Esta semana a edición de Pontevedra de La Voz de Galicia publicaba unha queixa sobre as deficiencias no miradoiro de Cotorredondo pola abundancia de vexetación que impedía gozar das vistas da ría.
Los miradores que no miran
Los árboles tapan las vistas a los balcones a la ría de Vigo en Cotorredondo
Paralelamente, en Sermos Galiza, o colectivo XEA describía as bondades deste espazo natural, mais sen deterse demasiado a detallar as eivas que presenta.
“…Unha camiñada, curta na distancia pero engaiolante no percorrido: uns 2 km se seguimos só o carreiro que rodea a lagoa de Castiñeiras e o parque biolóxico; case 6 km se facemos tamén a subida e a baixada ao miradoiro de Cotorredondo; e un máis se nos achegamos a ver as mámoas, que podemos alongar no tempo tanto como nos demoremos en ver polo miúdo os pequenos detalles que xurden a cada paso e as distintas especies forestais que se atopan espalladas pola contorna. A meirande parte delas son alleas á flora do país, pero teñen interese ornamental ou forestal. As máis destacadas son a carreira de tuias, o plantío de carballos americanos, as criptomerias, as acacias negras, os bidueiros, os taxodios, os abetos de Douglas, castiñeiros, algún carballo e os piñeiros tristes de México. Unha camiñada que se pode facer en calquera época pero que no outono, coa muda de cor e a caída das follas, adquire un colorido especial”.
“…Seguimos camiñando pola beira da estrada, levando á esquerda os peches do parque biolóxico, acompañados de distintas especies de árbores coníferas e frondosas, entre as que aparecen castiñeiros e bidueiros, ata que chegamos ao cruzamento coa estrada. Xusto enfronte temos a estrada que sube ao cume de Cotorredondo para gozar, desde distintos puntos, das panorámicas da ría de Vigo e das vistas da ría de Pontevedra… mágoa que a torre miradoiro estea pechada!“
“…Ao chegar ao empalme coa estrada seguímola cara á dereita uns 200 metros. Do outro lado veremos unhas grandes acacias negras e logo, meténdonos por un carreiro que sae á dereita, polo cortalumes, chegamos nuns 300 metros nunha pista. Unha vez alí collemos á esquerda cara a un transformador e uns 20 metros antes de chegar a el temos á esquerda a Mámoa do Rei, algo agochada entre as xestas“.
Deixar unha resposta