Publicado por: MontePituco | 29/12/2015

#‎CHALLENGEONNATUREPHOTOGRAPHY

A semana pasada fomos invitados a participar na iniciativa #ChallengeOnNaturePhotography, que se desenvolve a través das redes sociais. Trátase dunha acción colectiva a prol da conservación da natureza, a través da difusión de imaxes vencelladas a espazos naturais e a especies de fauna e flora de todo o mundo, para reivindicar a súa protección. Así, ao longo de sete días, DEFENDE O MONTE PITUCO asomouse a esta fiestra virtual para amosar paisaxes, plantas e animais deste espazo ameazado polo proxecto de construcción dun polígono industrial.

Seguen a continuación as imaxes elixidas para o reto, con cadanseu comentario explicativo:

Día 1: panorámica dende o miradoiro do Pornedo

Challengeonnaturephotography1

Quen subscribe estas liñas non é naturalista, nin ten titulación en bioloxía, nin é especialista en fauna, nin en botánica, nin en xeoloxía… Pero ten ollos na cara, sente o azoute do vento, tense calado ata os ósos nun día de temporal no Monte Pituto (ou Pornedo, polo seu topónimo tradicional). E cando quen subscribe estas liñas soubo que había uns políticos de medio pelo que querían construír un polígono industrial neste fermoso ‘balcón da ría’, mobilizouse, comezou a ler, a preguntar e a aprender (un pouco) sobre fauna, flora, arqueoloxía, historia, ata topografía! E nesas estamos, case sete anos despois… como pasa o tempo!

Fixemos moitos amigos, algúns dos cales xa nos deixaron para sempre, aínda que permanecen no noso corazón. Fixemos tamén moitos inimigos. E fixemos posible algo moi importante: que moita xente de Marín, de Pontevedra, do Morrazo, da provincia e mesmo doutros puntos de Galicia, coñecera ou redescubrira este espazo. Por iso, esta primeira imaxe é a vista fabulosa que vemos dende o miradoiro. Esa panorámica que fotografamos ducias, centos (non sei se milleiros) de veces. A que repetimos ciclicamente na primavera, no verán, no outono e no inverno, captando os cambios na intensidade da luz, buscando semellanzas na forma das nubes, contando os barcos que entran e saen da ría…

Benvidos e benvidas ao noso humilde paraíso.

Día 2: Cladonia macilenta (liques)

Challengeonnaturephotography2

Se a primeira imaxe era un espazo ‘macro’ como a fermosa paisaxe que se divisa dende o ‘balcón da ría’, desta volta viramos a ollada ao territorio ‘micro’: os mini-mundos do Monte Pituco, que son tamén tan interesantes, tan humildes e á vez tan sorprendentes.

Quedamos ‘pampos’ ante un solpor ou unha gran fervenza, pero prestámoslle menos atención a unha pedriña, pásanos desapercibido un pequeno fungo ou bastante facemos con ver onde poñemos o pé para non esmagar un escarabello. Por iso traemos a este ‘escaparate’ uns liques que madraban enriba dunha pedra.

Como xa se falou da falta de especialización en materia de flora e fauna, fíxose o de sempre: buscar, ler e/ou preguntar. Foi Miguel A. Fernández quen nos puxo na pista da “Cladonia Macilenta”, que prolifera en ambientes húmidos e que resalta sobre o verdor dos brións pola intensa cor vermella dos seus apotecios. Con achegas como a súa fomos construíndo un álbum de “Estampas de natureza” que se pode atopar nesta ligazón: http://on.fb.me/1Tg7p8k

Estampas que conforman un #‎challengeonnaturephotography en si mesmo e das que aínda queda moita información por descubrir e procesar.

Día 3: Zyganea (insectos)

Challengeonnaturephotography3

Unha das conclusións ás que chegamos sumando máis e máis visitas ao monte é que sempre convén levar enriba unha cámara de fotos, aínda que sexa a do móbil. E unha batería de recambio!

A cantidade de veces que quedamos ‘tirados’ sen poder gardar -máis que na memoria- unha imaxe: o paso fugaz dun paxaro, a aparición do arco da vella, un manto de néboa cubrindo a ría… En calquera recuncho atópase a sorpresa, sempre xorde algo novo por descubrir: abonda con ter os ollos ben abertos, as antenas despregadas e a curiosidade afiadiña.

Con estes exemplares de ‘zyganea’ inaugurouse a sección de ‘bichería do Monte Pituco’ no terceiro capítulo do reto ‪#‎challengeonnaturephotography‬. Foi Antonio Costa quen nos puxo na pista deste vistoso lepidóptero.

Día 4: bolboreta do xénero Pieris

ChallengeOnNaturePhotography4

Existe a inxenua superstición de que tocar unha bolboreta dá boa sorte, cando todos sabemos que é moi perxudicial -nin sequera un leve roce- para estes insectos tan fráxiles. Así que cómpre aplicarse o disciplinario dito ‘mírase pero non se toca’, e conformarse con pulsar o botón da cámara… 

Hai unhas cantas especies de bolboretas revoando polo Monte Pituco e os seus aledaños: do xénero Pieris como esta mostra, Plebejus argus, Iphiclides podalirius, Vanessa cardui, Papilio machaon…

E quen sabe de fauna invertebrada do Monte Pituco e do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños é Paulo Troitiño, autor dun amplo e interesante artigo publicado no blog do Monte Pituco co título “IINVERTEBRADOS DO ESPAZO NATURAL E ARQUEOLÓXICO DOS SETE CAMIÑOS“.

Día 5: Estrela de terra (Astraeus hygrometricus)

ChallengeOnNaturePhotography5

A quinta entrega do #‎challengeonnaturephotography ten certa ligazón co Nadal porque, se Belén ten a súa estrela, no ‘balcón da ría’ tamén se dán outro tipo de astros…

Grazas a Helena Rodríguez aprendemos a identificar a ‘estrela de terra’ (Astraeus hygrometricus). Con esta dedicatoria queremos reivindicar o papel das mulleres científicas nun mundo maioritariamente masculino; queremos lembrar a figura de Aida Fernández tralo seu tráxico pasamento en Moaña e o baleiro que deixa no Instituto de Investigacións Mariñas; queremos pór en valor as rapazas que se están formando -futuras biólogas, agrónomas, oceanógrafas, químicas…- para que non teñan que marchar de Galicia na busca de traballo e apoio financeiro para as súas investigacións…

Unha humilde ‘estrela de terra’ non é quizais o escaparate máis espectacular para representar a flora do Monte Pituco, mais ten o valor simbólico xusto para remitir ao valioso traballo de especialistas que, como Helena, se dedican a identificar e a poñer en valor fungos, plantas e flores da bisbarra do Morrazo. 

Día 6: Casulo de barbantesa (Mantis relixiosa)

ChallengeOnNaturePhotography6a

ChallengeOnNaturePhotography6b

Nestas datas entre o outono e o inverno é habitual atopar casulos de barbantesa (Mantis relixiosa) que conteñen os ovos (de 200 a 300 en cada posta) depositados por este insecto aló polo mes de outubro. Fixándose ben é posible observar, entre a herba, estas ‘ootecas’, denominadas tamén rumeallos.

Atribúenselles poderes curativos, tanto para sandar a tos como para curar os animais rumiantes cando deixan de remoer. Tamén existe a crenza de que estas secrecións das mantis son un amuleto con propiedades afrodisíacas e contra o mal de ollo.

A presenza das mantis no Monte Pituco -a imaxe seguinte da barbantesa é de setembro- é moi habitual no periodo que vai da primavera ao verán e, como todo o mundo debería saber, resultan beneficiosas para os agricultores porque a súa dieta inclúe certos insectos que atacan os cultivos. 

Día 7: Saramaganta rabilonga (Chioglossa lusitanica)

Saramaganta Pornedo

Remata a modesta contribución de Salvemos o Monte Pituco (Pornedo) ao reto #‎challengeonnaturephotography‬ da man -nunca mellor dito- de quen tan amablemente nos convidou a amosar algunhas curiosidades deste espazo natural, das súas paisaxes e da súa biodiversidade.

Lamentablemente quedaron no tinteiro moitas imaxes fermosas, como os marabillosos solpores encarnados e outonais dende o ‘balcón da ría’… Como tamén quedaron atrás aves interesantes, dende a avenoiteira ata o miñato ou o chasco. Pero se algún broche de ouro había que pór neste colofón, tiña que ser coa saramaganta ou píntega rabilonga (Chioglossa lusitanica), que descubrimos hai uns anos grazas a Juan Carlos Epifanio.

Temos a sorte de que esta xoia do patrimonio natural galego habite no Pituco. Nin máis nin menos que unha especie endémica e “vulnerable”, incluída no “Catálogo Galego de Especies Ameazadas”. Na nosa comunidade está protexida polo Convenio de Berna e aparece reflexada no Real Decreto 439/1990, na Directiva Hábitat e na Lista Vermella da IUCN (Unión Internacional para a Conservación da Naturaleza, nas súas siglas en inglés).

Non estamos frivolizando en absoluto cando alertamos que o polígono industrial proxectado no Planeamento urbanístico marinense arrasaría o habitat natural no que se reproducen e se crían estes pintorescos animais, provocando a súa desaparición irreversible desta contorna. Pola contra, houbo que soportar que a propia Administración responsable da “Conservación da natureza” negara a existencia de píntega rabilonga cun informe plagado de mentiras e irregularidades. Como tamén hai que aturar de cando en vez as voces da ‘ignorancia’ cando os pro-polígono se burlan despectivamente da ‘sabandixa’ que os priva da creación de postos de traballo, din, os moi ilusos… Mais aí está, mal que lles pese; e Galicia é o único lugar do mundo no que se conserva este exclusico vestixio prehistórico!

Publicado por: MontePituco | 28/12/2015

PENDENTES DO TSXG (actualizada)

27dec15_LaVoz_recursosPXOM

El plan de urbanismo de Marín resiste el grueso de los recursos vecinales contra su vigencia

El Concello ganó 8 recursos, perdió dos y está pendiente de dos

“…En la actualidad, quedan pendientes dos recursos por resolver. Uno es de la plataforma Defende o Monte Pituco, que se opone a la ubicación de un polígono industrial en este entorno de San Xulián. El otro lo interpuso la Compañía de Hijas de la Caridad de San Vicente de Paúl, por el desarrollo urbanístico previsto en el PXOM en la manzana delimitada por las calles de Roda y Estrada”.

DiarioDePontevedra

30dec15_Diario_sentencias PXOM marín

 

Publicado por: MontePituco | 23/12/2015

BO NADAL, AMIG@S DO MONTE PITUCO

BoNadalPituco2015

Hai un vento cheo de frío

apousado nos camiños.

E no ar un asubío

todo cheo de aloumiños.

pero un vento milagreiro

nascerá pol-o Nadal.

Brilará coma un luceiro

pra alomear o portal.

Xa nas ponlas dun carballo

nasceu un vento ventiño;

ten doces versos de orballo

e azas de paxariño.

Ten azas de paxariño

e craridades de día,

que llas deu Jesús Neniño

e Santa Virxe María.

Manuel María [Lugo, Nadal, 1951]

Publicado por: MontePituco | 22/12/2015

A COMUNIDADE DE MONTES RECUPERA O TERREO USURPADO POR ROMERO

En vías de que o Concello de Marín retire esta semana o verquido de restos de material de construcción que foi depositado ilegalmente na pista forestal do Monte Pituco, sumamos outra boa nova nesta recta final de 2015.

Se en marzo deste ano coñeciamos a noticia de que o Xulgado obrigaba a Romero a devolverlle á Comunidade de Montes de San Xulián unha parcela de 1.800 metros cadrados de terreo comunal que usurpara para ampliar a a súa finca, nove meses despois anunciamos que esa parcela xa foi liberada.

Romero perdeu o recurso que interpuxera contra a decisión do Xulgado de Marín, polo que cando esta semana unha veciña de Arealonga nos informou que o muro construído fora derrubado e que este particular mesmo retirara as árbores que tiña plantadas no terreo, acudimos para comprobar que, efectivamente, o espazo foi reintegrado ao seu estado orixinal.

20151221_155140

20151221_155212

Parece que remata así un lamentable episodio na historia recente da parroquia. Pola parte comunal afectada houbo recollida de sinaturas, sonoras concentracións con pancarta e megáfono en ristre, carteles pendurados das árbores e dos postes, polémicas manifestacións, pleitos e denuncias cruzadas coa parte opoñente, que durante un tempo tivo a balanza da Xustiza ao seu favor. 

Críticas cuestionando a xestión realizada.Sospeitas de falta de transparencia na anterior xestora da Comunidade de Montes sobre as actuacións emprendidas. Certo exceso de vehemencia na defensa dos intereses veciñais. E sobre todo, moitos cartos investidos en informes periciais e abogados. Ese é o balance do caso. 

Se a nova directiva da Comunidade de Montes foi quen de reconducir a situación, tal vez cun novo enfoque xurídico, e tamén cun estilo máis discreto e menos sobreexposto a nivel público e mediático, cómpre congratularse do resultado.

Ben está o que ben acaba.

As estupendas vistas á ría que ten a zona, un lugar ideal para unha finca

10mar15_faro_gac3b1an-demanda-romero

Publicado por: MontePituco | 21/12/2015

MALAS NOVAS NO INICIO DO NADAL PARA O PITUCO

20151220_134526

Xa tardaban en facer das súas. Non son endexamais benvidos, pero cada pouco déixanse caer polo Monte Pituco co seu cargamento de vergoña e de cobardía. Nesta ocasión, máis do mesmo, materiais de construcción, dunha pequena reforma, probablemente: sacos de plástico cheos de restos de plaqueta, cemento, anacos de plancha de madeira podre, láminas de material sintético, unha fregona con cubo e todo, molduras de aluminio…

Lixo contaminante, en definitiva, que debería ter sido depositado nun punto limpo en vez de acabar furtivamente nun terraplén.

Un Garda Rural inspeccionou o vertido e agardamos que o organismo competente -Comunidade de Montes de San Xulián ou Concello de Marín- teñan a ben retirar este verquido ilegal.

Cando se proceda á limpeza destes restos de obra, os operarios ou os axentes -se isto dese lugar a unha investigación para esclarecer a orixe do verquido- farían moi ben en examinar cada peza que retiren porque probablemente se atope a parte que falta deste fragmento do que podería ser un albarán que tal vez conteña información sobre a procedencia do material, o que permitiría esclarecer a autoría desta falcatruada intolerable.

Que non quede impune, sobre todo. Como non quedou impune outra gravísima irresponsabilidade cometida a finais de marzo deste ano, cando unha enorme cantidade de pinturas, disolventes e sustancias químicas foron abandonados noutro punto desta mesma pista forestal:

[Ver artigo: VERTIDO CONTAMINANTE NO MONTE PITUCO]

20151220_134003.jpg

Se de algo servise identificar o culpable ou culpables desta canallada sería, en primeiro lugar, para cargarlle a factura pola limpeza, nada desdeñable, tendo en conta a cantidade e o peso dos materiais ciscados.

En segundo lugar, para impoñer unha sanción económica exemplarizante, e que trascendese amplamente por terra, mar e aire, para que os potenciais agresores do monte e do medio ambiente o pensen cando menos unha vez antes de coller a furgalla e poñer rumbo á pista forestal do Monte Pituco.

20151220_134611

Precisamente, agora que a pista foi lixeiramente remozada a conta das obras de ACUAES, e a homoxeneidade do firme -antes moi deteriorado- fai máis transitable este vial, especialmente ás persoas, damos de fuciños coa crúa realidade: a dos desaprensivos que aproveitan para acceder sen dificultades ao primeiro recuncho que atopan para baleirar a súa carga de miseria, de odio polo medio ambiente e de falta de respecto polo monte veciñal.

20151220_135958

Urxe pois devolverlle ao monte o seu aspecto orixinal, investigar en segundo lugar a procedencia desta vertedura e adoptar por parte da Comunidade de Montes algunha medida disuasoria para evitar que máis actos vandálicos deste tipo se repitan, polo menos, nunha tempada. 

20151220_135243

Publicado por: MontePituco | 17/12/2015

A RUTA CULTURA POR SETE CAMIÑOS, NO FARO

Faro de Vigo

16dec15_Faro_Ruta7Camiños

El renacer de Sete Camiños

La Asociación Monte Pituco valora la ruta creada en este espacio natural y arqueológico para poner en valor su riqueza

Publicado por: MontePituco | 16/12/2015

RUTA CULTURAL POR SETE CAMIÑOS (e III)

Seguimos compartindo ecos gráficos da Ruta Cultural polo Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños. Desta volta, o autor das fotografías é José Álvarez quen, xunto con Rita, xa veñen tendo licenciatura, master e doutoramento en ‘ciencias pituquiles’ de tantas veces que teñen participado nas andainas organizadas por esta contorna. 

Moitas grazas!

JoseAlvarez6

[Mámoa de Sete Camiños]

JoseAlvarez5

[Outeiro das Mouras]

JoseAlvarez1

[Petroglifos da Pedra Escorregadoiro]

JoseAlvarez3

[Mámoa de Catadoiro]

JoseAlvarez2

[Monte Pornedo (Pituco)]

JoseAlvarez9

[Panorámica dende o miradoiro do Pornedo (Pituco)]

Publicado por: MontePituco | 15/12/2015

RUTA CULTURAL POR SETE CAMIÑOS (II)

Vai polos compañeiras e compañeiros de múltiples andainas que militades no bando da sensibilidade co medio ambiente, da protección do patrimonio histórico e cultural, do respecto á paisaxe. Que non cuantificades en euros o avance da sociedade porque priorizades valores intanxibles como o coñecemento, a calidade de vida, a solidariedade, o diálogo. 

Por moito que berren, por moito apoio político e económico que teñan, os pro-polígono partidarios do formigón e do asfalto, non representan o futuro, senón un modelo caduco de desenvolvemento; son o espello da especulación.

É unha honra compartir camiño con aliados da natureza, da ciencia e da cultura. O Monte Pituco e o Espazo Sete Camiños son o punto de encontro dos nosos pasos e das nosas ideas. Que poidamos compartir moitos momentos admirando mámoas e petroglifos, castiñeiros e cogomelos, miñatos e saramagantas, flores de xesta, solpores no ‘balcón da ría’.

[Fotografías por cortesía de María López, que participou na Ruta Cultural organizada polo Concello de Marín]

MariaLopez9

[Preto da encrucillada dos Sete Camiños]

MariaLopez1

MariaLopez2

MariaLopez3

[Outeiro das mouras, Salcedo]

MariaLopez5

[Plantación de castiñeiros, Lourizán]

MariaLopez6

[Chegando ao Miradoiro do Pornedo (Pituco), San Xulián de Marín]

MariaLopez7

[Cíes ao fondo]

MariaLopez8

[Illa de Tambo]

MariaLopez10

[Marín, dende o miradoiro do Pornedo]

 

 

100_4156

Ía ser a primeira andaina do programa Rutas Culturais que organizaba o Concello de Marín, e resultou ser a última a causa dun repentino aprazamento por mal tempo. Nos últimos días chegárase mesmo a publicar na prensa local que esta edición das andainas remataba sen recuperar a visita polo Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños. Finalmente celebrouse, este pasado fin de semana.

Dende a ASOCIACIÓN MONTE PITUCO facemos un balance positivo do roteiro, guiado por dous arqueólogos de Anta de Moura: boa documentación do proxecto dos Sete Camiños, fichas con copias dos calcos dos gravados rupestres, ampla contextualización histórica e teorización sobre o valor simbólico dos xacementos, referencias ao patrimonio inmaterial a través das lendas recollidas na zona…

Dous son os aspectos que cómpre salientar desta experiencia: a primeira, que o goberno local de Marín por fin apostou por incluír esta visita no seu calendario de promoción dos recursos culturais e turísticos do concello. Era unha asignatura pendente dende había moito tempo e, dende a inauguración do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños no pasado verán, non había excusa para prorrogar o que a ASOCIACIÓN MONTE PITUCO interpreta como un acto de xustiza co patrimonio do Monte Pituco en particular, e de San Xulián en xeral, sendo a parroquia marinense con maior densidade de xacementos arqueolóxicos catalogados.

En segundo lugar, destacar que se as Rutas Culturais do Concello de Marín tiveron en conta o Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños foi en parte pola loita, a insistencia, a reivindicación e o labor divulgativo realizado con moito esforzo pola ASOCIACIÓN MONTE PITUCO, a través fundamentalmente das entrevistas mantidas con representantes do goberno local, mais tamén dos roteiros organizados para dar a coñecer a riqueza ambiental e cultural desta contorna, das xestións realizadas coas autoridades en materia de Patrimonio velando pola conservación dos elementos, e da intensa actividade nas canles de información da plataforma veciñal (o blog e as redes sociais).

Curiosamente, estiveron ausentes nesta andaina as concelleiras de Cultura do Concello de Marín: Beatriz Rodríguez e María José de Pazo, malia que o programa de Rutas Culturais dependía do seu departamento. Coa falta que lles facía coñecer de primeira man -aproveitando as explicacións duns expertos na materia- estes bens cos que contamos no noso Concello, resulta chamativo e preocupante que ningunha das dúas comparecera. Acudiu polo menos a edil de Turismo, Cristina Acuña, que logo de facer o percorrido por algúns dos xacementos de San Xulián, Salcedo e Lourizán, está en condicións de darlle a este Espazo Natural e Arqueolóxico a importancia que merece, comezando por insertar esta oferta cultural e de lecer na axenda de actividades do Concello, nos materiais informativos dispoñibles na caseta de turismo e na páxina web municipal, e chegando tal vez a algún acordo de colaboración coa Comunidade de Montes de San Xulián, que é unha das promotoras do Espazo.

Unha Comunidade de Montes que, por certo, cedeu folletos explicativos a todos os asistentes a este roteiro; que ten que seguir apostando polo mantemento e a mellora destes recursos, ampliando o Espazo Sete Camiños a outras áreas de interese arqueolóxico, como os conxuntos rupestres de Champás e Carrasca; que ten que actuar agora na liña de sensibilizar os habitantes da parroquia, animalos a que coñezan e visiten esta zona, convencer os máis reticentes de que este investimento é moi beneficioso para a comunidade; e que non pode tirar a toalla ante a acción de vándalos e desaprensivos que furtan ou estragan material indicativo do roteiro. Mentres a Comunidade de Montes de San Xulián manteña en pé o Espazo dos Sete Camiños -unha iniciativa na que a ASOCIACIÓN MONTE PITUCO puxo moito empeño dende as orixes da iniciativa para que hoxe chegara a ser unha realidade- seguirá contando co apoio deste colectivo.

Na pista forestal do Pituco, preto dos petroglifos de Sete Camiños

20151213_102636

20151212_165224

Na mámoa de Sete Camiños.

100_4159

100_4161

20151213_104300.jpg

Dúas femias de vacaloura atopadas xuntas, a carón da mámoa de Sete Camiños.

100_4162

20151212_163649

Na encrucillada de Sete Camiños.

100_4164

Grupo de ciclistas en ruta dende a zona de Salcedo, en dirección aos Sete Camiños.

100_4166

Terreos da comunidade de montes de Salcedo, recuperados á Brilat. A reparación deste regato é un dos recentes traballos dos comuneiros.

100_4168

O traballo que veñen realizando na Comunidade de Montes de Salcedo é admirable: cos cartos do canon que perciben anualmente do Ministerio de Defensa polo arrendamento dos terreos comunais que ocupa a Brilat, están actuando de xeito firme e constante na eliminación de especies invasoras como a acacia, e reforestando os espazos recuperados con especies autóctonas ou frondosas.

100_4170

Tarefas de erradicación de acacia na contorna de Chan das Mouras.

100_4171

Estacións de arte rupestre en Chan das Mouras.

20151213_110809

100_4172

100_4174

100_4180

100_4176

100_4179

20151213_115644

Fungos no Espazo Sete Camiños: peido de lobo.

100_4185

Liques, bioindicadores da calidade do aire, no monte de San Xulián.

20151212_165452

20151212_165520

Na mámoa de Catadoiro.

100_4186

O máis interesante da mámoa de Catadoiro é que conserva parte dos seus ortostatos. A laxe de maior tamaño podería ser a tapa que cubriría o dolmen. Por desgraza, esta peza sufriu un dano e un  pequeno fragmento desprendeuse da rocha principal. Cabe sinalar que nestes días unha empresa contratada por Fenosa está realizando tarefas de desbroce dos tendidos eléctricos. A carón desta mámoa pasa unha liña de alta tensión. Tamén cómpre engadir que durante o roteiro atopáronse varios motoristas circulando fóra das pistas forestais nas que unicamente teñen autorización para rodar.

100_4187

Barbas de raposo, en pleno decembro.

20151212_165736

20151212_164507

Descendendo cara ao val do Pornedo, coas marabillosas vistas da ría.

100_4191

Plantación de piñeiros, en terreos de Lourizán.

20151212_172231

20151213_133205

No conxunto rupestre do Pornedo.

100_4192

Vista do val do Pornedo (Pituco) dende os petróglifos. Aprécianse os aproveitamentos veciñais da materia vexetal: fento e toxo, fundamentalmente, para estrar as cortes do gando. Dun tempo a esta parte, dende que se erradicou neste espazo o circuíto ilegal de motorismo que tiñan montado algúns afeccionados a este deporte, a veciñanza volveu recuperar aquí a actividade agrogandeira e forestal.

20151212_172040.jpg

20151213_131433.jpg

Petroglifos do Pornedo nº1. Nesta laxe hai presenza de gravados realizados polo marinense José Meijón.

20151213_131901

Petroglifos de Pornedo nº2, uns dos máis espectaculares do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños. Nada que envexarlles aos gravados rupestres de Mogor. Teñen a peculiaridade de que nesta laxe conviven dous tipos de representacións: figuras abstractas con motivos circulares e cazoletas, e elementos figurativos, concretamente, armas (un puñal e unha espada).

20151213_132203

20151213_132210

20151213_132324.jpg

A imaxe que segue -tomada na tarde anterior á andaina- permite distinguir con moita máis nitidez os motivos representados nesta laxe de Pornedo. Recoméndase realizar a visita á primeira hora da mañá ou á última hora da tarde, aproveitando a caída do sol e o efecto da luz rasante.

20151212_171925

Miradoiro do Pornedo. Non en van Xan Montenegro ‘bautizou’ este lugar como “o balcón da ría”. Como anécdota, algún dos asistentes chegou a exclamar: “Un banco para aquí, xa!”.

20151213_133149

20151213_133316

20151213_133449

Moitas grazas a tod@s pola participación nesta andaina. Compre lembrar unha vez máis que o Monte Pituco está afectado polo proxecto de construcción dun polígono industrial impulsado polo Concello de Marín no seu PXOM e pola Xunta no Plan de Ordenación de Áreas Industriais de Galicia. 

Que estes plans atentan de forma irreversible contra a protección ambiental do Monte Pituco, pertencente ao Espazo Natural dos Montes do Morrazo; que o polígono proxectado agrede a área de protección dos petroglifos de Pornedo, Sete Camiños e Pinal de Caeiro; que a forte pendente natural do terreo faría a obra inviable dende o punto de vista económico e provocaría un impacto visual e paisaxístico brutal e irreparable polos taludes e os desmontes que obrigaría a facer; e que o Porto de Marín xa no ano 2000 rexeitou o Monte Pituco como posible ubicación da súa futura área loxística polas dificultades da orografía do terreo.

Por estes e outros motivos, a ASOCIACIÓN MONTE PITUCO segue loitando a prol da defensa deste espazo e ponse a disposición das entidades e colectivos sociais e culturais de Marín, centros educativos e persoas particulares con sensibilidade pola natureza, a cultura e o patrimonio, para dar a coñecer estes tesouros que temos -aínda tan descoñecidos- na nosa vila e nos montes veciños. 

Publicado por: MontePituco | 11/12/2015

DÍA DAS MONTAÑAS

1459659_664331643598910_2111926573_n (2)

11 de decembro DÍA INTERNACIONAL DAS MONTAÑAS

 

A Asemblea Xeral das Nacións Unidas nomeou o 11 de decembro como “Día Internacional das Montañas“. Neste 2015 o lema elixido para esta conmemoración é “A promoción de produtos de montaña”. Explican na web da FAO que “a globalización ofrece oportunidades de comercializar produtos de montaña de alta calidade”, dende mel ata herbas, pasando por artesanía, e “impulsar as economías locais”.

Tamén destaca a FAO que servizos relacionados co turismo como “patrimonio cultural ou sendeiros naturais”, entre outros, “permiten os visitantes descubrir a biodiversidade única”. Xestionándoo de xeito “sostible”, engade esta organización, “o turismo pode ofrecer unha oportunidade para o desenvolvemento” nas rexións montañosas.

…Ou no rural, apuntamos en DEFENDE O MONTE PITUCO.

 

Publicado por: MontePituco | 10/12/2015

ESTE DOMINGO, RUTA POR SETE CAMIÑOS ORGANIZADA POLO CONCELLO

Cancelada ata decembro a ruta por Sete Camiños.

Este domingo celebrarase -se as chuvias non o impiden novamente- a ruta polo Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños que fora adiada en outubro polo mal tempo. Total, catro pingueiras que caeran daquela…

O punto de saída para as persoas que se inscribiron no Concello de Marín para participar nesta actividade será a arboreda do Monte Pituco ás 10:00 horas. Outra posibilidade, para quen non saiba chegar a este punto, é presentarse ás 9:30 na Praza de España, dende onde sairá un grupo de persoas.

Dibujo

Esta é a previsión de Meteogalicia para o domingo: se non mudan as tornas, teremos unha mañá de nubes e claros que non impedirá gozar dunha andaina en contacto coa natureza, coñecendo o patrimonio arqueolóxico do Monte Pituco (Pornedo) e dos seus arredores, e admirando a paisaxe dende o ‘balcón da ría’.

Con chuvia ou con tempo seco, con nubes ou con sol, benvidos e benvidas os que queirades achegarvos e teñades interés por apreciar as marabillas da nosa terra.

Publicado por: MontePituco | 09/12/2015

PLENO DE DECEMBRO 2015

Esta semana deron en cadrar dous temas relacionados coa lingua galega; máis concretamente, coa falta de aprezo ao galego ou, resumido nunha palabra, coa galegofobia.

Dunha parte, a tan traída e levada misa na memoria do padre Carballo pola negativa dos párrocos de San Xulián e de Marín a oficiaren o acto relixioso en galego.

Doutra banda, as iniciativas dos grupos municipais de Marea Veciñal de Marín -que propiciou a participación no pleno dunha voceira de Queremos Galego- e do Bloque, para que o Concello se adhira ao servizo de normalización lingüística da Deputación Provincial e se melloren as deficiencias en materia de documentación administrativa, toponimia ou paneis indicativos que actualmente están rotulados só en castelán.

Foi precisamente neste pleno onde a ninguén con dous dedos de fronte lle pasou por alto que a galegofobia está sentada nos bancos da mesmísima Corporación local. Despois criticarán que se aproben acordos que non se levan á práctica; mais o caso é que eles mesmos son os primeiros en erguer a manciña e logo facer caso omiso do que votan, demostrando así a súa incongruencia.

…E aínda por riba a aludida agachaba a cabeza e sorría con sorna cando os seus homólogos dos demais partidos a instaban a dar exemplo na súa condición de cargo público utilizando a lingua galega nas súas intervencións. Pero nin por esas: erre-que-erre co castelán.

juez-pokemon-1

[Veiga, Muradas, Santiago: que tres pés para un banco]

Luz Santiago, voceira municipal do Psoe de Marín, galegófoba recalcitrante. Le en galego -máis mal que ben- o texto das mocións, proba de que non as redacta ela, senón que alguén llas escribe ou directamente as copia da base de datos do seu partido; logo, á hora de expoñer o tema oralmente cambia radicalmente do galego ao español, idioma no que se expresa sempre que non hai un papel de por medio no que apoiarse.

Juan Muradas, concelleiro socialista. Só chapurrea unhas palabras soltas en galego, case sempre asociadas a expresións coloquiais, críticas ácedas e bromas de dubidoso gusto empregando un forzado acento de aldea. É dicir, fai un uso da lingua asociado a situacións e a contextos claramente negativos.

Na bancada popular abundan tamén os alérxicos ao galego, en maior ou menor medida: a concelleira de cultura-1 Beatriz Rodríguez, o concelleiro de deportes Antonio Traba, o de urbanismo Manuel Santos, a de turismo Cristina Acuña, o de tráfico Francisco Estévez… As ocasións nas que interveñen, en todo caso, son tan puntuais que a ausencia de achegas pola súa parte non suma nin resta de xeito significativo á causa do galego.

Ao pleno deste mes acudiron veciños e veciñas de Seixo molestos co Goberno local por permitir que un particular aumentara a superficie da súa finca apropiándose dunha parte do camiño das Morquenas (ou camiño de Aguete) para poder legalizar unha obra ilegal afectada por unha sentenza firme de derrubamento. A Corporación aprobou por unanimidade unha moción da Marea reclamando información deste expediente, así como a proposta do Bloque para que se abra unha comisión de investigación sobre o caso.

No debate das mocións da Marea e do Bloque sobre normalización lingüística chamaron a atención os argumentos da edil de cultura-2, María José de Pazo, quen explicou que nun informe técnico de 2012 se louvaba o bo labor do Concello nesta materia. “Estamos case no 2016”, replicoulle con retranca a voceira da Marea, Sandra Pesqueira, cuestionando así a vixencia dese documento. “Non quero ser mal pensada, pero ese informe de 2012 igual recolle o traballo do bipartito”, retrucou a concelleira do Bloque Lucía Santos.

…Pois vai ser que non, señora Santos. Nótase que vostede en 2012 estaba a outra cousa. No anterior bipartito o delegado de normalización lingüística era o ex-alcalde Francisco Veiga. E o seu labor non brillou especialmente polo empeño no uso do galego nas súas intervencións. Basta recompilar unhas cantas crónicas publicadas neste mesmo blog para comprobar a gran cantidade de veces nas que Veiga facía sistematicamente as súas intervencións en español.

No último punto da orde do día aprobouse tamén por unanimidade unha moción do Psoe instando o Ministerio de Sanidade a incluír no calendario de vacinacións a vacina contra a meninxite B e emprazando a Xunta a sufragarlle ese gasto ás familias con menos recursos; isto último foi unha achega da Marea porque na moción orixinal dos socialistas o que se pedía era que o Concello asumira ese custe, algo que a alcaldesa, María Ramallo, rexeitou por falta de capacidade económica e de competencias da Administración municipal.

No apartado de rogos e preguntas xurdiu unha nova polémica a conta da testemuñal participación do Concello de Marín en Culturgal. A concelleira do Bloque Lucía Santos cuestionou que a única presenza municipal nesta Feira das industrias culturais de Galicia fosen uns “panfletos, e en castelán” do centro de interpretación dos petroglifos de Mogor. A voceira da Marea, Sandra Pesqueira, criticou que a unha feira sobre cultura galega “non ten sentido” levar folletos en castelán.

A resposta da alcaldesa foi terriblemente pobre en argumentos e evidenciou unha preocupante falta de interés pola proxección do Concello de Marín en materia de turismo e recursos culturais. Sobre todo porque -a falta de unha concelleira de cultura- en teoría son dúas as persoas do grupo de goberno que teñen a obriga de ocuparse desa área, achegando propostas, buscando vías para promocionar a nosa vila e as súas potencialidades.

Que o único rastro de Marín no Culturgal, a través do stand da Deputación de Pontevedra, sexan uns folletos en castelán sobre os petroglifos de Mogor, é penoso. Non existe para o Concello a Danza de Espadas? Non hai grupos folclóricos susceptibles de ser promocionados? Que pasa cos trípticos informativos sobre o Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños: agochados na oficina de turismo que xa non abre ata o próxio verán? esgotados? ignorados? nalgún cubo do lixo?

O único que a alcaldesa atinou a explicar foi que se levaran folletos en castelán sobre os petroglifos de Mogor porque a empresa Anta de Moura que xestiona o centro de interpretación dixera que había máis demanda de información en español e inglés. E que se levara o material que había dispoñible.

…Improvisación pura e dura. Falta de interés. Despreocupación…

A última polémica enzarzou a Marea e o Bloque contra o PP a conta dun acto de Nuevas Generaciones realizado no Museo Municipal Manuel Torres. A oposición protestou enerxicamente porque a concelleira de cultura-1, Beatriz Rodríguez, marcara como directriz que o Museo Torres quedaba á marxe da celebración de actos políticos para limitalo a presentacións de libros e a actos estrictamente culturais. María Ramallo puxo como excusa que antano o Museo carecía de medios técnicos axeitados e, sobre o uso por parte do PP destas instalacións, intentou remendar dicindo que se outros partidos non puideran utilizar a sala a todas luces, segundo ela, tería que ser por incompatibilidade de axendas con outros actos comprometidos previamente.

 

Publicado por: MontePituco | 08/12/2015

CABODANO DE FRANCISCO CARBALLO

Dibujo

Xa houbo unha misa polo padre Francisco Carballo. Celebrouse o pasado 29 de novembro, coincidindo co primeiro aniversario do seu pasamento, na igrexa dos Praceres. Oficiouna o seu párroco, Jesús Acuña, que fixo unha espléndida celebración relixiosa, en galego, como a Carballo lle gustaría. Foi ademais unha misa cantada, solemne e moi concorrida de público porque cadraba coas festas patronais de San Andrés. Por riba, o cura tivo o detalle ben elegante de lembrar a figura do teólogo Xosé Chao Rego -que falecera o día anterior- e de referirse a ambos como referentes intelectuais, destacando deles o seu compromiso con Galicia.

Tiven unha grata impresión, do entrañable que foi este acto, e recoméndolle ás persoas crentes e practicantes que acudan á igrexa dos Praceres se queren asistir a misas en galego.

A noticia daquela misa na honra de Francisco Carballo e organizada por amizades do finado, saíra publicada na prensa local e tivera eco nas redes sociais. 

Sen embargo, no interior do templo dos Praceres non vin a ninguén significado pola súa pertenza ao BNG de Marín que agora, unha semana despois do seu cabodano, puxo -nunca mellor dito- o berro no ceo porque os actuais párrocos de San Xulián e de Marín non están polo labor de oficiaren unha misa en galego polo padre Carballo, cuxa vida estivo marcada polo traballo social e político a prol da lingua e da nación galega, argumentan no Bloque marinense 

Durante moitos anos o padre Carballo oficiou misa na parroquia de San Xulián cubrindo as ausencias puntuais do anterior párroco, Jorge Gómez Gude. Quen tivemos a honra de coñecer a Carballo; quen sabiamos do seu calado ético, cultural e intelectual; quen leramos algún dos seus libros ou dos seus artigos, apreciabámolo. 

Era visto que esta polémica ía xurdir antes ou despois. Dende que Gómez Gude deixou a parroquia de San Xulián, as misas non volveron oficiarse en lingua galega pola negativa do seu sustituto, José Antonio Pedrosa, a manter o costume do seu antecesor, xa que dende entón o castelán é a única lingua na que se ofician os actos relixiosos.

Non nos consta que ninguén -nin a título particular, nin a nivel asociativo- presentara unha queixa formal, ou formulase a petición correspondente para que se retomasen as misas en galego. O cal non deixa de ser unha ‘derrota’ para as persoas e os colectivos vencellados á normalización da lingua: non só non defenderon o labor de Gómez Gude a prol da implantación e da consolidación do galego na parroquia, senón que non foron quen de prever, atallar ou anticiparse a un conflito que se vía vir.

Porque cando en setembro advertiamos que en San Xulián se acabaría botando de menos o anterior cura [ver artigo “Despedimos o párroco Jorge Gómez Gude“] pensabamos xustamente no potencial desencontro lingüístico, que acabou xurdindo, tan tristemente, cunha persoa -o padre Carballo- tan vencellada á Igrexa católica, a esta parroquia, e tan distinguida pola súa ideoloxía galeguista e nacionalista, como inmerecida protagonista.

Como triste sería apoiarse na figura de Carballo para facer barullo en plena campaña electoral, buscar rédito político ou acaparar proxección mediática. 

Mal polos sacerdotes que non respectan os dereitos lingüísticos da cidadanía e, menos aínda, que nin tan sequera teñen consideración con quen foi un compañeiro nas labores eclesiásticas. Mal polos sacerdotes que, no caso de non ter competencia lingüística abondo para oficiar unha misa en galego, empezan poñendo trabas cando podían ter optado por brindar facilidades e alternativas.

E mal tamén pola falta de tacto dos que airean unha polémica a destempo e cun persoeiro tan ‘sensible’ como principal afectado.

 

Dibujo2

Dibujo3

Publicado por: MontePituco | 07/12/2015

…ESAS ‘LUCINDAS’ VALENTES!

Xan2_dec15

Teño gravado a lume na memoria o eco dos saloucos da tía de Xan Montenegro, ao pé do panteón, uns momentos antes de que depositaran as súas cinzas no mesmo nicho no que hai anos foi soterrada a súa curmá Rosa. Eran coma irmáns.

Teño marcada na retina a imaxe de Lucinda/Nai aferrada ao panteón onde repousan os restos do seu home, unha vez que o seu fillo xa ficaba a escasos metros del. Xa estaban xuntos, parecía lembrarlle entre bágoas.

…Canto doen as ausencias.

Teño conxelado coma un fotograma o abrazo de Lucinda/Irmá cunha das moitas persoas que acompañaron a familia Montenegro Villanueva nesa mañá fría de decembro. Afogaba contra o seu ombro un choro potente e intenso, como quen ao fin solta o lastre -longamente demorado- da misión cumprida.

Teño gardada no corazón a impresión de entereza, seriedade, solemnidade, serenidade que me transmitiu Esther -unha sorte de Lucinda/Sobriña- portando a urna con ese po no que todos nos convertiremos. O po dun ‘Bo e Xeneroso’.

Porque dun ‘Bo e Xeneroso’ falaron Julio Santos e Lois González cando louvaron a Xan Montenegro pola firmeza das súas ideas, pola defensa dos seus principios e polo respecto ás crenzas dos demais; pola constancia coa que traballou a prol da mellora da súa parroquia logrando acadar importantes retos, polo legado de coherencia e de compromiso que deixou e que agora inspira os que retomaron as causas culturais, sociais e políticas ás que el lle dedicou tanto tempo e tanto esforzo.

Mais ninguén falou delas, das mulleres da familia Montenegro, das Lucindas ‘Boas e Xenerosas’ que fixeron por Xan o que ninguén máis -nin mellor- podía facer: primeiro, cumprir a súa vontade cando nos deixou en xuño de 2011, aceptando que o seu corpo fose aproveitado para o progreso da Ciencia; segundo, manter viva a súa memoria coa colaboración dos seus amigos e dos seus compañeiros nas organizacións ás que estaba unido; terceiro, acompañalo agora no camiño de volta á súa terra, catro anos e medio despois da súa partida.

Non hai palabras abondo para describir o sufrimento de Lucinda/Nai neste tempo, sen máis referencia para levarlle unhas flores ou rezarlle unha oración que un sinxelo monumento de granito erguido a carón dunhas beirarrúas que en gran medida se conseguiron grazas ao impulso do seu fillo a través da Asociación de Veciños de San Xulián.

Nos seus máis de 90 anos de vida, Dona Lucinda nunca viaxara fóra de Galicia, nin moito menos subira a un avión. Fíxoo para ir buscar a Xan. E volveu cruzar a Península de punta a punta, sentada a carón da xaneliña da aeronave, para traer de volta o meniño dos seus ollos. Tivo a valentía e a forza de enfrontarse a unha experiencia descoñecida e arriscada, nunha persoa da súa idade, para estar ao carón del nun momento trascendental.

Lucinda/Irmá tivo nas súas mans a responsabilidade de facer partícipe e parte activa a matriarca desa crucial expedición a Valencia, de exercer de faro e motor da familia, de capitanear de xeito exitoso esta derradeira aventura no nome de Xan.

Esther/Sobriña foi a audaz voceira deste comité de amazonas modernas; o zume novo da caste das guerreiras Montenegro; herdeira dun legado ético e moral irreprochable, que tivo nesta viaxe un episodio vital inesquecible e irrepetible, un exemplo incomensurable de amor materno e fraterno.

O futuro é pois de mulleres como estas marabillosas ‘Lucindas’. Non cómpre lembrarlles que poden estar orgullosas de ter o fillo, o irmán e o tío que tiveron. Como tampouco Xan cuestionaría o orgullo que sentía pola súa nai, irmá e sobriña. Non puido ter mellor compaña no centos de quilómetros que percorreu para regresar a Marín, preto do seu Xan Xulián, do seu Carballal, do seu ‘balcón da ría’.

As melodías do ‘gaiteiro de Estribela’ foron a banda sonora dun acto moi emotivo no que, se ben houbo máis bágoas tristes de lembranza que risos propios dunha festa de benvida, predominou a admiración á figura de Xan e o consolo polo seu retorno.

Na voz do seu compañeiro da Agrupación Ronsel e de Marinenses Independentes, Antón Pousada, soaron os versos de Rosalía:

Xan vai coller leña ó monte,
Xan vai a compoñer cestos,
Xan vai a poda-las viñas,
Xan vai a apaña-lo esterco,
e leva o fol ó muíño,
e trai o estrume ó cortello,
e vai á fonte por augua,
e vai a misa cos nenos,
e fai o leito i o caldo…
Xan, en fin, é un Xan compreto,
desos que a cada muller
lle conviña un polo menos…

Palabras de afecto e de recoñecemento que volveremos escoitar cando se cumpra o quinto cabodano do seu pasamento. Ogallá que para daquela, ou no menor prazo de tempo posible, a homenaxe que nos reúna en torno á memoria de Xan Montenegro se faga a carón da estrada que leve por fin e merecidamente o seu nome.

Benvido, Xan benquerido.

Xan1_dec15

Publicado por: MontePituco | 03/12/2015

XAN MONTENEGRO, ‘DE VOLTA’ NA CASA

Xan Montenegro, in memoriam.

Xan Montenegro está ‘de volta’ na casa. En realidade, nunca marchou. Mais agora as súas Lucindas, que respectaron a súa última e xenerosa vontade de seguir sendo útil á sociedade e ao ben común, teñen por fin un lugar onde visitalo, onde falarlle e levarlle flores. 

Este sábado ás 12:00 horas, no cemiterio de Marín, vanse depositar as súas cinsas no panteón familiar. Non desexamos que sexa un reencontro tristeiro co noso benquerido veciño; todo o contrario. Gustaríanos que sexa unha ‘festa’ de benvida, merecida, de tan longa e lonxana que foi a súa última misión.

Agora fica xa con nós, que sempre o tivemos moi presente, ao noso carón. Sentiamos os seus ánimos, o seu alento e a súa inspiración constante para continuar defendendo os ideais, as causas e os principios que compartiamos e que marcaron a súa valente e comprometida traxectoria vital.

Meu tío Xan é un ser único, un ser excepcional, un ser xeneroso. O 17/06/2011 decidiu viaxar a Valencia e ir á Universidade CARDENAL HERRERA para darlle a oportunidade aos alumnos de que estudiaran o seu corpo e investigaran para ter solucións para outras persoas.
Foi unha das viaxes máis longas da súa vida; unha viaxe importante, na que se deu conta de que a sua nai move montañas por el e foi buscalo a VALENCIA coa compaña da súa filla e da súa neta para que hoxe, 3/12/2015, chegue a Galicia, á súa COMPOSTELA, á súa parroquia de SAN XULIÁN e ao seu queridísimo CARBALLAL. E chega como hipnotizado, mirando as súas Lucindas, como o seguen arroupando co seu agarimo.
…Benvido Tío XAN!

[Esther Freire, sobriña de Xan Montenegro]

 

Publicado por: MontePituco | 02/12/2015

A CONTUNTENTE RÉPLICA AO PSOE, NO FARO

Sin título-1

Monte Pituco critica al PSOE por su proyecto de polígono industrial

Muestra su “indignación” contra la portavoz Luz Santiago que ahora reconoce la posibilidad de aceptar otra alternativa

Publicado por: MontePituco | 30/11/2015

INDIGNADOS E ESCANDALIZADOS COA REVELACIÓN DO PSOE DE MARÍN

28nov15_LaVoz_PsoeMarin Pituco

12307961_10207830064340367_8898064033321231997_o (2)

A Asociación DEFENDE O MONTE PITUCO recibe con indignación as declaracións da voceira do grupo municipal do PSOE de Marín, Luz Santiago, quen afirmou que aceptaría unha ubicación alternativa ao polígono industrial proxectado no Monte Pituco, malia que a elección desa desafortunada ubicación foi responsabilidade dos socialistas durante o mandato do ex-alcalde Francisco Veiga. “Si tiene que ser otra la ubicación también se admitiría”, recoñeceu Luz Santiago.

Que o PSdeG-PSOE, a través da deputada Carmen Gallego, veña a Marín pregoando que lle esixe á Xunta un investimento de 500.000 euros para construír o polígono industrial no Monte Pituco argumentando que así figura no PXOM, como se o seu partido pouco tivera que ver nesa fatídica decisión, é un insulto imperdoable.

Aínda por riba, para completar a exhibición de ridículo á que nos ten tristemente afeitos a agrupación local socialista, Luz Santiago apela á necesidade das empresas do Porto, malia que a Autoridade Portuaria de Marín xa no ano 2000 rexeitou esa ubicación debido a que o forte desnivel do terreo fai que a obra sexa rotundamente inviable.

Nunca en tan poucas frases a voceira do PSOE podía ter dito tantas insensateces seguidas.

Con todo, para a Asociación MONTE PITUCO, as explicacións do PSOE de Marín constitúen unha victoria en toda regra para este colectivo veciñal porque, aceptando outro emprazamento distinto ao Monte Pituco, os socialistas marinenses estarían admitindo que se precipitaron, que erraron ao non valorar outras posibilidades na dotación de solo industrial ou, o que é máis grave, que tomaron unha decisión que agora recoñecen como inxusta.

En consecuencia, as declaracións de Luz Santiago botan un apestoso tufo prevaricador.

Abonda lembrar que durante a fase de tramitación do PXOM o grupo municipal do PP propuxéralle ao goberno bipartito PSOE-BNG instar a Entidad Pública Empresarial de Suelo (SEPES) a estudar outra localización para o futuro polígono, habida conta das obxeccións medioambientais que presentaría o Monte Pituco por formar parte do Espazo Natural dos Montes do Morrazo, así clasificados nas Normas Complementarias e Subsidiarias de Planeamento da provincia de Pontevedra. Tamén os concelleiros de Marinenses Independentes advertiron insistentemente sobre os insalvables reparos que supoñía proxectar un polígono industrial nun espazo amparado baixo unha figura de protección medioambiental. Pero por capricho político, mirando unicamente polos seus intereses partidistas, Francisco Veiga negouse a entrar polo aro do PP, cuxa proposta caeu en saco roto porque o daquela alcalde non lle trasladou a petición á SEPES.

Non canso da súa faceta negacionista e prepotente, Veiga ignorou todas e cada unha das reiteradas solicitudes de entrevista presentadas pola Asociación MONTE PITUCO, nunha clara actitude de autoritarismo e de desprezo, impropia no autoproclamado partido do ‘talante’.

Pola súa parte, o BNG de Marín actuou dun xeito non menos lamentable, chegando ao extremo de suxerir que o Monte Pituco se desafectara do ámbito do Espazo Natural dos Montes do Morrazo.

Por iso, calquera achega por parte do PSOE e do BNG de Marín en materia de medio ambiente, carece da máis mínima credibilidade; unha credibilidade que perderon condenando o Monte Pituco, o ‘balcón da ría’, na parroquia coa maior densidade de xacementos arqueolóxicos do Concello, a estragarse baixo as máquinas excavadoras, o asfalto e o formigón. O drama que montou o PSOE coa ameaza de tala das árbores da Avenida de Ourense, a retórica preocupación duns e doutros a conta da situación do Lago de Castiñeiras, o postureo que practican nas marchas contra Celulosas, por citar uns poucos exemplos, son puro teatro e torpe cinismo porque ambos grupos municipais están deslexitimados para invocar a defensa da natureza, a promoción da sostibilidade, a protección da paisaxe e a conservación do patrimonio cultural mentres non rectifiquen a súa postura sobre o Monte Pituco.

No caso do grupo municipal do PSOE, este novo pronunciamento sobre a política de solo industrial, abrindo a porta -antano pechada- a valorar outras opcións das que noutro tempo non quixo saber absolutamente nada, denota cobardía e mala conciencia.

É a proba irrefutable de que o PSOE gobernou en Marín con arbitrariedade, improvisando decisións que non eran quen de xustificar razoablemente diante dos seus detractores, aos que ninguneou.

Outro PXOM era posible, e eles sabíano! Recoñéceno agora coa boca pequena e dende a oposición municipal, cando a asociación DEFENDE O MONTE PITUCO leva anos loitando -e asumindo un elevado coste persoal e económico para os seus integrantes- contra as nefastas consecuencias da falta de rigor coa que gobernaron nun asunto tan serio e determinante como a elaboración dun planeamento urbanístico. É un auténtico escándalo!

O máis honesto que pode facer o grupo municipal do PSOE, empezando polos que tiveron responsabilidades no anterior bipartito, é dimitir, entregar unhas actas de concelleiros das que non son dignos, para que veñan outros militantes con máis principios dos que eles perderon polo camiño a intentar corrixir os seus erros, se é que poden. Porque a imaxe que veñen dando é ben patética.

Publicado por: MontePituco | 29/11/2015

OS ‘SOCIOLISTOS’ DE MARÍN, NA BERZA

12307961_10207830064340367_8898064033321231997_o (2)

“…Si tiene que ser otra la ubicación también se admitiría”.

“…No se puede aplazar más la solución, incluso para empresas del Puerto”.

[Luz Santiago, voceira do grupo municipal do PSdeG-PSOE de Marín]

Estas declaracións da voceira do grupo municipal do PSOE en Marín son unha auténtica VERGOÑA e a Asociación DEFENDE O MONTE PITUCO non lle tolera a tomadura de pelo, que terá cumprida e máis que contundente resposta.

Faro de Vigo, 18 de noviembre de 2009: Suárez recuerda a Marín que la propuesta de Monte Pituco fue DESECHADA en 2000.

“La opción de Monte Pituco, recordaba ayer el presidente de la Autoridad Portuaria, José Benito Suárez, fue “DESECHADA EN EL AÑO 2000″ debido al desinvel del terreno, que lo hacía INVIABLE”.

[Faro de Vigo, 18 nocembro de 2009]

11216716_10207834172883078_4350136388766075859_n (2)

“Se reafirma en la susodicha propuesta de Monte Pituco a costa de cargarse un espacio natural protegido y de que la polémica que pueda resurgir sobre este tema haga sufrir a su partido un mayor desgaste político del que ya está padeciendo”.

[Ángel García Carragal, 29 de novembro de 2015]

Publicado por: MontePituco | 28/11/2015

ATA SEMPRE, XOSÉ NEIRA VILAS

20151128_152014

Dicímoslle ata sempre ao xornaleiro das letras, como se definía. O ‘pai’ literario de Balbino -un neno pobre de aldea, un ninguén- déixanos un valioso legado ético, cultural e intelectual. O párroco e activista cultural Alfonso Blanco, que oficiou o seu funeral, destacou de Xosé Neira Vilas o seu sorriso, a súa ollada limpa e os seus brazos abertos.

…Así o lembremos sempre!

20151128_173955

 

Publicado por: MontePituco | 27/11/2015

AS OBRAS DE ACUAES, FURANDO NO PITUCO

20151115_175504

As sondaxes arqueolóxicas realizadas no Monte Pituco no ámbito do trazado da nova rede de abastecemento de auga parecen non ter colleitado ningún resultado positivo relacionado coa -pola nosa parte, ansiada- localización do petroglifo que fora aterrado cando se executaron as obras da Variante.

Principalmente porque as catas externas, á marxe da zona directamente afectada pola  conducción das tubarías, realizáronse FÓRA do ámbito no que diversas fontes que acudiron persoalmente ao lugar para situarse sobre o terreo, tiñan coñecemento do punto aproximado no que se atopaba este gravado rupestre.

DEFENDE O MONTE PITUCO terá que xestionar por outras vías a posibilidade de indagar ou prospectar pola zona na que apuntan tanto veciños como expertos en patrimonio arqueolóxico da zona que colaboran con esta asociación. Ou instar a outros -Comunidade de Montes de San Xulián, propietaria dos terreos; Consellería de Cultura, con competencias na materia- para que se restitúa o que foi unha inxustiza, unha omisión da Administración e do colectivo de comuneiros, cando Xan Montenegro advertiu por todos os medios que tiña ao seu alcance que no lugar no que se pretendía realizar o recheo había un gravado prehistórico a carón do enorme outeiro que lle daba nome ao lugar d’A Pena.

…A retos máis difíciles nos temos enfrontado.

20151115_175739

Unha vez que a empresa Construcciones Ortiz e ACUAES respiran xa tranquilos porque ningún vestixio arqueolóxico vai retrasar os seus plans de apurar as obras para cumprir cos prazos establecidos dende a Unión Europea, os traballos continúan, as excavadoras furaron, entubaron e taparon…

20151127_160606

Un dos retos da empresa adxudicataria consiste agora en introducir a tubaría por debaixo do túnel da Variante, entre os lugares d’A Pena e d’O Caeiro. Para evitar o risco de que a Variante poida colapsar nese punto se as máquinas rompen a estrutura de formigón -o pasadizo- que comunica o monte cos núcleos de poboación, os responsables do proxecto optaron por facer unha excavación a un nivel do terreo inferior ao do propio túnel para pasar os tubos dun lado ao outro.

20151127_160641.jpg

20151127_160745

20151127_160751

20151127_161711

20151127_161852

O movemento de terra é ben chamativo no punto no que baixan as augas do monte para atravesar baixo a Variante e desembocar nas veigas da Curxeira. Agardamos que a empresa construtora retire as moreas de terra depositadas a carón do rego. Xustamente neste punto habitan cantidade de pequenas aves que atoparon entre a vexetación o habitat idóneo para instalarse. 

20151127_162332

Dende a Asociación DEFENDE O MONTE PITUCO non podemos estar en máis desacordo co trazado desta obra, por máis que supoña “ingresos económicos” para as arcas da Comunidade de Montes. Unha Comunidade de Montes, por certo, que a través dun dos seus directivos, comprometérase a informar a esta Asociación dos traballos de sondaxe arqueolóxica, e se non fose polas xestións realizadas de motu propio polos veciños, aínda seguiríamos sentados agardando pola chamada ou polo aviso, porque nunca máis se soubo…

Xestos de auténtica descortesía á parte, non é de recibo que ACUAES acepte primeiro a alegación de DEFENDE O MONTE PITUCO para suprimir un pequeno ramal da tubaría que se introducía no Monte Pituco, e que despois o proxecto definitivo acabe discorrendo en pleno Monte Pituco, pola pista forestal e cruzando unha parte do terreo que, por riba, está afectado polo proxecto de construcción do polígono industrial. Aplicaron o refrán “se non queres caldo, toma sete tazas”. Ou “onde dixen digo, digo Diego”.

Publicado por: MontePituco | 26/11/2015

ANTIGAS CANTEIRAS NO MONTE PITUCO

FotoAntiga Marín

Foto antiga de Marín, co Monte Pituco na parte central superior da imaxe

No Monte Pituco son numerosos os vestixios que quedan do paso dos canteiros -A Pena… A Laxe… As Pedreiras… a toponimia sempre dándonos oportunas pistas- por esta contorna, extraendo granito dos outeiros ou das ladeiras onde tanto abundaba -e aínda abunda- a pedra. 

Proba da composición rochosa do Monte Pituco son as obras de infraestruturas que se realizaron nos últimos anos e das actuacións que aínda na actualidade seguen furando no seu subsolo. Destacan a construcción da Variante de Marín a cargo da empresa San José, que tivo como consecuencia numerosos desperfectos na estrutura das vivendas dos lugares da Pena e do Caeiro pola utilización reiterada e continuada de cargas explosivas no trazado do vial; e máis recentemente a instalación da nova rede de abastecemento de auga promovida por ACUAES e executada por Construcciones Ortiz, que viu ralentizada marcha dos traballos pola aparición de pedra tanto nas conduccións das tubarías como no lugar da Pardavila, onde se está erguendo un novo depósito.

Na Asociación DEFENDE O MONTE PITUCO levamos tempo fixándonos nas antigas canteiras, atraídos polo seu valor etnográfico, histórico e cultural. Son capítulos dun tempo pasado, escenarios dun traballo gremial cunha idiosincrasia moi particular. E a abundancia de lugares nos que se practicou esta actividade extractiva lévanos a considerar o seu estudo, coñecemento e posta en valor.

Un novo reto que engadir ao da loita pola conservación do Monte Pituco en contra do proxecto de construcción do polígono industrial proxectado polo Concello de Marín e pola Xunta; unha nova inquedanza que se suma ao proxecto xa consumado do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños que agora cómpre consolidar; un novo campo de traballo para seguir coñecendo o monte, e dándollo a coñecer tamén ao resto da veciñanza, con novos roteiros, coa arela de crearmos un centro de interpretación ao aire libre coa pedra como fío condutor: petroglifos, mámoas, gravados modernos, canteiras.

Antiga canteira entre San Xulián e Salcedo.

Antiga canteira entre San Xulián e Salcedo, preto da mámoa de Sete Camiños.

Antiga canteira nas inmediacións do Monte Pituco.

Nas inmediacións do Monte Pituco

Antiga canteira nas cercanías do Monte Pituco.

No nacemento dun dos regos próximos ao Monte Pituco

Outeiro de Cerqueira.

Antiga canteira no Outeiro de Cerqueira

“El gravado se salvó ‘in extremis’, puesto que es perfectamente visible el orificio realizado en la intersección del vientre con las patas delanteras para introducir una cuña. ¿Por qué el o los anónimos canteros le ‘perdonaron la vida’ al gran ciervo? Tal vez por ese sentimiento que aflora en los humanos al contemplar las cosas bellas. Alguno se preguntará si es compatible la emoción estética con la rudeza. ¿Por qué no? La belleza se puede apreciar en mayor o menos grado -no está de más cierto entrenamiento- pero no deja indiferente a nadie. Es posible que el desconocido cantero hubiese fragmentado más de una roca con grabados, pero la belleza del ciervo de Cuñas lo desarmó y decidió indultarlo. Es la versión popular del síndrome de Stendhal”.

Petroglifo de Monte de Cuñas, en Pontecaldelas.

Cervo de Cuñas, Ponte Caldelas

pontecaldelas3

O mesmo que opina o antropólogo Buenaventura Aparicio sobre o cervo de Cuñas nun artigo publicado no Diario de Pontevedra (7 de outubro de 2012) querémolo pensar sobre a ‘salvación’ do petroglifo de Pinal de Caeiro, coñecido como ‘O ciclista’: que os canteiros evitaron reducilo a pedruscos porque apreciaron nesas formas circulares algo sobrenatural, místico ou estético e non aproveitaron a pedra na súa totalidade para que as xeracións vindeiras puideran seguir vendo nesa combinación de círculos concéntricos a ponte que nos conecta co noso pasado máis primitivo.

Petroglifo de Pinal de Caeiro.

Na canteira da Laxe, que nos anos 40 abasteceu de pedra as obras de construcción da Escola Naval Militar e dos recheos que se realizaron nesa zona, tamén existen noticias da existencia de gravados rupestres:

“Na parte superior da canteira situada na Laxe está referenciada a existencia dun petroglifo nun lugar actualmente moi urbanizado. O acceso próximo é sinxelo, pero descoñecemos a localización exacta do motivo, segundo algúns, trinta metros ao nordeste da canteira, e segundo outros, xusto no seu borde. Semella que o petroglifo, de non ter sido destruído, atoparíase cuberto por construccións, vivendas ou propiedades privadas. Temos noticias de que estaba formado por polo menos tres combinacións circulares, pero non puidemos localizar foto nin calco do mesmo”. [O gravado semella non ter sido dado de baixa pola Dirección Xeral de Patrimonio. Pese a todo, seguimos dubidando da súa conservación (Peña Santos, 1978)]

Así consta no libro “Petroglifos e outras prehistorias”, de Xulio Abal e Álvaro Arizaga.

CanteiraDaLaxeAnos40

CanteiraDaLaxe_TrenENM4

CanteiraDaLaxe_TrenENM3

CanteiraDaLaxe_TrenENM1

[Fonte das imaxes antigas: Recuerdos de Marín en foto (Facebook)]

Publicado por: MontePituco | 25/11/2015

25N: STOP MALTRATO

20151125_211725 (3)

“E o recordo das ás de bolboreta do prístino desexo daquel deseñador

viuse sustituído para moitas mulleres

por tépalos de sangue

que abrollan nos seus corpos de cálices morados”.

[Helena Villar Janeiro: “Polifonías, voces poéticas contra a violencia de xénero”]

Publicado por: MontePituco | 24/11/2015

EIVAS E VIRTUDES DO LAGO DE CASTIÑEIRAS

 

24nov15_LaVoz_mirador Cotorredondo

Esta semana a edición de Pontevedra de La Voz de Galicia publicaba unha queixa sobre as deficiencias no miradoiro de Cotorredondo pola abundancia de vexetación que impedía gozar das vistas da ría.

Los miradores que no miran

Los árboles tapan las vistas a los balcones a la ría de Vigo en Cotorredondo

Paralelamente, en Sermos Galiza, o colectivo XEA describía as bondades deste espazo natural, mais sen deterse demasiado a detallar as eivas que presenta.

19nov15_Sermos_Castiñeiras1

“…Unha camiñada, curta na distancia pero engaiolante no percorrido: uns 2 km se seguimos só o carreiro que rodea a lagoa de Castiñeiras e o parque biolóxico; case 6 km se facemos tamén a subida e a baixada ao miradoiro de Cotorredondo; e un máis se nos achegamos a ver as mámoas, que podemos alongar no tempo tanto como nos demoremos en ver polo miúdo os pequenos detalles que xurden a cada paso e as distintas especies forestais que se atopan espalladas pola contorna. A meirande parte delas son alleas á flora do país, pero teñen interese ornamental ou forestal. As máis destacadas son a carreira de tuias, o plantío de carballos americanos, as criptomerias, as acacias negras, os bidueiros, os taxodios, os abetos de Douglas, castiñeiros, algún carballo e os piñeiros tristes de México. Unha camiñada que se pode facer en calquera época pero que no outono, coa muda de cor e a caída das follas, adquire un colorido especial”.

19nov15_Sermos_Castiñeiras2

“…Seguimos camiñando pola beira da estrada, levando á esquerda os peches do parque biolóxico, acompañados de distintas especies de árbores coníferas e frondosas, entre as que aparecen castiñeiros e bidueiros, ata que chegamos ao cruzamento coa estrada. Xusto enfronte temos a estrada que sube ao cume de Cotorredondo para gozar, desde distintos puntos, das panorámicas da ría de Vigo e das vistas da ría de Pontevedra… mágoa que a torre miradoiro estea pechada!

“…Ao chegar ao empalme coa estrada seguímola cara á dereita uns 200 metros. Do outro lado veremos unhas grandes acacias negras e logo, meténdonos por un carreiro que sae á dereita, polo cortalumes, chegamos nuns 300 metros nunha pista. Unha vez alí collemos á esquerda cara a un transformador e uns 20 metros antes de chegar a el temos á esquerda a Mámoa do Rei, algo agochada entre as xestas“.

Publicado por: MontePituco | 23/11/2015

XORNADAS BLANCO FREIJEIRO

freijeiro

Publicado por: MontePituco | 22/11/2015

CHAN INDUSTRIAL A ESGALLA

O polígono de Nantes en Sanxenxo, a Cidade do Transporte en Ponte Caldelas, o polígono de Redonde en Campo Lameiro, o polígono de Barro-Meis… hai solo industrial a esgalla na contorna de Marín.  É unha das moitas razóns polas que a Asociación DEFENDE O MONTE PITUCO rexeita o proxecto de construcción “doutro” polígono industrial nesta zona pertencente ao Espazo Natural dos Montes do Morrazo.

Faro de Vigo

Suelo industrial, de necesidad a “burbuja”

22nov15_Faro_solo industrial

“En la comunidad coexisten polígonos vacíos -sin actividad empresarial, como el parque de Vimianzo, en la Costa da Morte- con áreas industriales al borde  de la saturación -como la de Vigo-, donde se siguen impulsando promociones privadas para cubrir la demanda”.

“Galicia tiene hoy a la venta el equivalente a más de 400 campos de fútbol (428 hectáreas, según un estudio del Foro Económico de Galicia) para uso empresarial. El problema es que la mayor parte de esta superficie se encuentra en zonas donde no se necesita, fruto de una política de generación de suelo industrial en la que ha primado un reparto equilibrado por territorios frente a los criterios económicos. Solo así se explica que en las comarcas de Vigo y A Coruña, por ejemplo, polígonos como los de Valadares, A Granxa, As Gándaras,A Grela, Pocomaco o Sabón mantuvieran incluso en plena crisis un nivel de ocupación de parcelas superior al 95% y otros parques empresariales como Vimianzo, Guitiriz, Santa Comba o Barro estén prácticamente vacíos”.

“Hoy en día buena parte de las actuaciones anunciadas entonces están paralizadas (Muxía, Carnota, Porto do Son…) y otras en funcionamiento, como Vimianzo y Malpica, tienen casi toda su superficie disponible para la venta”. 

“De los 2 millones de metros cuadrados que se someterán a esta fórmula [el plan de la Xunta de alquilar suelo industrial a bajo coste] (que obliga a una inversión de 8 millones de euros o la generación de al menos 20 puestos de trabajo), solo el 20% se encuentra en la provincia de Pontevedra ( Mos, Ponte Caldelas, Lalín y Silleda), mientras que el 61% se concentra en la de A Coruña”.

Publicado por: MontePituco | 16/11/2015

RUTA ATA O MONTE DA PARALAIA

A Plataforma Montes do Morrazo organizou un roteiro para dar a coñecer a importancia natural, paisaxística e cultural do Monte da Paralaia e da súa contorna natural; un monte compartido entre os concellos de Moaña e de Bueu, integrado dentro de espazo natural do Carballal de Coiro en solo rústico de especial protección de espazos naturais, segundo as Normas Complementarias e Subsidiarias de Planeamento Urbanístico da provincia de Pontevedra.

Igrexa de San Martiño, Moaña

[Na parroquia de San Martiño radica a orixe da vila de Moaña. A igrexa románica, que data do século XII, está catalogada como Monumento de interese histórico-artístico]

Igrexa de San Martiño, Moaña

[O campanario de planta cadrada foi unha ampliación de estilo barroco]

Igrexa de San Martiño, Moaña

[Un dos elementos máis destacados é a portada. No tímpano central destaca a figura de San Martiño, rodeado doutros santos, e unha inscrición na pedra: “Sancti Emiliani, Sanctus Martinus Episcopus, Sancti Bricii episcopi, Aras fecit”]

Partindo do Igrexario de San Martiño (Moaña), o percorrido transcorreu por vias rurais, pistas forestais, corredoiras e camiños por Outeiro do Cruceiro, A Xalde, Paralaia, Outeiro da Paralaia, Chans de Ermelo, Alto do Xestoso, Toxal de Fonte das Eguas, Mataxente e Xestoso.

Fonte da Pedra

[Fonte da Pedra]

Ruta ata o Monte da Paralaia, Moaña

Os puntos de maior interese desta ruta son as carballeiras e soutelos de castiñeiros da Paralaia -de interese natural e forestal-, a Cova da Paralaia -de interese xeolóxico, natural e cultural-, o Outeiro da Paralaia -unha penedía granítica con amplas panorámicas dos vales do Rego do Inferno, do Rego da Fraga e do Espazo Natural dos Montes do Morrazo-, Chans de Ermelo -con bidueiral e monte baixo de matogueira de interese natural e agroforestal-, o Alto do Xestoso -unha penedía granítica a 445 metros sobre o nivel do mar que fai de límite entre as parroquias de San Martiño (Moaña) e Santiago de Ermelo (Bueu) e que supón a cota máis alta do espazo natural do Carballal de Coiro, con amplas vistas panorámicas da ría de Vigo-, ademais das formacións de bolos graníticos entre a carballeira e o mato do Toxal de Fonte das Eguas -de grande valor xeolóxico, paisaxístico e natural-, carballeiras e soutelos de castiñeiros de Mataxente e corredoiras empedradas do Xestoso- de grande valor natural, forestal e etnográfico-.

Vista do Monte do Castro

[Vista do monte do Castro dende A Xalde]

A Paralaia contén os hábitats de interese comunitario de carballeiras galaico-portuguesas, rochedais silíceos con vexetación pioneira, breixeiras secas europeas e breixeiras oromediterráneas endémicas con xesteira.

Ruta ata o Monte da Paralaia

Tamén posúe unha importante fauna e flora salvaxe debaixo do bosque caducifolio, en especial de zonas altas, rochosas e de monte aberto, ao que fai referencia á propia toponimia: a orixe léxica de Paralaia está directamente relacionada coa pedra como “litotopónimo”, e Xestoso e Toxal da Fonte das Eguas, como ben o indican os seus nomes, co monte baixo da matogueira.

Cova da Moura ou cova da Paralaia

[Debaixo destes enormes penedos atópase a Cova da Paralaia, un pequeno lugar de non máis de metro e medio de alto, no que se acubillan morcegos, ademais de ser o habitat de brións e microorganismos asociados á humidade do lugar. A lenda di que a cova da Paralaia tiña varios quilómetros de lonxitude e conectaba con outros montes da contorna, como o castro das Cidades, pero que un corremento de pedra tapou ese acceso. Este enclave tamén ten asociadas lendas de mouras e antano utilizábase como refuxio para pastores, aínda que tamén se relaciona como agochadoiro durante a Guerra Civil]

Atesoura como vestixio arqueolóxico “coñecido” o xacemento inventariado do Neolítico da Mámoa da Paralaia, preto das Chans de Ermelo, que proba a presenza humana na zona desde épocas moi remotas. A Cova da Paralaia está relacionada asimesmo coa cultura inmaterial asociada á mitoloxía popular das “mouras” a través do “submundo” do subterráneo.

Ruta ata o Monte da Paralaia

[Unha das afeccións que presenta esta parte dos montes de Moaña é a proliferación de ciclistas que circulan fóra dos itinerarios regulados -non vimos ningunha sinalización de ruta BTT en todo o itinerario- e degradan o terreo abrindo surcos monte a través e de forma indiscriminada. Houbo que modificar parte do roteiro previsto para evitar coincidir con estes grupos de ciclistas polas elevadas velocidades ás que se desprazan, aparecendo de forma sorpresiva e podendo causar algún percance cos sendeiristas]

Os mellores abrigos escollidos entre as penedías foron utilizados dende tempos remotos ata ben entrado o século pasado, en relación ás actividades silvopastorís como, por exemplo, a propia cova da Paralaia ou a impoñente “pedra” do Bolelo, outro exemplo de litotopónimo.

Ruta ata o Monte da Paralaia

As principais afeccións para o espazo natural son a eucaliptización, a perda do monte baixo e a matogueira a costa de monocultivos forestais de piñeiro, as cortas de arborado autóctono, a falta de silvicultura, a mecanización da xestión forestal que comporta a erosión e o soterramento dos camiños antigos, xunto coa creación incontrolada de circuitos de bicicletas de montaña e vehículos motorizados, que afectan os camiños e o propio medio natural e forestal.

Liques, bioindicadores da calidade do aire

[Liques, bioindicadores da boa calidade do aire]

Amanita

[Cogomelo do xénero amanita]

Ruta ata o Monte da Paralaia

As principais ameazas son o proxecto de desdobramento en autovía do corredor de alta capacidade no Xestoso e a Área de Desenvolvemento Eólica do Morrazo con tres “ubicacións alternativas” de aeroxeradores nas zonas máis altas do propio Monte da Paralaia.

Ruta ata o Monte da Paralaia

Por consideralos uns espazos naturais de alta importancia ambiental e corredor ecolóxico, a Plataforma Montes do Morrazo solicitoulle á Xunta de Galiza en marzo do 2012 a ampliación da Rede Natura galega cara a un novo Lugar de Importancia Comunitaria que recollese os espazos naturais dos Montes do Morrazo e do Carballal de Coiro (onde está integrado o monte da Paralaia e a súa contorna), máis outros ampliables.

Ruta ata o Monte da Paralaia

[Monte Faro de Domaio e máis á esquerda Coto do Home, o punto máis alto do Morrazo]

Ruta ata o Monte da Paralaia

[Vista da praia da Xunqueira, lugar de importancia marisqueira, pesqueira, ornitolóxica. Os meandros fórmanse pola desembocadura do río da Fraga]

Ruta ata o Monte da Paralaia

[Chegando ás chans de Ermelo]

Chans de Ermelo

[A Plataforma Montes do Morrazo advirte que outra das ameazas que afectan a este espazo é o proxecto de instalación, nas chans de Ermelo, de tres aeroxeneradores]

Ruta ata o Monte da Paralaia

Ruta ata o Monte da Paralaia

Monte da Paralaia

Monte da Paralaia

[Cruz do Monte Xestoso]

Monte da Paralaia

[Paralaia, 445 (metros)]

Monte da Paralaia

“A primeira cruz púxose nos anos 50 do pasado século como colofón dunha das misións evanxelizadoras da posguerra. Partiu unha procesión da igrexa de San Martiño de Moaña para colocar a cruz. Lembro arcos feitos de xestas, unha especie de altar feito con sacos cheos de brotia e, no medio dos cánticos de vez en cando, o berro de: ‘Viva Carballo que dou o carballo!!!’. Carballo era un veciño da Xalde, paréceme lembrar, que doara o carballo co que se fixo a cruz. Nos anos 60 xa estaba rota e foi remendada varias veces”.  (Antonio Costa).

Vista dende o Monte da Paralaia

Publicado por: MontePituco | 15/11/2015

FEIRA DE SAN MARTIÑO EN VILABOA

Feira agrícola de San Martiño

Publicado por: MontePituco | 14/11/2015

ROTEIRO ATA O MONTE DA PARALAIA

Plataforma Montes do Morrazo

Publicado por: MontePituco | 13/11/2015

PRÓXIMA XUNTANZA DE CICLISTAS E COMUNEIROS EN POIO

La Voz, 13 novembro 2015

Ciclistas y comuneros tienden puentes para tratar de acercar posturas

Participarán en encuentros conjuntos y recuerdan que los conflictos se dan en un bajo porcentaje de comunidades

Publicado por: MontePituco | 12/11/2015

RÉPLICA DA POLICÍA AOS COMUNEIROS SOBRE O ACCESO AOS MONTES

La Voz, 12 novembro 2015

La Policía replica a los comuneros que no se puede prohibir el acceso al monte

Solo en caso de riesgo «moi alto» de incendio, la Xunta puede aplicar tal restricción

« Newer Posts - Older Posts »

Categorías