Publicado por: MontePituco | 19/10/2015

VESPA VELUTINA: MOCIÓN DE MAREA MARÍN NO PLENO DE OUTUBRO

Moción de Marea Marín sobre a Vespa Velutina

Moción de Marea Marín sobre a Vespa Velutina

O grupo municipal da Marea Veciñal de Marín presentou no Pleno da Corporación deste mes de outubro unha moción sobre a problemática da Vespa Velutina que foi aprobada por unanimidade. O Concello de Marín adhírese así ás reivindicacións que a Asociación Galega de Apicultura lle trasladou á Xunta de Galicia:

-Solicitarlle unha reunión urxente aos responsables da Consellería de Medio Rural para buscar medidas cos concellos afectados para afrontar esta praga

-Rectificar o protocolo de actuación elaborado pola Xunta para que se recuperen medidas propostas inicialmente como as de proceder á eliminación dos niños ao amencer e o anoitecer, cando a actividade das vespas é menor.

-Colaboración entre Administracións enfocada á eliminación da praga con medidas ambientalmente sostibles.

-De continuar traballando na eliminación dos niños, o persoal da empresa Tragsa deberá adecuar os seus horarios aos momentos nos que a actividade dos niños é menor (amencer e anoitecer).

-Reducir os procesos burocráticos para que trala comunicación ao 012 os informantes reciban información clara.

-Cumprir os prazos máximos para a eliminación dos niños, tal e como establece o protocolo.

-Que a Xunta emita información periódica sobre a situación da praga.

-Dotación de axudas económicas á apicultura para o traslado das colmeas a espazos libres da praga ou compensacións pola súa perda a causa da acción da Vespa Velutina.

-Instar a Xunta a solicitar fondos europeos para facerlle fronte a esta praga.

-Promover campañas informativas, con anuncios nos medios de comunicación, para informar a cidadanía e detectar niños na primavera.

-Centrar a loita contra a Vespa Velutina na adopción de medidas preventivas: que na próxima primavera a Consellería do Medio Rural abasteza 4.000 novas trampas e 64.000 doses de sustancias atraentes.

-Durante o verán, promover a protección dos apiarios e das hortas con árbores froiteiras con cebos de baixa toxicidade.

-Proporcionar financiamento, medios e formación aos concellos afectados para poderen actuar na retirada de niños -en colaboración con expertos do sector abelleiro- susceptibles de xerar problemas de seguridade cidadá. Substituír os insecticidas por gas sulfuroso ou vapor de auga.

-Facer un seguemento e unha avaliación das medidas aplicadas na loita contra a praga de Vespa Velutina.

-Promover a investigación no eido das medidas de control da praga a través da Xunta e das Universidades, e contando con fondos europeos.

Ademais dun niño localizado no Camiño Cortiñas, a 15 metros de altura nas póldas dun plataneiro de sombra, a Marea Veciñal de Marín informou da existencia doutro niño en Miñán, a uns 4-5 metros entre as pólas dun castiñeiro e que vai ser retirado en próximos días a instancias dun grupo de apicultores do Morrazo, que deron noticia da súa localización.

Niño de Vespa no Camiño Cortiñas

 

 

 

 

 

 

 

 

Niño de Vespa Velutina no Camiño Cortiñas, preto do centro de Marín (foto, C.Fuentes)


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

A %d blogueros les gusta esto: