O Monte Pornedo (ou Pituco) gaña adeptos… Constatamos cada fin de semana o aumento na afluencia de visitantes dando unha volta en contacto coa natureza, sacando os cans a pasear, practicando deportes, seguindo as indicacións do roteiro do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños. Que o monte interesa e importa é unha realidade palpable e contrastable.
…Entre eses visitantes, na ASOCIACIÓN MONTE PITUCO queremos destacar un: o investigador e divulgador Antonio Costa, cuxas visitas ao miradoiro natural do Monte Pornedo son cada vez máis frecuentes. Cámara en ristre, Antonio capta con sensibilidade e ollada certeira os magníficos solpores que se divisan dende este enclave, os xacementos arqueolóxicos, a biodiversidade deste Espazo Natural.
A súa silueta moverase con frecuencia polos sendeiros do Pornedo, recortarase no curuto do monte ou sorteando as árbores e a matogueira porque coas súas marabillosas fotografías quere sementar conciencia social, vencer os pro-polígono e convencer a veciñanza marinense do afortunados que somos por ter ao noso carón un ‘balcón da ría’ ao que podernos asomar para contemplar a beleza da paisaxe, para presumir de patrimonio, para atraer visitantes e desenvolvemento económico baseado en principios que nada teñen que ver coa especulación urbanística, nin coa desfeita do monte para enchelo de formigón, asfalto e naves.
…MOITAS GRAZAS, ANTONIO. BENVIDO SEMPRE!
[Fotografía de Carmen Bikos]
“No mirador do Pornedo pódese ollar algunha das máis fermosas visións da ría de Pontevedra e do casco urbán de Marín. E mágoa que o Concello de Marín e a Xunta de Galicia, ámbolos dous gobernados polo PP, pretendan construír neste fermosísimo lugar un novo polígono industrial, xusto cando hai ducias de polígonos baleiros por falta de empresas. O negocio, coma sempre, vén de facerse con terreos a coste cero, urbanizalos e vendelos, ou non; porque o beneficio reside nas obras de urbanización e nas comisions que van aparar á financiación do PP, como estamos vendo día si, día tamén nos distintos casos de roubo á cidadania (eles chámanlle corrupción). Non entendo que o pobo de Marín fique tranquilo mentres están planeando este roubo aos veciños e non defendan esta beleza con unllas e dentes“.
[Antonio Costa, investigador e divulgador]
“Rocha nº 1 do Pornedo”.
“Laxe nº2 do Pornedo con gravado de Pepito Meijón”.
“Gravados de Pepito Meijón”.
Rocha con rebaixes.
…E a vida segue a medrar no Pituco, Pornedo. Yin-yang.
Entrada ao porto e á Escola Naval.
Patrulleiro P28 no interior da dársena da Escola Naval.
Descargando grao (I).
Descargando grao (II).
A faenar pola noite para mañá ter peixe fresco…
Colexio dos Praceres.
Lonxa de Campelo, Illa dos Ratos e campo de fútbol da Seca, en Poio.
Primeiro solpor
Cabo Udra.
Raio verde.
Segundo solpor.
“Anoitece no Pornedo, co sol poñéndose detrás das illas de Ons”.
“Ás veces unha nube negra coma un agoiro do que se vén enriba oculta o sol, non sei se para que non o vexamos ou para que el non mire a desfeita que se está planeando”.
“A boca da ría coa lúa enriba do cabo Udra”.
“Marín vai adormecéndose mentres os especuladores non paran…”
“…Desperta!!!”
“Pasei a vida chorando, e suspirando, Marín por ti…”
“Ata a lúa, tímida, vén ollar este anaco de paraíso”
A lúa do 20 de outubro, fotografada dende o Monte Pornedo
[…] que experimentou o patrimonio no Concello de Marín e mesmo no Morrazo. Para iso, o experto Antonio Costa, presidente da Irmandade Illa de Tambo, fixo un relato contundente da realidade con afirmacións […]
By: A AGRESIÓN NA CARRASCA, NA PRENSA: PRECISIÓNS | DEFENDE O MONTE PITUCO (Pornedo) on 16/01/2017
at 20:28
[…] podiamos comezar a semana de mellor maneira que con este AGASALLO -así, en maiúsculas- do amigo Antonio Costa. A reconstitución dixital 3D que está realizando de numerosos petróglifos espallados por Galicia […]
By: PETROGLIFO DO PORNEDO: RECONSTITUCIÓN DIXITAL | DEFENDE O MONTE PITUCO (Pornedo) on 13/03/2017
at 13:47