Publicado por: MontePituco | 17/10/2015

RESPOSTA DE TRAGSA SOBRE A LOCALIZACIÓN DE VESPA VELUTINA

O mapa que encabeza este artigo, actualizado a outubro de 2015, é unha iniciativa para o seguemento orientativo do avance da Vespa velutina nigrithorax, dende a súa aparición en Francia en maio de 2004 ata a súa chegada a España no outuno de 2010. 

Paralelamente ao achado deste mapa grazas a unha achega da Sociedade Galega de Historia Natural, que nos puxo na súa pista, a ASOCIACIÓN MONTE PITUCO recibiu a contestación dende Tragsa da petición de información que se lles cursou esta semana, nada máis localizar os exemplares de vespa asiática.

Non só confirmaron que o insecto da imaxe é Vespa velutina, senón que, sobre o niño de procedencia dos exemplares atopados no lugar do Caeiro, Tragsa estima que “pode estar ubicado nun radio aproximado de 3 quilómetros á redonda, e mesmo máis, tomando como referencia o punto de avistamento”.

Tamén explican dende Tragsa que estas vespas desprázanse en busca de alimento e que na parroquia de San Xulián de Marín teñen “rexistrados máis avistamentos”. Mesmo se retirou xa algún niño de vespa asasina. Precisamente, confirman que actualmente existe un niño pendente de ser retirado “en canto nos sexa posible”, precisaron dende Tragsa. A mensaxe remata dando as grazas á ASOCIACIÓN MONTE PITUCO “pola colaboración”.

Grazas ás redes sociais, puidemos saber que o niño en cuestión está no Camiño Cortiña, nun plataneiro a uns 15 metros de altura.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

A %d blogueros les gusta esto: