A Asociación Pedaladas está a promover unha concentración de condena á aparición de trampas nos nosos montes que será o día 8 de Novembro. Esta concentración é so unha resposta a uns terribles feitos pero as trampas son un síntoma de algo moito mais profundo, que é o intento de limitar o uso da bicicleta nos nosos montes a unhas rutas prefixadas e elixidas polos xestores do monte que, na súa maior parte, son as comunidades de montes.
Esta carta vai ser longa e densa pero é importante porque explica o amparo legal que temos e tamén ideolóxico para defendernos dunha verdade a medias que se usa coma mentira, “os montes son privados e os seus donos regulan o tráfico de vehículos.”
A Xunta de Galicia modificou a lei de Montes en xuño do 2012 para adecuala a outros tempos e no seu preámbulo comeza así:
“El monte, como recoge una antiquísima tradición, ha sido la base que permitió el sustento de las sociedades antiguas y posibilitó el tránsito a la moderna sociedad de nuestros días, en la que los bosques desempeñan un papel fundamental, tanto desde el punto de vista económico –con la madera como principal aprovechamiento en las sociedades postindustriales– como ambiental –depósito de carbono y verdadero pulmón del mundo actual– y también social y cultural –en cuanto espacio de expansión y lugar de encuentro y esparcimiento–.”
É importante ter isto en conta, os nosos montes non son só unha explotación de madeira e froitos, non ten so un servizo económico que dar para os seus xestores senón que é un lugar de gozo e encontro cultural no que o mundo da bicicleta ten moito que dicir.
Non queremos entrar nunha profundidade excesiva -pero si suficiente- para aclarar conceptos, a lei 43/2003 de Montes que se publicou no BOE, e o marco superior da 7/2012 da Xunta de Galicia, que regula os nosos montes. Esta lei cede no seu artigo 54 bis a responsabilidade de regular o acceso ós montes a Xunta de Galicia, polo que, aínda que a lei estatal só ten en conta restrinxir o acceso ás persoas en caso de alto risco de incendio, a Xunta podería limitar moito máis o acceso.Polo tanto a Xunta na Lei de Montes aclara:
“Artículo 98. Pistas forestales1. Todo camino de tránsito rodado de titularidad pública o privada, fuera de la red de carreteras, vinculado a la gestión forestal y ubicado en suelo rústico de protección forestal tendrá la consideración de pista forestal, quedando adscrito a la gestión agroforestal, y, en ningún caso, tendrá la consideración de acceso rodado público a los efectos previstos en la legislación urbanística.
2. La circulación con vehículos a motor por pistas forestales que no sean de uso público ubicadas fuera de la red de carreteras quedará limitada:
a) A las servidumbres de paso a que hubiera lugar, no pudiendo hacerse en actitud de conducción deportiva.
b) A la gestión agroforestal, incluida la actividad cinegética y piscícola.
c) A los cometidos de vigilancia y extinción de las administraciones públicas competentes.
Queda prohibida la circulación motorizada campo a través, por senderos, cortafuegos o vías de saca de madera, salvo para aquellos vehículos vinculados a la gestión agroforestal, incluida la actividad cinegética y piscícola, a la prevención y defensa contra incendios forestales, a los cometidos de vigilancia y tutela propios de las administraciones públicas ,y a los eventos y actividades que hayan sido autorizados por la Administración forestal con arreglo al artículo 88 de la presente ley.
3. Los titulares de las pistas forestales, previa autorización de la Administración forestal, podrán regular el tránsito abierto motorizado por las pistas forestales que se encuentren fuera de la red de carreteras y no formen parte de las servidumbres de paso, mediante su señalización, sin perjuicio de lo dispuesto en la legislación en materia de prevención y defensa contra incendios forestales, siendo el usuario, en todos los casos, el responsable de los daños o perjuicios que pudieran ocasionarse, tanto a sí mismo como a terceros, en su utilización. En los casos de celebración de eventos y actividades culturales y deportivos ajenos a la propiedad que se desarrollen mediante el tránsito motorizado por dichas pistas, habrá de contarse con la autorización expresa por parte del titular, según lo dispuesto en el artículo 88 de la presente ley.
4. Toda obra de reforma, modificación, transformación o renovación de las pistas forestales principales no podrá alterar ni limitar su carácter prioritario agroforestal, salvo autorización expresa de la Administración forestal.
5. Las características y exigencias constructivas de las pistas forestales principales, viraderos y parques de madera serán establecidas por la Administración forestal mediante orden de la consejería competente en materia de montes, y responderán a la necesidad y viabilidad de los requerimientos de apilado y transporte de los productos forestales y del acceso a los montes de la maquinaria forestal, minimizando el impacto sobre el paisaje, los ecosistemas forestales de gran valor y la erosión y ajustándose siempre que sea posible a la red viaria existente.
6. Los senderos, cortafuegos y vías de saca de madera de carácter temporal no tendrán la consideración de pistas forestales.
7. La construcción de pistas, caminos o cualquier otra infraestructura permanente en montes o terrenos forestales, cuando no estuviera prevista en el correspondiente instrumento de ordenación o gestión forestal, requerirá de su modificación, de acuerdo con lo establecido en el artículo 82 de la presente ley.
8. Los instrumentos de ordenación o gestión forestal contemplarán la recuperación o regeneración de la cubierta vegetal de los caminos forestales, cortafuegos, fajas, parques de madera o cualquier otra infraestructura abandonada en el medio forestal, a fin de evitar su progresiva degradación y facilitar su integración en el ecosistema forestal.
Da presente lei podemos concluír que a Xunta habilitou ós propietarios -enténdase comunidades de veciños- a restrinxir o acceso aos vehículos a motor, pero non aos vehículos sen motor, como son as bicicletas.
En certos lugares están a aparecer carteis que, sen a xustificación de eliminación dun camiño vía rexeneración da cuberta vexetal- prohiben o acceso ás bicicletas excepto se é o que accede é un propietario, o cal ao noso entender, é totalmente ilegal o non ten un amparo nesta lei.
Resumo da lei de Montes:
- A lexislación vixente da Xunta diferenza entre o acceso dun vehículo a motor e dunha bicicleta (sen motor).
- Os montes privados e comunais teñen o dereito a limitar o acceso a vehículos a motor, pero non se contempla esta restricción para os vehículos sen motor ou bicicletas.
- As comunidades de montes que usan o selo da Xunta nos seus carteis estano facendo sen coñecemento da Xunta; os carteis non teñen o número de rexistro obrigatorio, pero poñen o nome e o selo da Xunta nestes carteis.
- Nas sendas (camiño de menos de 2 metros de sección, segundo a lei) está sempre prohibida para os vehículos a motor, pero non di nada das bicicletas.
- As sendas poden ser eliminadas polos propietarios para integralas no medio forestal.
- A lei protexe o goce e o acceso ós montes, de feito, hai articulado para que as administracións interveñan e promovan isto.
Opinión de Pedaladas:
Os montes galegos e os seus camiños son moi anteriores a estas leis e as propias entidades de xestión, que son as comunidades veciñais. Hai -en lugares onde non existe a problemática do peche de camiños-, o intento de limitar o acceso ou o extremo das trampas, pero parece xeralizado o intento de limitar a certos camiños ao tránsito polo monte, o cal entenderedes que é un problema grave cara ao futuro se gañan estes pensamentos.
O monte non so é unha masa arbórea de aproveitamento económico; é moito mais, ten moito patrimonio histórico, (petroglifos, dolmens, muíños, camiños históricos…) ten patrimonio paisaxístico e ecolóxico. Todo ese patrimonio é de todos os galegos, non só dos xestores dese monte, é así esta rexistrado e referido en numerosas leis, empezando pola Constitución Española, que no seu artigo 45 nos ampara no acceso ao medio natural; e o artigo 46 protexe todo o patrimonio histórico, dando igual quen sexa o propietario.
Parécenos retrogrado limitar o acceso ás persoas a todos estes elementos,;unha privatización de feito, coa excusa de que molestamos aos cazadores ou degradamos os camiños, cando isto non e certo.
Temos claro que a loita é contra os ciclistas porque agora somos miles e percorremos grandes distancias polo monte galego, cousa que os peóns non fan e son moitos menos; pero o máis probable é que esta loita -unha vez que acaben con nós- pasará a eles e ao final en cada camiño de acceso a unha masa forestal teñamos un cartel de “prohibido o paso excepto propietarios”.
Polo tanto, quizais os non comuneiros deberiamos empezar a pensar en certas cousas: se o monte é deles e nós non podemos nin pasar por el, por que a Xunta gasta 100m € cada ano en extinción de incendios nunha propiedade privada con actividade económica? Por que gastamos fondos públicos no mantemento dos camiños ou en restauración de patrimonio histórico que eles se apropian? Por que os concellos gastan millóns en crear parques peri-urbanos, en integración de núcleos rurais ou en outras actuacións? Por que os montes de man común teñen de feito exención no IBI?…
En fin, quizais debemos chegar a que a conclusión lóxica é que se o monte é un ben común no momento de percibir diñeiro publico tamén é un ben común cando queremos pasar por el coa nosa bicicleta.
O día 8 de Novembro faremos a dúas concentracións: ás 11:15 no Campo de Golf de Meis e logo ás 12:30 na Pza. de España en Pontevedra. Pero isto só é o principio dunha loita longa onde debemos obrigar os poderes públicos a, dunha vez, facer unha defensa pechada das actividades lúdico-deportivas no monte que sexan respectuosas co medio e na cal todos debemos estar unidos e fortes na resposta en calquera parte do noso territorio, demostrando o noso numero e a nosa convicción.
Toda a Asociación Pedaladas
Publicado por: MontePituco | 06/11/2015
CONCENTRACIÓNS POR UN MONTE LIBRE DE TRAMPAS
Publicado en Alertas, Xeral | Etiquetas: Colectivos sociais, Concello de Pontevedra, Monte veciñal
Deixar unha resposta