A ASOCIACIÓN MONTE PITUCO vai presentar -no marco do plan Marín 2020 impulsado polo Concello de Marín- un proxecto de estudo, catalogación e posta en valor das antigas canteiras situadas neste Espazo Natural, con vistas á posta en marcha dun CENTRO DE INTERPRETACIÓN AO AIRE LIBRE sobre esta actividade tradicional.
A abundancia de pedra nesta zona propiciou no pasado unha intensa actividade extractiva que deu pé á construcción de numerosas vivendas e edificacións na contorna. Non nos cabe dúbida do interese desta proposta, pola súa ampla dimensión histórica, cultural, educativa e turística.
(Continuará)
Deixar unha resposta