Pastor afirma que se hace “justicia social” con Pontevedra al iniciar por fin su circunvalación
Comezan as obras da primeira circunvalación de Pontevedra
*
Son días difíciles para un colectivo veciñal ao que á ASOCIACIÓN MONTE PITUCO lle unen varias similitudes.
…Coma nós, eles intentan salvar un monte do proxecto de construcción da A-57, que arrasará mananciais naturais, afectará a patrimonio histórico, especies de fauna e flora sensibles, e causará un impacto ambiental e paisaxístico irreversible.
[Fonte: Salvemos A Fracha]
…Coma nós, presentaron reclamacións ante os Tribunais intentando paralizar unha obra que, no seu caso, estaba impulsada polo Ministerio de Fomento co apoio das demais Administracións a nivel municipal, provincial e autonómico.
Por desgraza, a súa xusta reivindicación non atopou resposta no Goberno local de Pontevedra, que non recibiu os representantes desta plataforma. Marea de Pontevedra foi o único grupo político sensible coa problemática, ademais de contar coa adhesión de numerosos colectivos ecoloxistas e sociais: APDR, Vaipolorio, Greenpeace, Sociedade Galega de Historia Natural, Adega…
[Foto de Marea Pontevedra]
Malia ter solicitado a paralización cautelar do proxecto mentres a Audiencia Nacional non se pronunciara sobre a demanda interposta polos opositores ao trazado da A-57, a Ministra de Fomento, Ana Pastor, veu, posou (para a foto) e marchou; non sen antes afirmar que os veciños serían “escuchados”, que a construcción desta infraestrutura era unha cuestión de “justicia social” e que segundo os técnicos o proxecto era “el mejor” dende o punto de vista medioambiental. Cantas meteduras de pata xuntas en tan breve discurso, mesturando xustiza, medio ambiente e atención cidadá que, á vista das protestas dos afectados, calquera parecido coa realidade é pura casualidade.
Plantarán 20.000 árboles y regenerarán los taludes
Nueva protesta de Salvemos A Fracha
*
Para maior agravio, canda a titular de Fomento, o alcalde de Pontevedra, Miguel Fernández Lores. ao carón tamén de Pilar Rojo, do delegado do Goberno, do Subdelegado, do delegado da Xunta, da senadora… toda a familia ‘popular’ facendo piña cando as próximas eleccións xerais están en capilla.
Na ASOCIACIÓN DEFENDE O MONTE PITUCO non quixeramos vernos na situación destes veciños de Marcón, Pintos, A Ermida, Figueirido, Vilaboa… aos que a política aplastou coa apisoadora do poder.
[Foto de Marea Pontevedra]
Por iso, dende o Monte Pituco, dende o ‘balcón da ría’, vai a nosa SOLIDARIEDADE con SALVEMOS A FRACHA.
Ánimo, avante, a seguir traballando pola defensa do monte. A pesar das máquinas, a pesar dos desmontes, a pesar das declaracións electoralistas, a pesar das falsas promesas de rexeneración ambiental, acústica e paisaxística que nin os propios políticos cren…
Tod@s co Monte da Fracha. Tod@s na andaina do vindeiro domingo 25 de outubro.
[Imaxe do artigo titulado “Andaina pola Serra da Fracha“, publicado en novembro de 2014]
Deixar unha resposta