11 de decembro DÍA INTERNACIONAL DAS MONTAÑAS
A Asemblea Xeral das Nacións Unidas nomeou o 11 de decembro como “Día Internacional das Montañas“. Neste 2015 o lema elixido para esta conmemoración é “A promoción de produtos de montaña”. Explican na web da FAO que “a globalización ofrece oportunidades de comercializar produtos de montaña de alta calidade”, dende mel ata herbas, pasando por artesanía, e “impulsar as economías locais”.
Tamén destaca a FAO que servizos relacionados co turismo como “patrimonio cultural ou sendeiros naturais”, entre outros, “permiten os visitantes descubrir a biodiversidade única”. Xestionándoo de xeito “sostible”, engade esta organización, “o turismo pode ofrecer unha oportunidade para o desenvolvemento” nas rexións montañosas.
…Ou no rural, apuntamos en DEFENDE O MONTE PITUCO.
Deixar unha resposta