrar a loita contra a Vespa Velutina na adopción de medidas preventivas: que na próxima primavera a Consellería do Medio Rural abasteza 4.000 novas trampas e 64.000 doses de sustancias atraentes.

-Durante o verán, promover a protección dos apiarios e das hortas con árbores froiteiras con cebos de baixa toxicidade.

-Proporcionar financiamento, medios e formación aos concellos afectados para poderen actuar na retirada de niños -en colaboración con expertos do sector abelleiro- susceptibles de xerar problemas de seguridade cidadá. Substituír os insecticidas por gas sulfuroso ou vapor de auga.

-Facer un seguemento e unha avaliación das medidas aplicadas na loita contra a praga de Vespa Velutina.

-Promover a investigación no eido das medidas de control da praga a través da Xunta e das Universidades, e contando con fondos europeos.

Ademais dun niño localizado no Camiño Cortiñas, a 15 metros de altura nas póldas dun plataneiro de sombra, a Marea Veciñal de Marín informou da existencia doutro niño en Miñán, a uns 4-5 metros entre as pólas dun castiñeiro e que vai ser retirado en próximos días a instancias dun grupo de apicultores do Morrazo, que deron noticia da súa localización.

Niño de Vespa no Camiño Cortiñas

 

 

 

 

 

 

 

 

Niño de Vespa Velutina no Camiño Cortiñas, preto do centro de Marín (foto, C.Fuentes)

Publicado por: MontePituco | 17/10/2015

RESPOSTA DE TRAGSA SOBRE A LOCALIZACIÓN DE VESPA VELUTINA

O mapa que encabeza este artigo, actualizado a outubro de 2015, é unha iniciativa para o seguemento orientativo do avance da Vespa velutina nigrithorax, dende a súa aparición en Francia en maio de 2004 ata a súa chegada a España no outuno de 2010. 

Paralelamente ao achado deste mapa grazas a unha achega da Sociedade Galega de Historia Natural, que nos puxo na súa pista, a ASOCIACIÓN MONTE PITUCO recibiu a contestación dende Tragsa da petición de información que se lles cursou esta semana, nada máis localizar os exemplares de vespa asiática.

Non só confirmaron que o insecto da imaxe é Vespa velutina, senón que, sobre o niño de procedencia dos exemplares atopados no lugar do Caeiro, Tragsa estima que “pode estar ubicado nun radio aproximado de 3 quilómetros á redonda, e mesmo máis, tomando como referencia o punto de avistamento”.

Tamén explican dende Tragsa que estas vespas desprázanse en busca de alimento e que na parroquia de San Xulián de Marín teñen “rexistrados máis avistamentos”. Mesmo se retirou xa algún niño de vespa asasina. Precisamente, confirman que actualmente existe un niño pendente de ser retirado “en canto nos sexa posible”, precisaron dende Tragsa. A mensaxe remata dando as grazas á ASOCIACIÓN MONTE PITUCO “pola colaboración”.

Grazas ás redes sociais, puidemos saber que o niño en cuestión está no Camiño Cortiña, nun plataneiro a uns 15 metros de altura.

Publicado por: MontePituco | 16/10/2015

XORNADAS MICOLÓGICAS DO MORRAZO, CON LIBOREIRO

Xornadas Micolóxicas da Agrupación Liboreiro, en Bueu

Do 16 ao 20 de novembro ás 20:30h no Centro Social do Mar, en Bueu.

Publicado por: MontePituco | 15/10/2015

LOCALIZADA VESPA VELUTINA PRETO DO MONTE PITUCO

Vespa Velutina no Caeiro, San Xulián de Marín

Este exemplar de Vespa velutina foi localizado este xoves 15 pola tarde nunha finca do lugar de Caeiro, na parroquia marinense de San Xulián, preto do Monte Pituco.

As fontes que nos confirmaron a súa identificación puxéronnos na pista dun video elaborado pola Asociación Naturalista do Baixo Miño ANABAM no que se observa Vespa velutina alimentándose no mesmo tipo de planta, calistemon, que o que figura na imaxe que encabeza o artigo.

Posteriormente, a través das fichas incluidas no Programa de Vixiancia e Control da Vespa Velutina elaborado pola Xunta, verificamos que o exemplar localizado coincide coas características da denominada ‘vespa asiática’.

Características da Vespa Velutina

Características da Vespa Velutina

Características da Vespa Velutina

Dende a ASOCIACIÓN MONTE PITUCO xa nos diriximos por correo electrónico ao contacto que figura no protocolo da Xunta para informar sobre a localización deste insecto invasor tan perxudicial para a apicultura e tan negativo para a función polinizadora que realizan as abellas, cuxas colmeas son atacadas con resultados nefastos para a especie autóctona.

O Protocolo da Xunta establece que calquera persoa que vexa Vespa velutina pode comunicalo ao número 012.

Xornada sobre Vespa velutina na Biblioteca de Marín, setembro 2015

O pasado 18 de setembro a Agrupación Apícola de Galicia organizou en Marín unha xornada informativa á que asistimos. Malamente podiamos imaxinar que ía pasar menos dun mes ata que atoparamos os primeiros exemplares de Vespa velutina preto do Monte Pituco.

Dende a ASOCIACIÓN MONTE PITUCO seguiremos con atención a información que nos traslade TRAGSA sobre este achado, para trasladarlla á Comunidade de Montes de San Xulián e ao Concello de Marín.

Publicado por: MontePituco | 15/10/2015

INAUGURACIÓN DO CENTRO SOCIAL DE SALCEDO, A ‘CASA VERDE’

Inauguración do Centro Social de Salcedo.

Publicado por: MontePituco | 14/10/2015

ROTEIRO POLAS PRAIAS ORGANIZADO POR ALMUINHA

Roteiro polas praias, con Almuinha.

Publicado por: MontePituco | 13/10/2015

RUTA POR SETE CAMIÑOS CON RONSEL E ACEMAS

Foto de grupo da ruta con Ronsel e Acemas.

Veciños e veciñas de Seixo pertencentes á Asociación de Comerciantes ACEMAS e á Agrupación Cultural Ronsel -aos que se sumaron outros marinenses interesados na actividade- realizaron unha visita este luns festivo polo Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños, recuperando unha andaina que se suspendera en días anteriores pola previsión de mal tempo. Finalmente, o Día do Pilar presentouse unha xornada soleada e agradable para camiñar en plena natureza malia o nordés que soprou por momentos nalgúns puntos do itinerario.

As primeiras paradas foron nos petroglifos e na mámoa de Sete Camiños para, a continuación, seguir polo monte de Salcedo tras contar a lenda da luz dos Sete Camiños. Así é que nos primeiros pasos deste Espazo Natural e Arqueolóxico xa temos resumidos boa parte dos seus contidos: arte rupestre, arquitectura megalítica e patrimonio inmaterial.

A fauna e a flora do Espazo, cos cambios que experimenta no recén estreado outono, son outro aliciente para percorrer esta paraxe, deténdose nos cogumelos que van aparecendo polo camiños, escoitando o canto das aves que habitan nas arboredas ou que están de paso nas rutas migratorias que seguen cara a lugares cálidos, fixándose nos insectos que se agochan na matogueira…

Fungos no Espazo Sete Camiños.

Fungos no Espazo Sete Camiños. Boletus no Espazo Sete Camiños.

Os gravados de Chan das Mouras, a metade de camiño, e o conxunto rupestre do Pornedo, na parte final do itinerario, completaron a parte arqueolóxica da visita guiada. Nos tres grupos de petroglifos nos que centramos a atención puidemos apreciar a variedade de motivos que temos: figuras zoomorfas, círculos concéntricos e coviñas, debuxos antropomorfos, representacións de armas… Velaquí a riqueza deste patrimonio ancestral que tanta atención e preocupación pola súa atención nos merece.

Chan das Mouras, en Salcedo.

A andaina polo Espazo Sete Camiños permitiunos facer un seguemento polas melloras continuas que está experimentando o monte de Salcedo grazas á actuación da Comunidade de Montes, que está realizando unha transformación radical das zonas invadidas pola plaga da acacia e da mimosa. Terreos polos que ata non hai moito tempo se transitaba cubertos por unha mesta spesura destas especies pirófitas, agora están despexados, son grandes explanadas que pronto se repoboarán con árbores de ribeira rodeando o regato das Flaires e con outras árbores caducifolias para formar un bosque máis amable e saudable para a contorna. 

Recuperación de monte afectado por acacia e mimosa invasoras.

Entrando en Lourizán observamos tamén o aproveitamento da resina nos piñeiros que bordean o camiño.

Aproveitamento de resina en montes de Lourizán.

Rematamos cunha estampa inmellorable: o solpor no ‘balcón da ría’, cun espectacular colorido outonal. Os compañeiros e compañeiras de ruta non se resisten a inmortalizar a postal bucólica que nos ofrece o sol no horizonte.

No treito final do Espazo Sete Camiños.

Entrando no val do Pornedo.

Veciños e veciñas aos que facemos partícipes da loita da ASOCIACIÓN MONTE PITUCO por defender e conservar este enclave privilexiado, en plena fachada litoral de Marín, fronte á ameaza que representa o polígono industrial proxectado aquí polo Concello de Marín e a Xunta.

Un polígono que non só afecta gravemente o patrimonio arqueolóxico catalogado, senón que provocaría un impacto paisaxístico irreversible nunha zona de elevado desnivel, no que cómpre unha suma de diñeiro desproporcionada e inasumible en termos racionais e de sostibilidade para acondicionar un terreo que non cumpre coas condicións básicas para acoller infraestruturas industriais e que tampouco satisfai as necesidades do recinto portuario pola imposibilidade de dotarse de conexión ferroviaria.

Inmortalizando o solpor.

Rutas como a protagonizada por Acemas e Ronsel son necesarias non só porque favorecen a divulgación dun enclave cada vez con máis proxección social -así foi que durante a andaina foi posible atoparnos con varios grupos de persoas paseando, recollendo setas ou practicando deporte-.

…Mais  tamén porque permiten sensibilizar ao pé do terreo fronte a unha problemática -a da clasificación do Monte Pituco como solo urbanizable- que, coas explicacións oportunas ao pé do terreo, permiten visualizar as dificultades técnicas derivadas da complexa orografía, a afección aos abundantes mananciais existentes na zona, a agresión ao patrimonio histórico protexido e ao Espazo Natural dos Montes do Morrazo aos que pertence o Monte Pornedo, e o evidente atentado ecolóxico e paisaxístico en pleno ‘balcón da ría’.

Fin do roteiro por Sete Camiños con Acemas e Ronsel.

Publicado por: MontePituco | 10/10/2015

MONTES DO MORRAZO ALERTA DO DETERIORO DE CASTIÑEIRAS

Comunicado da Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo sobre a situación do Lago de Castiñeiras e Cotorredondo:

A Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo quere denunciar publicamente o abandono do parque forestal e arqueolóxico da Lagoa de Castiñeiras e Cotorredondo.

Este abandono que se vén producindo nos últimos anos é responsabilidade da Xunta de Galiza, a Administración que xestiona o parque natural, por non cumprir coa súa obriga de manter a contorna limpa e en condicións. Esta situación acrecentouse desde a creación da Fundación Lago de Castiñeiras e Cotorredondo e o seu anuncio de pór en valor o patrimonio da zona e de crear un parque botánico.

Algúns dos exemplos do deterioro do parque son:

Biomasa da matogueira e a silveira sen controlar. Esta está tan alta que chega até a copa das árbores e sobresae polos peches perimetrais de madeira.

Castiñeiras (foto: Plataforma Montes do Morrazo).

Existencia vertedoiros de lixo incontrolado polos arredores.

Castiñeiras (foto: Plataforma Montes do Morrazo).

Invasión da acacia negra (Acacia melanoxylon). Esta especie alóctona, pirófita e invasora, está a se espallar polo medio das plantacións de carballos, castiñeiros, bidueiros e érbedos, e chega até a propia cuneta da vía asfaltada que sobe ao miradoiro de Cotorredondo, cubrindo boa parte da beiravía e as plantacións anexas.

Falta de atención aos restos arbóreos despois dos temporais. Os fortes ventos, como os rexistrados nos temporais do comezo deste outono, danaron a estrutura das árbores, rachando partes do tronco e a ramaxe, sen que se lles dé a atención debida e deixado os restos ciscados sen control polo chan.

Falta de coidados nas árbores. No conxunto botánico que, con máis de 40 especies de todo o planeta, existe desde mediados do século pasado, algunhas especies poderían estar en perigo de desaparición, de non aplicar os coidados silvícolas e fitosanitarios correspondentes.

Cortas indiscriminadas de piñeiros. Nas inmediacións do miradoiro de Cotorredondo realizouse recentemente unha corta intensiva de piñeiros do país (Pinus pinaster), que afectou a varios exemplares procedentes das primeiras plantacións do século pasado, dun importante valor patrimonial e botánico, ao ter o seu antecedente na campaña de repoboacións forestais realizadas de xeito pioneiro e a nivel estatal nos anos vinte.

Abandono dos restos das cortas. Os restos procedentes das cortas, como está a sucedendo nos últimos anos en toda a comarca, non se retiraron e quedaron depositados sen control no lugar da corta, o que supón un potencial perigo de propagación de lume se temos en conta que os piñeiros teñen unha madeira con resinas inflamábeis e unha rápida combustión.

Abandono da sinalización. O panel indicador do GR-59 do Sendeiro Ecolóxico do Morrazo, promovido a comezos da década pasada con fondos europeos pola Mancomunidade de Concellos do Morrazo e que, con 84 quilómetros de percorrido ao longo dos cinco concellos morracenses, de xeito circular, ten o seu comezo e chegada no propio parque da natureza da lagoa de Castiñeiras, está parcialmente roto e cos seus gráficos ilexíbeis, un reflexo tamén de como se atopa ao longo de boa parte do seu percorrido pola comarca.

Mal estado da lagoa. A lagoa artificial contén restos de lixo e sedimentación anóxica nos seus fondos.

Castiñeiras (foto: Plataforma Montes do Morrazo).

Cómpre salientarmos, polo seu valor patrimonial e arqueolóxico, o abandono en que se atopa a Mámoa do Rei, unha das sete mámoas de Chan de Castiñeiras existentes dentro do parque. Este xacemento foi obxecto dunhas obras de rehabilitación no ano 2003 e declarada Ben de Interese Cultural de Galiza (BIC) no ano 2011 pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural. Actualmente o perímetro do seu túmulo está cuberto por unha densa matogueira de toxo, xesta, uces e silveiras, e a estrutura de pedra do seu dolmen, de máis de 5.000 anos de antigüidade, é utilizada por moitas e moitos visitantes como banco para sentar.

A Plataforma esixe da Xunta de Galiza, unha urxente actuación de limpeza e coidado do patrimonio natural e cultural existente dentro do parque da natureza da lagoa de Castiñeiras e de Cotorredondo que, sen afectar as zonas máis sensibeis –as brañas de Castiñeiras-, os deixe nunhas mínimas condicións de salubridade e saneamento, previo ao traspaso da súa xestión á Fundación e as comunidades de montes de Santomé de Piñeiro, Santa Cristina de Cobres, Vilaboa e San Xulián.

Así mesmo, demandamos unha intervención arqueolóxica na mámoa -con dolmen- de Pedralonga, declarada tamén BIC e agredida no pasado pola propia administración autonómica coa construcción dun dos viais asfaltados do parque, para poñela en valor e integrala no conxunto das mámoas de Chan de Castiñeiras.

Mámoa de Pedralonga (foto: Plataforma Montes do Morrazo).

Por outra banda, e tendo en conta que o Concello de Marín ten organizada unha andaina o vindeiro domingo 11 de outubro (*) polo Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños e o 25 pola rota das mámoas do Morrazo, demandamos por parte desta administración unha aposta real pola zona que vaia máis alá dun par de visitas guiadas ao ano.

Lembramos que o Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños adoece da correspondente conexión pola zona patrimonial dos conxuntos rupestres de Champás e A Carrasca co conxunto megalítico de Chan de Castiñeiras. E que a rota das mámoas do Morrazo, de 7,5 kilómetros, está sen sinalizar e sen o debido coidado e mantemento, desde que no ano 2008 se paralizara o proxecto que daquela promovían con fondos europeos varias comunidades de montes da comarca en colaboración coa Fundación Comarcal, as Consellerías de Medio Ambiente, Medio Rural e Cultura e os Concellos de Marín, Vilaboa e Moaña.

Gravados rupestres no camiño aos petroglifos de Champás. Silla e petroglifos de Champás.

Petroglifos da Carrasca, en San Xulián (Marín).

Polo tanto esiximos da Administración pública local e autonómica a colaboración e os investimentos necesarios para unha posta en valor real e a integración ambiental do Espazo dos Sete Camiños con Chan de Castiñeiras, Chan de Armada e Chan de Arquiña, a través da Rota das mámoas do Morrazo, xa que entendemos que forman parte dun único conxunto arqueolóxico e natural.

(*) Aprazada ata decembro

Publicado por: MontePituco | 09/10/2015

SUSPENDIDA A RUTA DESTE DOMINGO POLO ESPAZO SETE CAMIÑOS

Cancelada ata decembro a ruta por Sete Camiños.

SUSPENDIDA ATA DECEMBRO

A RUTA DESTE DOMINGO POR SETE CAMIÑOS 

O Concello de Marín comunicou esta mañá que a andaina polo ESPAZO NATURAL E ARQUEOLÓXICO DOS SETE CAMIÑOS prevista para este domingo día 11 queda SUSPENDIDA ata o mes de decembro “debido ás condicións meteorolóxicas adversas” que se agardan para ese día, segundo anuncia o Concello na súa páxina de Facebook.

Publicado por: MontePituco | 08/10/2015

ANDAINA POR SETE CAMIÑOS CON RONSEL E ACEMAS

O domingo pasado suspendeuse por mal tempo malia que, finalmente, a tarde agantou sen chover e varias persoas animáronse a facer a ruta por Sete Camiños: ver artigo titulado “Adiouse ata novo aviso…

A Agrupación Cultural Ronsel e a Asociación de Comerciantes ACEMAS volven convocar novamente a andaina polo Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños para este luns 12 de outubro, festivo, ás 17:00 horas dende a arboreda do Monte Pituco (Pornedo).

…Malia que seica a previsión meteorolóxica non volve ser favorable, dende a ASOCIACIÓN MONTE PITUCO faremos como da outra vez: se non chove, acudiremos ao punto de encontro para atender ás persoas que se achegaran con intención de percorrer o Espazo. Para a ASOCIACIÓN MONTE PITUCO calquera ocasión é boa para compartir o valor do patrimonio natural, histórico e cultural desta contorna.

Aínda que se trata dun roteiro para un grupo organizado, está aberto á participación de calquera veciño ou veciña. Quen quedara sen praza na andaina organizada polo Concello de Marín o domingo 11, que estaba limitada a 50 prazas, ten así a oportunidade de sumarse a esta outra actividade, que é gratuita.

Ruta por Sete Camiños con Ronsel e Acemas: 12 de outubro.

 

 

Panel de acceso ao Espazo Sete Camiños na entrada do Pituco (Pornedo).

Esta semana foron varias as persoas que, a través das redes sociais ou por outros medios, nos plantexaban as súas dúbidas sobre a andaina organizada pola Concellería de Cultura, Festas e Dinamización do Concello de Marín para este domingo día 11 polo Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños, no marco do programa de Rutas Culturais.

As preguntas versaban sobre a hora e o lugar concreto ao que achegarse para participar na actividade. Os medios de comunicación a nivel local recolleron que se habilitaría un servizo de autobús para desprazarse aos sitios lonxanos, mais non se concretaba moito sobre este roteiro inicial. Nun dos xornais publicouse que neste caso non habería transporte, o que levaba a pensar que o punto de encontro era o que figuraba no cartel das Andainas: Praza de España, 09:30 horas.

…Quería iso dicir que as persoas inscritas no curso terían que iniciar a camiñada no centro de Marín para achegarse á entrada do Espazo Sete Camiños, no Monte Pituco? Se esa era a pretensión do Concello, non tiña pés nin cabeza, posto que o itinerario, costa arriba, ocuparía moito tempo e moito esforzo. A isto engadíase que se as rutas programadas non superan en teoría os 8 quilómetros, a suma do itinerario dos Sete Camiños máis o traxecto dende o centro de Marín, excedería con creces a distancia fixada.

…Era un malentendido e finalmente habería servizo de transporte? Ou teríanse que achegar os participantes polos seus medios ata o Monte Pituco? Nese caso, onde se especificaba esa información?

No día de onte chamamos ao teléfono do Concello de Marín para preguntar pero, por desgraza, non souberon solucionar as nosas dúbidas nese momento, emprazándonos á publicación dunha nota de prensa. O único que souberon asegurarnos foi que a convocatoria das Andainas fora un éxito e que as seis rutas programadas cubriran en poucas horas o cupo das 50 prazas.

Finalmente, hoxe recibimos unha mensaxe do Concello de Marín informando que xa se publicou a nota informativa e que se estaba avisando por teléfono, unha por unha, a todas as persoas inscritas no roteiro polo Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños para que souberan que o punto de encontro será na arboreda do Monte Pituco.

Segue a continuación a nota de prensa facilitada polo Concello de Marín:

ANDAINA 1. ESPAZO NATURAL E ARQUEOLÓXICO DOS SETE CAMIÑOS

Data: domingo 11 de outubro de 2015.

Punto de encontro e saída: Área Recreativa Pituco, en San Xulián, na estrada EP-0019 que vai a Figueirido, ao lado da saída nº 4 da variante de Marín sentido Figueirido. As persoas inscritas deberán desprazarse pola súa conta a este punto.

Lonxitude e duración: trátase dunha percorrido circular duns 5 quilómetros, cunha duración aproximada de 3-3,5 h., e dificultade baixa.

Esta primeira andaina discorrerá polos montes comunais das parroquias de San Xulián (Marín), e Lourizán e Salcedo (Pontevedra), nos que visitaremos varias mámoas e petróglifos. Entre os petróglifos poderemos disfrutar de conxuntos como o de Pornedo, con notables combinacións circulares e representacións de armas; ou o conxunto de Outeiro da Mina, con numerosas rochas gravadas nas que predominan os círculos e combinacións de círculos concéntricos, algúns deles recheos de coviñas de pequeno tamaño. Son especialmente atractivas as vistas que ofrece esta andaina ao contar con miradoiros naturais sobre o val do río Tomeza ou sobre a ría de Pontevedra, e a propia paisaxe do contorno dos xacementos arqueolóxicos que visitaremos, na que non é difícil imaxinarse a actividade das xentes que habitaron estas terras hai catro ou cinco mil anos.

Lembrade levar roupa e calzado cómodo, tamén un chuvasqueiro aínda que se a previsión é de choivas persistentes a andaina se suspendería e trasladaría a unha nova data no mes de decembro.

Anotamos a previsión meteorolóxica para o domingo:

Previsión do tempo o domingo 11 de outubro

 

« Newer Posts - Older Posts »

Categorías