Publicado por: MontePituco | 04/11/2015

SONDEOS ARQUEOLÓXICOS NO PITUCO PASADOS POR AUGA

Sondeo arqueolóxico no Monte Pituco

O día non podía estar máis desapacible: frío, néboa, auga… E sen embargo, aí estaba o arqueólogo, co chuvasqueiro empapado e con restos de terra nas botas e no pantalón. Nestes momentos é cando un aprecia a notable diferenza entre traballar a cuberto e traballar á intemperie, especialmente cando as condicións meteorolóxicas son adversas. 

Na explanada do Monte Pituco xa hai un par de aberturas no terreo, de 2×2 metros, nas que o técnico de Archeoatlantica retira a terra ata dar con sustrato granítico, que analiza para verificar se hai ou non hai vestixios arqueolóxicos ou indicios de que os poida haber. A pouca distancia, outro operario manexa unha excavadora para facilitar a apertura do buraco.

…Nisto consisten os sondeos arqueolóxicos que se van realizar no Monte Pituco, cun dobre obxectivo: supervisar que non haxa afeccións ao patrimonio histórico-cultural no trazado da tubaría que se está instalar para a nova rede de abastecemento de auga impulsada por ACUAES; por outra parte, ampliar o radio de acción das catas arqueolóxicas na procura dun petroglifo que foi soterrado de xeito irregular en 2003 con motivo das obras de construcción da Variante de Marín. Un petroglifo que, aínda que baixo terra, ten afectada a súa área de cautela polo proxecto de ACUAES.

Tanto dende Patrimonio Cultural da Xunta como dende a propia empresa Archeoatlantica nos recoñecen as fortes reticencias, tanto de ACUAES como da adxudicataria construcciones Ortiz, para que se leven a cabo estas prospeccións, que retrasan o calendario de traballo e fan que os prazos sexan cada vez máis xustos para que a obra estea rematada antes de que remate o ano, tal e como dispón a Unión Europea, da que procede a meirande parte da financiación.

Pero aquí estamos, na procura dun gravado rupestre da Idade do Bronce. Uns humildes círculos concéntricos que, mentres que para unha minoría ignorante son un incordio -as pedras “non dan de comer” e sandeces polo estilo-, para a ASOCIACIÓN MONTE PITUCO e para os veciños e veciñas que senten, aprecian e respectan o legado dos ancestros, teén unha enorme importancia: suporían enriquecer o patrimonio do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños cun elemento rupestre máis; significaría ademais restituir un erro fatal cometido antano por unha directiva da Comunidade de Montes de San Xulián que non tiña ningunha sensibilidade pola cultura, e que nin tan sequera se molestou en disimular o incumprimento flagrante da Lei de Patrimonio; e por riba, estariamos facendo un acto de xustiza co veciño Xan Montenegro, que foi a persoa que máis loitou, protestou, e se sublevou contra este atropelo inxustificable.

Dende a ASOCIACIÓN MONTE PITUCO agradecemos, en primeiro lugar, a atención e as explicacións do arqueólogo Carlos Vilches. E tamén a colaboración de tres persoas moi importantes no intento por situar sobre o terreo -malia a radical transformación experimentada, con respecto á orografía e á vexetación orixinais- o petroglifo soterrado: Carlos Pazos, veciño do lugar da Pena; Paulo Troitiño, autor da única fotografía que existe deste gravado; e Lucinda Montenegro, irmá de Xan.

Imaxe do petroglifo desaparecido baixo a terra botada para facer a área recreativa do Pornedo.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

%d bloggers like this: