Publicado por: MontePituco | 10/12/2015

ESTE DOMINGO, RUTA POR SETE CAMIÑOS ORGANIZADA POLO CONCELLO

Cancelada ata decembro a ruta por Sete Camiños.

Este domingo celebrarase -se as chuvias non o impiden novamente- a ruta polo Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños que fora adiada en outubro polo mal tempo. Total, catro pingueiras que caeran daquela…

O punto de saída para as persoas que se inscribiron no Concello de Marín para participar nesta actividade será a arboreda do Monte Pituco ás 10:00 horas. Outra posibilidade, para quen non saiba chegar a este punto, é presentarse ás 9:30 na Praza de España, dende onde sairá un grupo de persoas.

Dibujo

Esta é a previsión de Meteogalicia para o domingo: se non mudan as tornas, teremos unha mañá de nubes e claros que non impedirá gozar dunha andaina en contacto coa natureza, coñecendo o patrimonio arqueolóxico do Monte Pituco (Pornedo) e dos seus arredores, e admirando a paisaxe dende o ‘balcón da ría’.

Con chuvia ou con tempo seco, con nubes ou con sol, benvidos e benvidas os que queirades achegarvos e teñades interés por apreciar as marabillas da nosa terra.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

A %d blogueros les gusta esto: